Tratado de Alcáçovas

O Tratado de Alcáçovas, tamén denominado como Tratado de Alcáçovas-Toledo, foi un acordo asinado entre Afonso V e os Reis Católicos, no desenvolvemento da Guerra de Sucesión de Castela. Foi inicialmente asinado na vila portuguesa de Alcáçovas, no Alentexo, o 4 de setembro de 1479, pondo termo á guerra de sucesión castelá (1479-1480), e posteriormente ratificado na cidade de Toledo o 6 de marzo de 1480.

Alcaçovas1
Tratado das Alcáçovas.

Historia

Portugal, en calidade de principal estado europeo empeñado no recoñecemento de dereitos sobre as illas Atlánticas e a costa africana durante a década de 1470, no entanto viuse enfrontando unha serie de conflitos co reino veciño. Unha vez rematada, na Península Ibérica, unha guerra favorable a Castela, os representantes de ambos os Estados firman un acordo de paz.

Ademais de formalizar a fin das hostilidades (polo que Xoana a Beltranexa, e seu tio e marido Afonso V de Portugal, desistian para sempre das súas pretensións ao trono de Castela), o Tratado contiña outras cláusulas en relación á política de proxección externa de ambos os países, nun momento en que os dous reinos competian polo dominio do Océano Atlántico e as terras ata entón descubertas na costa africana.

Por estas cláusulas, Portugal obtiña o recoñecemento do seu dominio sobre a illa de Madeira, o arquipélago dos Azores, de Cabo Verde e da costa da Guinea, mentres que Castela recibia as illas Canarias. Renuncia a navegar ao sur do cabo Bojador, ou sexa, do paralelo 27 no que se atoparon as propias illas. Regulamentaba tamén as áreas de influencia e de expansión de ambas as coroas polo Reino de Fez, no Norte de África.

O Tratado foi o primeiro de entre os que regulamentaban a posesión de terras non descubertas (como posteriormente o Tratado de Tordesillas e o de Zaragoza). Reflectía os desexos de Portugal, interesado en garantir dereitos sobre a costa da mina e do Golfo da Guinea, e continuar a súa exploración da costa africana, en que por esa vía esperaba a pasaxe para a India.

4 de setembro

O 4 de setembro é o 247º día do ano do calendario gregoriano e o 248º nos anos bisestos. Quedan 118 días para finalizar o ano.

Alcáçovas

Alcáçovas é unha freguesía portuguesa do concello de Viana do Alentejo, con 268,13 km² de superficie e 2.111 habitantes (2011). (Densidade: 7,9 h/km²).

Foi vila e sede de concello entre 1258 e 1836. Estaba constituído apenas pola freguesía da sede e tiña, en 1801, 1 613 habitantes.

A vila foi o lugar onde se asinou, o 4 de setembro de 1479, o tratado de Alcáçovas (ou tratado de Alcáçovas-Toledo) entre Afonso V e os Reis Católicos, que puxo fin á Guerra de Sucesión de Castela. O duplo nome do tratado débese a que foi inicialmente asinado na vila portuguesa por Afonso V de Portugal, e posteriormente ratificado na cidade de Toledo o 6 de marzo de 1480 polos Reis Católicos.

Ceuta

Ceuta é unha cidade autónoma española, enclave situado na costa norte de África rodeada por Marrocos. Separada da península Ibérica polo estreito de Xibraltar, Ceuta é o límite entre o mar Mediterráneo e o océano Atlántico.

Marrocos reivindicou a súa anexión como parte do seu territorio pola súa proximidade xeográfica, xunto con Melilla e outros territorios españois de menor entidade no norte de África. O Goberno de España nunca estableceu negociacións de ningún tipo, xa que é parte do reino ibérico dende o século XVII.

Ceuta, como tamén Melilla, foi un porto libre antes de que España entrara na Unión Europea. En 2008 tiña unha poboación de 75.276 habitantes, formada por cristiáns, musulmáns e pequenas minorías de xudeus.

Foi considerada como parte da provincia de Cádiz ata o 14 de marzo de 1995, cando a cidade aprobou o seu Estatuto de Autonomía e quedou constituída como cidade autónoma. Desde 2004 está en proceso un novo estatuto para converter a cidade en comunidade autónoma.

Década de 1460

A década de 1460 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1460 e remata o 31 de decembro de 1469.

Década de 1470

A década de 1470 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1470 e remata o 31 de decembro de 1479.

Década de 1480

A década de 1480 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1480 e remata o 31 de decembro de 1489.

