Turks e Caicos

As Illas Turks e Caicos (en inglés: Turks and Caicos Islands; e abreviado TCI;[4] /tɜːrks/ e /ˈkeɪkəs, -koʊs, -kɒs/) son un territorio de ultramar dependente do Reino Unido e están situadas ao norte da illa A Española, onde se atopan Haití e a República Dominicana, en augas do océano Atlántico.

Consisten na gran illa de Caicos Central e as pequenas Illas Turks ou Turcas, dous grupos de illas tropicais no Arquipélago das Lucayas no Océano Atlántico e ao norte das Indias occidentais.[5] Son coñecidas principalmente polo turismo e como un centro financeiro extraterritorial. A poboación residente era de 31.458 en 2012[3] dos que 23.769 viven en Providenciales nas Illas Caicos. As estimacións de xullo de 2018 sitúan a poboación en 53.700.[6] É o terceiro maior dos territorios británicos no exterior por poboación.

Coordenadas: 21°45′N 71°35′O / 21.750, -71.583

Illas Turks e Caicos
Turks and Caicos Islands
Bandeira das Turks e Caicos
Escudo das Turks e Caicos
BandeiraEscudo
Turks and Caicos Islands in United Kingdom (special marker)
Lema: One People, One Nation, One Destiny [1]
(galego: «Un pobo, unha nación, un destino»)
Himno: [["God Save the Queen"

Himno local: "This Land of Ours"[2]]]
Capital
 • Poboación
Cockburn Town
n/d
Cidade máis poboadaCockburn Town
Linguas oficiaisInglés
Forma de gobernoTerritorio de Ultramar
Xefe de Estado
Gobernador xeral
Isabel II do Reino Unido
John Freeman
SuperficiePosto 203º
 • Total616´3 km²
 • % augaDesprezable
Fronteiras0 km
Costas389 km
 • Total (2012 censo)31 458[3] hab.
 • Densidade51 hab./km²
PIB (nominal)
 • Totaln/d
 • per cápitan/d
 • Totaln/d
 • per cápitan/d
MoedaDólar estadounidense (USD)
IDHn/d
Xentilicion/d
Fuso horarioUTC -5
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.tc
Prefixo telefónico+1-649
Prefixo radiofónicon/d
Código ISO796 / TCA / TC
Membro de: CARICOM, Commonwealth

Historia

Turks and Caicos Islands-CIA WFB Map
Mapa das illas Turks e Caicos

As illas Turks e Caicos estiveron habitadas durante séculos por pobos nativos amerindios. O primeiro avistamento europeo das illas rexistrado produciuse en 1512.[7] Nos séculos posteriores, as illas foron reivindicadas por varias potencias europeas, finalmente co Imperio Británico logrando o control. Ata o ano de 1962 eran administradas por Xamaica, pero ao conseguir esta a súa independencia pasaron a depender do Gobernador Xeral das illas Bahamas. Cando as Bahamas conseguiron a súa independencia en 1973 pasaron a constituírse como un territorio á parte e aínda que no ano de 1982 o Reino Unido concedeulles a independencia as illas deron marcha atrás e preferiron seguir gobernadas como un territorio dependente da coroa británica, recibiron ao seu propio gobernador e permaneceron como Territorio británico de ultramar.[8]

O gobernador das illas (designado por Isabel II do Reino Unido) actúa de facto como xefe de estado representando a raíña e supervisa os labores dun Consello Lexislativo composto por 19 membros (dos cales só 13 son electos) na cidade de Cockburn Town, a capital do territorio. O xefe de goberno é o Principal Ministro son elixidos. A economía das illas depende do turismo, a pesca e dos investimentos estranxeiros non tributables. A poboación ascende a unhas 31.458 persoas das cales o 90% son de raza negra e o 86% practican o cristianismo protestante. A moeda de curso legal é o dólar estadounidense e desde o día 2 de xullo de 1991 as Illas Turcas e Caicos son membro asociado da Comunidade do Caribe.

Etimoloxía

As illas Turks e Caicos teñen o nome do "cacto turco de pucha vermella" (Melocactus intortus) e do termo taíno "caya hico", que significa "cadea de illas".[9][10][11]

Xeografía

Turks and Caicos Islands 1976 CIA map
Mapa das Illas Turks e Caicos.

