Tumulto

Un tumulto[1][2] é un conflito armado, polo xeral na vía pública, onde se ve alterada a orde pública por medio da violencia. Polo común, ocorre durante unha manifestación. A orixe da violencia é polo xeral difuso e polémico, xa que pode orixinarse de parte da sociedade civil ou de parte das chamadas forzas de seguridade (policía, forzas armadas etc.).

A diferenza con outras expresións violentas do movemento social pode ser maior ou menor. Se os tumultos teñen maior grao de repercusión ou éxito, pódese falar alternativamente de revolta, motín, rebelión ou revolución.

A resposta ante un tumulto adoita ser tarefa da policía, comunmente dos axentes antitumultos, aínda que tamén pode requirir apoio militar. Para controlar as masas enfurecidas adoitan empregarse armas non letais, como canóns de auga, balas de goma, pulverizadores de pementa, porras e gas lacrimóxeno.

Algúns países empregan ataques que poden producir mortes para deter os tumultos, sobre todo se se producen baixo a lei marcial, en casos de guerra. Isto permíteo o dereito militar, sempre e cando non se considere aos civís como obxectivos de forma intencionada. Como consecuencia, adoitan producirse «danos colaterais» (eufemismo para referirse a «vítimas civís»).

RodeaElCongreso25S2012 17
Desaloxo da plaza de Neptuno, Madrid, durante a manifestación 25-S Rodea el Congreso, 2012.
Cronulla Riots
Tumultos en Australia, 2005.

Lista cronolóxica de tumultos importantes

Madrid on fire (14N 2012)
Tumultos do 14 de novembro de 2012 en Madrid.
  • 2005: Tumultos raciais de Sydney (2005), Australia.
  • 2006: Tumultos de Dublín (2006), Irlanda.
  • 2008: Tumultos no Tíbet de 2008.
  • 2011: Tumultos en Inglaterra de 2011.
  • 2011: Tumultos en Roma de 2011.
  • 2011: Movilización estudiantil en Chile de 2011.
  • 2012: Manifestación 25-S Rodea el Congreso en España de 2012.
  • 2014: Euromaidán, Ucraína.
  • 2014: Tumultos de Venezuela de 2014.
  • 2017: Protestas en México por gasolinazo 2017

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tumulto.
  2. Entrada de "tumulto" no Digalego.gal
Alexis I de Rusia

Alexis I de Rusia (en ruso: Алексей Михайлович Романов, Aleksei Mikhailovich Romanov), nado o 9 de marzo de 1629 (xuliano) e finado o 29 de xaneiro de 1676 (xuliano), foi Tsar de Rusia durante unha das décadas máis gloriosas da súa historia no século XVII. Foi pai de tres tsares, Teodoro III, Iván V e Pedro o Grande.

Arcadio

Flavius Arcadius, en galego Arcadio (377/378 - 1 de maio de 408) foi Emperador do Imperio Romano de Oriente desde 395 ata a súa morte en 408.

Bacanal

Actualmente unha bacanal é sinónimo de orxía, moitísimo tumulto e desorde. No mundo grego e romano, as bacanais eran festas en honor a Baco (deus mitolóxico romano do cal deriva o nome bacanal) ou Dioniso (deus da mitoloxía grega). As sacerdotisas organizadoras da cerimonia chamábanse bacantes e o nome quedou asociado ás orxías romanas. O culto primitivo era exclusivamente de mulleres para mulleres e procedía do culto orixinal ao deus Pan.

No ano 186 a.C. o Senado prohibiu a celebración de bacanais promulgando unha lei, tratando de volver o culto a Baco á súa contorna sagrada. Algo se conseguiu reducir, pero era tan popular que non se puido extinguir totalmente. A Igrexa católica fixo algo similar, pero non puido conseguirse nada, soamente puido ser reemplazado polo carnaval.

Carnyx

O carnyx foi un instrumento de vento da Idade de Ferro Celta, entre os anos -300 e o 500. Era unha especie de trompeta de bronce, suspendida verticalmente e coa campá en forma de cabeza de xabaril. Empregouse na guerra, probablemente para incitar as tropas á batalla e intimidar ós inimigos. O porte vertical do instrumento permitía que as súas notas se elevasen por riba das cabezas dos participantes nas batallas e cerimonias.

Cuarta cruzada

A cuarta cruzada (1202-1204) foi unha expedición militar organizada como unha cruzada para reconquistar Terra Santa, pero que variou o seu rumbo, terminando coa conquista e o saqueo de Constantinopla, capital do Imperio bizantino, que pasou a chamarse entón Imperium Romaniae.

Diodoro Sículo

Diodoro Sículo ou de Sicilia (en grego Διόδωρος Σικελιώτης) foi un historiador grego do século I a.C. nado en Agyrium (hoxe Agira), na provincia romana de Sicilia.

