UEFA Europa League

A UEFA Europa League, tamén coñecida como Liga Europa da UEFA, é unha competición internacional de fútbol que disputan aqueles equipos que, ou ben gañan as copas das súas respectivas federacións nacionais, ou ben quedan en postos inmediatamente inferiores aos que dan acceso a xogar na Liga de Campións da UEFA nas competicións oficiais de liga das súas federacións.

Foi creada pola UEFA en 1971 baixo o nome de Copa da UEFA (co que se coñeceu ata a tempada 2008-09) en substitución da Copa de Cidades en Feira, torneo que non estivo afiliado á devandita confederación.

O equipo máis laureado da competición é o Sevilla Fútbol Club con cinco títulos, os últimos tres consecutivos. Ademais, España é o equipo que ostenta máis títulos, once, por diante de Italia, con nove, e Inglaterra, con oito..

UEFA Europa League
Logo uefa europa 2012
Fundación1971 (2009 no seu formato actual)
RexiónEuropa (UEFA)
Equipos48 (fase de grupos)
193 (con roldas previas)
Actual campiónEspaña Atlético de Madrid
Máis laureadoEspaña Sevilla
(En cinco ocasións)
Sitio webwww.uefa.com
Europa League 2018-19

Historia

Lech-Deportivo 04122008 UEFA Cup 1-1
Partido disputado entre o Lech Poznan e o Deportivo da Coruña na tempada 2008/09.

A Copa da UEFA foi xogada por vez primeira en 1971, sendo o Tottenham o seu primeiro gañador. De tódolos xeitos, o de "un club por cidade", herdado da Copa de Feiras, rematou en 1975; o Everton F.C. de Liverpool finalizara cuarto na Liga Inglesa e puido así clasificarse, pero foron excluídos da participación porque o Liverpool F.C. tamén se clasificara por quedar segundo. O Everton apelou, dicindo que a regra era un anacronismo, e a UEFA amosouse de acordo en cambiala.

O sistema de competición consiste en enfrontamentos a dobre partido, ida e volta, entre equipos designados por sorteo. Até 1996, as finais tamén se disputaban en partidos a ida e volta, nos estadios dos dous contendentes. Dende 1997 a final dispútase a partido único, en campo neutral, e o campión obtén dende o ano 2000 o privilexio de enfrontarse ó campión da Liga de Campións na Supercopa de Europa. Até entón ese privilexio era do campión da Recopa.

Hoxe en día, os clubs teñen diferentes vías para clasificarse a esta competición, e acoden a ela máis equipos dos países con maior puntuación na clasificación da UEFA. Nestes clasifícanse os equipos que quedan tralos clasificados para a Liga de Campións. Tamén se clasifican os campións das ligas de países con peor posición na clasificación, os gañadores dos trofeos de Copa ou equipos eliminados da Liga de Campións. Antes tamén xogaban os que se clasificaban mediante a Copa Intertoto. Tamén participan equipos invitados pola UEFA por motivos como o xogo limpo.

En 2004, a UEFA introduciu unha modificación no formato da competición, engadindo unha segunda rolda previa, e transformando a segunda eliminatoria nunha fase de grupos, con oito grupos de cinco equipos cada un, que se enfrontan entre si unha única vez (dúas veces en casa e dúas veces fóra), pasando a dezaseisavos os tres primeiros clasificados de cada grupo, máis os oito terceiros da fase de grupos da Liga de Campións.

En 2009 cambia de nome polo de UEFA Europa League (Liga Europa da UEFA).

