Turquía

A República de Turquía (Ltspkr.pngTürkiye Cumhuriyeti), ou simplemente Turquía (Türkiye) é un estado situado entre Asia (95 % do seu territorio) e Europa (5 % do seu territorio).

A península de Anatolia entre o mar Negro e o mar Mediterráneo forma o «corazón» do país. Linda ó nordeste con Armenia, ó norte co mar Negro, ó oeste con Grecia, o mar Exeo e Bulgaria, ó sueste con Irán, e ó sur con Iraq, Siria e o mar Mediterráneo, ó leste con Xeorxia e Acerbaixán. O mar de Mármara, e os estreitos turcos do Bósforo é o Dardanelos, separan Europa de Asia, polo que Turquía está considerado un país transcontinental[1].

Debido á súa posición estratéxica, no medio do camiño entre Europa e Asia, así como ter tres Mares, Turquía foi un cruzamento histórico entre as culturas e civilizacións orientais e occidentais. Foi berce de varias civilizacións e o lugar no que se produciron moitas batallas no transcurso da historia.

Turquía é unha república democrática, secular e constitucional, cuxo sistema político foi estabelecido en 1923 baixo o liderado de Mustafa Kemal Atatürk, trala caída do Imperio Otomán após a Primeira Guerra Mundial. Dende aquela, Turquía integrouse cada vez máis con Occidente a través da afiliación a organizacións como o Consello de Europa (1949), a OTAN (1952), a OCDE (1961), a OSCE (1973) ou o Grupo dos 20 (1999). Turquía comezou as negociacións para a adhesión plena na Unión Europea no 2005, despois de ter sido membro asociado dende 1963, presentar a súa candidatura no 1987, e estando en vigor un acordo alfandegueiro dende o 1 de xaneiro do 1996. Tamén Turquía seguiu fomentando estreitas relacións políticas e económicas co mundo oriental, especialmente cos estados de Oriente Medio, Asia Central ou Asia Oriental.

Coordenadas: 40°N 33°L / 40, -33

República de Turquía
Türkiye Cumhuriyeti
Bandeira de Turquía
Emblema de Turquía
BandeiraEmblema
Turkey (orthographic projection)
Lema: Yurtta sulh, cihanda sulh
(Turco: Paz no fogar, paz no mundo)
Capital
 • Poboación
Ancara
4 082 184 (2010)
Cidade máis poboadaIstambul
Linguas oficiaisTurco
Forma de gobernoRepública presidencial
Presidente
Vicepresidente
Recep Tayyip Erdoğan
Fuat Oktay
Tratado de Lausana
• Decl. da República
24 de xullo de 1923
29 de outubro de 1923
SuperficiePosto 37º
 • Total783 562 km²
 • % auga1,3
Fronteiras2 627 km
Costas7 200 km
PoboaciónPosto 18º
 • Total (2017 cens.)79 814 871 hab.
 • Densidade102 hab./km²
PIB (nominal)Posto 17º
 • Total (2010)735 264 millóns US$
 • per cápita10 106 US$
PIB (PPA)Posto 15º
 • Total (2010)1 116 000 millóns US$
 • per cápita15 340 US$
MoedaLira turca (TL, YTL)
IDH (2011)0,699 (92º) – Alto
XentilicioTurco, turca
Fuso horarioEET (UTC+2)
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.tr
Prefixo telefónico+90
Prefixo radiofónicoYMA-YMZ / TAA-TCZ
Código ISO792 / TUR / TR
Membro de: ONU, OTAN, OCDE, OSCE, OCE, COE

Xeografía

Tu-map
Artigo principal: Xeografía de Turquía.

Turquía é un Estado transcontinental de Eurasia. A Turquía asiática, que se corresponde coa península de Anatolia, e que inclúe o 97 % da superficie do país, está separada da Turquía europea polo mar de Mármara e os estreitos do Bósforo e Dardanelos, que en conxunto ligan maritimamente o mar Negro e mais o mar Mediterráneo. A Turquía europea, que corresponde á Tracia e a Rumelia orientais da Península Balcánica, só representan o 3% da superficie total do país.[2]

O territorio turco ten máis de 1.600 km de lonxitude, de leste a oeste, e 800 km de norte a sur. A superficie de Turquía, incluíndo a dos lagos, é de 783.562 km², bastante máis dunha vez e media a de España, dos cales só 23.764 km² están en Europa (unha área inferior á de Galicia).[3] Turquía é o 37º país máis grande do mundo, cunha superficie similar á suma das superficies do Reino Unido e de Francia.

