Trazo

Trazo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ordes.

Coordenadas: 43°1′35.56″N 8°31′3.27″O / 43.0265444, -8.5175750

Trazo
Bandeira de Trazo
---
Escudo de Trazo
Concello de Trazo
Casa do Concello.
Situacion Trazo
Situación
Xentilicio[1]tracense
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Ordes
Poboación3.148 hab. (2018)
Área101,4 km²
Densidade31,05 hab./km²
Entidades de poboación11 parroquias
Capital do concelloViaño Pequeno
Política (2019[2])
AlcaldesaJosefina Suárez López (PPdeG[3])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 3
Outros: Somos Trazo 2
Eleccións municipais en Trazo
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes87,22%
Na rede
www.concellodetrazo.gal
correo@trazo.dicoruna.es

Demografía

Segundo o IGE a súa poboación no 2014 era de 3.301 habitantes (3.557 no 2006, 3.617 no 2005, 3.652 no 2004, 3.728 en 2003).

Censo total 2014 3.301 habitantes
Menores de 15 anos 270 (8.18 %)
Entre 15 e 64 anos 2.011 (60.92 %)
Maiores de 65 anos 1.020 (30.9 %)
Evolución da poboación de Trazo   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
3.640 4.458 5.409 5.005 3.652 3.498 3.472 3.433 3.343 3.301 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O relevo ten aspecto de meseta ondulada sen grandes contrastes e lixeiramente inclinada cara o sur, por onde descorre o Tambre.

As máximas alturas atópanse ao norte, en Pedras Negras (462 metros) e Berdieiras (507 metros). Unha serie de vales, regados todos por pequenos ríos, dan variedade e alegría ao paisaxe, que é tranquilo, vistoso e pouco poboado. Entre estas correntes de augas más importantes son as coñecidas polos nomes de Restande e de Lengüelle.

Situación e comunicacións

Sitúase a 19 quilómetros ó norte de Santiago de Compostela, aínda que afastado das vías de comunicación máis frecuentadas. A estrada que comunica ambas é a que parte da C-545, de Santiago a Santa Comba, a catro quilómetros da primeira. Esta estrada entra no municipio de Trazo atravesando o río Tambre por Ponte Albar.

Despois de unirse á de Ordes a Portomouro, percorre diagonalmente todo o concello e empalma en Ordes (15 quilómetros) coa N-550 de Santiago á Coruña. A distancia a capital da provincia por esta ruta é de 36 quilómetros. Os municipios cos que limita Trazo son os de Santiago polo sur, Tordoia ó norte, Val do Dubra ó oeste e Oroso ao leste.

Historia

As terras do actual municipio de Trazo pertenceron á xurisdición de Montaos. Esta xurisdición existía polo menos desde o século XII e figura por primeira vez nunha doazón de Afonso VII á mitra compostelá datado 31 de maio de 1124. Nela establécense os límites desde Ponte Sigüeiro ao monte Xalo, incluíndo practicamente todas as parroquias do concello. Os Bermúdez de Montaos, descendentes ou sucesores dos poderosos condes de Traba, exerceron este señorío, tendo como lugares principais Montaos (Ordes) e Lestrobe, na parroquia de Benza. Neste lugar posuían unha impresionante fortaleza, pero o abandono e o tempo acabaron con ela.

Escudo de Trazo

O escudo do concello de Trazo consiste nun castelo e un lobo pasante en prata sobre un fondo de sinople timbrados de coroa real pechada.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Trazo.
A Ponteabar, Xavestre, Trazo. Présa do Tambre

Presa do Tambre en Xavestre.

Campanario e Igrexa de Berreo

Campanario e Igrexa de Berreo.

Lugares de Trazo

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Trazo vexa lugares de Trazo.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. El PP sigue en la alcaldía de Trazo con el aval del grupo independiente
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Alelo

Un alelo é calquera dunha serie de cadeas codificantes de ADN que ocupan un determinado locus (posición) nun cromosoma. Normalmente os alelos son secuencias de ADN que codifican para un xene, pero outras veces o termo utilízase como 'posición' no cromosoma. Un xenotipo individual para ese xene é o conxunto de alelos que posúe ese individuo. En organismos diploides, os que teñen dúas copias de cada cromosoma, dous alelos conforman o xenotipo do individuo. A palabra procede do grego αλληλος = "cada un".