Finais

Finais a dobre partido

En letra grosa o resultado no campo do campión

Tempada Campión Subcampión Ida Volta
1971/72 Inglaterra Tottenham Inglaterra Wolverhampton Wanderers 2-1 1-1
1972/73 Inglaterra Liverpool Alemaña Borussia Mönchengladbach 3-0 2-0
1973/74 Flag of the Netherlands.svg Feyenoord Inglaterra Tottenham 2-2 2-0
1974/75 Alemaña Borussia Mönchengladbach Flag of the Netherlands.svg Twente 0-0 5-1
1975/76 Inglaterra Liverpool Bélxica Bruxas 3-2 1-1
1976/77 Italia Juventus Flag of Spain (1977–1981).svg Athletic de Bilbao 1-0 2-1
1977/78 Flag of the Netherlands.svg PSV Eindhoven Francia Sporting de Bastia 0-0 3-0
1978/79 Alemaña Borussia Mönchengladbach Flag of Yugoslavia (1946-1992).svg Estrela Vermella 1-1 1-0
1979/80 Flag of Germany.svg Eintracht Frankfurt Flag of Germany.svg Borussia Mönchengladbach 3-2 1-0
1980/81 Inglaterra Ipswich Town Flag of the Netherlands.svg AZ Alkmaar 3-0 4-2
1981/82 Flag of Sweden.svg Göteborg Flag of Germany.svg Hamburgo 1-0 3-0
1982/83 Bélxica Anderlecht Flag of Portugal.svg Benfica 1-0 1-1
1983/84 Inglaterra Tottenham Bélxica Anderlecht 1-1 1-1 (p)
1984/85 Flag of Spain.svg Real Madrid Government Ensign of Hungary (1957-1990).svg Videoton 3-0 0-1
1985/86 Flag of Spain.svg Real Madrid Flag of Germany.svg Colonia 5-1 2-0
1986/87 Flag of Sweden.svg Göteborg Flag of Scotland.svg Dundee United 1-0 1-1
1987/88 Flag of Germany.svg Bayer Leverkusen Flag of Spain.svg Espanyol 3-0 3-0 (p)
1988/89 Italia Napoli Flag of Germany.svg Stuttgart 2-1 3-3
1989/90 Italia Juventus Italia Fiorentina 3-1 0-0
1990/91 Italia Inter de Milán Italia AS Roma 2-0 1-0
1991/92 Flag of the Netherlands.svg Ajax Italia Torino 2-2 0-0
1992/93 Italia Juventus Flag of Germany.svg Borussia Dortmund 1-3 3-0
1993/94 Italia Inter de Milán Austria Salzburgo 0-1 1-0
1994/95 Italia Parma Italia Juventus 1-0 1-1
1995/96 Flag of Germany.svg Bayern de Múnic Francia Girondins de Bordeos 2-0 1-3
1996/97 Flag of Germany.svg Schalke 04 Italia Inter de Milán 1-0 1-0 (p)

Finais a partido único

Tempada Campión Subcampión Resultado Notas
1997–98 Flag of Italy.svg Inter de Milán Flag of Italy.svg Lazio 3-0
1998–99 Flag of Italy.svg Parma Flag of France.svg Olympique de Marsella 3-0
1999–00 Flag of Turkey.svg Galatasaray Flag of England.svg Arsenal 0-0 pen. 4-1
2000–01 Flag of England.svg Liverpool Flag of Spain.svg Alavés 5-4
2001–02 Flag of the Netherlands.svg Feyenoord Flag of Germany.svg Borussia Dortmund 3-2
2002–03 Flag of Portugal.svg Porto Flag of Scotland.svg Celtic 3-2
2003–04 Flag of Spain.svg Valencia Flag of France.svg Olympique de Marsella 2-0
2004–05 Flag of Russia.svg CSKA Moscova Flag of Portugal.svg Sporting de Lisboa 3-1
2005–06 Flag of Spain.svg Sevilla Flag of England.svg Middlesbrough 4-0
2006–07 Flag of Spain.svg Sevilla Flag of Spain.svg Espanyol 2-2 pen. 3-1
2007–08 Flag of Russia.svg Zenit San Petesburgo Flag of Scotland.svg Glasgow Rangers 2-0
2008–09 Flag of Ukraine.svg Shakhtar Donetsk Flag of Germany.svg Werder Bremen 2-1
2009–10 Flag of Spain.svg Atlético de Madrid Flag of England.svg Fulham 2-1
2010–11 Flag of Portugal.svg Porto Flag of Portugal.svg Sporting Braga 1-0
2011–12 España Atlético de Madrid España Athletic Club 3-0
2012–13 Inglaterra Chelsea Flag of Portugal.svg Benfica 2-1
2013–14 España Sevilla Flag of Portugal.svg Benfica 0-0 Pen. 4-2
2014–15 España Sevilla Ucraína Dnipro Dnipropetrovsk 3-2
2015–16 España Sevilla Inglaterra Liverpool 3-1
2016–17 Inglaterra Manchester United Flag of the Netherlands.svg Ajax 2-0
2017–18 España Atlético de Madrid Francia Olympique de Marsella 3-0
2018–19

