Tunisia

Tunisia[3] (en árabe : al-Jamhuriya at-Tunisia, الجمهورية التونسية), é un país árabe de África do norte, limitado polo Mediterráneo. É un país do Magreb, coma Marrocos, Mauritania, Alxeria e Libia. Situada no norte do país, a súa capital é Tunes.

Coa independencia o 20 de marzo do 1956, unha asemblea constituínte foi elixida, que aboliu a monarquía bey da dinastía huseinita no poder desde 1705 e proclamou a república o 25 de xullo do 1957 con Habib Bourguiba coma presidente.

Tunisia é un destino popular dos turistas europeos que visitan Hamamato, Monastir, Souse e o Porto El-Kantaoui, o deserto do Sahara no sur, e os sitios arqueolóxicos coma Cartago ou Dougga.

Coordenadas: 34°N 9°L / 34, -9

República de Tunisia
الجمهورية التونسية‎‎
al-Jumhūrīyah at-Tūnisīyah
Bandeira de Tunisia
Escudo de Tunisia
BandeiraEscudo
Tunisia (orthographic projection)
Lema: نظام، حرية، عدالة
(Árabe: Liberdade, orde, xustiza)
Himno: Humat Al Hima
Capital
 • Poboación
Tunes
728 453 (2008)
Cidade máis poboadaTunes
Linguas oficiaisÁrabe1
Forma de gobernoRepública parlamentaria
Presidente en funcións
Primeiro ministro
Mohamed Ennaceur[1]
Youssef Chahed
Independencia de Francia20 de marzo de 1956
SuperficiePosto 92º
 • Total163 610 km²
 • % auga5%
Fronteiras1 424 km
Costas1 148 km
PoboaciónPosto 79º
 • Total (2009 est.)10 432 500 hab.
 • Densidade63,76 hab./km²
PIB (nominal)Posto 76º
 • Total (2009)40 168 millóns US$
 • per cápita3 851 US$
PIB (PPA)Posto 70º
 • Total (2009)86 086 millóns US$
 • per cápita8 254 US$
MoedaDinar (د.ت, TND)
IDH (2010)0,683 (81º) – Alto
XentilicioTunisiano, tunisiana[2]
Fuso horarioCET (UTC+1)
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.tn
Prefixo telefónico+216
Prefixo radiofónico3VA-3VZ, TSA-TSZ
Código ISO788 / TUN / TN
Membro de: ONU, UA, Liga Árabe
1 Aínda que non de iure, o francés é lingua oficial de facto.

Historia

Tunisia está poboada desde a prehistoria. Os seus primeiros habitantes coñecidos son os bérberes.

  • 814 A.C.: Fundación de Cartago por colonos fenicios, conducidos pola raíña Dido. A nova cidade desenvolvese axiña, converténdose nunha potencia que inqueda a Roma.
  • 264 - 146 A.C.: Tres guerras contra Roma, pasadas á posteridade baixo o nome das guerras púnicas, dando lugar, entre outras, á fantástica expedición conducida por Aníbal que atravesa os Alpes cos seus elefantes (218 - 202 A. C). Estas guerras rematan coa derrota de Cartago.
  • 146 A.C. - 439: Establecemento da primeira colonia romana, Africa. O país coñece unha grande prosperidade. Desenvólvense a agricultura e a urbanización.

Vándalos e Bizantinos

  • 439: Conquista de Cartago polos Vándalos.
  • 533: Toma de Cartago polos Bizantinos.

Era árabe-musulmá

Ts-map
Mapa de Tunisia
  • 647-698: Comezo da era arabe-musulmá. Fundación de Kairouan por Oqba Ibn Nafaa (en 670) e toma de Cartago polos árabes no 698.
  • 800-909: Expansión do islam e establecemento da dinastía dos Aghlabidos (construción da mesquita de Zitouna de Tunis). Kairouan é entón o centro político e intelectual do Magreb.
  • 909-1159: Dinastías fatimida e zirida. Mahdia, fundada en 921, convértese na capital do país.
  • 1159-1230: Os Almohades unen os país do Magreb e a Andalucía musulmá.
  • 1236: Os Hafsides, vasalos dos Almohades, decláranse independentes e fundan unha nova dinastía en Tunisia que reina ata o 1574.
  • 1574: A Tunisia é anexada ao Imperio Otomán.
  • 1705: Fundación da dinastía huseinita (botada o 25 de xullo do 1957).