As illas Turcas e Caicos atópanse ao sueste de Mayaguana na cadea insular de Bahamas, ao nordés de Cuba e aproximadamente 160 km ao norte da illa de A Española (Haití e a República Dominicana). Cockburn Town, a capital desde 1766, está situada na Gran Turca ao redor de 1042 km. ao leste-sueste de Miami, Estados Unidos. As illas teñen unha superficie total de 430 km².[a]

O territorio é xeograficamente contiguo ás Bahamas, ambos forman o Arquipélago das Lucayas, pero politicamente son entidades separadas. As illas Caicos están separadas pola Passage Caicos das illas Bahamas máis próximas, Mayaguana e Gran Inagua. A masa de terra estranxeira máis próxima das illas Turks e Caicos é a illa das Bahamas de Pequena Inagua, a uns 30 quilómetros de Caicos do Oeste.

As oito illas principais e máis de 22 illas menores teñen unha superficie total de terra de 616´3 km², [a] que consiste principalmente en pedra calcaria baixa e plana, con extensas marismas e mangleiros pantanos e 332 km² de fronte de praia. Os picos máis altos das illas son as illas Blue Hills en Providenciales e Flamingo Hill en Caicos do Leste, ambas cuns modestos 48 m.[16] O tempo adoita ser asollado (normalmente considérase que as illas reciben 350 días de sol ao ano[17]) e relativamente seco, pero con frecuentes furacáns.[18] As illas teñen recursos naturais limitados de auga doce. Cisternas privadas recollen auga de choiva para beber. Os recursos naturais primarios son os peixes e mariscos.

Os dous distintos grupos de illas están separados pola Pasaxe das illas Turks.[19]

Illas Turcas

As illas Turks están separadas das illas Caicos pola Pasaxe das illas turcas, que ten máis de 2200 m. de profundidade.[20] As illas forman unha cadea que se estende de norte a sur. A poboación no Censo de 2012 era de 4.939 nas dúas illas principais, as únicas illas habitadas do grupo:

  • Gran Turca (coa capital do territorio, superficie 17´39 km², poboación 4.831)
  • Salt Cay (superficie 6´74 km², poboación 108)

Xunto ás illas próximas, en Turks Bank, as dúas principais illas forman os dous distritos administrativos do distrito (dos seis en total) que están dentro das Illas Turks. Turks Bank, que é máis pequeno que Caicos Bank, ten unha superficie total de aproximadamente 324 km².[21]

As principais illas deshabitadas son:

  • Caio Big Sand
  • Caio Algodón
  • East Cay
  • Endymion Rock
  • Caio Gibb
  • Caio Pera

Mouchoir Bank

25 km. ao leste das Illas Turcas e separada delas pola pasaxe Mouchoir está Mouchoir Bank. Aínda que non ten caios nin illotes emerxentes, algunhas partes son moi pouco profundas e a auga rompe sobre elas. Mouchoir Bank forma parte das illas Turks e Caicos e está dentro da súa Zona Económica Exclusiva. Ten 960 km² de superficie.[22] Dous bancos máis ao leste, Silver Bank e Navidad Bank, están xeograficamente a continuación, pero politicamente pertencen á República Dominicana.

Illas Caicos

A illa máis grande do arquipélago de Caicos é a escasamente habitada Caicos entral, que ten unha superficie de 144 km², pero só ten unha poboación de 168 habitantes no Censo de 2012. A illa máis poboada é Providenciales, con 23.769 habitantes en 2012, e unha superficie de 122 km². Caicos do Norte (116 km² de superficie) tiña 1.312 habitantes. Caicos do Sur (21 km² de supeficie tiña 1.139 habitantes, e Caio Parrot (6 km² de superficie) tiña 131 habitantes. Caicos do Leste (que se administra como parte do distrito Caicos do Sur) está deshabitada, mentres que os únicos habitantes permanentes de Caicos do Oeste (administrados como parte do distrito de Providenciales) son persoal do resort. [Cómpre referencia]

As illas Caicos inclúen as seguintes illas principais:

División Administrativa

As Illas Turcas e Caicos están compostas por seis distritos agrupados en dous grupos de illas: as illas Caicos e as illas Turcas.

