Trasmiras

Trasmiras é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1.456 habitantes (1.828 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é trasmirao [5].

Coordenadas: 42°1′22″N 07°37′00″O / 42.02278, -7.61667

Trasmiras
Escudo de Trasmiras
Casa do Concello Trasmiras
Casa do concello.
Situacion Trasmiras
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca da Limia
Poboación1.288 hab. (2018)
Área56,7 km²
Densidade22,72 hab./km²
Entidades de poboación9 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeEmilio Pazos Ojea (PPdeG[3])
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 1
Eleccións municipais en Trasmiras
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes86,59%
Na rede
-

Demografía

Censo total 1.456 (2014)
Menores de 15 anos 84 (5,77 %)
Entre 15 e 64 anos 751 (51,58 %)
Maiores de 65 anos 621 (42,65 %)
Evolución da poboación de Trasmiras   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
2.679 3.169 3.638 3.893 1.786 1.656 1.560 1.534 1.500 1.456 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello, de 56,7 km², abrangue 9 parroquias. O noroeste do concello está regado pola bacía do río Limia. Outras cuncas importantes son as do río Trasmiras e o Faramontaos. A Veiga de Limia é un espazo natural de 1.400 hectáreas, que se estende por este concello e o veciño de Xinzo de Limia. É unha zona húmida que quedou illada trala desecamento da lagoa de Antela.

O concello está atravesado pola estrada N-525 e pola autovía A-52.

Historia

A zona estivo poboada pola tribo dos límicos. Trala romanización de Galicia quedou baixo influencia do Forum Limucorum. Na idade media quedou baixo influencia do condado de Lemos.

Patrimonio

Destacan varias igrexas de estilo románico: a de Santa María de Zos consérvase completamente neste estilo, cunha fachada con tres arquivoltas. As de San Xoán de Trasmiras e San Salvador de Vilar de Lebres sufriron reformas posteriores. A de San Martiño de Abavides tamén foi modificada, e o seu retablo foi restaurado. A carón da igrexa hai un cruceiro.

En Santa Mariña de Escornabois hai un peto de ánimas que forma conxunto cun cruceiro.

En Vila de Rei hai unha ermida sobre un outeiro.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Trasmiras.
Casa da Cultura Trasmiras

Casa da Cultura de Trasmiras

Igrexa de Santa María de Zos. Trasmiras, Galiza

Igrexa de Santa María de Zos

Igrexa parroquial Trasmiras

Igrexa parroquial de San Xoán de Trasmiras

Lugares de Trasmiras

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Trasmiras vexa: Lugares de Trasmiras.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 11 de xuño de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Trasmiras". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 60. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Abavides, Trasmiras

San Martiño de Abavides é unha parroquia do concello ourensán de Trasmiras na comarca da Limia. Segundo o IGE, en 2016 tiña 156 habitantes (73 homes e 83 mulleres). Atópase a 640 m sobre o nivel do mar. Atópase á altura do quilómetro 192 da estrada N-525.

Chamosiños, Trasmiras

Chamosiños é unha parroquia do concello de Trasmiras na provincia de Ourense. Segundo o padrón municipal e 2014 tiña 81 habitantes (42 homes e 39 mulleres).

Comarca da Limia

A comarca da Limia é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Xinzo de Limia. A cal pertencen os concellos de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia.

A Limia é unha das comarcas naturais máis nítidas de Galicia. Está situada no centro da provincia de Ourense ocupando en gran parte unha ampla depresión tectónica de fondo plano, na cal estivo a lagoa de Antela, desecada a partir do ano 1958. Ten unha altitude media duns 600 metros, cunha topografía de chaira rodeada polo sur pola serra do Larouco.

Os concellos que se inscriben nesta depresión son: Xinzo de Limia, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Vilar de Santos, Trasmiras e un pequeno sector de Os Blancos, xa fóra da depresión, o mesmo cós concellos de Calvos de Randín e Baltar, xa na serra do Larouco. No nordeste, o concello de Vilar de Barrio, xa comeza a situarse na depresión de Maceda, así como nas serras centrais ourensás.

A comarca ocupa unha extensión de 801,9 km² e tiña unha poboación de 21.964 habitantes no 2014 (IGE), cunha densidade de poboación de 27.39 habitantes por quilómetro cadrado. Arredor do 40% desta poboación concéntrase no concello de Xinzo de Limia. Esta comarca está a experimentar un forte proceso de despoboamento, sobre todo nos concellos situados nas zonas montañosas como o de Baltar e o de Calvos de Randín.

O cultivo de cereais e a pataca, produto con denominación de orixe, predominan na maior parte das terras de labradío. A maior superficie dedicada ó cultivo da pataca por produtores a título principal dáse, con moita diferenza, nos concellos de Xinzo de Limia e no de Sandiás.

A Limia é a comarca agrícola extensiva máis importante de Galicia, con 350 familias vivindo exclusivamente da agricultura e outras 500 dedicadas a ela como unha segunda actividade. No relativo ós cultivos, colléitanse unhas 16.000 Has de cereais, cun 55% de trigo; seméntanse unhas 4000 Has de pataca, a maior parte para consumo en fresco, sostendo a única indicación de pataca protexida de Europa. Estes cultivos manteñen un sector de servizos directos (fertilizantes, sementes, fitosanitarios, cereais, talleres) moi desenvolto.