Xeografía física

A Turquía europea, no seu noroeste, conforma a Tracia Oriental, e ten fronteiras con Grecia e Bulgaria. A Turquía asiática ou Anatolia—tamén denominada Asia Menor—está formada por un planalto central (Planalto de Anatolia). Os Montes Pónticos (Köroğlu) separan este altiplano da estreita faixa costeira do mar Negro polo norte; mentres os Montes Tauros ao sur forman un murallón fronte á faixa costeira mediterránea. O leste do país é máis montañoso aínda, unión do Anti-Tauro e o Cáucaso, e conforma un dispersor de diversos ríos que se estenden polo Oriente Próximo, como o Éufrates e o Tigris. Sitúanse aí o lago Van e o monte Ararat, a elevación máxima do país con 5.165 msnm.[4]

Hidrografía

O gran río da península anatólica é o río Kizil Irmak ou "río vermello" en turco (Halys da antigüidade), que corre de sur a norte. Xunto con o seu afluente, o río Delidje Su, drena boa parte do país, pero os seus vales son profundos e angostos. No leste o río Tigris, que forma unha enorme curva oeste-leste desde o seu nacemento aos pés do Ararat, drena a parte oriental, xunto con o río Eufrates, de menor curso en territorio turco.

Son numerosos os lagos, en especial na ancha banda percorrida polos Montes Taurus, conformados por materiais calcarios, que orixinan unha paisaxe cárstica, na que os lagos en superficie ou subterráneos xogan o seu papel. Na mesma Anatolia, co cha cheo de material salino en partes, formouse no centro un gran lago salgado, o Tuz-ghela, con cerca de 1.700 km², o segundo en área do país tras o Van.

Xeoloxía

O relevo variado de Turquía é resultado de diversos movementos terrestres complexos que formaron a rexión ao longo de millóns de anos e que aínda producen sismos e erupcións volcánicas. O Bósforo e os Dardanelos formáronse polas fallas xeolóxicas que fendían Turquía e que permitiron a creación do Mar Negro. Outra falla que cruza o norte do país, de oeste a leste, causou o terremoto de 1999.[5]

Clima

En conformidade ás diferenzas do relevo, o clima turco é moi variado. As áreas costeiras do oeste e sur de Turquía teñen un clima mediterráneo, con veráns secos, e invernos moderadamente húmidos. Na costa do Mar Negro os veráns son frescos e as precipitacións repártense ao longo de todo o ano. As condicións son máis extremas no interior árido e elevado. As montañas próximas á costa impiden que as influencias mediterráneas se estendan ao centro, polo que o planalto anatólico central ten un clima continental, con invernos severos e veráns moi cálidos; no altiplano de Capadocia, o Erdjaz Dag, con 3.916 m ten neves perpetuas. A precipitación mediana é de 400 mm; máis con diferenzas rexionais que dependen da altitude. As rexións máis secas son a chaira de Konya e a de Malatya.

División rexional

Turkey Regions
Mapa de Turquía coa división rexional.

Xeograficamente, Turquía divídese en sete rexións:

NEO ararat big
O monte Ararat

Historia

Artigo principal: Historia de Turquía.

A República de Turquía foi fundada en 1923 por Mustafa Kemal Atatürk tralo derrubamento do Imperio Otomán ó final da Primeira Guerra Mundial.

Goberno e política

Artigo principal: Goberno e política de Turquía.

Turquía é unha república parlamentaria e a Constitución dispón que é un estado democrático, laico, social e de dereito. O poder lexislativo reside na Grande Asemblea Nacional de Turquía, composta por 550 deputados elixidos para unha lexislatura de cinco anos cos votos dos cidadáns turcos maiores de 18 anos.

Organización político-administrativa

Artigo principal: Subdivisións de Turquía.