Illas Caicos

Illas Turcas

As illas Turcas están divididas por dous distritos:

  • Caio Salt (Salt Cay), con cabeceira de distrito en Balfour Town
  • Illa Gran Turk (Grand Turk), con cabeceira de distrito en Cockburn Town, que é á vez capital das Illas

Clima

As illas Turks e Caicos presentan un clima tropical, con temperaturas relativamente consistentes ao longo do ano.[23] As temperaturas do verán raramente superan os 33° C e as temperaturas nocturnas no inverno raramente caen por baixo de 18° C.

Notas

  1. 1,0 1,1 Alternative sources give different figures for the area of the Islands. The CIA World Factbook gives 430 km2,[12] a Unión Europea di 417 km²,[13] e a Encyclopædia Britannica di "Área en marea alta, 238 millas cadrados (616 km²); en marea baixa, 366 millas cadradas (948 km²)".[14] Un informe do Departamento de Planificación e Estatística Económica das Illas Turks e Caicos dá os mesmos números que a Encyclopædia Britannica aínda que as súas definicións son menos claras.[15]
  1. "CARICOM". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 26 de abril de 2009.
  2. "Turks and Caicos Islands –". Nationalanthems.info. Maio 2013. Consultado o 2017-03-22.
  3. 3,0 3,1 "Census Figures from Turks and Caicos Strategic Planning and Policy Department Website". Sppdtci.com. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2016. Consultado o 2017-03-22.
  4. "CIA World Factbook- Turks and Caicos Islands". Consultado o 19 de xullo de 2019.
  5. "Encyclopedia Britannica - Turks and Caicos Islands". Consultado o 20 de xullo de 2019.
  6. "CIA World Factbook- Turks and Caicos Islands". Consultado o 19 de xullo de 2019.
  7. "World Directory of Minorities and Indigenous Peoples – Turks and Caicos Islands: Overview". Minority Rights Group International, 2007.
  8. "CIA World Factbook- Turks and Caicos Islands". Consultado o 19 de xullo de 2019.
  9. Unknown. "Turks and Caicos – History". Geographia.com. Consultado o 2017-03-22.
  10. "Turks and Caicos". Turksandcaicostourism.com. 2013-01-24. Consultado o 2017-03-22.
  11. "CIA World Factbook- Turks and Caicos Islands". Consultado o 19 de xullo de 2019.
  12. "Turks and Caicos Islands". CIA World Factbook. Consultado o 13 de marzo de 2013.
  13. "International Cooperation and Development - International Cooperation and Development - European Commission". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2008. Consultado o 2008-12-11.
  14. "Turks and Caicos Islands". Encyclopædia Britannica. Consultado o 13 de marzo de 2013.
  15. "Archived copy" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de xullo de 2011. Consultado o 2013-03-13.
  16. "CIA World Factbook- Turks and Caicos Islands". Consultado o 19 de xullo de 2019.
  17. "Turks and Caicos In Numbers". Beach House TCI. Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2015. Consultado o 1 de agosto de 2015.
  18. "CIA World Factbook- Turks and Caicos Islands". Consultado o 19 de xullo de 2019.
  19. "Encyclopedia Britannica - Turks and Caicos Islands". Consultado o 20 de xullo de 2019.
  20. "STS-100 Shuttle Mission Imagery". Spaceflight.nasa.gov. 1 de maio de 2001. Consultado o 31 de xullo de 2011.
  21. "Produción e comercio histórico pesqueiro dos turcos e a illa de Caicos" (PDF). Seaaroundus.org. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de agosto de 2011. Consultado o 31 de xullo de 2011.
  22. Turkscaicosbank.com, ed. (11 de abril de 2008). "Turks Caicos Sitio web do banco »Mouchoir Bank". Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2011. Consultado o 31 de xullo de 2011.
  23. "Turks and Caicos, CIA – The world factbook". Cia.gov.
  24. "Grand Turk, Turks And Caicos Islands Monthly Weather". Weather.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2018. Consultado o 2017-03-22.
  25. "Grand Turk, Turks and Caicos Islands Travel Weather Averages". Weatherbase. Consultado o 2017-03-22.
.tc

.tc é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para as Illas Turks e Caicos.