Palmarés equipos

Pos. Equipo País Títulos Subcampionatos Anos campión
1 Sevilla Flag of Spain.svg España 5 0 2006, 2007, 2014, 2015 e 2016
2 Juventus Flag of Italy.svg Italia 3 1 1977, 1990 e 1993
Inter de Milán Flag of Italy.svg Italia 3 1 1991, 1994 e 1998
Liverpool Flag of England.svg Inglaterra 3 1 1973, 1976 e 2001
5 Atlético de Madrid Flag of Spain.svg España 3 0 2010, 2012 e 2018
6 Borussia Mönchengladbach Flag of Germany.svg Alemaña 2 2 1975 e 1979
7 Tottenham Flag of England.svg Inglaterra 2 1 1972 e 1984
8 Feyenoord Rotterdam Flag of the Netherlands.svg Países Baixos 2 0 1974 e 2002
Göteborg Flag of Sweden.svg Suecia 2 0 1982 e 1987
Real Madrid Flag of Spain.svg España 2 0 1985 e 1986
Parma Flag of Italy.svg Italia 2 0 1995 e 1999
Porto Flag of Portugal.svg Portugal 2 0 2003 e 2011
13 Anderlecht Flag of Belgium.svg Bélxica 1 1 1983
Ajax Flag of the Netherlands.svg Países Baixos 1 1 1992
15 PSV Eindhoven Flag of the Netherlands.svg Países Baixos 1 0 1978
Eintracht Frankfurt Flag of Germany.svg Alemaña 1 0 1980
Ipswich Town Flag of England.svg Inglaterra 1 0 1981
Bayer Leverkusen Flag of Germany.svg Alemaña 1 0 1988
Napoli Flag of Italy.svg Italia 1 0 1989
Bayern de Múnic Flag of Germany.svg Alemaña 1 0 1996
Schalke 04 Flag of Germany.svg Alemaña 1 0 1997
Galatasaray Flag of Turkey.svg Turquía 1 0 2000
Valencia Flag of Spain.svg España 1 0 2004
CSKA Moscova Flag of Russia (bordered).svg Rusia 1 0 2005
Zenit San Petersburgo Flag of Russia (bordered).svg Rusia 1 0 2008
Shakhtar Donetsk Flag of Ukraine.svg Ucraína 1 0 2009
Chelsea Flag of England.svg Inglaterra 1 0 2013
Manchester United Inglaterra Inglaterra 1 0 2017
29 Benfica Flag of Portugal.svg Portugal 0 3
Olympique de Marsella Flag of France.svg Francia 0 3
31 Espanyol Flag of Spain.svg España 0 2
Borussia Dortmund Flag of Germany.svg Alemaña 0 2
Athletic Club Flag of Spain.svg España 0 2
34 Wolverhampton Wanderers Flag of England.svg Inglaterra 0 1
Twente Flag of the Netherlands.svg Países Baixos 0 1
Bruxas Flag of Belgium.svg Bélxica 0 1
Bastia Flag of France.svg Francia 0 1
Estrela Vermella Flag of Serbia (bordered).svg Serbia 0 1
AZ Alkmaar Flag of the Netherlands.svg Países Baixos 0 1
Hamburgo Flag of Germany.svg Alemaña 0 1
Videoton Flag of Hungary.svg Hungría 0 1
Colonia Flag of Germany.svg Alemaña 0 1
Dundee United Flag of Scotland.svg Escocia 0 1
Stuttgart Flag of Germany.svg Alemaña 0 1
Fiorentina Flag of Italy.svg Italia 0 1
AS Roma Flag of Italy.svg Italia 0 1
Torino Flag of Italy.svg Italia 0 1
Salzburg Flag of Austria.svg Austria 0 1
Girondins de Bordeos Flag of France.svg Francia 0 1
Lazio Flag of Italy.svg Italia 0 1
Arsenal Flag of England.svg Inglaterra 0 1
Alavés Flag of Spain.svg España 0 1
Celtic Flag of Scotland.svg Escocia 0 1
Sporting de Lisboa Flag of Portugal.svg Portugal 0 1
Middlesbrough Flag of England.svg Inglaterra 0 1
Glasgow Rangers Flag of Scotland.svg Escocia 0 1
Werder Bremen Flag of Germany.svg Alemaña 0 1
Fulham Flag of England.svg Inglaterra 0 1
Sporting Braga Flag of Portugal.svg Portugal 0 1
Dnipro Dnipropetrovsk Flag of Ukraine.svg Ucraína 0 1