Estómago

O estómago é a primeira porción do aparato dixestivo no abdome, excluíndo a pequena porción de esófago abdominal. Funcionalmente podería describirse como un reservorio temporal do bolo alimenticio deglutido até que se procede ao seu tránsito intestinal, unha vez ben mesturado no estómago. É un ensanchamento do esófago. Serve para que o bolo alimenticio se transforme nunha papa, chamada quimo.

Gran Premio de Mónaco de 1957

O Gran Premio de Mónaco de 1957 foi unha carreira de Fórmula Un, celebrada o 19 de maio de 1957 en Mónaco. Foi a segunda carreira da tempada de Fórmula Un de 1957.

I Capuleti e i Montecchi

I Capuleti e i Montecchi (en galego Os Montesco e os Capuleto) é unha ópera en dous actos con música de Vincenzo Bellini e libreto en italiano de Felice Romani a partir dunha novela de Matteo Bandello e o libreto de Giulietta e Romeo de Nicola Vaccai. A ópera foi estreada no Gran Teatro La Fenice de Venecia o 11 de marzo de 1830.Esta ópera contén un esiixente papel travestido para a mezzosoprano, como o demostra Se Romeo t'uccise un figlio. A romanza de Giulietta O quante volte expresa o seu amor por Romeo e o seu dilema. A ópera foi composta en seis semanas e tanto o libretista como o compositor empregaron material anterior.É unha ópera á altura de La sonnambula que quizais non se prodigou tanto nos escenarios e nas discográficas por mor da dificultade para os cantantes, non só para o dúo protagonista.

Igor Stravinskii

Igor Fedorovich Stravinskii (en ruso Игорь Фёдорович Стравинский), nado o 17 de xuño de 1882 en Lomonosov e morto o 6 de abril de 1971 en Nova York, foi un pianista, director de orquestra e compositor ruso (naturalizado francés en 1934, e posteriormente americano en 1945), considerado por moitos como un dos máis importantes e influentes do século XX. Foi o arquetipo do ruso cosmopolita, escollido pola revista Time como unha das 100 persoas máis influentes do século.

Isabel I de Castela

Isabel I de Castela, nada en Madrigal de las Altas Torres o 22 de abril de 1451 e finada en Medina del Campo o 26 de novembro de 1504. Foi raíña de Castela desde 1474 ata 1504, raíña consorte de Sicilia desde 1469 e de Aragón desde 1479, polo seu matrimonio con Fernando de Aragón. É chamada «a Católica», título que lles foi outorgado a ela e ao seu marido polo papa Alexandre VI mediante a bula Si convenit, o 19 de decembro de 1496. É polo que se coñece á parella real co nome de Reis Católicos, título que usarían en diante practicamente todos os reis de España.

Casou en 1469 co príncipe Fernando de Aragón. Polo feito de ser primos segundos necesitaban unha bula papal de dispensa que só conseguiron de Sisto IV a través do seu enviado o cardeal Rodrigo Borgia en 1472. Ela e o seu esposo Fernando conquistaron o reino de Granada e participaron nunha rede de alianzas matrimoniais que fixeron que o seu neto, Carlos, herdase as coroas de Castela e de Aragón, outros territorios europeos e convertésese en emperador do Sacro Imperio Romano.Isabel e Fernando fixéronse co trono tras unha longa loita, primeiro contra o rei Henrique IV e de 1475 a 1479 na Guerra de Sucesión castelá contra os partidarios da outra pretendente ao trono, Xoana. Isabel reorganizou o sistema de goberno e a administración, centralizando competencias que antes ostentaban os nobres; reformou o sistema de seguridade cidadá e levou a cabo unha reforma económica para reducir a débeda que o reino herdara do seu medio irmán, e predecesor no trono, Henrique IV. Tras gañar a guerra de Granada os Reis Católicos expulsaron aos xudeus dos seus reinos e, anos máis tarde, tamén aos musulmáns.

Isabel concedeu apoio a Cristovo Colón na procura dunha nova ruta cara ás Indias, o que levou ao descubrimento de América. Devandito acontecemento provocaría no futuro a conquista das terras descubertas e a creación do Imperio Español.

Isabel viviu 53 anos, dos cales gobernou 30 anos como raíña de Castela e 26 como raíña consorte de Aragón á beira de Fernando II.

Jonas qui aura 25 ans en l'an 2000

Jonas qui aura 25 ans en l'an 2000 é un filme franco-suízo dirixido por Alain Tanner e escrito por Tanner e John Berger. Rodouse na cidade de Xenebra.

O filme conta a historia dunhas parellas no contexto do tumulto social e político de maio do 68.

