Triabá, Castro de Rei

San Pedro de Triabá é unha parroquia que se localiza no concello lucense de Castro de Rei, na comarca da Terra Chá. Segundo o padrón municipal (IGE 2014) ten 562 habitantes (299 mulleres e 263 homes), distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 679 habitantes.

Triabá
Igrexa Triaba, Castro de Rei
ConcelloCastro de Rei
Poboación562 hab. (2014)
Entidades de poboación22

Lugares e parroquias

A Casanova, Triabá, Castro de Rei

A Casanova é un lugar da parroquia de Triabá, no concello lucense de Castro de Rei. Segundo o IGE, no ano 2014 tiña 13 habitantes (5 homes e 8 mulleres), un menos que no ano 2007.

O barrio consta de 4 vivendas, todas elas habitadas.

A principal actividade económica do lugar é a gandería, na súa maior parte dedicada a produción de leite, aínda que tamén se crían cabras e porcos.

A Costa, Triabá, Castro de Rei

A Costa é un dos barrios da parroquia de Triabá, no concello lugués de Castro de Rei. Segundo o IGE, en 2014 tiña 18 habitantes (9 homes e 9 mulleres).

Conta cunhas once casas, estando algunhas delas deshabitadas.

O Matodoso, Triabá, Castro de Rei

O Matodoso é un lugar da parroquia de Triabá, no concello lucense de Castro de Rei. Segundo o IGE, no ano 2014 tiña 214 habitantes (102 homes e 112 mulleres)

Río Anllo

O río Anllo é un pequeno curso fluvial galego da provincia de Lugo, afluente do Miño, no seu curso alto e pola súa marxe dereita.

Río Miño

O Miño (en portugués: Minho) é o río máis longo de Galicia, cunha lonxitude de 307,5 km . Pasa polas cidades de Lugo e Ourense e polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Monção, Tui e Valença do Minho.

Ríos de Galicia

Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Porén, os altos desniveis provocan a existencia de numerosas fervenzas.

Amais da pesca fluvial, existe aproveitamento industrial dos ríos mediante os muíños e os encoros para a produción de enerxía eléctrica e o abastecemento de auga.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.