Fernando II de Aragón e V de Castela

Fernando "o Católico", V de Castela, II de Aragón, Valencia e Barcelona, III de Sicilia e I de Navarra, nado en Sos del Rey Católico (Zaragoza) o 10 de maio de 1452 e finado en Madrigalejo (Cáceres) o 22 de xaneiro de 1516, foi rei de Aragón, Valencia, Mallorca, Sicilia (1468-1516), Castela (1474-1504), Sardeña (1479-1516), de Nápoles (1503-1516) e Navarra (1512-1515); rexente de Castela (1507-1516); Príncipe de Xirona e Duque de Montblanc (1472-1478); Conde de Barcelona e de Ribagorza (1458-1469).

Guerra de Sucesión castelá

Chámase guerra de Sucesión castelá ao conflito bélico que se produciu de 1475 a 1479 pola sucesión da coroa de Castela entre os partidarios de Xoana de Trastámara, filla do defunto monarca Henrique IV de Castela, e os de Isabel, medio irmán deste último.

A guerra tivo un marcado carácter internacional porque Isabel estaba casada con Fernando, herdeiro da coroa de Aragón, mentres que Xoana casou co rei Afonso V de Portugal. Francia tamén interveu, apoiando a Portugal para evitar que Aragón, o seu rival en Italia, se unise á poderosa Castela.

A pesar dalgúns éxitos iniciais para os partidarios de Xoana, a escasa agresividade militar de Afonso V e a derrota portuguesa na batalla de Toro levaron á desintegración do bando xoanista entre 1476 e 1477. A partir de entón o conflito consistiu esencialmente nunha guerra entre Castela e Portugal, cobrando grande importancia a guerra naval no océano Atlántico, onde as frotas portuguesas impuxéronse ás castelás na loita polo acceso ás riquezas de Guinea.

A guerra concluíu en 1479 coa firma do Tratado de Alcáçovas, que recoñecía a Isabel e Fernando como reis de Castela e outorgaba a Portugal a hexemonía no Atlántico, coa excepción das illas Canarias. Xoana perdeu o seu dereito ao trono e tivo que permanecer en Portugal ata a súa morte.

Este conflito foi chamado tamén guerra civil castelá, pero este nome induce a confusión con outras guerras civís que afectaron a Castela nos séculos XIV e XV. Algúns autores falan de guerra de Portugal pero este nome é parcial (claramente denota un punto de vista castelán) e fai esquecer que o bando xoanista tamén podía considerarse castelán lexitimamente. Outras veces utilizouse o termo guerra peninsular, a non confundir co nome inglés da guerra da Independencia española (1808-1814). Para rematar, algúns autores prefiren a expresión neutra de guerra de 1475-1479.

Historia de Galicia

A historia de Galiza comeza co nacemento da propia Galiza, que é fixado tradicionalmente arredor do 19 a. C., cando o Imperio Romano logra anexionar definitivamente os pobos galaicos —kallaikoi segundo o autor grego Estrabón— unificándoos por vez primeira na historia e denominando ó seu territorio como Gallaecia —terra dos callaeci—, e que acabaría derivando nos actuais nomes Galicia ou Galiza, motivo polo que é considerada como unha das entidades político-administrativas máis antigas de toda Europa.

O feito de que no ano 298 d. C. o emperador Diocleciano decidise elevala ao rango de provincia consular —ampliando así tamén o seu territorio— supuxo un acrecentamento da súa cohesión política, pois desta maneira pasaba a estar baixo o goberno dun cónsul romano. A súa definitiva consolidación estatal chegaría no ano 409 d. C., cando o rei suevo Hermerico funda nela o primeiro reino de Galiza, afianzando a existencia de Galiza ata os nosos días.

A ocupación humana do territorio correspondente á actual Galiza, non obstante, é moito máis antiga cá chegada de Roma, existindo testemuños arqueolóxicos que certifican o seu poboamento desde o Paleolítico inferior. Estas poboacións recibiron diversas achegas culturais durante milenios, formando parte xa na Idade de Bronce da área cultural atlántica que se deu entre as terras máis occidentais de Europa. A finais da Idade de Ferro estas poboacións autóctonas formaban unha unidade cultural, que os romanos denominaron como galaicos e que supoñen o principal substrato da poboación actual en Galicia.

Do mesmo xeito, durante os séculos seguintes Galiza recibiu sucesivos asentamentos de xente, entre os que destacan romanos, suevos e bretóns, que non só se integraron na poboación autóctona senón que tamén influíron decisivamente na súa vida, como foi o caso da cultura romana que propiciou a formación dunha nova lingua autóctona, o galego. Ata o ano 1833 mantívose coma un reino, no ano 1933 recibe o recoñecemento internacional da súa realidade nacional e desde 1981 organízase xurídica e administrativamente como unha comunidade autónoma dentro do Estado español.