Aeroporto de Providenciales

O aeroporto internacional de Providenciales (IATA: PLS, OACI: MBPV), é un aeroporto que serve á illa de Providenciales, sendo o máis grande que opera en Turks e Caicos, un territorio de ultramar dependente do Reino Unido. Está operado por Turks and Caicos Islands Airports Authority (TCIAA). O outro aeroporto internacional do territorio é o JAGS McCartney na illa Gran Turca.

Bahamas

As Bahamas, tamén coñecidas oficialmente como Mancomunidade das Bahamas é un estado independente situado nas Antillas. Un arquipélago de 24 illas habitadas, 600 deshabitadas e máis de 2 000 penedas e escollos. Sitúanse no océano Atlántico, ao leste de Florida (Estados Unidos), ao norte de Cuba e das outras illas do mar Caribe e ao oeste das Turks e Caicos (Reino Unido). A lingua oficial é o inglés, mais tamén está moi estendido o crioulo das Bahamas.

Basse-Terre

Basse-Terre é unha comuna francesa, capital administrativa do departamento de Guadalupe.

Caicos Central

Caicos Central, tamén chamada Gran Caicos, (en inglés:Middle Caicos ou Grand Caicos) é a illa máis grande das illas Turks e Caicos. Ao oeste, está separado de Caicos do Norte polo Juniper Hole, e ao leste, de Caicos do Leste polo Lorimer Creek, ambos son pasaxes estreitas que só permiten o paso de pequenas embarcacións.

A illa é coñecida polo seu extenso sistema de covas e polos seus importantes sitios arqueolóxicos indíxenas lucaiáns. A illa está conectada a Caicos do Norte a través dun camiño.

Caicos do Norte

Caicos do Norte ou North Caicos é a terceira illa máis grande das illas Turks e Caicos. Tamén chamada a "Illa Xardín", é probablemente a illa máis exuberante do arquipélago. Ten unha superficie de 116´4 km² e a súa poboación, en 2012 era de 1.312 habitantes.

Algúns lugares de interese turístico da illa inclúen Cottage Pond, Wade's Green plantation, e os pequenos Caios Tres Marías (Three Marys Cays) de (0,64 ha) a poucos metros da costa nor-occidental.

Xunto a Bay Cay (o Caio da baía) na costa oriental (con 21´9 km² é a sexta illa máis grande do territorio) hai algúns caios máis todos deshabitados. En conxunto forman o Distrito Caicos do Norte, cunha superficie de 144´9 km².

Caicos do Oeste

Caicos do Oeste (tamén coñecido en inglés como West Caicos) é unha illa das Illas Turcas e Caicos. Caicos do Oeste, ten unha área de 28 km², e leva deshabitada durante máis dun século.

Na década de 1890, Caicos do Oeste tivo plantacións de sisal, que foron un dos principais cultivos das illas Turks e Caicos. Sobre a illa están as ruínas de Yankee Town (Cidade do Yankee), que foi o centro da industria da illa. Aínda existen alí restos dun ferrocarril.

Polo menos realizáronse dous intentos para adquirir a totalidade da illa. A primeira foi feita polo ditador dominicano Rafael Leónidas Trujillo, a súa intención era utilizala como un agocho. Con todo, foi asasinado antes de que a compra se realizara. En 1972, unha empresa petroleira tratou de adquirir a illa para construír unha refinería, e construíu unha pista de aterraxe. O acordo finalmente non se fixo, e a pista de aterraxe existe ata o día de hoxe.

Un novo esforzo parece estar en curso para construír na illa un resort, que sería establecido como o «West Caicos Reserve». Este esforzo é, aparentemente dirixido para persoas de alto patrimonio. Prevíase a apertura desta comunidade a mediados de 2008. Con todo, debido á caída de Lehmann Brothers (que eran os que financiaban o proxecto), todos os traballos de construción detivéronse en setembro de 2008.