Protectorado francés

Satellite image of Tunisia in August 2001
Tunisia vista desde satélite

1881-1956: Protectorado francés, establecido o 12 de maio de 1881. A resistencia anticolonial dura durante practicamente a totalidade dos 75 anos da dominación francesa.

Independencia

O 20 de marzo de 1956 Tunisia obtén a independencia. O 25 de xullo de 1957 proclamouse a república, nomeándose a Habib Bourguiba presidente da Tunisia independente.

O 1 de xuño de 1959 adoptouse a primeira constitución republicana.

O 15 de outubro de 1963 as tropas francesas evacuaron Bizerte, a súa última base no país.

O 7 de novembro de 1987 o primeiro ministro Zina el-Abidina Ben Ali depuxo o presidente Bourguiba, xulgado por incapacidade de continuar as súas funcións.

O 14 de xaneiro de 2011 un levantamento popular depuxo o presidente Ben Ali e mandouno ao exilio a Arabia Saudita.

División admistrativa

Tunisia governorates cropped
Provincias de Tunisia

Tunisia atópase dividida en 24 provincias:

  1. Ariana
  2. Béja
  3. Ben Arous
  4. Bizerte
  5. Gabès
  6. Gafsa
  7. Jendouba
  8. Kairouan
  9. Kasserine
  10. Kebili
  11. Kef
  12. Mahdia
  1. Manouba
  2. Medenine
  3. Monastir
  4. Nabeul
  5. Sfax
  6. Sidi Bou Zid
  7. Siliana
  8. Sousse
  9. Tataouine
  10. Tozeur
  11. Tunis
  12. Zaghouan

As provincias están divididas en 264 " delegacións" ou "distritos" (mutamadiyat), e subdivididos en municipios (shaykhats' ') e sectores (imadats).

Política

Gobernantes dende 1957:

Xeografía

Artigo principal: Xeografía de Tunisia.

Economía

Artigo principal: Economía de Tunisia.

Notas

  1. "Muere el presidente de Túnez en medio de una gran polémica de Estado". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de xullo de 2019. Consultado o 25 de xullo de 2019.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tunisiano.
    González Rei, Begoña (2004). Ortografía da lingua galega. A Coruña: Galinova Editorial. ISBN 84-9737-041-4.
  3. López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1446. ISBN 9788482893419.
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
.tn

.tn é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Tunisia.

Aeroporto de Tunes-Cartago

O aeroporto de Tunes-Cartago (IATA: TUN, ICAO: DTTA) é o aeroporto internacional de Tunes, a capital de Tunisia. Serve como base para Tunisair, Tunisair Express, Nouvelair Tunisia e Tunisavia. O aeroporto é chamado así pola cidade histórica de Cartago, situada ao leste do mesmo.

Bandeira de Tunisia

A bandeira de Tunisia é un pano de cor rubia cun círculo branco na zona central que contén unha lúa crecente e unha estrela de cinco puntas rubias. As súas proporcións son 2:3.

A bandeira nacional de Tunisia non sufriu grandes mudanzas desde que foi adoptada en 1831 polo bey (monarca) tunisiano Hassine I. A lúa crecente e a estrela son símbolos tradicionais do islam e indican que Tunisia formou parte do Imperio otomán. A cor vermella tamén foi tomada dos otománs. A bandeira nacional recuperouse coa independencia de Francia (20 de marzo de 1956), que fora cambiada en 1881 ao establecerse o dominio colonial francés.