Turquía é un Estado unitario que se divide administrativamente en 81 provincias (iller, singular il), á fronte de cada unha atópase un gobernador (vali) designado polo Goberno central. As provincias divídense en distritos (ilçeler, singular ilçe) e comunas, que poden estabelecer impostos e exercer outras competencias. A capital provincial (xeralmente chamada distrito (ilçe) central) leva xeralmente o nome da provincia. Só non ocorre isto nas provincias de Hatay (capital: Antioquía), Kocaeli (capital: İzmit), e Sakarya (capital: Adapazarı).

Tamén se divide en sete rexións o estado, mais estas non teñen competencias administrativas e só se empregan en estatísticas.

Cidades

A capital de Turquía é Ancara, mais a capital histórica é Istambul (antiga Constantinopla), que é ao mesmo tempo o centro financeiro, económico e cultural do país. Outras cidades importantes son Esmirna, Bursa, Adana, Trebisonda, Malatya, Gaziantep, Erzurum, Kayseri, İzmit (Kocaeli), Konya, Mersin, Eskişehir, Diyarbakır, Antalya e Samsun. Aproximadamente o 68 % da poboación de Turquía vive en centros urbanos. En total, 12 cidades teñen poboacións que exceden os 500.000 hab. e 48 cidades teñen máis de 100.000 hab.

Principais cidades (poboación do 2009):

  • Istambul (14,573,836 hab)
  • Ancara (4.879.167 hab)
  • Esmirna (3.709.000 hab)
  • Bursa (3.195.000 hab)
  • Adana (1.137.565 hab)
  • Konya (1.131.000 hab)
  • Gaziantep (854.000 hab)
  • Mersin (743.000 hab)
  • Antalya (603.000 hab)

Economía

Artigo principal: Economía de Turquía.

Galería de imaxes

Ataturk1930s

Mustafa Kemal Atatürk

Aya sofya
Kocatepe Mosque Ankara
State Painting and Sculpture Museum of Ankara
DolmabahceMainGate
İzmir clock tower
Pamukkale00
Eskişehir-Aycan
Antalya falezler
Alanya
Bluemosquefront
Diyarbakir P1050751 20080427135832

Notas

  1. Sabancı University (2005). "Geography of Turkey" (en inglés). Sabancı University. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2009. Consultado o 21 de setembro de 2009.
  2. Turkish Odyssey: Turkey Arquivado 09 de maio de 2008 en Wayback Machine.(en inglés)
  3. US Library of Congress. "Geography of Turkey". US Library of Congress. Consultado o 21 de setembro de 2009.
  4. NASA - Earth Observatory (2001). "Mount Ararat (Ağrı Dağı), Turkey". NASA. Consultado o 21 de setembro de 2009.
  5. "Brief Seismic History of Turkey". University of South California, Department of Civil Engineering. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2009. Consultado o 21 de setembro de 2009.

Véxase tamén

Ligazóns externas

.tr

.tr é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Turquía.

Aeroporto Internacional Atatürk

O Aeroporto Internacional Istanbul Atatürk (IATA: IST, ICAO: LTBA) é o principal aeroporto internacional de Istambul e o aeroporto máis grande de Turquía por número de pasaxeiros, destinos e movemento de avións. Inaugurado en 1924 en Yesilköy, na parte europea da cidade, está situado a 24 km ao oeste do centro da cidade e serve como centro de conexións principal para Turkish Airlines. O outro aeroporto internacional da cidade é o máis pequeno de Sabiha Gökçen. En febreiro de 2017 tiña 273 destinos, sendo o segundo aeroporto do mundo con máis destinos tras o Aeroporto de Frankfurt.Foi chamado orixinalmente Aeroporto Yesilköy. Nos anos 80 foi renomeado Aeroporto Internacional Atatürk na honra de Mustafa Kemal Atatürk, o fundador e primeiro presidente da República de Turquía. No ano 2015 pasaron polas súas instalacións máis de 60 millóns de pasaxeiros, converténdoo no 11º aeroporto máis concorrido do mundo en termos de pasaxe. En 2017 é o quinto aeroporto máis concorrido de Europa tras Londres-Heathrow, París-Charles de Gaulle, Frankfurt e Ámsterdam-Schiphol, despois de caer dende o terceiro posto debido a temores pola seguridade.

Antioquía

Este artigo é sobre unha cidade de Oriente Próximo. Para o departamento colombiano, véxase Antioquia.Antioquía (en turco: Antakya; ou "Αντιόχεια" en grego) é unha cidade que se atopa na rexión do Mediterráneo de Turquía. É a capital da provincia de Hatay e conta con 360.652 habitantes.