Por países

País Títulos Subcampionatos
España España 11 5
Italia Italia 9 6
Inglaterra Inglaterra 8 6
Alemaña Alemaña 6 8
Flag of the Netherlands.svg Países Baixos 4 3
Flag of Portugal.svg Portugal 2 5
Flag of Russia.svg Rusia 2 0
Flag of Sweden.svg Suecia 2 0
Bélxica Bélxica 1 2
Ucraína Ucraína 1 1
Flag of Turkey.svg Turquía 1 0
Francia Francia 0 5
Escocia Escocia 0 3
Hungría Hungría 0 1
Austria Austria 0 1
Flag of Serbia.svg Serbia 0 1

Estatísticas

Equipos españois

Equipo Participacións Gañador
Atlético de Madrid 19 2
Valencia CF 17 1
Athletic Club 14
Sevilla FC 12 4
FC Barcelona 11
Real Madrid 9 2
Real Sociedad 8
Real Zaragoza 8
RCD Espanyol 7
Celta de Vigo 7
Real Betis 7
Sporting de Gijón 6
Deportivo 5
CA Osasuna 4
Villarreal CF 4
RCD Mallorca 3
UD Las Palmas 2
Deportivo Alavés 2
Real Valladolid 2
CD Tenerife 2
Getafe CF 2
Real Oviedo 1
Rayo Vallecano 1
Málaga CF 1
Racing de Santander 1
Levante UD 1
Actualizado ata a tempada 2013/14.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Copa de Feiras

A Copa de Cidades en Feira (en inglés: Inter-Cities Fairs Cup), ou máis concisa e popularmente Copa de Feiras, foi unha competición internacional de clubs disputada integramente en Europa instituída o 18 de abril de 1955 (dúas semanas logo da creación da Copa de Europa). A súa creación foi iniciativa de Ernst Thommen, de Ottorino Barrasi (naquel tempo, secretarios xerais da FIGC e da FA, respectivamente) e de Stanley Rous, secretario da FIFA, coa finalidade de enfrontar a representativos de cidades europeas que tiveran albergado feiras de mostras internacionais: Barcelona, Basilea, Birmingham, Copenhaguen, Frankfurt, Lausana, Leipzig, Londres, Milán e ZagrebA Copa de Feiras, a pesar de ser considerada a competición precursora da UEFA Europa League (coñecida ata o 2009 co nome de Copa da UEFA), non está contabilizada nin a nivel estatístico nin de palmarés no ámbito das competicións de clubs da UEFA, ao non estar afiliada a devandita institución.O club con máis títulos é o Fútbol Club Barcelona con tres.

Copa do Rei de fútbol 2015/16

A Copa do Rei de fútbol 2015–16 foi a 113.ª edición do torneo de copa da Real Federación Española de Fútbol. O campión obtén unha praza para a UEFA Europa League 2016–17. A final xogouse no Estadio Vicente Calderón de Madrid. O campión foi o FC Barcelona.

