tvG2

A tvG2[1], ata setembro do 2009 chamada G2, é a segunda canle de televisión da Corporación de Radio-Televisión de Galicia.

tvG2
TvG2
Inicio das emisións 2 de febreiro de 2009 (10 anos)
Operado por TVG
Propiedade de CRTVG
Formato da imaxe 576i (SDTV 16:9)
Datos de audiencia 0,9% (Xullo de 2013, VerTele)
Slogan A outra galega
País Galicia Galicia
Lingua Galego
Área de emisión Galicia
Sede central Santiago de Compostela
Nome(s) anterior(es) G2 (Febreiro - setembro do 2009)
Canle/s irmá(s) TVG
TVG Europa
TVG América
Páxina web Páxina web da CRTVG
Dispoñibilidade
Terrestre
TDT 25 (A Coruña)
40 (Santiago)
59 (Lugo)
50 (Ourense)
58 (Pontevedra)
Cable
R Dial 118
Televisión por internet
TVG á carta TVG á carta

Características

A súa programación de luns a venres está enfocada a un público infantil e xuvenil, e ten tamén espazos culturais e de divulgación. A fins de semana céntrase no ámbito deportivo, incluíndo retransmisións da Segunda división de fútbol e a Liga ACB.

A canle emite só en TDT as 24 horas do día, desde que o 14 de setembro de 2009 se presentase a nova grella de programación, na que a G2 é unha canle con programación completa. A súa cota de pantalla é do 0,8%.

En setembro do 2009 a canle cambiou o seu nome de G2 a tvG2.

Notas

  1. O nome vai en minúscula

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

1 FLTV

1 FLTV (1 Fürstentum Liechtenstein Television) é a primeira e única cadea de televisión de Liechtenstein. Comezou as súas retransmisións o 15 de agosto do 2008 tras obter a licenza por parte do goberno. Emite a súa programación en alemán. É privada e propiedade da empresaria austríaca Beatrix Schartl.

British Broadcasting Corporation

A British Broadcasting Corporation (en galego, Corporación Británica de Radiodifusión), máis coñecida como BBC, é a primeira empresa de televisión e radio do Reino Unido. Tamén é a corporación de radiodifusión máis grande do mundo. Produce servizos de programas e información, transmitindo na televisión, na radio, e en Internet; sendo unha das cadeas de noticias máis respectadas do mundo. É independente de controis comerciais e políticos operando baixo un estatuto real que garante dita independencia. A BBC é ademais un dos 23 membros fundadores da Unión Europea de Radiodifusión, fundada no 1952 en Torquay, Reino Unido.

Canal 24 Horas

O Canal 24 Horas é unha canle de televisión pertencente a Televisión Española, que emite noticias de xeito ininterrompido para España e o mundo. Comezou as súas emisións ás 14 horas do 15 de setembro de 1997, dentro da plataforma de televisión por satélite Vía Dixital, sendo a primeira canle de información continua en España.

A programación estrutúrase en bloques de noticias de media hora de duración que comprenden información sobre a actualidade nacional e internacional, sociedade, cultura, economía, deportes e información meteorolóxica.

Canal Sur Televisión

Canal Sur TV é a primeira cadea de Radio y Televisión de Andalucía, RTVA. É unha das cadeas da televisión autonómica de Andalucía.

Clan TVE

Clan é unha canle de televisión infantil de Televisión Española, que emite series e debuxos animados a través da TDT, e en plataformas de televisión por cable e ADSL como ONO (cable) ou Imagenio (ADSL) e en Dixital (satélite).

ETB 1

ETB 1 é a primeira canle de Euskal Telebista, a televisión pública do País Vasco. Esta canle emite integramente en éuscaro e a súa programación é de carácter xeralista.

ETB 2

ETB 2 é a segunda canle de Euskal Telebista, a televisión pública do País Vasco. É a canle máis vista do ente público e a única que emite en castelán.

Naceu no ano 1986, 3 anos despois que ETB 1, nunha situación de alegalidade. A saída ao aire de ETB 2 converteu a Euskal Telebista no primeiro ente televisivo autonómico en ter dúas canles.