Lingua galesa

A lingua galesa ou galés (Cymraeg ou y Gymraeg en galés, pronunciado /kəmˈrɑːɨɡ/, /ə ɡəmˈrɑːɨɡ/), é a lingua falada polo pobo galés, que é membro da póla britónica das linguas célticas falada en Gales (Cymru), en Inglaterra, nalgúns sitios preto da fronteira galesa, e na colonia de inmigrantes galeses no val de Chubut, na Patagonia arxentina.

Hai tamén falantes de galés ao redor do mundo, especialmente no resto da Gran Bretaña, os Estados Unidos, Canadá, Arxentina e Australia.

Debido ao crecente uso do inglés, o número de falantes de galés ten ido descendendo desde hai décadas. Con todo, de resultas dun número de medidas, entre elas a introdución da Acta da lingua galesa de 1993, o galés vén gozando dun forte rexurdimento nos últimos anos e ten un status de igualdade co inglés no sector público en Gales. É a lingua céltica máis falada.

Ver lingua inglesa de Gales en relación coa lingua inglesa tal e como se fala en Gales.

Matilde de Inglaterra

Matilde ou Maude, coñecida como a emperatriz Matilde (en latín, Mathildis [Imperatrix]; en anglonormando, [Imperatrice] Mahaut; en inglés moderno, [Empress] Matilda), nada en Winchester ou Sutton Courtenay posiblemente o 7 de febreiro de 1102 e finada en Ruán o 10 de setembro de 1167, foi reclamante do trono inglés durante a guerra civil coñecida como a Anarquía. Filla do rei Henrique I de Inglaterra, mudouse ao Sacro Imperio e sendo nena casou co futuro emperador Henrique V. Viaxou co seu marido a Italia en 1116, foi coroada na basílica de San Pedro baixo unha gran polémica e actuou como rexente imperial en Italia. Matilde e Henrique V non tiveron fillos e cando el morreu en 1125, a Coroa foi reclamada por Lotario II, un dos seus inimigos políticos.

Namentres, o irmán menor de Matilde, Guillerme Adelin, morreu no desastre do Barco Branco en 1120, o que deixou Inglaterra nunha inminente crise de sucesión. Despois da morte de Henrique V, Matilde foi chamada a Normandía polo seu pai, quen fixo os arranxos para que casase con Godofredo de Anjou e así formar unha alianza para protexer as súas fronteiras meridionais. Henrique non tiña fillos lexítimos e nomeou a Matilde como a súa herdeira, o que obrigaba a súa corte a xurar lealdade cara a ela e os seus sucesores, mais a decisión non foi popular na corte anglonormanda. Henrique I morreu en 1135, pero Matilde e Godofredo V enfrontáronse á oposición dos baróns normandos e non puideron continuar coas súas reclamacións. O trono foi tomado polo primo de Matilde, Estevo de Blois, quen gozaba do respaldo da Igrexa católica en Inglaterra. Estevo tomou medidas para consolidar o seu novo réxime, pero enfrontou ameazas tanto das potencias veciñas como dos opositores dentro do seu reino.

En 1139, Matilde arribou a Inglaterra para tomar o reino pola forza, co apoio do seu medio irmán, Roberto de Gloucester, e o seu tío, o rei David I de Escocia, mentres que Godofredo V se concentrou na conquista de Normandía. As forzas de Matilde capturaron a Estevo na batalla de Lincoln de 1141, pero o seu intento de ser coroada raíña en Westminster fracasou ante a dura oposición das multitudes de Londres. Como resultado da súa retirada, Matilde nunca foi formalmente declarada raíña de Inglaterra e, en cambio, foi titulada «señora dos ingleses». Roberto foi capturado durante o tumulto de Winchester en 1141 e Matilde aceptou cambialo por Estevo. Quedou aprisionada no castelo de Oxford polas forzas de Estevo no inverno dese ano e viuse forzada a escapar a través do xeado río Támese pola noite para evitar a súa captura. A guerra estancouse, con Matilde controlando gran parte do suroeste de Inglaterra e Estevo o sueste e as Midlands. O resto do país estaba en mans de baróns locais e independentes.

En 1148, Matilde regresou a Normandía, xa en mans do seu esposo, e legou o seu fillo máis vello para continuar a campaña en Inglaterra, quen finalmente ascendeu ao trono como Henrique II en 1154. Ela estableceu a súa corte preto de Ruán e o resto da súa vida encargouse da administración de Normandía, actuando en nome de Henrique II cando foi necesario. Nos primeiros anos do reinado do seu fillo, proporcionou asesoramento político e tentou mediar durante a controversia de Becket. Traballou exhaustivamente coa Igrexa, fundou mosteiros cistercienses e era coñecida pola súa piedade. Foi inhumada baixo o altar maior da abadía de Bec despois da súa morte en 1167.