Bérberes

Os bérberes (en bérber: ⵉⵎⴰⵣⵉⵖⵏ Imaziɣen, singular: ⴰⵎⴰⵣⵉⵖ Amaziɣ/Amazigh) son un conxunto de pobos do norte de África que falan linguas bérberes, da familia de linguas afroasiáticas. Estímanse en entre 14 e 25 millóns de persoas que falan estas linguas, principalmente en Marrocos, Alxeria, Melilla e Tunicia mais tamén fan parte deste grupo os tuaregs, predominantemente nómades do Sahara.

De acordo cos rexistros máis antigos, os bérberes foron os primeiros habitantes desta rexión, chegando a dominar o Exipto antigo arredor do 945 a.C.

Cartago

Cartago (do fenicio Kart-Hadasht, ou Qrthdst, isto é «Nova Cidade», en árabe قرطاج (Qartax) ) é unha antiga cidade, orixinariamente unha colonia fenicia no norte en Tunisia, situada a leste do Lago de Tunes, preto do centro de Tunes. Foi unha potencia do mundo antigo, disputando con Roma o control do mar Mediterráneo. Desa disputa orixináronse as tres guerras púnicas, despois das cales Cartago foi destruída.

A antiga capital púnica é hoxe un barrio de Tunes e un sitio arqueolóxico e turístico importante, sendo clasificado Patrimonio Mundial pola UNESCO en 1979.

Charles Nicolle

Charles Jules Henri Nicolle, nado en Ruán o 21 de setembro de 1866 e finado en Tunes, Tunisia, o 28 de febreiro de 1936, foi un médico francés, especialista en microbioloxía.

Cordal do Atlas

O Cordal do Atlas é un sistema montañoso que percorre os estados norteafricanos de Tunisia, Alxeria e Marrocos, actuando de barreira entre o mar Mediterráneo e o deserto do Sáhara. O seu punto máis alto é o monte Toubkal, con 4.167 metros de altitude, situado ao suroeste de Marrocos.

A súa formación foi consecuencia da colisión entre as placas africana e euroasiática durante a oroxenia alpina, na era cenozoica.

Festival de Eurovisión

O Festival de Eurovisión (en inglés Eurovision Song Contest; en francés Concours Eurovision de la Chanson) é un festival da canción televisado, creado en 1956 de carácter anual e con participantes de numerosos países europeos, organizado pola Unión Europea de Radiodifusión. A representación dos diversos países escóllena as canles de televisión pública. O Festival retransmítese por televisión e radio en toda Europa. Nos últimos anos, o Festival retransmitiuse a moitas outras partes do mundo (é especialmente seguido en Australia) e tamén se difundiu a través de internet.

O nome do concurso vén da Rede de Distribución de Televisión de Eurovisión, que está controlada pola Unión Europea de Radiodifusión (UER) e pode alcanzar audiencias potenciais de máis de mil millóns de persoas. Calquera membro da UER pode participar no Festival, incluíndo as televisións públicas dalgúns países africanos e asiáticos, concretamente as de Alxeria, Exipto, Israel, Xordania, Líbano, Libia, Marrocos, e Tunisia. Destes países non europeos, só Israel e Marrocos participaron no Festival. Tunisia tamén amosou interese en participar a finais dos 70. Líbano ía participar no 2005 pero retirouse porque non estaba disposta a retransmitir a actuación de Israel e a UER non consentíu ese corte na emisión do Festival.

Tanto o concurso coma a UER son independentes da Unión Europea.

Lingua francesa

O francés (français) é a terceira das linguas románicas en número de falantes, despois do castelán e do portugués. En 1999, o francés era a 11a lingua máis falada no mundo, con uns 77 millóns de falantes como lingua materna (chamados francófonos) e uns 128 millóns no total, incluíndo os que a usan como segunda lingua.É unha lingua administrativa ou oficial en moitas comunidades e organizacións (como a Unión Europea, ONU, Unión Postal Universal, Unión Africana etc). Antes da Segunda Guerra Mundial o francés era considerado a lingua internacional por excelencia, particularmente na diplomacia, e unha lingua franca no comercio, navegación e transporte.