Fringe

Fringe é unha serie de televisión de ciencia ficción estadounidense creada por J.J. Abrams, Alex Kurtzman e Roberto Orci. A serie tivo a súa estrea o 9 de setembro de 2008 na cadea Fox e rematou as súas emisións o 18 de xaneiro de 2013, tras cinco temporadas e 100 episodios. A historia xira ao redor de Olivia Dunham (Anna Torv), Peter Bishop (Joshua Jackson) e Walter Bishop (John Noble), membros dun equipo de investigación, a División Fringe, pertencente ao Federal Bureau of Investigation e con base en Boston, Massachusetts baixo a supervisión do Departamento de Seguridade Nacional. O equipo emprega técnicas de investigación do FBI e da ciencia límite para resolver unha serie de acontecementos inexplicables que gardan relación cun universo paralelo. A serie foi descrita como un híbrido de The X-Files, Altered States e The Twilight Zone.

O formato da serie combina elementos dos dramas procedimentais, así como dos seriais. A serie comezou dun xeito tradicional co "misterio da semana" para facerse máis serial co paso das temporadas. Con todo, a meirande parte dos episodios conteñen unha trama independente, contando con varios episodios que exploran a mitoloxía da serie.

As primeiras críticas da primeira temporada eran displicentes, pero fixéronse máis favorables co paso das temporadas, a medida que a serie exploraba a súa mitoloxía, incluíndo os universos paralelos e as liñas do tempo alternativas. Tanto o programa como o elenco e o equipo foron nomeados a moitos premios importantes.

En Galicia, a TVG comezou as emisións de Fringe na súa versión dobrada ao galego desde o 5 de xullo de 2011. A partir do 28 de setembro de 2011, a tvG2 pasou a ofrecer os novos episodios. Ata xullo de 2016, a tvG2 unicamente emitiu as tres primeiras temporadas e sucesivas reposicións das mesmas. O 18 de xullo de 2016 pasou a emitir capítulos de estrea da cuarta temporada.

Latvijas Televizija

Latvijas Televīzija (polas súas siglas en letón LTV, televisión de Letonia) é unha emisora estatal de televisión pública, que transmite desde 1954. Está parcialmente financiada polo estado (60%) e o resto do orzamento vén da publicidade. Está controlada polo Consello Nacional de Radio e Televisión (NRTC). Está formada por dúas canles: LLv1 e LTV7 (anteriormente LLv2). Ambas as canles de televisión de Letonia son transmitidas vía satélite polo Sirius 4, como parte da Viasat, difusión de televisión.

En 1974 iniciouse a transmisión en cor inicialmente en sistema SECAM, pero a partir de 1998 pasouse ao sistema PAL. Dende 1986 ATVs teñen o estudo e complexo informativo en Zakusala. En 1993 o ATV tornouse como membro da Unión Europea de Radiodifusión (UER).

RAI

Para a moeda de pedra da Micronesia denominada "rai" véxase: Moeda de pedra.

RAI ou Radiotelevisione Italiana, coñecida ata 1954 como Radio Audizioni Italiane, é a empresa de radiodifusión pública de Italia. É a maior empresa de televisión de Italia, e compite coas cadeas privadas de empresas como Mediaset, Telecom Italia Media ou Sky Italia. A RAI opera varias canles de radio e de televisión, emitindo no sistema analóxico terrestre ata o 2013, vía televisión dixital e por satélite. Foi un dos 23 membros fundadores da Unión Europea de Radiodifusión no ano 1950.

Debido á súa proximidade xeográfica con Italia, o sinal da RAI tamén se pode recibir en países como Albania, Suíza, Mónaco, Malta, San Marino, a Cidade do Vaticano, Eslovenia ou Croacia.

RTK

Radio Televizioni i Kosovës (RTK) é a compañía pública de radio e televisión de Kosovo formada en 1999 baixo os auspicios da Misión de Administración Interina das Nacións Unidas en Kosovo, para alén do albanés emite tamén en serbio, bosnio, turco e roma.

Telecinco

Telecinco é unha canle de televisión xeralista e privada española propiedade de Mediaset España que emite a través da TDT e nas plataformas de televisión de pago Movistar+ e Vodafone TV, Orange TV e R en España.

