Tratado de Alcoutim

O Tratado de Alcoutim, denominado na súa época como as Paces de Alcoutim, foi un tratado de paz que se concertou o 31 de marzo de 1371 na vila arraina de Alcoutim, no Algarve, entre os reis Fernando I de Portugal e Henrique II de Castela, que poñía fin á primeira das guerras fernandinas.

Castle of Alcoutim (13365693175)
Castelo de Alcoutim.

Cláusulas

Polas súas cláusulas, o soberano de Portugal comprometíase a manter boas relacións co rei de Francia.

Ademais da paz na primeira guerra fernandina (1372-1373),[1] estipulábase o casamento do rei portugués con Leonor de Trastámara filla do rei castelán.[2]

O tratado foi confirmado no mesmo ano en Toro, onde o xuraron o rei, e os nobres e prelados de Castela.

No ano seguinte celebrouse un novo acordo (abril de 1372), en Tui (o tratado de Tui),[3] que modificaba as condións propostas en Alcoutim. Especialmente, dispensando o referido compromiso de casamento, e restabelecéndose de novo a fronteira anterior ao Tratado de Alcoutim.[4]

Notas

  1. Olivera Serrano 2005, p. 53-55.
  2. de Oliveira Marques, A. H. R. (1977): História de Portugal. Volume I. Queluz de Baixo, Oeiras: Editorial Presença. ISBN 978-97-2232-189-1.
  3. Olivera Serrano 2005, p. 55.
  4. "Convenção de Tui", en José Adelino Maltez (2008): "Crónica do Pensamento Político". Dili, Timor Oriental.

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Lopes, Fernão (Introdución de Salvador Dias Arnaut) (1966): Crónica do Senhor Rei Dom Fernando, nono rei destes regnos. Porto: Livraria Civilização.
  • Martins, Armando Alberto (2008): Guerras fernandinas, 1369-1382. Porto: QuidNovi Editora. ISBN 978-98-9628-026-0.
  • Olivera Serrano, César (2005): Beatriz de Portugal. La pugna dinástica Avís-Trastámara. Santiago de Compostela: CSIC. ISBN 84-0008-343-1.

Ligazóns externas

  • Tratado de Alcoutim, en Artigos de apoio Infopédia (en liña). Porto: Porto Editora, 2003-2017. (Consultada o 19-10-2017).
A Raia

A Raia é unha forma coloquial para denominar a fronteira entre España e Portugal. Dunha forma máis ampla, a raia é igualmente o espazo xeográfico, dun e doutro lado da fronteira política, onde as aldeas dos dous lados da raia comparten os mesmos elementos históricos, lingüísticos, culturais e económicos.

Alcoutim

Alcoutim é unha vila arraiana portuguesa pertencente ao distrito de Faro, na rexión do Algarve, que conta con cerca de 1 100 habitantes.

Até a división administrativa de 1832 pertencía á provincia do Alentejo.

Fernando I de Portugal

Fernando I, nado en Lisboa o 31 de outubro de 1345 e finado na mesma cidade o 22 de outubro de 1383, foi un nobre portugués, noveno rei de Portugal. Era fillo do rei Pedro I de Portugal e súa dona, a princesa Constanza de Castela. Fernando sucedeu a seu pai no ano 1367 e morreu o 22 de outubro de 1383. Foi alcumado O Fermoso ou O Belo (pola beleza física que numerosas fontes atestan) e, alternativamente, como O Inconsciente ou O Inconstante (debido á súa desastrosa política exterior que levou a tres guerras coa veciña Castela, e até ao perigo, logo da súa morte, de que o trono puidese recaer en mans estranxeiras).

Guerras fernandinas

As chamadas Guerras fernadinas foron unha serie de disputas polo trono de Castela entre o rei Fernando I de Portugal e o rei Henrique II de Castela e despois polo fillo deste, Xoán I de Castela, tras o asasinato de Pedro o Cruel (ou o Xusticeiro), o último descendente lexítimo da Casa de Borgoña en sentar no trono do Reino de Castela e León, a mans do seu medio irmán Henrique.Pódense dividir en tres fases: entre 1369-1370, 1372-1373 e 1381-1382.

Cada un destes tres períodos de guerra acabaron cun tratado de paz: o tratado de Alcoutim (1371), o tratado de Santarém (1373) e o tratado de Elvas (1382).

Leonor de Trastámara

Leonor de Trastámara, tamén coñecida como Leonor de Trastámara e Borgoña e como Leonor de Castela, nada en 1362 e finada en Pamplona en 1415, foi infanta de Castela e León, e raíña consorte de Navarra desde o 1 de xaneiro de 1387 até a súa morte, o 5 de marzo de 1416.

Tratado de Tui

Co nome de Tratado de Tui coñécense dous tratados:

O Tratado de Tui (1137), acordo celebrado en Tui en 1137 entre Afonso VII de Castela e León e o seu primo, o infante Afonso Henriques, poñendo fin ás súas hostilidades. Supuxo o recoñecemento de Afonso Henriques como rei de Portugal.

O Tratado de Tui (1372), asinado en Tui en abril de 1372 en entre Fernando I de Portugal e Henrique II de Castela, no que se estableceron algunhas modificacións das cláusulas do tratado de Alcoutim, asinado entre ambos os monarcas o ano anterior.

Tratado de Tui (1372)

O tratado de Tui foi un tratado asinado na cidade galega de Tui entre o rei de Portugal Fernando I e o rei de Castela Henrique II en abril de 1372.

Xoán Fernández de Andeiro

Xoán Fernández de Andeiro, nado na Coruña arredor de 1320 e finado en Lisboa o 6 de decembro de 1383, foi un nobre galego que marchou ao Reino de Portugal coa intención de vingar o asasinato de Pedro I o Cruel por Henrique II de Castela. Tivo un papel destacado nos acontecementos políticos portugueses do último cuarto do século XIV e foi coñecido como Conde (de) Andeiro.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.