Fulham Football Club

O Fulham Football Club é un club de fútbol do distrito de Hammersmith e Fulham da cidade de Londres, en Inglaterra. Foi fundado en 1879, sendo o equipo profesional máis antigo de Londres. Xoga na Premier League desde a tempada 2001/02.

Liga Premier de Rusia

A Liga Premier de Rusia é a máxima categoría das ligas de fútbol en Rusia a nivel de clubs. A liga naceu en 1992 como herdeira da liga soviética ó desaparecer a URSS, e dende entón tense disputado cada ano durante as estacións de primavera, verán e outono, comezando en marzo e rematando en novembro.

Actualmente os dous primeiros equipos da liga clasifícanse directamente para disputar a Fase de Grupos da Liga de Campións da UEFA. O terceiro equipo clasifícase para disputar a Rolda Previa da Liga de Campións da UEFA. Os equipos 4º e 5º clasifícanse para disputar a UEFA Europa League. Mentres tanto, os dous últimos descenden á Liga Nacional de Fútbol de Rusia, segunda categoría do fútbol no país.

A tempada 2011-12 foi unha tempada de transición para copiar o formato das ligas occidentais, rematando o torneo no verán.

O Lokomotiv Moscova é o actual defensor do título. O Spartak Moscova é o club con máis laureado da competición, con 10 títulos.

Premier Liha

O Premier Liha ou Liga Premier é a máxima categoría da liga profesional de fútbol que se disputa en Ucraína. O campionato naceu en 1991 trala desintegración da Unión Soviética, coa denominación de Liga Suprema. Esta denominación foi trocada pola actual en 2008.

O Dinamo Kiev e o Shakhtar Donetsk dominan o palmarés da competición, xuntando 24 títulos nas 25 edicións disputadas. Tan só o Tavriya Simferopol foi quen de superar esa hexemonía gañando a primeira edición da liga, en 1992.

O formato da liga consiste nunha liga de 14 equipos que disputan 26 xornadas, nas que cada equipo se enfronta dúas veces ós outros 13, unha vez como local e outra como visitante. Os encontros comezan en xullo, e rematan en maio do ano seguinte, cunha paréntese de 3 meses entre decembro e marzo no que non se disputa ningún encontro por mor do inverno. Ó remate da tempada, o último clasificado da táboa descende de categoría á Persha Liha. Os equipos que rematan nas dúas primeiras posicións acadan o dereito a competir na Liga de Campións da UEFA, e os equipos que rematan entre as posicións 3ª e 6ª, acadan o dereito a competir na UEFA Europa League.

Primeira división española 2011/12

A tempada 2011/12 da Primeira División Española de fútbol foi a 81ª edición desta competición. Comezou o 27 de agosto de 2011 e finalizou o 13 de maio de 2012. Inicialmente estaba previsto que dese comezo o día 20 de agosto, pero a AFE, co apoio dos futbolistas, convocou unha folga como medida de presión para conseguir mellores condicións no convenio colectivo, polo que non se puido disputar a primeira xornada de liga na data fixada. Isto deu lugar a que se aprazase a xornada inaugural para o fin de semana do 22 de xaneiro de 2012 e, a vixésima, para o 2 de maio do mesmo ano.

O Deportivo da Coruña, por primeira vez en 20 anos, non participou na categoría; en cambio, regresou á mesma o Betis tras dous anos de ausencia, acompañado polo Rayo Vallecano, cuxa última participación produciuse na tempada 2002/03, e o Granada, que estivo presente por última vez na campaña 1975/76.

O Real Madrid coroouse campión cunha marca de 100 puntos, conseguindo así o seu 32º título de Liga. Ademais, tamén logrou bater outros rexistros históricos como o de equipo máis goleador, con 121 tantos, e o de maior número de vitorias nunha tempada, con 32. Por outra parte, o Málaga clasificouse, por primera vez na súa historia, para disputar a rolda previa da Liga de Campións, mentres que o Levante fixo o propio finalizando en postos de acceso á UEFA Europa League.

