Tupolev

Tupolev (ruso: Ту́полев) é unha compañía rusa de defensa e aeronáutica coa súa sede en Moscova. Coñecida oficialmente como Joint Stock Company Tupolev, é a sucesora de Tupolev OKB (Opytno Konstruktórskoye Biuró, oficina de construción e deseño), liderada polo enxeñeiro aeroespacial soviético Andrei Tupolev. A compañía celebrou o seu 90 aniversario o 22 de outubro do ano 2012. O goberno ruso fusionou Tupolev con Mikoyan, Ilyushin, Irkut, Sukhoi e Yakovlev para formar unha compañía chamada United Aircraft Corporation.[1]

As capacidades de PSC Tupolev inclúen o desenvolvemento, fabricación e revisión de produtos aeroespaciais civís e militares e de sistemas de armas. Tamén traballa en tecnoloxías de mísiles e aviación naval. Máis de 18.000 avións Tupolev foron producidos pola URSS e o Bloque do leste.

Tupolev
Tupolew Logo
Fundación1922
LocalizaciónMoscova, Rusia Flag of Russia.svg
FundadorAndrei Tupolev
Industriadefensa e aeronáutica
Número de empregados3.524 (2011)
Páxina webhttp://www.tupolev.ru

Notas

  1. The New York Times (ed.). "Russian Aircraft Industry Seeks Revival Through Merger". Consultado o 7 de xullo de 2018.
23 de decembro

O 23 de decembro é o 357º día do ano do calendario gregoriano e o 358º nos anos bisestos. Quedan 8 días para finalizar o ano.

31 de decembro

O 31 de decembro é o 365º día do ano do calendario gregoriano e o 366º nos anos bisestos. É o derradeiro día do ano.

Accidente do Tu-154 da Forza Aérea de Polonia

O 10 de abril de 2010, un Tupolev Tu-154 do 36o Rexemento de Aviación Especial que levaba ao Presidente de Polonia Lech Kaczynski estrelouse no aeroporto de Smolensk preto de Pechersk próximo a Smolensk, Rusia, sen rexistrarse superviventes.

Aeroflot

Aeroflot - Liñas Aéreas Rusas (en ruso Аэрофло́т - Росси́йские авиали́нии), ou Aeroflot (Аэрофло́т), é a liña aérea nacional de Rusia e a maior das existentes no país. No seu día foi tamén a compañía máis importante da Unión Soviética e a maior do mundo. A súa base é o Aeroporto Internacional Sheremetyevo en Moscova. A aeroliña opera en 97 destinos internacionais de 48 países.

Aeroflot é unha das aeroliñas máis antigas do mundo, creándose no ano 1923. En 1956 converteuse na primeira en operar regularmente con reactores, usando o Tupolev Tu-104. Recentemente[cando?] embarcouse nun programa de modernización da súa frota e de reestruturación das súas rutas. A aeroliña uniuse a SkyTeam Alliance en abril do ano 2006.

Aeroliña

Unha aeroliña, compañía aérea ou liña aérea é unha compañía de transporte aéreo de viaxeiros ou mercadorías. As compañías que transportan os clientes dunha forma acordada entre eles denomínanse chárter. As aeroliñas de bandeira son aquelas que teñen unha participación accionarial do Goberno e xeralmente posúen o monopolio dos voos internos. A primeira aeroliña foi DELAG, Deutsche Luftschifffahrts-Aktiengesellschaft, fundada o 16 de novembro de 1909.

Aeroporto de Mineralnie Vody

O aeroporto de Mineralnie Vody (IATA: MRV, OACI: URMM) é un aeroporto ruso no krai de Stavropol, situado a 4 quilómetros ao oeste de Mineralnie Vody. Conta cunha terminal civil con 41 postos de estacionamento e cons instalación de mantemento para avións Tupolev Tu-154.

Belavia

Belavia (en belaruso: Белавія) é a aeroliña nacional de Belarús.

Fundouse o 5 de marzo de 1996 cando a división local de Aeroflot foi nacionalizada.

Tajikistan Airlines

Tajik Air, coñecida como Tajikistan Airlines é a compañía aérea da República do Taxiquistán. Ten a súa base no Aeroporto de Duxanbé e é practicamente a única compañía aérea do país, realizando traxectos nacionais e internacionais.

Tupolev Tu-104

O Tupolev Tu-104 (alcumado pola OTAN como Camel) foi un avión de pasaxeiros de dous motores e medio rango soviético. Despois do británico de Havilland Comet e do canadense Canadian Avro Jetliner, o Tu-104 foi o terceiro reactor de pasaxeiros en voar e o primeiro en facer un servizo regular.

O seu deseño xestouse combinando unha nova fuselaxe de grande diámetro coa cola, as ás e os motores do bombardeiro Tu-16 Badger. O feito de non ser un deseño totalmente novo acelerou o seu proceso de desenvolvemento, e fixo o seu primeiro voo o 17 de xuño de 1955, entrando en servizo coa aeroliña rusa Aeroflot en setembro de 1956.