Un exemplo é o xene para a cor das margaridas en moitas especies —un só xene controla a cor dos pétalos, pero pode haber moitas variantes distintas (ou alelos) dese xene. Unha variante pode dar pétalos vermellos, mentres outra pode resultar en pétalos brancos. A cor resultante dunha flor individual dependerá de que dous alelos posúa para ese xene, e como interaccionan entre si.

Benza, Trazo

San Pedro de Benza é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Trazo na comarca de Ordes. Segundo o IGE en 2013 tiña 334 habitantes (167 mulleres e 167 homes) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 433 habitantes.

Berreo, Trazo

San Mamede de Berreo é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Trazo. Segundo o IGE en 2011 tiña 284 habitantes (142 mulleres e 142 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 317 habitantes.

Campo, Trazo

San Xoán de Campo é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Trazo. Segundo o IGE en 2013 tiña 380 habitantes (200 mulleres e 180 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 447 habitantes.

Castelo, Trazo

Santa María de Castelo é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Trazo. Segundo o IGE en 2013 tiña 226 habitantes (119 homes e 107 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 255 habitantes.

Chaián, Trazo

Santa María de Chaián é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Trazo. Segundo o IGE en 2013 tiña 515 habitantes (258 homes e 257 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 455 habitantes.

Comarca de Ordes

A comarca de Ordes é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Ordes. A esta comarca pertencen os concellos de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo.

Locus

En bioloxía un locus (plural loci) é unha posición fixa nun cromosoma, como a posición dun xene. Unha variante da secuencia de ADN en determinado locus denomínase alelo. A lista ordenada de loci coñecidos para un xenoma en concreto é un mapa xenético. O mapeado xenético é o proceso de determinar o locus para un certo trazo biolóxico.

As células diploides e poliploides que teñen o mesmo alelo nun locus do cromosoma son homocigotos para ese xene, mentres que as que teñen diferentes alelos nese locus son heterocigotos.

Monzo, Trazo

San Martiño de Monzo é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Trazo. Segundo o IGE en 2013 tiña 163 habitantes (87 mulleres e 76 homes) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 184 habitantes.

Morlán, Trazo

Santa María de Morlán é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Trazo. Segundo o IGE en 2013 tiña 185 habitantes (95 mulleres e 90 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 238 habitantes.

Restande, Trazo

Santa María de Restande é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Trazo. Segundo o IGE en 2013 tiña 295 habitantes (151 mulleres e 144 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 389 habitantes.

Río Tambre

O río Tambre é un curso fluvial galego, pertencente á vertente atlántica. A súa parte media e alta (río Tambre) así como a súa desembocadura (esteiro de Tambre) foron declaradas zonas especiais de conservación.Nace na lagoa de Sobrado, que recolle as augas dos regos de Fontevirtude e de Rodelo e mailos seus afluentes, preto da aldea da Porcariza, en Sobrado, leva dirección xeral SO e desemboca na ría de Muros e Noia pola enseada de Langaño. Ten un percorrido de 125 km, e percorre os concellos de Sobrado, Curtis, Vilasantar, Boimorto, Mesía, Frades, Arzúa, O Pino, Oroso, Ordes, Trazo, Tordoia, Santiago de Compostela, Val do Dubra, Ames, A Baña, Brión, Negreira, Outes, Mazaricos, Noia e Lousame. A súa cunca abarca 1.531 km².

Os seus principais afluentes son o Dubra, o Barcala , o Maruzo, o Samo e o Lengüelle.

Til

O til (~), til de nasalidade, trazo supralinear ou til xeral de abreviación, é un sinal diacrítico que se coloca sobre, baixo ou no medio dalgunhas letras en distintas linguas. Tamén se emprega nalgunhas ciencias.

Permite distinguir entre grafías simples (exemplos: a, n) e complexas (exemplos: ã, ñ). Así, o trazo superior pode indicar o modo de articulación dunha vogal (vogal nasalizada, por elevación no grao de constrición: ã, ẽ, ĩ, õ, ũ) ou o punto de articulación dunha consoante (nasal palatal: ñ)

Trazo, Trazo

Santa María de Trazo é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Trazo. Segundo o IGE en 2013 tiña 185 habitantes (101 mulleres e 84 homes) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 218 habitantes.

Trazo baixo

O trazo baixo ou guión baixo é un signo tipográfico auxiliar, consistente nun trazo situado na parte baixa da palabra. No código ASCII ten o valor 95.

Vilouchada, Trazo

San Vicenzo de Vilouchada é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Trazo. Segundo o IGE en 2013 tiña 127 habitantes (66 mulleres e 61 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 172 habitantes.