Imperio Español

Denomínase Imperio español ou Monarquía universal española (comunmente simplificado como Monarquía hispánica, Monarquía de España ou Monarquía española) ó conxunto de territorios de España -ou das dinastías reinantes en España- en África, Asia, América, Europa e Oceanía o longo da historia. Tras o descubrimento de América en 1492, España colonizou grandes extensións de territorio en América, desde o actual suroeste dos Estados Unidos, México, e o Caribe, ata Centroamérica e a maior parte de Suramérica. Estes territorios agrupáronse inicialmente en dous vicerreinados, o da Nova España e o do Perú. Co descubrimento e asentamento de varios arquipélagos do Pacífico a finais do século xvi, incorporáronse ao imperio as Indias Orientais Españolas formadas por Filipinas, Guam e as Illas Marianas, así como as Carolinas e Palau baixo a xurisdición da Nova España.

Alcanzou os 20 millóns de quilómetros cadrados a finais do século xviii, aínda que a súa máxima expansión produciuse entre os anos 1580 e 1640, durante os reinados de Filipe II, III e IV. Durante os séculos xvi e xvii creou unha estrutura propia, aínda así non se chamou imperio colonial ata o ano 1768, sendo no século xix cando adquire estrutura puramente colonial.

Non existe unha postura unánime entre os historiadores sobre os territorios concretos de España porque, en ocasións, resulta difícil delimitar se determinado lugar era parte de España ou formaba parte das posesións do rei de España, ou se o territorio era unha posesión efectiva ou xurídica, en épocas que abarcan séculos, incorporados de forma distinta, herdados ou conquistados, e nas que non estaban igualmente definidas a diferenza entre as posesións do rei e as da nación, como tampouco o estaba a facenda ou a herdanza nin o dereito internacional. Así, tradicionalmente considéranse os Países Baixos como parte do mesmo (tese maioritaria en España e os Países Baixos entre outros); pero existen autores como Henry Kamen que proclaman que eses territorios nunca se integraron no Imperio español, senón nas posesións persoais dos Austrias. Malia todo, o que a Monarquía Hispánica fora unha monarquía autoritaria, case absolutista, fai que a tese máis lóxica sexa a de que todas as posesións do rei eran posesións da nación. De feito non se pode falar dunha separación do escudo nacional e o escudo real ata ben entrado o século xix, o cal pon de manifesto que o rei de España era practicamente o mesmo que o estado, atendendo ás delimitacións do réxime polisinodial polo que se rexía o Imperio español.

O Imperio Español foi o primeiro imperio global, porque por primeira vez un imperio abranguía posesións en todos os continentes, as cales, a diferenza do que ocorría no Imperio Romano ou no Carolinxio, non se comunicaban por terra unhas coas outras.

Os españois comezaran as súas exploracións polo occidente, co descubrimento das Indias Occidentais por Cristovo Colón, en 1492 e iniciaran inmediatamente a colonización forzada do continente americano. A mediados do século xvi, España controlaba case toda a zona costeira das Américas, desde Alasca á Patagonia, no occidente, e desde o actual estado estadounidense de Xeorxia, toda a América Central e o Caribe ata a Arxentina, con excepción do Brasil, que Portugal conseguira manter grazas á mediación do Papa (ver Tratado de Tordesillas).

Príncipe de Asturias

Príncipe de Asturias é o principal dos títulos que ostenta o herdeiro da Coroa Española. Na actualidade é Leonor de Borbón. Regulados polo Real Decreto dende 1977 os títulos históricos dos herdeiros ao trono nos diferentes reinos hispanos son:

Príncipe de Asturias, como herdeiro do Reino de Castela e León con orixe en 1388;

Príncipe de Xirona, como herdeiro do Reino de Aragón con orixe en 1351;

Príncipe de Viana, como herdeiro do Reino de Navarra con orixe en 1423;

Duque de Montblanc, como herdeiro do Principado de Cataluña con orixe en 1387;

Conde de Cervera, como herdeiro do Reino de Valencia con orixe en 1351;

Señor de Balaguer, como herdeiro do Reino de Mallorca con orixe en 1413.Ademais por medio da fundación homónima, cuxa presidencia ostenta, entréganse anualmente os prestixiosos Premios Príncipe de Asturias nun solemne acto en Oviedo, capital do Principado de Asturias.

