Tulga

Tulga, finado no ano 642, foi rei dos visigodos entre 640 e 642, sucedendo a seu pai Chintila.

Tulga
Tulga, rey de los Visigodos (Museo del Prado)
Nacemento622
Falecemento642
 Toledo
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónmonarca
PaiChintila
FillosVamba

Traxectoria

Atribúeselle debilidade de goberno contra os vascóns, así como fraxilidade estatal ao ser deposto tan só dous anos despois do seu coroamento. A revolta que o depuxo foi iniciada por Chindasvinto, un militar ancián de 79 anos. Desempeñaba, probabelmente, un cargo de comando militar ou civil na rexión fronteiriza cos vascóns. Apercebéndose da fraxilidade do trono de Tulga, convocou os nobres godos terratenentes, a poboación xermánica da zona e fíxose proclamar rei, a pesar de lle faltar a chancela dos bispos. A súa aclamación tivo lugar en Pampalica, posibelmente a Pampliega actual, preto de Burgos.

A secuencia dos feitos altérase conforme as fontes:

De acordo con Sixiberto Glembacense o rebelde, seguro dos seus apoios e coa adhesión doutros nobres, marchou sobre Toledo, depuxo a Tulga facéndoo tonsurar, deste xeito inhabilitouno para ocupar o trono; o destino posterior de Tulga é descoñecido.

Santo Ildefonso, por outro lado, deixou un relato distinguido: a rebelión de Chindasvinto obtivo algún apoio entre a nobreza mais non triunfou debido á falta de apoio do clero. Tulga conservou o trono e Chindasvinto mantívose un rebelde, ata que a oportuna morte do rei, por doenza, permitiu o recoñecemento de Chindasvinto como rei polos electores reais.

Predecesor:
Chintila
 Rei dos visigodos 
640-642
Sucesor:
Chindasvinto

Véxase tamén

Outros artigos

Chindasvinto

Chindasvinto, tamén chamado Chindasvindo ou Quindasvinto, foi un rei visigodo que gobernou entre os anos 642 e 653.

Chintila

Chintila (?-639), rei dos visigodos entre os anos 636 e 639.

Foi elixido rei pola nobreza e polos bispos en 636, xa segundo as normas codificadas no canone 75 do IV Concilio de Toledo. Chintila non conseguiu relosver satisfactoriamente os problemas que aflixían o reino visigodo xa desde o tempo do seu antecesor inmediato Sisenando, polo que o seu reinado pasou á Historia como unha época de inseguridade e de inestabilidade.

Tivo que afrontar revoltas na Septimania e na Gallaecia, e, véndose incapaz de afrontalas, deixou o goberno nas mans de eclesiásticos, situación que perdurou até ao final do seu reinado.

Dedicou moi tempo aos concilios, convocando os V e VI Concilios de Toledo en xuño de 636 e de 638, respectivamente. Determinouse, entre outros asuntos, que a persoa elixida rei tería que provir da nobreza e en caso algún dos "tonsurados" nin ser de "orixe servil" ou "estranxeiros". Fixáranse penas canónicas para as conspiracións contra a coroa e estabelecer que as propiedades lexitimamente adquiridas polo rei non poderían ser confiscadas polo seu sucesor. Prohibiuse tamén aos non-católicos vivir no reino, o que provocou unha gran cantidade de conversións forzadas.

Chintila morreu en 639, de morte natural, sucedendolle Tulga.

Década de 640

A década de 640 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 640 e remata o 31 de decembro de 649.

Estatuas e retratos de monarcas hispanos

A maioría destas estatuas son parte da serie de estatuas dedicadas a todos os monarcas de España que foron esculpidas en pedra branca, mandadas facer para a decoración do Palacio Real de Madrid no reinado de Fernando VI.Nun principio a idea era que adornasen a cornixa do palacio. Os autores son Olivieri e Felipe de Castro. Parece ser que nunca chegaron ao seu destino e instaláronse en distintos lugares da cidade (Praza de Oriente, O Retiro, Porta de Toledo e nos Xardíns de Sabatini) algunhas outras leváronse a outras provincias. As dos monarcas do reino de Navarra enviáronse a Pamplona, e están colocadas no Paseo de Sarasate.