Lingua árabe

O árabe (العربية al-'arabiyyah, ou menos formalmente 'arabi), tamén chamado arábigo ou arábico, é a lingua máis falada dentro da rama semítica das linguas afroasiáticas, e está intimamente relacionada co hebreo e o arameo. Fálase ó longo do mundo árabe e é moi coñecida e estudada dentro do mundo islámico. O árabe leva sendo unha lingua literaria dende, polo menos, o sexto século, e é a lingua litúrxica do islam.

O termo "árabe" pode referirse tanto ó árabe literario, que non é falado como lingua materna por ningún árabe, como ó árabe moderno estándar, ou ás diferentes variedades do árabe, xeralmente chamadas "árabe coloquial". Os árabes consideran o árabe literario a lingua estándar, e adoitan ver o resto como simples dialectos.

O árabe literario refírese tanto á lingua utilizada polos medios de comunicación do Magreb e os do Oriente Medio, como á lingua, máis arcarca, do Corán. O árabe coloquial, pola súa banda, refírese ós diferentes dialectos falados polos habitantes das zonas arriba referidas de forma habitual. En moitas ocasións, son diferentes entre os distintos lugares de tal forma que o falante dun concreto dialecto do árabe pode non comprender outro dialecto. Xeralmente, estes dialectos non son linguas literarias, pero nalgúns hai algunhas pequenas mostras de literatura.

A situación sociolingüística actual do árabe é un claro exemplo de diglosia (o uso normal de dúas diferentes variedades da mesma lingua, dependendo da situación na que a persoa se atope). Todo árabe culto adoita falar tanto o seu dialecto local como o árabe estándar, que aprendeu na escola. Este último adoita ser utilizado en situacións de comunicación con falantes doutros dialectos arábigos (por exemplo, un marroquí a falar cun sirio).

Xa que o árabe escrito de hoxe en día é substancialmente diferente do árabe dos tempos do Corán, é normal (nos países occidentais) referirse a esta última coma árabe clásico e á lingua actual dos medios de comunicación como árabe moderno estándar. Os árabes, pola contra, utilizan o termo Fuṣḥa para referirse a ámbalas dúas, poñendo énfase no seu grande parecido.

Ás veces, é difícil traducir conceptos islámicos, e outros relacionados coa cultura árabe, sen utilizar a terminoloxía árabe. o Corán está expresado en árabe e, tradicionalmente, os musulmáns sosteñen que é imposible traducilo a ninguna lingua dunha forma que todo o seu significado se manteña. De feito, ata hai pouco tempo, moitas escolas de pensamento afirmaron que non se debería traducir de ningunha forma.

O galego posúe gran cantidade de palabras derivadas do árabe: azucre, laranxa, limón, álxebra, alcol, cénit etc.

Linguas bérberes

O bérber (tamazight) forma un grupo de variedades ou linguas derivadas do antigo bérber, separado en dúas ramas: linguas bérberes do Norte e do Sur. Estas linguas esténdense desde Marrocos ata Exipto, pasando por Alxeria, Tunisia, Libia, Níxer e Mali. Coñécense unha trintena de variantes dialectais. Posúe un sistema propio de escrita, que os tuaregs conservaron: o tifinagh. As linguas bérberes asimilaron préstamos variados: do fenicio, do latín, do turco, do árabe, do francés e do español.

Non hai cifras oficiais sobre o número de falantes, mais estímase que andará arredor dos 20 millóns.

Mar Mediterráneo

O Mediterráneo é un mar interior do Atlántico oriental, comprendido entre Europa, Asia occidental e África setentrional. Con aproximadamente 2,5 millóns de km² e 3.860 km de lonxitude, é o mar interior máis grande do mundo.O Mediterráneo está unido ao océano Atlántico polo estreito de Xibraltar ao oeste, ao mar de Mármara e ao mar Negro polos Dardanelos e o Bósforo ao leste. O mar de Mármara -pero non o mar Negro- é a miúdo considerado como parte do Mediterráneo. A canle de Suez ao sueste une o Mediterráneo co mar Vermello.

É o mar coas taxas máis elevadas de hidrocarburos e contaminación do mundo.