Caio Ambergris

Caio Ambergris (tamén coñecido como Caio Gran Ambergris) é unha illa dentro das illas Turks e Caicos, é unha illa residencial privada. Foi famosa polos valiosos depósitos de ámbar gris de onde cen o seu nome, unha substancia cerosa que segregan os xibardos, que antano se atopaban a 8 quilómetros da costa. A illa ten aproximadamente cinco quilómetros de longo e 900 m. de ancho. Deshabitada ata 1997, na actualidade ten unha pequena poboación. Adxacente a Caio Ambergris está Caio Pequeno Ambergris, que é unha reserva natural deshabitada. Caio pequeno Ambergris é un hábitat único e significativo para unha ampla gama de aves e vida mariña. A illa de Caio Ambergris ten aproximadamente 6´4 km. de longo, e 1´6 km. de ancho, e 4´28 km² en total.

Caio Ambergris é coñecido polas súas augas turquesas e pouco profundas. Está rodeado de bancos de area e arrecifes de coral. Caio Ambergris é unha illa privada desde 1811 e hoxe está xestionada por Turks and Caicos Collection, unha selección preferida dos resorts de todo tipo en Turks e Caicos.

Caio Dellis

Caio Dellis é unha illa privada de 2´3 km² situada no arquipélago das illas Turks e Caicos.Esta illa atópase ao sur de Caio Parrot e ao norte de Caio Pine e pódese observar facilmente na cadea das illas Caicos. Caio Dellis está situado a poucos quilómetros de Providenciales e é accesible a 20 minutos en barco. A illa obtivo o seu nome da familia Dellis que viviu na illa e gañou a vida cos cultivos de esponxas na década dos cincuenta. Ademáis de ser coñecido polo cultivo de esponxas e cunchas, caio Dellis tamén é coñecido pola súa gran colección de cunchas que se poden atopar ao longo da súa costa.

Un proxecto inmobiliario "As residencias Mandarin Oriental de caio Dellis") debería abrirse a mediados de 2010, pero o proxecto fallou a principios de 2010 e a construción quedou detida. A principios de 2011, o proxecto foi cancelado por problemas financeiros.

Caio Parrot

Caio Parrot é unha pequena illa, parte das illas Turks e Caicos cunha superficie de 5´63 km², ten unha praia de máis de quilómetro e medio de longo e dispón dun resort de praia de alta gama con 61 habitacións, que durante anos foi testemuña de numerosas visitas de celebridades como Bruce Willis e Michael J. Fox. Caio Parrot converteuse nunha illa privada con resort en 1998. Está situado preto de 925 km. ao sueste de Miami e pódese chegar nun paseo en barco de 35 minutos desde Providenciales, a illa principal de Turks e Caicos. Atópase preto de Caio Pine, Caio Dellis e Caicos do Norte. Inicialmente, chamábase Caio Pirata, pero se cambiou a fin de non asustar aos visitantes.

Caio Pine

Caio Piñeiro (en inglés: Pine Cay) é unha illa de aproximadamente 30 habitantes do arquipélago das Turcas e Caicos. É propiedade privada do Meridian Club e a área alúgase aos seus empregados e clientes.

Caio Piñeiro foi o lugar dos primeiros desenvolvementos turísticos das Illas Turks e Caicos. Estaba previsto xa na década de 1950 pero comezou a ser realidade a partir da década de 1970.

Ten uns 900 m. de ancho e 2´7 km de longo, e varios quilómetros de carreiros que percorren a illa.

Un dos sitios máis singulares da illa é a parte onde se atopa o peixe de auga salgada nos lagos de auga doce. Isto débese aos efectos do Furacán Donna que azoutou o caio en 1960.

Caio Sal

Caio Sal (en inglés: Salt Cay) é a segunda maior illa das Illas Turcas, un dos dous grupos de illas que forman o territorio británico das illas Turks e Caicos no mar Caribe. O seu tamaño é de 6´7442 km². O tamaño do distrito, que tamén inclúe algunhas illas despobladas como Caio algodón (1´1252 km²), e outras próximas é en total, de 9´1 km². A poboación é de 186 (est. 2006), todos na capital do distrito, Cidade Balfour na costa oeste.

Caio Salt é unha illa pequena, plana e triangular duns 3´2 km dun lado dedicada principalmente á explotación de salinas que no seu día albergou a centos de persoas dedicadas á produción de sal en lagoas e estanques costeiros de desecamento de salmoira.