Biblioteca Nacional da República Checa

A Biblioteca Nacional da República Checa (checo: Národní knihovna České republiky) é a biblioteca central da República Checa, dirixida polo Ministerio de Cultura dese país. O seu edificio principal localízase no edificio histórico Clementinum, en Praga, onde se garda aproximadamente a metade dos libros da biblioteca, mentres que a outra metade da colección atópase no distrito de Hostivař. É a maior biblioteca do país, cun catálogo duns 6 millóns de documentos e uns 60 000 lectores rexistrados. A biblioteca posúe tanto textos checos como material máis antigo procedente de Turquía, Irán e India. Tamén acolle libros para a Universidade Charles en Praga.No 2005 recibiu o Premio Jikji outorgado pola UNESCO a través do programa Memory of the World Programme, polo traballo realizado na dixitalización de textos antigos. A biblioteca comezou este traballo no ano 1992, chegando a dixitalizar uns 1700 documentos nos seus primeiros 13 anos de execución.

Chipre

Chipre ( pronunciación ) (en grego: Κύπρος/Kýpros, en turco: Kıbrıs), oficialmente República de Chipre ( pronunciación ) (en grego: Κυπριακή Δημοκρατία, en turco: Kıbrıs Cumhuriyeti) é un república que abrangue o territorio da illa homónima, situada ó leste do mar Mediterráneo, 113 km ao sur de Turquía, 120 km ao oeste de Siria e 150 km ao leste da illa grega de Kastellorizo. Chipre ingresou como membro das Nacións Unidas o 20 de setembro de 1960 e foi un dos fundadores do Movemento de Países Non Aliñados até o seu ingreso na Unión Europea o 1 de maio de 2004.

Segundo a lei internacional, a illa no seu todo é un estado independente, mais de facto atópase dividida dende o 15 de xullo de 1974 en dúas partes. Os dous terzos do sur forman o Chipre propiamente dito e o resto da illa, o terzo norte, é a coñecido como a República Turca do Norte de Chipre, baixo protección turca e sen recoñecemento internacional. Ámbolos dous territorios teñen a súa capital en Nicosia.

Constantinopla

Constantinopla (Nome romano: Constantinopolis; Grego: Konstantinoupolis ou Κωνσταντινούπολις) é o antigo nome da cidade de Istambul, na Turquía. O nome orixinal era Bizancio (Bυζάντιον en grego).

Constantinopla foi a capital do Imperio Bizantino, tamén coñecido como Imperio Romano de Oriente. Foi capturada e saqueada pola Cuarta Cruzada en 1204 e despois recapturada polas forzas de Nicea, baixo as ordes de Miguel VIII Paleólogo en 1261.

"Constantinopla" é unha adaptación de Konstantinoupolis, que significa "Cidade de Constantino". O nome é unha referencia ao emperador romano Constantino I o Grande que converteu esta cidade na capital do imperio romano, o 11 de maio de 330. Constantino chamouna "Nova Roma", pero o nome non prosperou. Posteriormente Constantinopla quedou como capital do Imperio Romano de Oriente e, tras a caída do Imperio Romano de Occidente, como capital do Imperio Bizantino.

Constantinopla e o Imperio Bizantino caeron finalmente ante o Imperio Otomán a 29 de maio de 1453. Nos tempos otománs, ambos os nomes Constantinopla e Istambul foron usados, a pesar dos occidentais invariabelmente usaron o nome Constantinopla. Istambul só se tornou o nome oficial en 1930. Cando a República da Turquía foi fundada en 1923, a capital moveuse de Istambul a Ancara.

En tempos bizantinos, os gregos chamaban Constantinopla "i Poli" (a cidade), unha vez que era o centro do mundo grego e durante a maioría do período bizantino a maior cidade da Europa.

O nome Istambul é unha tradución ao turco de "Constantinopla". A crenza de que vén da frase grega "is tin Poli" (cara a cidade) é apenas unha lenda folclórica.

Estrabón

Estrabón (en grego: Στράβων, en latín: Strabo), nado no ano 64 ou 63 a.C. e finado no 24) d.C., foi un xeógrafo grego.

