Trobador

Os trobadores máis antigos eran poetas líricos en lingua de oc ligados ás cortes de entre a segunda metade do século XI e o século XIII. O nome provén do verbo trobar, que significaba "compor versos".

BernardDeVentadour
Bernart de Ventadorn, trobador provenzal do século XII
Cancioneiro da Ajuda folio 21r
Trobador, á esquerda, nunha ilustración do Cancioneiro de Ajuda

Historia e características

A área na que foron activos incluía o Languedoc, a Provenza, Auvernia, Poitou, Limosín e Cataluña. Sábese da existencia de preto de cincocentos trobadores e téñennos chegado as composicións duns 400. Eran de extracción social moi variada: nobres, cregos, burgueses, e plebeos.

O tema fundamental da produción trobadoresca era o amor, entendido como amor cortés. As composicións máis típicas foron as cancións, así como o sirventés, a tenzón, a pastorela ou a danza. Son tipos de rima moi acentuada. O trobar clus ("fechado") contiña sentidos voluntariamente escuros e o trobar leu era claro e explícito.

Musicalmente apartábanse tanto do canto gregoriano como da polifonía para adoptaren formas musicais que se asemellan ao que hoxe se coñece como canción, con ritmos acusados, división en estrofas e estribillos e o uso de instrumentos musicais para realzar a voz.

O trobador máis antigo de que se ten noticia foi Guillerme IX de Aquitania. Outros trobadores coñecidos son Jaufré Rudel, Raimbaut d'Aurenga, Arnaut Daniel, Giraut de Bornelh, Bernart de Ventadorn, Aimeric de Peguilhan, Uc de Saint Circ e Sordel, que era italiano.

A poesía dos trobadores tivo unha influencia considerábel sobre Dante e Petrarca e, en xeral, sobre todo o desenvolvemento da lírica amorosa europea.

En Galiza e no norte de Portugal tamén xurdiu a figura do trobador ao redor de comezos do século XII, e grazas a el e a outros creadores de cantigas xurdiu unha das primeiras líricas europeas de maior calidade.

Un trouvère era un poeta medieval do norte de Francia, especialmente da Picardía, contemporáneo dos troubadours occitanos. Ao igual que estes, compuñan sobre tópicos parecidos, pero en lingua d'oïl. Creaban tamén cancións de xesta e romances bretóns.

Coñécese o nome dalgúns deles: Jean Bodel, Blondel de Nesle ou Conon de Béthune.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Afonso Mendez de Besteiros

Afonso Mendez de Besteiros foi un trobador portugués, natural de Santa Maria de Besteiros e pertencente á pequena nobreza.

Estivo activo entre 1250 e 1275 e foi autor de 14 textos: nove cantigas de amor, dúas cantigas de amigo, unha cantiga de escarnio e dúas sátiras políticas.

Afonso Sanchez

Afonso Sanchez, nado en Cerva (Vila Real) o 24 de maio de 1289 e finado en Escalona (provincia de Toledo) o 2 de novembro de 1329, foi un infante e trobador portugués, fillo bastardo do rei don Dinís.

Airas Corpancho

Airas Corpancho foi un trobador que, segundo o estudoso Manuel Rodrigues Lapa, viviu no tempo de Afonso X. O apelido Corpancho provén da expresión "corpo ancho".

Estevan Fernandiz de Elvas

Estevan Fernandiz foi un trobador portugués, activo a finais do século XIII e principios do XIV. Natural de Elvas, é autor de 7 textos: 3 cantigas de amor e 4 cantigas de amigo, 2 delas dialogadas.

Garcia Martinz

Garcia Martinz foi un trobador de orixe descoñecida, que estivo activo na corte de Afonso X. A vinculación con Pero da Ponte sitúano na corte de Afonso X, mais non se teñen datos concretos sobre este autor.

Garcia Soares

Garcia Soares foi un trobador portugués da primeira metade do século XIII e irmán do trobador Martin Soarez. É autor de 2 cantigas de amigo, unha delas dialogada.

Johan Lobeira

Johan Lobeira foi un trobador posibelmente portugués, que estivo activo na segunda metade do século XIII. Foi fillo bastardo do nobre portugués Pero Soarez de Alvin, lexitimado en 1272, e probabelmente dunha dama galega. Foi autor de 7 textos: 6 cantigas de amor e 1 cantiga de escarnio.

Johan Velho de Pedrogaez

Johan Velho de Pedrogaez foi un trobador portugués, activo entre 1278-1310 na corte de don Dinís. Irmán do tamén trobador Fernan Velho, foi autor de 2 cantigas de escarnio.

Johan de Gaia

Johan de Gaia foi un trobador portugués, de Guimarães, da primeira metade do século XIV. Escudeiro na corte de don Dinís e de Afonso IV, foi protexido por Pedro, conde de Barcelos. É autor de 7 textos: 4 cantigas de amor, de feitura tradicional e 3 cantigas de escarnio.

Johan de Requeixo

Johan de Requeixo (Xohán de Requeixo, Xoán de Requeixo) foi un trobador galego de finais do século XIII. É autor de cinco cantigas de amigo, todas cantigas de romería, en torno ao santuario de monte Faro en Chantada.

No 2004, grazas á iniciativa da Asociación Xohán de Requeixo, erixíronse cinco monólitos cos poemas conservados deste poeta medieval.

Josep

Josep foi un trobador portugués de finais do século XIII e principios do XIV. Primeiro representante xudeu da escola trobadoresca galego-portuguesa, é autor dunha tenzón con Estevan da Guarda.

Macías o Namorado

Macías, chamado o Namorado, foi un trobador galego do século XIV (aproximadamente entre 1340 e 1370), probablemente orixinario de Padrón.

Martin Soarez

Martin Soarez foi un trobador portugués, que estivo activo entre 1230/1235-1270.

Pae Calvo

Pae Calvo foi un trobador portugués de finais do século XIII. É autor de 2 cantigas de amigo.

Palla (trobador)

Palla era un trobador galego ou xograr de Santiago de Compostela, activo na corte de Afonso VII de León na metade do século XII.

Palla é descrito en documentación contemporánea coma un iuglar (cognado con "malabarista", pero significa menestrel). El estaba na corte de Afonso en Burgos o 24 abril 1136 e outra vez en Toledo o 9 decembro 1151.

Pero Mendiz da Fonseca

Pero Mendiz da Fonseca foi un trobador, posibelmente portugués e que estaría activo a finais do século XIII. É autor de 6 textos: 5 cantigas de amor e 1 cantiga de escarnio.

Rodrigo Eanes Redondo

Rodrigo Eanes Redondo foi un trobador portugués, do segundo terzo do século XIII. Pai do trobador Fernan Rodriguez Redondo, está emparentado coa familia dos Velhos. É autor de 7 textos: 4 cantigas de amor, 1 cantiga de amigo, 1 sirventés e 1 tenzón con Lourenço.

Roi Martinz do Casal

Roi Martinz do Casal foi un trobador portugués, de finais do século XIII e primeiro terzo do XIV. É autor de 6 textos: 3 cantigas de amor e 3 cantigas de amigo, onde innova estruturas métricas orixinais.

Vasco Perez Pardal

Vasco Perez Pardal foi un trobador, posibelmente portugués.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.