Cidade de Panamá

A cidade de Panamá (en español Panamá) é a capital administrativa e gobernativa do estado centroamericano de Panamá e a cidade máis importante do país, cunha poboación de máis de 800.000 habitantes, o que representa máis dun cuarto da poboación total de Panamá.

Está situada no sur do territorio, na provincia de Panamá, sobre a costa do Océano Pacífico e na entrada leste do Canal de Panamá. É o centro cultural, político e turístico da nación, e desde un punto de vista económico é, realmente, unha cidade de categoría mundial, pois é seguramente a capital financeira de Latinoamérica. Historicamente é tamén unha das máis antigas do continente de fundación europea, pois foi levantada en 1519.

Cockburn Town

Cockburn Town é a capital das illas Turks e Caicos.

Cuba

Cuba (oficialmente República de Cuba), é un país situado na illa de mesmo nome, localizada no norte do mar Caribe. A nación de Cuba abrangue a illa homónima, a Illa da Juventud, e varios arquipélagos. A súa capital e meirande cidade é A Habana. A segunda maior cidade é Santiago de Cuba. Limita cos Estados Unidos polo norte, coas Bahamas e Turks e Caicos polo nordeste, con México polo oeste, coas Illas Caimán e Xamaica polo sur, e con Haití e República Dominicana polo sueste.

A illa de Cuba estivo habitada por varias tribos mesoamericanas antes da chegada do explorador Cristovo Colón en 1492, quen reclamou a terra para o Reino de España. Cuba permaneceu como colonia de España ata a guerra hispano-estadounidense de 1898, despois da cal foi brevemente administrada polos Estados Unidos ata que obtivo a independencia en 1902. A fráxil república enfrontouse á radicalización política e a problemas sociais, e malia os esforzos de fornecer o seu sistema democrático, Cuba caeu baixo a ditadura do presidente Fulgencio Batista en 1952. O crecemento do malestar e da inestabilidade deron paso ó derrocamento de Batista en xaneiro de 1959 polo Movemento do 26 de xullo, que estableceu un goberno socialista co liderado de Fidel Castro. Dende 1965, o país estivo gobernado polo Partido Comunista como un estado unipartidista.

Cuba é a meirande illa do Caribe, e cunha poboación de 11 millóns de habitantes, é a segunda illa máis poboada despois da Española. É un país multiétnico, no que o seu pobo, cultura e costumes teñen diversas orixes, incluíndo os aborixes taínos e ciboney, o longo período de colonialismo español, a introdución de escravos africanos, a estreita relación coa Unión Soviética durante a guerra fría, e a proximidade xeográfica cos Estados Unidos.

Cuba ten unha alta clasificación nos indicadores de saúde e educación, cun elevado Índice de Desenvolvemento Humano de 0.815 no 2014. Segundo os datos presentados polas Nacións Unidas, Cuba foi a única nación do mundo que conseguiu no 2006 a definición que o Fondo Mundial para a Natureza fai do desenvolvemento sustentábel, cunha pegada ecolóxica de menos de 1,8 hectáreas per capita, (no 2006 de 1,5 hectáreas), e cun IDH de máis de 0.855.

Gran Turca

A Illa Gran Turca (Grand Turk Island) é a principal illa do territorio británico de ultramar das illas Turks e Caicos, correspondente ao arquipélago de Illas Turcas (que debe ser distinguido do arquipélago das Illas Caicos). Na illa atópase a capital do territorio, Cockburn Town e ten a segunda poboación en importancia con 3.720 habitantes.

A Illa Gran Turca tivo a atención internacional en 1962 cando a cápsula Friendship 7 do Proxecto Mercury de John Glenn amarizóu preto da illa. Unha réplica da cápsula atópase exposta no aeroporto.

O nome provén dunha especie de cacto da illa, que ten un tope distintivo, que recorda o gorro turco chamado fez.

A illa foi indicada como a verdadeira Guanahani, a primeira illa americana á que chegase Cristovo Colón o 12 de outubro de 1492

ISO 3166-1

O ISO 3166-1 é parte da norma ISO 3166 que propón códigos para nomes de países e dependencias.

É un sistema de dúas letras, usado entre outras cousas para os dominios de Internet.