Imperio Otomán

O Sublime Estado Otomán (en turco otomán: دَوْلَتِ عَلِيّهٔ عُثمَانِیّه, Devlet-i ʿAliyye-yi ʿOsmâniyye, tamén عثمانلى دولتى Osmanlı Devleti, en turco: Yüce Osmanlı Devleti ou Osmanlı İmparatorluğu) foi un imperio que durou dende o 27 de xullo de 1299 até o 29 de outubro de 1923. Foi habitualmente coñecido polos seus contemporáneos como Imperio Otomán, Imperio Turco, a Sublime Porta ou, máis comunmente, Turquía. Dende 1923, úsase preferentemente o nome de Imperio Otomán para non crear confusión coa actual República de Turquía.

No cumio do seu poder, nos séculos XVI e XVII, controlaba territorios no sueste de Europa, suroeste de Asia e norte de África. O Imperio Otomán estaba formado por vinte e nove provincias e numerosos estados vasalos, algúns dos cales chegaron a ser absorbidos completamente polo imperio, mentres que a outros foilles concedido certo grao de autonomía no transcurso dos séculos. O imperio gañou tamén eventualmente autoridade sobre terras estranxeiras afastadas a través de declaracións de lealdade ao Sultán, como por exemplo a declaración do Sultán de Aceh en 1565, ou a través de adquisicións temporais de illas, como por exemplo Lanzarote no océano Atlántico en 1585.

Con Constantinopla (en turco otomán: استنبول, Istanbul e قسطنطينيه, Kostantiniyye) como capital, e control de extensión de terra por todo o mar Mediterráneo durante o reinado de Suleimán o Magnífico (dirixente de 1520 a 1566), o imperio foi o centro de interaccións entre o mundo Occidental e Oriental durante seis séculos. O imperio chegou á súa fin, como réxime baixo a monarquía imperial, o 1 de novembro de 1922, rematando a súa existencia de iure o 24 de xullo de 1923 baixo o Tratado de Lausana. Foi sucedido pola República de Turquía, que foi oficialmente proclamada o 29 de outubro dese mesmo ano.

Istambul

Istambul ou Istanbul, (en turco: İstanbul, [is'tanbul] (AFI)) é a maior cidade de Turquía, e tamén unha das cidades máis grandes de Europa, con 11 008 790 (censo de 2007).

É tamén a capital administrativa da Provincia de Istambul na chamada Rumelia ou Tracia Oriental. Foi chamada Bizancio (en grego: Βυζάντιον, tr. "Byzantion") ata 330, e Constantinopla ata 1453, nome co que se lle denominou xeralmente en Occidente ata 1930. Durante o período otomán os turcos chamaban á cidade 'İstanbul' alteración da frase en lingua grega: εἰς τὴν πόλιν (á cidade), que no grego bizantino se prunciaba algo así como istimbólin, pero oficialmente empregábase o nome Qustantaniyyeh (قسطنطنيه) ("Cidade de Constantino" en árabe). O nome oficial de İstanbul foi imposto o 28 de marzo de 1930.

Foi sucesivamente a capital do Imperio Romano de Oriente, o Imperio Bizantino, do Imperio Otomán e máis tarde da República de Turquía até 1923.

Aínda que dende 1923 a capital de Turquía é Ankara, Istambul segue sendo unha cidade que ten un papel fundamental na industria, no comercio e na cultura de Turquía. Alberga máis dunha ducia de universidades. É sé do Patriarcado Ecuménico de Constantinopla, cabeza da Igrexa Ortodoxa.

Lingua búlgara

O búlgaro (Български език, Bǎlgarski ezik) é unha lingua indoeuropea, pertencente á familia das linguas eslavas meridionais das linguas eslavas. O búlgaro posúe grandes innovacións lingüísticas que a manteñen afastada doutras linguas eslavas.

A lingua búlgara está moi relacionada coa lingua macedonia, xeralmente recoñecida como unha lingua distinta, aínda que prevalece a opinión en Bulgaria, e en Grecia, xunto a opinión de lingüistas internacionais, de que as dúas linguas son variantes do mesmo diasistema.