Barcelona e Valencia xogarán xunto co campión a Liga de Campións, mentres que Atlético de Madrid e Athletic Club, como subcampión de Copa, acompañarán ao Levante na UEFA Europa League. Finalmente, Villarreal, Sporting de Gijón e Racing de Santander perderon a categoría logo de 12, 4 e 10 tempadas consecutivas respectivamente na máxima categoría.

Primera Divisió

A Primera Divisió é a máxima competición futbolística do Principado de Andorra. Está organizada pola Federación Andorrana de Fútbol e dispútase desde o ano 1995. O campión obtén unha praza para a primeira rolda da UEFA Champions League. O segundo clasificado, así como o campión da Copa Constitució, obtén unha praza para a primeira rolda da UEFA Europa League.

Antes da creación da liga o máximo representante do fútbol andorrano era o FC Andorra, equipo con sede en Andorra la Vella, e que continúa xogando nas competicións de fútbol de España.

Real Sporting de Gijón

O Real Sporting de Gijón é un centenario e histórico club de fútbol profesional español da cidade de Xixón, en Asturias. Foi fundado o 1 de xullo de 1905 e xoga na Segunda División Española. Disputa os seus partidos como local no estadio El Molinón, o máis antigo do fútbol español, organiza desde 1962 o Trofeo Vila de Xixón (ata 1992, trofeo Costa Verde) e conta con algo máis de 20.000 abonados e 242 penas.Os seus máximos logros na categoría foron o subcampionato de Liga en 1979, así como dous subcampionatos de Copa do Rei en 1981 e 1982, e seis participacións na Copa da UEFA, actual UEFA Europa League.

Con 42 tempadas en Primeira División, é o equipo asturiano que máis tempadas disputou na máxima categoría. Ocupa a 15º na clasificación histórica da Primeira División e a 2ª na de Segunda. Ademais, é un dos nove equipos españois que nunca xogaron nunha categoría inferior á Segunda División.

Regra do gol en campo contrario

A regra do gol en campo contrario é un método para determinar o gañador dun partido ou eliminatoria deportiva que se atopa empatada. Isto ocorre xeralmente no fútbol, cando dous equipos xogan unha eliminatoria de ida e volta, é dicir, cando se xogan dous partidos, un como local e outro como visitante.

Segundo o Regulamento do International Board, na sección denominada "Procedementos para determinar o gañador dun partido ou eliminatoria", onde se denomina oficialmente goles marcados fóra de casa, o equipo que converta máis goles como visitante gaña se hai empate na diferenza de goles. Isto tamén se pode expresar establecendo que os goles de visitante valen dobre en caso de empate.A regra é aplicada en varias competicións que involucran fases de partidos de ida e volta, entre elas, as roldas finais da Liga de Campións da UEFA e a UEFA Europa League e os partidos de ida e volta das clasificacións á Copa Mundial da FIFA e da Eurocopa.

Supercopa de Europa

A Supercopa de Europa da UEFA é unha competición futbolística organizada pola UEFA que enfronta aos campións das dúas máximas competicións europeas de clubs, o campión da Liga de Campións (Champions League) e o da UEFA Europa League.

Inaugurouse en 1972 (aínda que non foi oficial se non ata 1973) e ata 1999 enfrontaba ao campión da Copa de Europa (hoxe Liga de Campións) e ao campión da Recopa de Europa, hoxe xa desaparecida competición. A final disputouse a dobre partido ata 1997.

Dende 1998, o trofeo xogabase a partido único a finais de agosto no Estadio Luís II de Mónaco, na véspera do sorteo das competicións europeas da nova tempada. Mais dende o ano 2012, isto cambiou e o partido disputase nalgunha outra sede europea. A final da Supercopa supón o inicio oficial da tempada das competicións europeas.

O actual campión da Supercopa da UEFA é o Atlético de Madrid. Os equipos con máis trofeos gañados son o AC Milan italiano e o FC Barcelona, empatados con 5 cetros.

