Triacastela

Triacastela (do latín tria castella, 'tres castros') é un concello da provincia de Lugo en Galicia. Pertence á comarca de Sarria. Segundo o INE en 2018 tiña 643 habitantes (821 no 2006, 820 no 2005, 839 no 2004, 852 no 2003).

Coordenadas: 42°45′16.04″N 7°14′35.75″O / 42.7544556, -7.2432639

Triacastela
Escudo de Triacastela
Triacastela. Galicia (Spain)
O Camiño de Santiago ó seu paso polo concello.
Situacion Triacastela
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca de Sarria
Poboación643 hab. (2018)
Área51,2 km²
Densidade12,56 hab./km²
Entidades de poboación8 parroquias
Política (2019[1])
AlcaldesaOlga Iglesias Fontal (PPdeG [2])
Concelleiros
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 3
Eleccións municipais en Triacastela
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes83,63%
Na rede
www.concellodetriacastela.com

Demografía

Censo total 643 (2018)
Menores de 15 anos 45 (7 %)
Entre 15 e 64 anos 377 (58.63 %)
Maiores de 65 anos 221 (34.37 %)
Evolución da poboación de Triacastela   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
2.584 1.085 1.975 1.129 839 781 772 756 739 721 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Patrimonio

O concello está atravesado pola ruta francesa do camiño de Santiago.

No concello atópase a Cova de Eirós, que se vén escavando desde 1990 e na que xa se atoparon importantes restos da fauna galega de hai máis de 35.000 anos, entre eles restos de máis de 40 individuos de oso das cavernas (Ursus spelaeus), cérvidos e bóvidos; así como materiais líticos adscritos ao Paleolítico Medio e, polo tanto, a humanos neandertalenses. O 20 de agosto de 2012 fíxose público o descubrimento de mostras de arte rupestre, as primeiras descubertas en Galicia polo de agora.

Toponimia

A orixe do topónimo non está clara aínda que no escudo municipal aparezan tres castelos dos que non hai noticia que houbese nunca polos arredores. Algúns interpretan que Triacastela pode derivar de tres castros (castellum) que forman unha especie de triángulo e que son o de Triacastela, o de Tras do Castro (ou o de San Adrián) e o de Lagares.[4]

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Triacastela.
Albergue de Triacastela.
Albergue de Triacastela. 
Corredoira en Ramil, parroquia de Santiago de Triacastela.
Corredoira en Ramil, parroquia de Santiago de Triacastela
Casa do concello.
Casa do concello. 

Lugares de Triacastela

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Triacastela vexa: Lugares de Triacastela.

Notas

  1. Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  2. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Triacastela". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  4. Galicia Encantada. "Triacastela, orixe do topónimo".

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Balsa, Triacastela

San Breixo da Balsa é unha parroquia do concello lugués de Triacastela na comarca de Sarria. No ano 2013 tiña 36 habitantes (20 homes e 16 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 8 habitantes en relación ao ano 2000.

As Nogais

As Nogais é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares linda con Pedrafita do Cebreiro, Cervantes, Becerreá e Triacastela. Segundo o IGE en 2015 tiña 1.191 habitantes (1.441 no 2006, 1.477 no 2005, 1.501 no 2004, 1.520 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é nogalego .

Camiño Francés

O Camiño Francés ou Camiño Real é a ruta principal entre as distintas variantes que ofrecen os Camiños de Santiago. Recolle os peregrinos procedentes de Europa e percorre o norte da península desde Roncesvalles (Navarra) ou Somport (Huesca) ata Santiago de Compostela. No seu percorrido vai acollendo outras vías que conflúen nesta en diferentes puntos; esta imaxe de diferentes camiños confluíndo nun mesmo destino final quérese ver representada na figura da vieira como símbolo do Camiño.

Pode considerarse como o Camiño de Santiago por antonomasia por ser, con diferenza, a vía máis frecuentada dos diferentes Camiños: en 2016 foi a vía escollida por 176.329 peregrinos rexistrados pola Oficina do Peregrino (un 63,38% do total); en segundo lugar, moi lonxe, estaría o Camiño Portugués, cunhas porcentaxes do 16-18%.. Tamén é a vía mellor sinalizada e a que conta cun maior número de albergues ó longo do seu percorrido.

Como o resto dos Camiños, tivo numerosas ramificacións e rutas alternativas polas que os peregrinos buscaban achegarse ós distintos santuarios que existían ou se foron construíndo ó longo do Camiño ou, simplemente, optar por rutas máis seguras ou máis cómodas.

A Historia Compostelá, escrita pola contorna do bispo Diego Xelmírez a partir do ano 1109 recolle a primeira referencia documentada sobre o número de peregrinos que ían cara a Santiago. Relata o asombro do emir Alí ibn Yúsuf (1083-1143) cando, na súa viaxe a Galicia para falar coa raíña Urraca, observou a marea de peregrinos e preguntou:

O Camiño de Santiago Francés foi declarado pola UNESCO Patrimonio da Humanidade en 1993, ampliado ás rutas francesas en 1998. Tamén fora declarado o 23 de o utubro de 1987 "Primeiro Itinerario Cultural Europeo" polo Consello de Europa e está recoñecido como a Rúa Maior de Europa.