A configuración de clase mixta permitía levar 50 pasaxeiros e as versións de clase única chegaban ata os 80. Versións posteriores, como o alongado Tu-104B, chegaban ás 100 prazas.

Calcúlase que se construíron uns 200 exemplares, servindo a meirande parte deles en Aeroflot. O único usuario estranxeiro do Tu-104 foi a aeroliña checoslovaca CSA, que empregou seis avións entre 1957 e 1980.

Tupolev Tu-134

O Tupolev Tu-134 é un avión de pasaxeiros bimotor, semellante ao francés Sud Aviation Caravelle e ao estadounidense Douglas DC-9, fabricado na Unión Soviética entre 1966 e 1984 por Tupolev. A versión orixinal contaba cun morro acristalado, ao igual que outros avións de pasaxeiros soviéticos (como o seu irmán Tu-154), e o modelo pode operar dende pistas de aterraxe non pavimentadas. Trátase dun dos avións máis usados nos países do antigo Pacto de Varsovia, e o seu número está minguando debido ás restriccións de ruído. Ademais do seu uso civil, tamén ten servido en distintas forzas aéreas, armadas e exércitos realizando tarefas de apoio, como avión de adestramento ou para investigacións e probas. Recentemente varios Tu-134 foron convertidos como transportes VIP e reactores de negocios. Un total de 852 exemplares foron fabricados en todas as versións, sendo Aeroflot o seu principal usuario; cara 1995, o Tu-134 trnsportara a 360 millóns de pasaxeiros nesta aeroliña.

Tupolev Tu-154

O Tupolev Tu-154 (apodado Careless pola OTAN) é un avión de pasaxeiros ruso, trimotor e de rango medio. Foi deseñado a mediados dos 60 para substituír aos Tu-104 e pode dicirse que é o equivalente ruso ao Boeing 727. Fixo o seu primeiro voo en outubro de 1968 e entrou en servizo coa aeroliña Aeroflot en febreiro de 1972.

Foi a base de moitas aeroliñas soviéticas durante décadas, chegando a realizar unha sexta parte dos servizos realizados no mundo e transportando á metade dos pasaxeiros de Aeroflot e as súas subsidiarias. Tamén foi operado por 17 aeroliñas non soviéticas e por varias forzas aéreas e foi o avión estándar nas liñas internas de Rusia e entre as repúblicas ex-soviéticas ata mediados da década dos 2000.

Cunha velocidade de cruceiro de 975 km/h, o Tu-154 é un dos avións civís máis rápidos en servizo e ten un alcance de 5.280 quilómetros. Capaz de operar dende aeródromos de terra e grava, é usado en from unpaved and gravel airfields, utilízase nos territorios árticos do norte de Rusia, onde as instalacións son moi básicas. Cunha vida útil de 45.000 horas, pero capaz de voar 80.000 con actualizacións, agádase que continue operando ata o ano 2016, aínda que as regulacións de ruído fixeron que os servizos cara Europa occidental se restrinxisen. En xaneiro do 2010, a aeroliña rusa Aeroflot anunciou a retirada dos seus Tu-154 despois de 40 anos, realizando o seu último voo o 31 de decembro do 2009 entre Ekaterinburg e Moscova. En decembro do 2010, Uzbekistan Airways tamén declarou que deixaría de operar o modelo en 2011 debido á gran cantidade de accidentes do avión. En marzo do 2011 a Oficina Federal Rusa de Aviación recomedou a retirada de todos os Tu-154M do servizo.

Tupolev Tu-16

O Tupolev Tu-16 (alcumado Badger pola OTAN) foi un bombardeiro medio a reacción da Unión Soviética. Entrou en servizo no ano 1955 e dende entón fabricárose ao redor de 2.000 unidades dunhas 12 variantes distintas. Exportáronse algunhas unidades a Exipto, Indonesia, Iraq e Libia, e foi fabricada unha variante en China baixo a denominación local Xian H-6.

O Tu-16 foi a base para o desenvolvemento do Tupolev Tu-104, o primeiro reactor de pasaxeiros en entrar en servizo, do que conserva os motores, as ás e a cola.

Tupolev Tu-204

O Tupolev Tu-204 é un avión de pasaxeiros bimotor de medio alcance con capacidade para 210 pasaxeiros. Foi deseñado por Tupolev e é producido por Aviastar SP e Kazan Aircraft Production Association. Introducido no ano 1989, considérase o equivalente ruso do Boeing 757 estadounidense. Desenvolveuse para Aeroflot como un substituto do trimotor de alcance medio Tupolev Tu-154. A súa última versión, con significativas actualizacións e melloras, é o Tu-204SM, que realizou o seu primeiro voo o 29 de decembro de 2010.

Tupolev Tu-4

O Tupolev Tu-4 (designación OTAN: Bull) foi un bombardeiro estratéxico soviético que servíu dende finais dos anos 40 ata mediados do anos 60 na Forza Aérea Soviética. Foi unha copia de enxeñería inversa do avión estadounidense Boeing B-29 Superfortress.