As súas emisións experimentais comezaron o 10 de marzo de 1989 e posteriormente as emisións regulares comezaron o 3 de marzo de 1990, sendo a segunda rede privada a transmitir por España, despois de Antena 3.

A sede central encóntrase en Madrid, situada no barrio de Fuencarral, no que antigamente foron os Estudios Roma.

Teledeporte

Teledeporte é unha canle temática de Televisión Española dedicada ao mundo do deporte.

Telemadrid

Telemadrid é a primeira canle de televisión autonómico da Comunidade de Madrid, pertencente ao grupo Ente Público Radio Televisión Madrid. Afiliado a FORTA, é unha cadea pública que pertence ao goberno autonómico. Comezou a súa emisión o 2 de maio de 1989. Na súa programación predominan os programas informativos, orientados cara á poboación local. Dado que Madrid é a capital do país, tamén incide na política española.

A súa sede central encóntrase na Cidade da Imaxe, en Pozuelo de Alarcón, Madrid.

En Abril de 2012 acadou un 6,9% de Share FormulaTv

Televisión Española

Televisión Española (TVE) é a cadea de televisión máis antiga de España. Iniciou as súas emisións regulares o 28 de outubro de 1956 e pertence á Corporación Radiotelevisión Española desde o 1 de xaneiro de 2007. Ademais está asociada á Unión Europea de Radiodifusión.

TVE ten a súa sede nos estudios de Prado del Rey, en Pozuelo de Alarcón (Madrid).

Desde o 1 de xaneiro de 2010 finánciase a través de subvencións públicas e impostos directos sobre os operadores privados de televisión e telefonía, abandonando o mercado publicitario. España é un dos poucos países da Unión Europea onde os cidadáns non pagan un canon para subvencionar de xeito parcial ou total a radiotelevisión pública.

Televisión de Galicia

A Televisión de Galicia, tamén chamada A Galega, é unha canle televisiva galega que forma parte da Corporación de Radiotelevisión de Galicia (CRTVG) xunto coa Radio Galega. As súas instalacións centrais están en San Marcos, na parroquia do Bando, no concello de Santiago de Compostela.

No mes de xaneiro do ano 2009 a TVG fixo historia ao converterse en líder autonómica por primeira vez na súa historia, pero foi entre 1988 e 1990 cando tivo as maiores audiencias da súa historia.

Xabarín Club

O Xabarín Club é un programa infantil e xuvenil emitido pola TVG que comezou a súa andaina o 18 de abril de 1994. O programa inclúe series de debuxos animados, videoclips de grupos musicais e espazos de produción propia. Actualmente, é transmitido desde o 2 de febreiro de 2009 pola tvG2.

A Cantar con Xabarín é unha serie de 5 CDs gravados por grupos galegos significativos, tales coma Siniestro Total, Heredeiros da Crus, Nación Reixa, Os Diplomáticos de Monte Alto ou The Killer Barbies, e tamén portugueses e africanos para o programa. Na segunda metade dos 1990s converteuse nun fenómeno social con máis de 100.000 rapaces afiliados (83.065 afiliados activos en 2004) e as Xabaxiras (1998), concertos da música do programa, que viron milleiros de nenos e nenas galegos.

Zigzag diario

Zigzag diario é un programa cultural da Televisión de Galicia, dirixido por Xosé Luis Muñoz Portabales.

İctimai TV

İctimai Televiziya, ou İTV, é o canle de televisión público de Acerbaixán. Foi creado o 29 de Agosto de 2005 despois da lei do goberno acerbaixano de crear a primeira canle pública en 2004. O canle ten a base en Bakú.

ITV entrou na UER o 5 de xullo de 2007, comezando xa a formar parte en concursos como o Festival de Eurovisión, que entrou por primeira vez no Festival de Eurovisión 2008 e gañou no Festival de Eurovisión 2011, sendo Bakú a sede do festival no 2012.

Canles de televisión nacionais de Europa
Países:
Outros:
Desaparecidos:
Televisión en España
Cadeas xeralistas
TDT
Desaparecidas
Operadores de pago
Cadeas autonómicas

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.