AD Andorra

AE Emiratos Árabes Unidos

AF Afganistán

AG Antiga e Barbuda

AI Anguila

AL Albania

AM Armenia

AN Antillas Neerlandesas

AO Angola

AQ Antártida

AR Arxentina

AS Samoa Americana

AT Austria

AU Australia

AW Aruba

AZ Acerbaixán

BA Bosnia e Hercegovina

BB Barbados

BD Bangladesh

BE Bélxica

BF Burkina Faso

BG Bulgaria

BH Bahrein

BI Burundi

BJ Benín

BM Bermudas

BN Brunei

BO Bolivia

BR Brasil

BS Bahamas

BT Bután

BV Illa Bouvet

BW Botswana

BY Belarús

BZ Belize

CA Canadá

CC Illas Cocos

CF República Centroafricana

CG República do Congo

CI Costa do Marfil

CK Illas Cook

CL Chile

CM Camerún

CN China

CO Columbia

CR Costa Rica

CU Cuba

CV Cabo Verde

CX Illa de Nadal

CY Chipre

CZ Chequia

DE Alemaña

DJ Djibuti

DK Dinamarca

DM Dominica

DO República Dominicana

DZ Alxeria

EC Ecuador

EE Estonia

EG Exipto

EH Sahara Occidental

ER Eritrea

ES España

ET Etiopía

FI Finlandia

FJ Fidxi

FK Illas Malvinas

FM Micronesia

FO Illas Feroe

FR Francia

GA Gabón

GB Reino Unido

GD Granada

GE Xeorxia

GF Güiana Francesa

GG Guernsey

GH Ghana

GI Xibraltar

GL Groenlandia

GM Gambia

GN Guinea

GP Guadalupe

GQ Guinea Ecuatorial

GR Grecia

GS Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur

GT Guatemala

GU Guam

GW Guinea-Bissau

GY Güiana

HK Hong Kong

HM Illa Heard e Illas McDonald

HN Honduras

HR Croacia

HT Haití

HU Hungría

CH Suíza

ID Indonesia

IE Irlanda

IL Israel

IM Illa de Man

IN India

IO Territorio Británico do Océano Índico

IQ Iraq

IR Irán

IS Islandia

IT Italia

JE Jersey

JM Xamaica

JO Xordania

JP Xapón

KE Quenia

KG Kirguizistán

KH Camboxa

KI Quiribati

KM Comores

KN Saint Kitts e Nevis

KO Kosovo

KP Corea do Norte

KR Corea do Sur

KW Kuwait

KY Illas Caimán

KZ Casaquistán

LA Laos

LB Líbano

LC Santa Lucía

LI Liechtenstein

LK Sri Lanka

LR Liberia

LS Lesoto

LT Lituania

LU Luxemburgo

LV Letonia

LY Libia

MA Marrocos

MC Mónaco

MD Moldavia

ME Montenegro

MG Madagascar

MH Illas Marshall

MK Macedonia do Norte

ML Malí

MM Myanmar

MN Mongolia

MO Macau

MP Illas Marianas do Norte

MQ Martinica

MR Mauritania

MS Montserrat

MT Malta

MU Mauricio

MV Maldivas

MW Malaui

MX México

MY Malaisia

MZ Mozambique

NA Namibia

NC Nova Caledonia

NE Níxer

NF Illa Norfolk

NG Nixeria

NI Nicaragua

NL Países Baixos

NO Noruega

NP Nepal

NR Nauru

NU Niue

NZ Nova Zelandia

OM Omán

PA Panamá

PE Perú

PF Polinesia francesa

PG Papúa Nova Guinea

PH Filipinas

PK Paquistán

PL Polonia

PM Saint-Pierre-et-Miquelon

PN Illa de Pitcairn

PR Porto Rico

PT Portugal

PW Palau

PY Paraguai

QA Qatar

RE Reunión

RO Romanía

RS Serbia

RU Rusia

RW Ruanda

SA Arabia Saudita

SB Illas Salomón

SC Seychelles

SD Sudán

SE Suecia

SG Singapur

SH Santa Helena

SI Eslovenia

SJ Svalbard (Svalbard e Jan Mayen )