Vogal

En fonética, unha vogal (do latín vocalis) é un son da lingua falada que se produce ó expulsar aire, habitualmente mais non necesariamente facendo vibrar asemade as cordas vocais, e ó modificar o timbre, sen oclusión nin fricación, mediante a distinta posición que adopten os órganos da boca e do nariz no caso das vogais nasais e nasalizadas.

As consoantes, pola súa banda, diferéncianse das vogais por unha constrición ou pechazón nun ou varios puntos do tracto bucal e/ou nasal.

Tamén se pode definir a vogal como núcleo silábico. Esta definición permite non só opolas ás consoantes, que son marxes silábicas, senón tamén ás semiconsoantes ou semivogais (vogais pechadas que actúan coma marxe nun ditongo).

Así a todo, nalgunhas linguas é posible que as consoantes sonoras, laterais ou vibrantes, formen núcleo silábico como o l de table en inglés (o -e final non se pronuncia) ou o son r' (vrba) en checo.

En definitiva, as vogais son articulacións abertas, nas cales o aire sae ó exterior sen obstrucións e sen que se produza ningún ruído no tracto vocal. Durante a súa emisión os órganos articulatorios deixan unha canle máis ou menos ampla sen que ningún órgano se interpoña na corrente de aire en vibración.

Para o estudo dos sons vocálicos téñense en conta os trazos de abertura, localización, labialización e nasalidade.

Canto á abertura, as vogais galegas poden clasificarse en catro graos principais (con pertinencia fonolóxica nalgunha posición): aberta, semiaberta, semipechada, pechada. Pero na realidade fonética encontramos unha maior variación de abertura que permite distinguir graos intermedios. En calquera caso, sempre estaremos simplificando (facendo abstracción) a realidade fónica, xa que desde o punto de vista da articulación (e do resultado acústico) esta característica é gradual, e polo tanto trátase dun continuum que vai desde a vogal máis pechada á máis aberta.

Tendo en conta a posición da lingua danse tres localizacións básicas: anterior, central e posterior

As vogais poden ser redondeadas, aínda que tamén se trata dun trazo gradual (maior ou menor grao de labialización). En galego o redondeamento é unha característica inherente das vogais posteriores polo que non é fonoloxicamente pertinente, aínda que tamén poden acharse vogais anteriores labializadas (en certos contextos).

O trazo de nasalización, xera vogais nasais, non é tampouco pertinente á hora de definir os fonemas vocálicos galegos. Nelas o ar é liberado tamén polo nariz.

Xavestre, Trazo

San Cristovo de Xavestre é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Trazo na comarca de Ordes. Segundo o IGE en 2013 tiña 668 habitantes (332 homes e 336 mulleres) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 756 habitantes.

Xene

Un xene é a unidade básica de herdanza dos seres vivos. Dende o punto de vista molecular, un xene é unha secuencia lineal de nucleótidos na molécula de ADN (ou ARN no caso dalgúns virus), que contén a información necesaria para a síntese dunha macromolécula con función celular específica. Por exemplo: Proteínas, ARNm, ARN ribosómico, ARN de transferencia e ARN pequenos. Esta función pode estar vinculada ó desenvolvemento ou funcionamento dunha función fisiolóxica normal. O xene é considerado como a unidade de almacenamento de información e unidade de herdanza ó transmitir esa información á descendencia. Os xenes dispóñense, pois, ao longo de cada un dos cromosomas. Cada xene ocupa no cromosoma unha posición determinada chamada locus. O conxunto de cromosomas dunha especie denomínase xenoma.

Algunhas enfermidades como a anemia drepanocítica (ou anemia falciforme) poden ser ocasionadas por un cambio nun só xene (un dos 30.000 'xenes que constitúen o plano para todo o corpo humano).

Os organismos diploides (entre eles, case todos os animais e plantas) dispón de dous xogos de cromosomas homólogos, cada un deles proveniente dun dos pais. Cada par de cromosomas ten, pois, un par de copias de cada xene, unha procedente da nai e outra do pai.

Os xenes poden aparecer en versións diferentes, con variacións pequenas na súa secuencia, denominadas alelos. Os alelos poden ser dominantes ou recesivos. Cando unha soa copia do alelo fai que se manifeste o trazo fenotípico, o alelo é dominante. Cando son precisas dúas copias do alelo (unha en cada cromosoma do par), o alelo é recesivo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.