Historia de Lugo

Lugo, o asentamento urbano máis antigo de Galicia, érguese sobre o antigo emprazamento dun castro galaico. Arredor do ano 25 a. C, Caius Antistus Vetus, legado de Octavio Augusto na Tarraconense ao mando das tropas romanas que loitaban nas Guerras Cántabras, establece preto deste castro un campamento militar. Posteriormente, en nome do emperador, Paulo Fabio Máximo funda "Lucus Augusti" sobre este campamento. A partir do ano 50 asístese á expansión da cidade co asentamento de galaicos dos castros próximos. Posteriormente a cidade convértese nun importante núcleo urbano, representativo da cultura e do modo de vida romano.

Dende a chegada dos suevos a Galicia alternáronse na cidade ciclos de decadencia e rexurdimento. No ano 585 o Reino de Galicia pasa a mans visigodas, perdendo Lugo a súa condición de sé metropolitana por mor da fin da división de Galicia en dúas provincias. Iníciase así un período de decadencia que se vería acentuado pola invasión musulmá de principios do século VIII.

Entre os séculos XI e XIII, coma outras cidades do Camiño Xacobeo, foi protagonista duna serie de revoltas populares contra o poder feudal. En Lugo esta rebelión sería contra o bispo, quen compartía a súa potestas co Cabido. A comezos do século XIII, os burgueses de Lugo comezaron a desafiar, coma nunca antes fixeran, esta potestade xurisdicional.A principios do século XVI, a pesar de ser nomeada capital do Reino de Galicia por Carlos I, Lugo iniciou un longo declive. Esta etapa prolongouse até finais do século XVII, mentres que Santiago de Compostela cobraba protagonismo. No século XVIII comeza un novo ascenso económico e cultural da cidade, converténdose na gran capital agraria de Galicia. As feiras de San Froilán cobran unha extraordinaria importancia económica, abastecendo de gando cabalar e mular a León e Castela; importancia que se reforzou coa chegada do ferrocarril en 1875 e que fixo de Lugo o maior mercado gandeiro de vacún de toda a península.

Lista de monarcas de Galicia

A primeira persoa a asumir o título de rei en Galicia foi o monarca suevo Hermerico, quen conseguiu de Roma no ano 409 o goberno da provincia romana de Gallaecia, facendo dela o seu novo reino. A súa dinastía instaura primeiramente un Reino Suevo en canto que a monarquía e a elite detentadora do poder eran suevas, porén durante o século V d.C, o entendemento cos máis numerosos aristócratas galaicos e a adopción do catolicismo romano consolidan finalmente un Reino de Galicia, como porá de relevo Gregorio de Tours, sendo o primeiro erudito que o denomine Galliciense Regnum, a finais do século VI, e aos seus reis coma reis de Galicia.

Lista dos reis visigodos

Lista dos reis visigodos.

Moeda visigoda

A moeda visigoda abrangue as cuñaxes levadas a cabo polos visigodos na Galia e en Hispania durante os inicios da Idade Media, entre o século V e o ano 710 aproximadamente.As moedas principais destas series eran o sólido e o tremissis (ou triente), dúas moedas de ouro emitidas xa na época imperial tardía e, posteriormente, cuñadas tamén polos emperadores bizantinos en moi diversas cecas.A cuñaxe de moeda visigoda comezou na Galia, onde este pobo se instalou a comezos do século V, e logo pasou a Hispania a partir do inicio do século VI, onde o centro de gravidade do reino visigodo mudou, logo da toma da maior parte de dominios góticos na Galia por parte dos francos.

As primeiras desas moedas, comunmente chamadas pseudoimperiais, eran imitacións das emitidas polos romanos occidentais e posteriormente polos bizantinos, que repetían mesmo as lendas orixinais. Foi a partir de 580 cando se iniciaron as auténticas moedas autónomas, que xa incorporaban os nomes dos reis visigodos. Estas emisións concluíron na segunda década do século VIII, coa conquista musulmá da Península Ibérica que acabou co reinado visigodo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.