SK Eslovaquia

SL Serra Leona

SM San Marino

SN Senegal

SO Somalia

SR Suriname

ST San Tomé e Príncipe

SV Salvador

SY Siria

SZ Suacilandia

TB Tibet

TC Turks e Caicos

TD Chad

TF Territorios Austrais Franceses

TG Togo

TH Tailandia

TJ Taxiquistán

TK Tokelau

TL Timor Leste

TM Turkmenistán

TN Tunisia

TO Tonga

TR Turquía

TT Trinidad e Tobago

TV Tuvalu

TW Taiwán

TZ Tanzania

UA Ucraína

UG Uganda

UM Illas Ultramarinas de Estados Unidos

US Estados Unidos de América

UY Uruguai

UZ Uzbekistán

VA Vaticano

VC San Vicente e as Granadinas

VE Venezuela

VG Illas Virxes Británicas

VI Illas Virxes Estadounidenses

VN Vietnam

VU Vanuatu

WF Wallis e Futuna

WS Samoa Occidental

YE Iemen

YT Mayotte

ZA Suráfrica

ZM Zambia

ZR Zaire

ZW CimbabueOs capítulos que derivan deste código son:

ISO 3166-2, códigos para subdivisións, tales como, Estados e/ou Provincias;

ISO 3166-3, códigos para substituír códigos Alfa-2 obsoletos;

ISO 4217, códigos para unidades monetarias;

ISO 3166-1 Alfa-3, un sistema de tres letras;

ISO 3166-1 Numérico, un sistema numérico de tres díxitos, idéntico ao que foi definido pola División de Estatística das Nacións Unidas (ONU);Un país ou territorio xeralmente recibe un novo código Alfa se o seu nome se modifica, mentres que se dá un novo código numérico se houber alteración dos límites fronteirizos.

Lingua taína

O taíno é unha lingua extinta da familia arauaca falada historicamente polo pobo taíno do Caribe. No tempo da chegada dos colonizadores españois, era a principal lingua do Caribe. O taíno clásico (ou propiamente taíno) era a lingua nativa no norte das Antillas, en Porto Rico, en Turks e Caicos e a maioría da Española, e estaba a estenderse en Cuba. O ciboney está sen documentar, pero as fontes coloniais suxiren que eran un dialecto do taíno que se falaba na parte occidental da Española, nas Bahamas, Xamaica e na maioría de Cuba.

A finais do século XV, o taíno desprazara as linguas anteriores agás no oeste de Cuba e nalgúns lugares da Española. Coa colonización española, a cultura taína esmoreceu e a lingua foi subtituída polo castelán e outras linguas europeas. Extinguiuse en cen anos despois do contacto. A lingua puido ter sobrevivido nalgúns lugares illados do Caribe até o século XIX. Como a primeira lingua nativa coa que os europeos se encontraron no Novo Mundo, é a principal fonte de novas palabras americanas incorporadas ás linguas europeas.

Providenciales

Providenciales, coñecida localmente como "Provo", é unha illa pertencente ás Illas Turks e Caicos. Ten unha extensión de 98 km² e nela viven 23.769 persoas, sendo a illa con máis poboación e a terceira en extensión do país. Con extensas praias e arrecife de coral é un destino turístico de luxo, se enorgullece de contar con 350 días de sol ao ano.

Providenciales antes de 1960 só contaba cuns 500 habitantes. en 1966 unha empresa arrendoulle as terras ao Estado. Como resultado, a illa Providenciales é a máis poboada e desenvolvida das illas Turks e Caicos. Provo é o centro comercial e turístico da zona. O aeroporto internacional de Providenciales é o máis grande aeroporto internacional das illas Turks e Caicos, servindo as cinco illas.

As cidades máis grandes de Providenciales son Five Cays, Honda Road, The Bight e Wheeland.

Datos climáticos para Turks and Caicos Islands : Grand Turk
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Media máxima en °C 27 27 28 28 29 30 31 31 31 30 29 28 29,1
Media mínima en °C 23 23 23 24 25 26 27 27 27 26 24 24 24,9
Precipitación media mm 36,1 34,0 24,6 35,6 29,5 54,9 30,0 40,4 66,5 74,9 93,5 85,1 605,1
Fonte: Weather.com[24] Weatherbase.com[25]
Países
Territorios dependentes
Países
Territorios dependentes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.