Lingua grega

A lingua grega (en grego moderno: ελληνικά, elliniká, ou ελληνική γλώσσα, ellinikí glóssa, "lingua grega") é a lingua materna de 12 millóns de falantes, dos cales 11 millóns viven en Grecia onde é lingua oficial, como en Chipre. Tamén se fala en comunidades illadas de Albania, Turquía e Italia. É lingua oficial na Unión Europea. É a lingua viva con historia documentada máis longa, con 34 séculos de fontes escritas. O seu sistema de escrita foi o alfabeto grego durante a meirande parte da súa historia; outros sistemas como o Lineal B e o silabario chipriota, foron usados anteriormente. O alfabeto xurdiu a partir do alfabeto fenicio e foi a base do latino, do cirílico, do armenio, do copto, do gótico e moitos outros sistemas de escrita.

Lingua rusa

O ruso (antigamente coñecido como gran ruso, para diferenciala do ucraíno ou "pequeno ruso") é a lingua eslava con máis falantes. Forma co ucraíno e o bielorruso o grupo das linguas eslavas do leste. A variedade do dialecto ruso medio falada na área de Moscova é a base da forma estándar da lingua. Hai minorías rusófonas significativas en tódolos estados que fixeron parte da antiga Unión Soviética e mantén aínda un certo status como lingua de cultura. O número total de falantes podería estar ó redor dos 300 millóns de persoas.

Lingua turca

O turco ( Türkçe ) é a máis estendida das linguas turcas, con arredor de 10–15 millóns de falantes nativos no sueste de Europa e entre 55 e 60 millóns de falantes en Asia Occidental. A lingua fálase sobre todo en Turquía, con pequenas comunidades en Alemaña, Bulgaria, Macedonia, República Turca do Norte de Chipre, Grecia, o Cáucaso, e outras partes de Europe e Asia central. Pertence á familia das linguas altaicas. As linguas máis próximas ao turco son o azarí e o turcomán.

As orixes da lingua atópanse na rexión de Altai, na estepa euroasiática, onde se coñecen os primeiros escritos que teñen uns 1.300 anos de antigüidade. No oeste, a influencia do turco otomán, a lingua administrativa e literaria do Imperio Otomán que mantiña unha morfoloxía e sintaxe principalmente turca mentres o vocabulario era primordialmente árabe e persa , estendeuse segundo ía medrando o Imperio. En 1928, como parte das reformas Atatürk na recente República de Turquía, a escrita otomá foi substituída polo alfabeto latino, así como se reformulou o vocabulario eliminando gran parte do léxico árabe e persa.

As características distintivas do turco son a harmonía vocálica e a aglutinación. A orde básica das palabras é suxeito obxecto verbo. O turco non ten clases de nomes ou xénero gramatical. Ten un uso moi forte das fórmulas de tratamento e de cortesía. Usa o pronome de segunda persoa que distingue diferentes graos de cortesía, espazo social, idade ou familiaridade.

Lingua xeorxiana

O xeorxiano (ქართული Kartuli) é a lingua oficial de Xeorxia, unha república do Cáucaso. O xeorxiano é a lingua materna duns catro millóns de xeorxianos, aproximadamente o 70% da poboación do país, e outros dous millóns de persoas no estranxeiro (principalmente Turquía e Rusia, con comunidades máis pequenas en Irán, Acerbaixán etc.). É a principal lingua escrita para todos os grupos étnicos xeorxianos, incluso para os falantes das outras linguas caucásicas do sur (svanuri, mingreliano e laz).

Mar Negro

O mar Negro (en abkhaza: Амшын Еиқәа, xeorxiano: შავი ზღვა, turco: Karadeniz, en póntico: Μαύρον Θάλασσα, Εύξεινος Πόντος, búlgaro: Черно море, romanés: Marea Neagră, ruso: Чёрное море, ucraíno: Чорне море, en tártaro de Crimea: Qara deñiz) é un mar que posúe unha saída moi angosta ao Mar Mediterráneo e que separa Europa Oriental de Asia Occidental e esta limitado polos montes Pónticos, ao sur, e polo Cáucaso a leste. Este mar está, en última instancia, relacionado a través de varios estreitos co océano Atlántico, vía mar Mediterráneo e mar Exeo: o estreito do Bósforo conéctao ao mar de Mármara e o estreito dos Dardanelos ao mar Exeo (parte do mar Mediterráneo); ademais, outro estreito, o de Kerch, úneo ao mar de Azov.