Cancelo, Triacastela

San Cristovo de Cancelo é unha parroquia do concello lugués de Triacastela na comarca de Sarria. No ano 2007 tiña 79 habitantes (33 homes e 46 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 12 habitantes en relación ao ano 2000.

Comarca de Sarria

A comarca de Sarria é unha comarca galega situada na metade sur da provincia de Lugo. Limita polo noroeste coa comarca de Lugo, polo nordeste coa dos Ancares, polo sueste coa de Quiroga, polo oeste coa de Chantada e polo sur coa Terra de Lemos.

A capital da comarca, así como o núcleo máis poboado, é Sarria.

Eleccións municipais en Triacastela

Corporacións democráticas en Triacastela desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Edesio Sangil Corral — Independentes

1983 Alcalde: José Antonio Pérez Díaz — ITC (Independientes Tres Castillos)

1987 Alcalde: Miguel Ángel Fernández López — PSdeG-PSOE

1991 Alcalde: José Manuel Modia Núñez — PPdeG

1995 Alcalde: José Manuel Modia Núñez — PPdeG

1999 Alcalde: Miguel Ángel Fernández López — PSdeG-PSOE

2003 Alcalde: Miguel Ángel Fernández López — PSdeG-PSOEModelo:Triacastela 2003

2007 Alcalde: Miguel Ángel Fernández López — PSdeG-PSOEModelo:Triacastela 2007

2011 Alcaldesa: Olga Iglesias Fontal — PPdeG

2015 Alcaldesa: María Olga Iglesias Fontal — PPCandidatos: María Olga Iglesias Fontal (PP) e Miguel Ángel Fernández López (PSdeG-PSOE).

Galería de imaxes da comarca de Sarria

Galería de imaxes da comarca de Sarria.

A comarca de Sarria comprende os concellos de O Incio, Láncara, Paradela, O Páramo, Samos, Sarria e Triacastela.

Lamas do Biduedo, Triacastela

Santo Isidro de Lamas do Biduedo é unha parroquia do concello lugués de Triacastela na comarca de Sarria. No ano 2007 tiña 102 habitantes (56 homes e 46 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 15 habitantes en relación ao ano 2000.

Lugares de Triacastela

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Triacastela

Montes da Albela e Meda

Os montes da Albela e Meda están localizadas nas serras orientais de Galiza. Teñen orientación NE-SO e están situadas entre Becerreá, Triacastela, Láncara e Samos.

O punto de maior altura é o monte Braña (tamén coñecido como montes Meda), con 1.200 metros sobre o nivel do mar.

O Monte, Triacastela

Santa María do Monte é unha parroquia do concello lugués de Triacastela na comarca de Sarria. No ano 2007 tiña 63 habitantes (36 homes e 27 mulleres) nunha única entidade de poboación, o que supón unha diminución de 11 habitantes en relación ao ano 2000.

Olga Iglesias

María Olga Iglesias Fontal, nada en Vilavella (Triacastela) o 15 de abril de 1971, é unha veterinaria e política galega do PPdeG.

Samos

Samos é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Sarria. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.458 habitantes (1.820 no 2006, 1.897 no 2005, 1.923 no 2004, 1.999 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é samanense .

Santalla de Alfoz, Triacastela

Santalla de Alfoz é unha parroquia do concello lugués de Triacastela na comarca de Sarria. No ano 2007 tiña 82 habitantes (42 homes e 40 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 7 habitantes en relación ao ano 2000.

Sarria

Sarria é unha vila galega da provincia de Lugo, capital da comarca de Sarria. Cos seus 13.345 habitantes (13.352 no 2006, 13.155 no 2005, 13.132 no 2004, 13.142 no 2003) segundo o INE é o quinto en poboación da provincia. O seu xentilicio é (véxase no Galizionario) sarriao/sarriá.

Serra do Oribio

A serra do Oribio é unha das serras orientais de Galiza. Esténdense en dirección E-SO por terras dos concellos de Samos e Triacastela. Está limitada ao norte polo val do río Sarria e ao sur polo río Lóuzara A serra está conformada por pelitas. Na vertente oeste nacen varios afluentes do río Sarria e na leste do Lóuzara.

Está incluída como espazo natural no denominado Ancares-Courel.

O punto de maior elevación é o pico Oribio, con 1.447 metros sobre o nivel do mar.

Toldaos, Triacastela

San Salvador de Toldaos é unha parroquia do concello lugués de Triacastela na comarca de Sarria. No ano 2007 tiña 77 habitantes (38 homes e 39 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 14 habitantes en relación ao ano 2000.

Triacastela, Triacastela

Santiago de Triacastela é unha parroquia do concello lugués de Triacastela na comarca de Sarria. No ano 2013 tiña 217 habitantes (104 homes e 113 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación.

Vilavella, Triacastela

Santa María de Vilavella é unha parroquia do concello lugués de Triacastela na comarca de Sarria. No ano 2007 tiña 132 habitantes (61 homes e 71 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un aumento de 2 habitantes en relación ao ano 2000.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.