Ron

O ron é unha bebida alcohólica que se obtén a partir da cana de azucre por fermentación, destilación e envellecemento, xeralmente en barricas de carballo. Esta bebida menciónase por primeira vez en documentos de orixe nazarí (antigo reino de Granada), pero con maior consistencia, pola súa fama entre os mariñeiros, en documentos provenientes de Barbados en 1650. Chamábaselle "kill-devil" ('mata-diaño') ou "rumbullion" (unha palabra de Devonshire, Inglaterra, que significa 'un gran tumulto'). Nas colonias antillanas francesas, chamóuselle "guildive" (modificación de "kill-devil") e posteriormente "tafia", un termo africano ou indíxena. Xa en 1667 chamábaselle simplemente "rum", termo derivado da palabra española ron (palabra de raíz árabe) e a francesa rhum (que deriva da anterior). A primeira mención oficial da palabra "rum" aparecen nunha orde emitida polo Gobernador Xeral de Xamaica con data 8 de xullo de 1661.

Ronnie Peterson

Bengt Ronnie Peterson, nado o 14 febreiro de 1944 e falecido o 11 setembro de 1978, foi un piloto de carreiras sueco dúas veces subcampión do Campionato do Mundo de Pilotos de Fórmula 1 da FIA.

Peterson comezou a súa carreira no automobilismo no karting, tradicionalmente a disciplina na que a maioría dos pilotos comezan a competir. Logo de gañar varios títulos desta especialidade, entre eles dous títulos de Suecia en 1963 e 1964, cambiouse a Fórmula Tres. Ese mesmo ano gañou o Campionato de Europa de Fórmula Tres e sobe ata Fórmula Un, correndo para March Engineering. Nos seus tres anos neste equipo, fixo catro podios, todos eles na tempada de 1971 na que tamén rematou como subcampión no Campionato de Pilotos.

Logo do seu contrato de tres anos en March, Peterson uniuse ao Team Lotus de Colin Chapman en 1973, como compañeiro do campión Emerson Fittipaldi. Durante as súas primeiras dúas tempadas con Lotus, Peterson obtivo sete vitorias, marcando unha marca persoal de 52 puntos en 1973. Logo dunha pobre tempada en 1975, Peterson volveu a March e anotou a súa vitoria final para o equipo no Gran Premio de Italia de 1976. Logo de pasar a tempada de Fórmula Un de 1977 con Tyrrell, trasladouse de novo a Lotus para a tempada de 1978 como "número dous" do piloto Mario Andretti. Peterson anotou dúas vitorias, en Suráfrica e Austria, e terminou segundo na clasificación do campionato de pilotos a pesar do seu mortal accidente na primeira volta en Monza durante o Gran Premio de Italia.

Trompeta

A trompeta é un instrumento musical da familia de vento metal , fabricado en aliaxe de metal. O son da trompeta prodúcese coa vibración dos beizos na boquilla a partir da columna do aire (fluxo de aire). A trompeta, comunmente, está afinada en si bemol, é dicir, un ton por debaixo da afinación real (tamén hai trompetas afinadas en fa, en dó, en la e en mi bemol. É o instrumento máis agudo da súa familia (vento metal). O músico que toca a trompeta é chamado trompetista ou tamén simplemente trompeta.

Está composta por tres pistóns que regulan o paso do aire que pasa desde a boquilla ata a campá.

Zaragoza

Zaragoza é un concello e cidade española, capital da comunidade autónoma de Aragón, ademais da provincia de Zaragoza e da comarca homónima. Está situada a beiras dos ríos Ebro, Huerva e Gállego e da Canle Imperial de Aragón, no centro dun amplo val. A súa privilexiada situación xeográfica convértea nun importante nó loxístico e de comunicacións; atópase a uns 300 km de Madrid, Barcelona, Valencia, Bilbao e Tolosa.

Cunha poboación de 679.624 habitantes (INE 2012), é a quinta cidade española máis poboada, concentrando máis do 50% da poboación de Aragón.

O seu nome actual procede do seu antigo topónimo romano, Caesaraugusta, que recibiu na honra ao emperador César Augusto no 14 a.C. A súa denominación romana foi evolucionando a través do árabe Saraqusta.

Entre o 14 de xuño e o 14 de setembro de 2008, ano do bicentenario dos Sitios de Zaragoza e centenario da exposición Hispano-Francesa de 1908, Zaragoza acolleu a exposición internacional Expo Zaragoza 2008 dedicada á auga e o desenvolvemento sustentable. En 2010, Zaragoza foi a sexta cidade española con máis turismo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.