Turgalicia

A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, coñecida co seu nome comercial de Turgalicia, é unha sociedade de capital público, inscrita no organigrama da Xunta de Galicia e responsable da promoción turística de Galicia.

Historia e estrutura

Turgalicia foi creada o 22 de setembro de 1992, durante o primeiro goberno de Manuel Fraga na Xunta de Galicia. Dependeu dende aquela da consellería que levase asignada a área de Turismo: entre 1992 e 1997 dependeu da consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda; entre ese ano e 2005, da consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo; nese ano regresou á consellería de Industria ata que en 2009 volveu depender da Consellería de Cultura e Turismo.

En xuño de 2011, o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo anunciou a súa eliminación e fusión con outros organismos empresariais e administrativos galegos dedicados ao labor turístico[1].

A súa sede está localizada na Barcia, en Santiago de Compostela.

Funcións

Turgalicia ocúpase da promoción da oferta turística de Galicia tanto nos mercados turísticos internos como exteriores, dos labores de información turística de Galicia, da xestión da calidade dos establecementos turísticos galegos e da edición de material de promoción de Galicia[2].

Notas

  1. La Xunta elimina la Secretaria Xeral de Turismo, la sociedad del Xacobeo, Turgalicia y otros organismos, La Voz de Galicia, 15/6/2011.
  2. DECRETO 29/2004, do 29 de xaneiro, polo que se modifican os estatutos da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A., Diario Oficial de Galicia, 10/2/2004

Véxase tamén

Ligazóns externas

Aldán, Cangas

San Cibrán de Aldán é unha parroquia que se localiza no norte do concello pontevedrés de Cangas, na comarca do Morrazo. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 2.533 habitantes distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.685 habitantes.

Está ligada ao mar, tanto polo seu porto e actividade pesqueira, do que depende a súa actividade económica, de longa tradición. Este recurso natural tamén se aproveita desde a década dos 80 para actividade hostaleira e turística, polas súas praias e clima excepcional.

Baroña, Porto do Son

San Pedro de Baroña é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Porto do Son. Segundo o INE en 2018 tiña 674 habitantes (327 homes e 347 mulleres), distribuídos en 13 entidades de poboación.

Boimorto

Boimorto é un concello da provincia da Coruña pertencente á comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2018 tiña 2022 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é boimortés.

Castro de Troña

O castro de Troña é un castro galaico pertencente á cultura castrexa, situado na parroquia de Pías (Ponteareas), é un bo exemplo de "castro cristianizado" coa construción dunha capela na súa croa. É un Ben de Interese Cultural (BIC) con categoría de monumento dende o ano 2009.

Edificio do Banco Pastor da Coruña

O Edificio do Banco Pastor é unha construción monumental de 1925 deseñada polos arquitectos Antonio Tenreiro e Peregrín Estellés no Cantón Pequeno da Coruña para sede do Banco Pastor. Foi o edificio máis alto de España ata a construción da sede de Telefónica na Gran Vía de Madrid en 1929.

Francisco Castro Represas

Francisco Castro Represas, nado en Vigo o 11 de xuño de 1905 e finado ibídem o 23 de abril de 1997, foi un arquitecto galego.

Igrexa de San Nicolao da Coruña

A igrexa de San Nicolao é un templo relixioso de estilo barroco situado na Coruña. A parroquia de San Nicolao é unha das parroquias históricas da cidade da Coruña, con Santa María, Santiago e San Xurxo.

Igrexa de Santo André da Coruña

A igrexa de Santo André é un templo relixioso de estilo neorrománico situado na rúa homónima da Coruña.

Jenaro de la Fuente Domínguez

Non confundir con Jenaro de la Fuente Álvarez (1891-1963), o fillo.Jenaro de la Fuente Domínguez, nado en Valladolid o 19 de setembro de 1851 e finado en Vigo o 21 de agosto de 1922, foi un arquitecto de facto e militar español que desenvolveu a súa actividade en Vigo.

Ombreiro, Lugo

San Martiño de Ombreiro é unha parroquia do concello de Lugo na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 144 habitantes, deles 74 eran homes e 70 eran mulleres, o que supón un aumento de 8 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Entre o patrimonio, amais da igrexa parroquial están os restos da Torre de Riazón, declarada Ben de Interese Cultural (con id. RI-51-0008908) o 17 de outubro do ano 1994, e a capela de San Roque.

Pedraza, Monterroso

Santa María de Pedraza é unha parroquia do concello de Monterroso na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 154 habitantes, deles 77 eran homes e 77 eran mulleres, o que supón unha diminución de 7 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Pedro Alonso Pérez

Pedro Alonso Pérez, nado en Madrid o 27 de maio de 1907 e finado en Vigo o 20 de abril de 1990, foi un arquitecto español, que traballou en Galicia.

Pontedeva

Pontedeva é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o padrón municipal, en 2018 tiña 554 habitantes (664 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é pontedevés - pontedevense.

Ría de Vigo

A ría de Vigo é a ría galega máis ao sur das Rías Baixas e unha das maiores en extensión. Ábrese ao Atlántico desde cabo Home, ao norte, ata ao cabo Silleiro, ao sur, e queda pechada na metade da boca polas Illas Cíes. A ría estreita na enseada de San Simón. Alí forma un estuario interior no que verten na boca da ría os principais afluentes: Oitavén-Vergudo e o Ulló.

A ría baña os concellos de Cangas do Morrazo, Moaña, Vilaboa, Pontevedra, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán e Baiona. A riqueza en recursos mariños da ría, os caladoiros e a presenza dun dos principais portos pesqueiros na costa da ría fan posible e explican a alta urbanización do litoral e a alta densidade demográfica.

Os principais espazos naturais que alberga a ría son a enseada de San Simón, as mariñas da Ramallosa e as Illas Cíes.

Serra da Groba

A serra da Groba é un sistema montañoso que atravesa os concellos pontevedreses de Baiona, Oia e O Rosal, en dirección norte - sur. A altura máxima acádaa no Alto da Groba, de 662 metros de altitude, en Belesar. Outros picos importantes son Corroubelo, en Pedornes, de 599 m e Campo do Couto, no Rosal, que alcanza os 553 metros. Acolle a máis importante concentración de cabalos de raza galega en liberdade.

Serra do Eixe

A serra do Eixe ou serra do Eixo é unha cadea montañosa de orientación NO-SL situada no leste de Galicia, a cabalo entre os concellos da Veiga e Carballeda de Valdeorras. Fai parte do macizo de Pena Trevinca.

Verín

Verín é un concello da provincia de Ourense en Galicia, pertencente á comarca de Verín, da que é capital. Cunha poboación de 13 817 persoas segundo o padrón municipal de 2018, é a segunda vila da provincia en poboación, despois de Ourense.

Xunqueira de Ambía

Xunqueira de Ambía é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Allariz - Maceda. Segundo o IGE en 2017 tiña 1.438 habitantes (1.863 no 2006, 1.901 no 2005, 1.934 no 2004, 1.997 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é xunqueirao.

Álvaro López Mora

Álvaro López Mora, nado en Santiago de Compostela o 18 de marzo de 1853 e finado en Madrid o 26 de abril de 1917, foi un avogado e político galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.