O paciente inglés

O paciente inglés (en inglés: The English Patient) é unha película de cine de 1996 dirixida por Anthony Minghella que está baseada na novela homónima de Michael Ondaatje, sendo un drama ambientado na Segunda Guerra Mundial. Foi a película gañadora na cerimonia dos Oscar de 1996 con 9 estatuíñas de 12 candidaturas.

Organización Europea e Mediterránea de Protección Vexetal

A Organización Europea e Mediterránea de Protección Vexetal (en inglés: European and Mediterranean Plant Protection Organization, EPPO) é unha organización intergubernamental responsable da cooperación europea na protección vexetal na rexión europea e mediterránea. Baixo a Convención de Protección Vexetal Internacional, é a Organización de Protección Vexetal Rexional (RPPO) para Europa e ten a súa sede en París.

Fundada en 1951, a organización medrou até ter 51 membros no 2016.

Sefardí

Os sefardís (hebreo: ספרדים, sfaradim) son os descendentes dos xudeus que viviron nos distintos territorios da Península Ibérica até 1492, e que están ligados á cultura hispánica mediante a lingua xudeoespañola e a tradición. Calcúlase que na actualidade a comunidade sefardí acada os dous millóns de integrantes, sendo a meirande parte deles residentes en Israel, Francia, Estados Unidos e Turquía. Así mesmo, tamén existen comunidades sefardís en Cuba, México e ao longo de Sudamérica, principalmente na Arxentina, Brasil, Venezuela, Chile, Paraguay e Perú onde chegaron os xudeus sefardís fuxindo das persecucións das autoridades españolas.

Tunes

Tunes (en grafía árabe تونس ; en francés Tunis) é a principal cidade da Tunisia. Capital ininterrompida do país desde o 20 de setembro de 1159 (5 de ramadán de 554, consonte ao calendario musulmán), por decisión dos almohades, status que confirmou a dinastía dos Hafsidas en 1228. É así mesmo a capital da gobernación do mesmo nome, creada en 1956.

O santo patrón, islámico, de Tunes é Sidi Mahrez que dá o seu nome a unha mesquita da cidade.

Tunisair

Société Tunisienne de l'Air ou Tunisair (árabe: الخطوط التونسية‎‎) é a aeroliña nacional de Tunisia. Fundada en 1948, opera voos regulares internacionais cara destinos en Europa, África, América e Oriente Medio. A súa base principal atópase no aeroporto de Tunes-Cartago e a súa sede atópase na cidade de Tunes, preto do aeroporto. Tunisair é membro da Organización Árabe de Transportistas Aéreos.

Tunisia no Festival de Eurovisión

Tunisia nunca participou no Festival de Eurovisión. No ano 1997, Tunisia ía participar no Festival de Eurovisión 1977 celebrado en Londres, Reino Unido. Tras saír no sorteo en cuarta posición para actuar, o país retirouse por razóns incertas. Rumoréase que a súa retirada se debeu a que tamén participaba Israel aquel ano. Ata o momento, o único país africano en participar no festival foi Marrocos, que o fixo no ano 1980.

O 18 de xuño de 2007, a televisión da Tunisia, a ERTT, confirmou que debido a unha petición gobernamental non participará no festival nun futuro próximo.

África do Norte

África do Norte é a rexión máis ao norte do continente africano, separada polo deserto do Sáhara da África Subsahariana. Segundo a ONU o norte de África abrangue os territorios seguintes: Alxeria, Exipto, Libia, Marrocos, Sudán, Tunisia e o territorio disputado do Sáhara Occidental. As cidades autónomas españolas de Ceuta e Melilla son xeograficamente parte da África do Norte xunto con enclaves menores como: Perejil, Peñón de Vélez de la Gomera, Illa de Alhucemas e as Chafarinas, así como as illas Canarias, Madeira e Salvaxes, Mauritania, Malí, Níxer e Chad. Máis raramente aparecen formando parte de África do Norte, Etiopía e Eritrea.

Países membros da Unión Africana
Países
Países con parte africana
Outros territorios
Países e territorios do Mediterráneo
Membros
Observadores
Membro dun acordo bilateral de cooperación

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.