Cando rematou a súa produción na Unión Soviética en 1952, fabricáranse un total de 847 exemplares. Construíronse moitas variantes experimentais e a valiosa experiencia puxo en marcha o programa soviético para producir bombardeiros estratéxicos. Os Tu-4 foron retirados nos anos 60, sendo substituídos por avións máis avanzados: o Tupolev Tu-16 e o Tupolev Tu-95. A comezos da década dos 60 o único Tu-4 aínda operado poos soviéticos foi usado para o transporte ou laboratorio aéreo.

Tupolev Tu-70

O Tupolev Tu-70 (designación OTAN: Cart) foi unha variante de pasaxeiros do bombardeiro soviético Tu-4 (que fora unha copia do Boeing B-29 Superfortress realizada mediante enxeñaría inversa) deseñada inmediatamente despois do final da segunda guerra mundial. Usaba varios compoñentes de Boeing B-29 que realizaran aterraxes de emerxencia na Unión Soviética despois de quedar sen combustible tras bombardear Xapón. Tivo a primeira fuselaxe presurizada da Unión Soviética e voou por vez primeira o 27 de novembro de 1946. O avión probouse con éxito e foi recomendado para a fabricación en serie, pero finalmente non foi producido debido a que había máis presión por fabricar avións militares e porque Aeroflot non tiña requerimentos para un aparello dese tipo.

Tupolev Tu-75

O Tupolev Tu-75 foi unha versión de transporte militar do bombardeiro Tu-4, que tamén tivo unha versión de pasaxeiros, o Tu-70. Ámbolos dous usaban unha nova fuselaxe deseñada para o seu novo rol. Foi o primeiro avión militar soviético da súa clase e estaba equipado cunha rampla de carga na parte traseira da fuselaxe. Non entrou en produción porque a Forza Aérea Soviética decidiu que debía ser máis barato modificar os seus Tu-4 ou usar os Lisunov Li-2 e Ilyushin Il-12 para misións de transporte.

Turbohélice

Un turbohélice (en inglés: turboprop) é un tipo de turbina a gas. É un motor a reacción mixto, xa que basicamente é un reactor que acciona unha hélice. Entre o eixe da turbina e a hélice hai un redutor de velocidade. A forza impulsora deste motor é producida nun 90% pola hélice e nun 10% polos gases de escape.

Os motores turbohélice adoitan a usarse en pequenos avións subsónicos, pero algunhas aeronaves que os utilizan teñen velocidades de cruceiro que superan os 926 km/h. Grandes avións civis e militares, como o Lockheed L-188 Electra e o Tupolev Tu-95, usaron tamén turbohélices. O Airbus A400M está impulsado por catro motores Europrop TP400, que son os terceiros turbohélices máis potentes fabricados, despois dos Kuznetsov NK-12 e os Progress D-27.

Na súa forma máis sinxela un turbohélice consiste nunha entrada de aire, un compresor, unha cámara de combustión, unha turbina e unha tobeira propulsora. O aire é aspirado pola entrada e comprimido polo compresor. Entón engádeselle combustible ao aire comprimido na cámara de combustión, onde a mestura de queimase. Os gases quentes da combustión espándese a través da turbina. Parte da potencia xerada pola turbina úsase para accionar o compresor, e o resto transmítese pola engrenaxe cara a hélice. Unha maior espansión dos gases prodúcese na tobeira de propulsión, onde os gases expñulsanse a presión atmosférica. A tobeira proporcional unha relativamente pequena proporción da potencia xerada por un turbohélice.

Os turbohélices son moi eficientes en voos con velocidades por debaixo dos 725 km/h debido a que a velocidade de chorro da hélice (e da saída de gases) é relativamente baixa. Debido ao alto prezo dos motores turbohélice son principalmente usados cando se precisa eficiencia en velocidades de voo modestas e unha boa actuación en capacidades de aterraxes e engalaxes curtas. A aplicación máis común destes motores en aviación civil é en pequenos avións rexionais, onde a súa maior fiabilidade compensan o seu alto custo inicial. Os avións de turbohélices na actualidade operan case á mesma velocidade que un pequeno avión impulsado por motores turboventilador, pero queiman só dous terzos de combustible por pasaxeiro en comparación con estes. Porén, comparado cun turbojet (que pode voar a grande altura para mellorar a velocidade e a eficiencia de combustible) un avión de hélice ten un teito de servizo moito máis baixo.

Voo 7908 de Caspian Airlines

O voo 7908 de Caspian Airlines era un voo regular comercial dende Teherán, Irán, e Iereván, Armenia. O día 15 de xullo de 2009 o Tupolev Tu-154 que operaba a ruta esnafrouse preto da vila de Jannatabad, nas aforas da cidade de Qazvin, Irán. Os 153 pasaxeiros e 15 tripulantes a bordo morreron.Foi o peor accidente de aviación en Irán dende o accidente en 2003 dun Ilyushin Il-76 militar, no cal morreron 275 persoas (aínda que algunhas fontes falan de 302 mortos). Foi o segundo accidente con máis vítimas en 2009 tras o voo 447 de Air France.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.