Supercopa de Europa 2011

A Supercopa de Europa 2011 foi a 37ª edición da Supercopa de Europa, competición organizada pola UEFA na que se enfrontaron os campións da Liga de Campións da UEFA e da UEFA Europa League. Nesta edición enfrontáronse o FC Barcelona e o FC Porto, nun único encontro que tivo lugar o 26 de agosto de 2011 no Estadio Louis II de Mónaco.

Para o FC Barcelona, campión da Liga de Campións da UEFA 2010-11, esta foi a 8ª final da Supercopa de Europa que disputaba. Nas 7 anteriores acadara 3 vitorias e 4 derrotas.

Para o FC Porto, campión da UEFA Europa League 2010-11, esta foi a 4ª final da Supercopa de Europa que disputaba. Nas 3 anteriores acadara 1 vitoria e 2 derrotas.

UEFA Europa League 2009-10

A UEFA Europa League 2009–10 foi a primeira tempada da UEFA Europa League, 39ª edición da segunda competición continental de fútbol a nivel de clubs en Europa, organizada pola UEFA. A competición era coñecida como Copa da UEFA, a cal se viu desenvolvendo durante 38 anos. O campión foi o Atlético de Madrid (que logrou o seu primeiro título), ao impoñerse ao Fulham na final.

UEFA Europa League 2010-11

A UEFA Europa League 2010–11 foi a 40ª edición da segunda competición continental de fútbol a nivel de clubs en Europa, organizada pola UEFA. O campión foi o Porto (que logrou o seu segundo título), ao impoñerse ao Braga na final.

UEFA Europa League 2011-12

A UEFA Europa League 2011-12 foi a 41ª edición da segunda competición continental de fútbol a nivel de clubs en Europa, organizada pola UEFA. O FC Porto tivo a oportunidade de defender o título de campión acadado na edición 2010-11, despois da súa pronta eliminación na rolda de grupos da Liga de Campións. A final disputouse o 9 de maio de 2012 no Arena Națională de Bucarest, Romanía. Nela enfrontáronse o Athletic Club e o Atlético de Madrid, que venceu por 3 goles a 0, acadando esta competición por 2ª vez en 3 anos.

UEFA Europa League 2012-13

A UEFA Europa League 2012–13 foi a 42ª edición da segunda competición continental de fútbol a nivel de clubs en Europa, organizada pola UEFA. O campión foi o Chelsea, que se impuxo ao Benfica na final.

UEFA Europa League 2013-14

A UEFA Europa League 2013–14 foi a 43ª edición da segunda competición continental de fútbol a nivel de clubs en Europa, organizada pola UEFA. A final xogouse no Juventus Stadium de Turín, en Italia, e tivo como campión ó Sevilla FC, quen derrotou por penaltis ó SL Benfica.

UEFA Europa League 2014-15

A UEFA Europa League 2014–15 foi a 44ª edición da segunda competición continental de fútbol a nivel de clubs en Europa, organizada pola UEFA. A final xogouse no Stadion Narodowy de Varsovia, en Polonia. O campión foi o Sevilla FC, que logrou o seu 4.º título.

UEFA Europa League 2015-16

A UEFA Europa League 2015–16 foi a 45.ª edición da segunda competición continental de fútbol a nivel de clubs en Europa, organizada pola UEFA. A final xogouse no St. Jakob-Park de Basilea, en Suíza. O campión foi o Sevilla FC, que logrou o seu 5.º título.

UEFA Europa League 2017-18

A UEFA Europa League 2017–18 foi a 47ª edición da segunda competición continental de fútbol a nivel de clubs en Europa, organizada pola UEFA. A final xogouse no Parc Olympique Lyonnais de Lion, en Francia. O campión foi o Atlético de Madrid, que logrou o seu 3.º título na competición.

Competicións entre clubs de fútbol en Europa
Continentais
Ligas
Copa UEFA e Europa League
Copa UEFA
Europa League

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.