Reis Católicos

Os Reis Católicos foi a denominación que recibiron os reis Fernando II de Aragón e Isabel I de Castela, soberanos da Coroa de Castela (1474-1504) e da Coroa de Aragón (1479-1516).

Os Reis accederon ao trono de Castela trala Guerra de Sucesión Castelá (1475-1479) contra os partidarios da princesa Xoana a Beltranexa, filla do rei Henrique IV de Castela. En 1479 Fernando herdou o trono de Aragón ao morrer o seu pai, o rei Xoán II de Aragón. Isabel e Fernando reinaron xuntos ata a morte dela en 1504. Entón Fernando quedou unicamente como rei de Aragón, pasando Castela á súa filla Xoana, alcumada "a Tola", e ao seu marido Filipe de Austria, alcumado "o Fermoso", Arquiduque de Austria, duque de Borgoña e conde de Flandres. Con todo Fernando non renunciou a controlar Castela e, tras morrer Felipe en 1506 e ser declarada Xoana incapaz, conseguiu ser nomeado rexente do reino ata a súa morte en 1516.

A historiografía española considera o reinado dos Reis Católicos como a transición da Idade Media á Idade Moderna. Co seu enlace matrimonial uníronse provisionalmente, na dinastía dos Trastámara, dúas coroas: a Coroa de Castela e a Coroa de Aragón dando nacemento ao Imperio Español e, apoiados polas cidades e a pequena nobreza, estableceron unha monarquía forte fronte ás apetencias de poder de eclesiásticos e nobres. Coa conquista do Reino de Granada, do Reino de Navarra, de Canarias, de Melilla e doutras prazas africanas conseguiron a unión territorial baixo unha soa coroa da totalidade dos territorios que hoxe forman España –exceptuando Ceuta e Olivenza que entón pertencían a Portugal–, que se caracterizou por ser persoal, xa que se mantiveron as soberanías, normas e institucións propias de cada reino e coroa.

Os Reis estableceron unha política exterior común marcada por enlácelos matrimoniais con varias familias reais de Europa que resultaron na hexemonía dos Habsburgo durante os séculos XVI e XVII.

Por outra banda, o descubrimento de América, en 1492, modificou profundamente a historia mundial.

Tratado de Tordesillas

Coñécese como Tratado de Tordesillas ó asinado en Tordesillas, Castela na actual provincia de Valladolid, o 7 de xuño de 1494 e que define a división do Novo Mundo entre España e Portugal.

O tratado establece unha división entre só os dous estados signatarios, tendo como liña divisoria o meridiano localizado a 370 leguas (1770 km) ao oeste das illas de Cabo Verde - meridiano que se situaría hoxe a 46° 37' oeste.

Foi ratificado pola España en Arévalo o 2 de xullo e por Portugal en Setúbal o 5 de setembro do mesmo ano. Os orixinais do tratado atópanse no Arquivo Nacional da Torre do Tombo (Lisboa) e no Arquivo Xeral de Indias (Sevilla).

Tratado de Zaragoza

O Tratado de Zaragoza foi un tratado de paz firmado o 22 de abril de 1529 entre España e Portugal, onde reinaban Carlos I e Xoán III, respectivamente. O tratado delimitou de forma exacta as zonas de influencia portuguesa e española en Asia.

Xoana a Beltranexa

A infanta Xoana de Castela, nada en Madrid o 28 de febreiro de 1462 e finada en Lisboa en 1530, foi unha infanta castelá, raíña proclamada de Castela e de León e raíña consorte de Portugal. Destituída do seu rango, tivo que renunciar por tratado a todos os seus títulos e señoríos, ata á súa calidade de infanta castelá e de alteza, tralo cal foi chamada oficialmente, por real decreto portugués, «a Excelente Senhora» ata o final da súa longa vida no exilio de Portugal. Foi a única filla e herdeira de Henrique IV e da súa segunda esposa a raíña Xoana de Portugal, filla de Duarte I de Portugal. Unha parte da nobreza castelá non a aceptou como filla biolóxica do rei, seu pai, a quen acusou de obrigar á raíña –a súa muller– a ter un fillo co seu favorito, Beltrán de la Cueva, primeiro duque de Alburquerque, malia que ambos xuraran solemnemente que non fora así. Beltrán non se atopaba en lugar necesario para iso nas datas concretas. Había sospeitas sobre a impotencia de Henrique IV, xa que previamente estivera casado coa infanta Branca de Navarra e o matrimonio declarouse nulo porque nunca chegou a consumarse. Ademais, Henrique IV non tivo máis fillos nin coa súa muller nin con ningunha dos seus amantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.