Río Éufrates

O río Éufrates (nome grego tradicional, en Aramaico Frot/Frat, Persa antigo Ufrat, en árabe الفرات, e en turco Fırat) é un dos ríos que forma a Mesopotamia xuntamente co Río Tigris, onde hoxe se atopa o actual Iraq.

O río formase pola unión de dous afluentes: o Kara (Éufrates Occidental), que nace nas montañas orientais da Turquía ao norte de Ercerun e mailo Murat (Éufrates Oriental), que se orixina no lago Van. O río ten aproximadamente 2.780 km de extensión e a súa porción superior escoa por entre canóns e gargantas para o suroeste a través da Siria e despois do Iraq. Os ríos Khabur e Balikh, que se orixinan tamén na Turquía, xúntanse ao río Éufrates na porción oriental da Siria. Despois diso, ao longo de todo o seu curso, o río Éufratres non recibe máis contribucións doutros corpos de auga. Abaixo de Basra no Sur do Iraq o río únese ao río Tigris para formaren o río Shatt al-Arab, que vai desaugar no Golfo Pérsico.

Tracia

Tracia (en grego Thrákē ) é unha rexión do sueste de Europa, na Península dos Balcáns, ao norte do Mar Exeo, situada na actual Grecia e na Turquía europea.

No seu momento, esta rexión histórica estendíase desde Macedonia ata o Mar Negro e o Mar de Mármara; e desde o mar Exeo ata o Danubio. Ocupa a punta do sueste da Península Balcánica e comprende o Nordeste de Grecia, o sur de Bulgaria, e a zona europea de Turquía. Os seus límites variaron nos diferentes períodos. As montañas Ródope separan a Tracia grega da búlgara e o río Maritsa separa a Tracia turca da grega.

As cidades principais da zona son Istambul, Gallipoli, Edirne (antes Adrianópolis) e Tekirdag, todas elas en Turquía. Na zona grega distínguense Komotene, Janto e Alexandrópolis como as cidades máis grandes. A rexión de Tracia é esencialmente agrícola. Alí prodúcese tabaco, arroz, trigo, algodón, seda, aceite de oliva e froitas.

Turkish Airlines

THY - Turkish Airlines, Inc. (en turco Türk Hava Yolları Anonim Ortaklığı) (THY) é a aeroliña nacional de Turquía con base na cidade de Istambul. Opera unha rede de vós regulares a 140 cidades internacionais e 35 en Turquía, operando nun total de 155 aeroportos, en Europa, Asia, África e América. O principal aeroporto da compañía é o Aeroporto Internacional Atatürk (IST), e ten centros de operacións nos aeroportos de Esenboga (ESB), e no de Sabiha Gökçen (SAW).

Entre 2006 e 2008 a aeroliña transportou 61,7 millóns de pasaxeiros cuns ingresos totais de 9370 millóns de dólares. Conta con 12000 empregados. Desde o 1 de abril de 2008 é membro da Star Alliance.

Dende o día 21 de maio de 2013 a aeroliña voa ao aeroporto de Santiago de Compostela. Trátase dunha conexión que se realiza tres días á semana entre a capital galega e a cidade de Istambul.

İstiklâl Marşı

O İstiklal Marşı (Marcha da Independencia) é o himno nacional de Turquía, adoptado oficialmente o 12 de marzo de 1921. Un total de 724 poemas foron sometidos a unha competición a escala nacional organizada para o atopar a composición orixinal máis conveniente para esta marcha nacional.

Un poema de 10 versos escrito polo renomeado poeta Mehmet Akif Ersoy foi adoptado unanimemente pola Asemblea Nacional Magnífica Turca. Vinte e catro compositores participaron noutra competición disposta para a selección dunha composición musical que satisfaría o himno nacional elixido o mellor posible. O consello, que só puido reunirse en 1924, debido á guerra turca da independencia, adoptou a música composta por Ali Rıfat Çağatay, que se mantivo en vigor até 1930. Despois diso, fíxose oficial como a música do himno, un arranxo escrito por Osman Zeki Üngör, director da orquestra sinfónica presidencial, e a letra cantouse con este acompañamento musical dende aí en diante. Porén, soamente se cantan as primeiras dúas estrofas.

Países e territorios do Mediterráneo

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.