Nos diferentes concellos atopámonos cun maior ou menor aproveitamento gandeiro, avícola e cunícola, destacando os complexos da cooperativa Coren nos concellos de Sarreaus e Porqueira. Esta comarca conta con 350 explotacións de bovino, 319 de ovino-caprino, 91 de aves, 71 de porcino e 9 de coellos. Esta capacidade produtiva dá lugar a un sector de transformación e comercialización agrogandeira que xera máis de 150 empregos directos.

A actividade industrial máis destacada está relacionada co sector da construción, (serradoiros de madeira, canteiras, areeiras etc.).

A vila de Xinzo de Limia actúa como centro comercial de toda a comarca, concentrando asemade a maioría das actividades industriais e de servizos.

Eirexa

O topónimo galego Eirexa pode referirse a:

Eirexa, lugar da parroquia de Virís, no concello de Begonte;

Eirexa, lugar da parroquia de Santiago de Gaioso, no concello de Outeiro de Rei;

A Eirexa, lugar da parroquia de Ribas Pequenas, no concello de Bóveda;

A Eirexa, lugar da parroquia de Rubián, no concello de Bóveda;

A Eirexa, lugar da parroquia de Madarnás, no concello do Carballiño;

A Eirexa, lugar da parroquia de Ponte Veiga, no concello do Carballiño;

A Eirexa, lugar da parroquia de Quembre, no concello de Carral;

A Eirexa, lugar da parroquia de Tabeaio, no concello de Carral;

A Eirexa, lugar da parroquia de Alais, no concello de Castro Caldelas;

A Eirexa, lugar da parroquia de Mazaira, no concello de Castro Caldelas;

A Eirexa, lugar da parroquia de Ribela, no concello de Coles;

A Eirexa, lugar da parroquia de Laxosa, no concello do Corgo;

A Eirexa, lugar da parroquia de Rabiño, no concello de Cortegada;

A Eirexa, lugar da parroquia do Sisto, no concello de Dozón;

A Eirexa, lugar da parroquia de San Cosmede de Cusanca, no concello do Irixo;

A Eirexa, lugar da parroquia de Camboño, no concello de Lousame;

A Eirexa, lugar da parroquia de Tállara, no concello de Lousame;

A Eirexa, lugar da parroquia de Maceda, no concello de Maceda;

A Eirexa, lugar da parroquia de Tioira, no concello de Maceda;

A Eirexa, lugar da parroquia de Garabás, no concello de Maside;

A Eirexa, lugar da parroquia da Mezquita, no concello da Merca;

A Eirexa, lugar da parroquia de Quins, no concello de Melón;

A Eirexa, lugar da parroquia de Caneda, no concello de Monforte de Lemos;

A Eirexa, lugar da parroquia de Ribas Altas, no concello de Monforte de Lemos;

A Eirexa, lugar da parroquia de Sindrán, no concello de Monforte de Lemos;

A Eirexa, lugar da parroquia de Galegos, no concello de Navia de Suarna;

A Eirexa, lugar da parroquia de Loña do Monte, no concello de Nogueira de Ramuín;

A Eirexa, lugar da parroquia de Beiro, no concello de Ourense;

A Eirexa, lugar da parroquia de Canedo, no concello de Ourense;

A Eirexa, lugar da parroquia de Reza, no concello de Ourense;

A Eirexa, lugar da parroquia de Untes, no concello de Ourense;

A Eirexa, lugar da parroquia de Vilariño, no concello do Pereiro de Aguiar;

A Eirexa, lugar da parroquia de Navea, no concello da Pobra de Trives;

A Eirexa, lugar da parroquia de Pinel, no concello da Pobra do Brollón;

A Eirexa, lugar da parroquia de Vilachá, no concello da Pobra do Brollón;

A Eirexa, lugar da parroquia de Ourantes, no concello de Punxín;

A Eirexa, lugar da parroquia de Ove, no concello de Ribadeo;

A Eirexa, lugar da parroquia de Piñeira, no concello de Ribadeo;

A Eirexa, lugar da parroquia de Vilaselán, no concello de Ribadeo;

A Eirexa, lugar da parroquia de Trasestrada, no concello de Riós;

A Eirexa, lugar da parroquia da Órrea, no concello de Riotorto;

A Eirexa, lugar da parroquia de Rodeiro, no concello de Rodeiro;

A Eirexa, lugar da parroquia de Leroño, no concello de Rois;

A Eirexa, lugar da parroquia de Oín, no concello de Rois;

A Eirexa, lugar da parroquia de Seira, no concello de Rois;

A Eirexa, lugar da parroquia de Rante, no concello de San Cibrao das Viñas;

A Eirexa, lugar da parroquia de Santa Cruz da Rabeda, no concello de San Cibrao das Viñas;

A Eirexa, lugar da parroquia de Soutopenedo, no concello de San Cibrao das Viñas;

A Eirexa, lugar da parroquia de Torán, no concello de Taboadela;

A Eirexa, lugar da parroquia de Sistín, no concello da Teixeira;

A Eirexa, lugar da parroquia de Puga, no concello de Toén;

A Eirexa, lugar da parroquia de Lobaces, no concello de Trasmiras;

A Eirexa, lugar da parroquia de Trasmiras, no concello de Trasmiras;

A Eirexa, lugar da parroquia de Castromao, no concello da Veiga;

A Eirexa, lugar da parroquia de Castromarigo, no concello da Veiga;

A Eirexa, lugar da parroquia de Valdín, no concello da Veiga;

A Eirexa, lugar da parroquia de Vilamarín, no concello de Vilamarín;

A Eirexa, lugar da parroquia de Arnuíde, no concello de Vilar de Barrio;

A Eirexa, lugar da parroquia de Grandal, no concello de Vilarmaior;

A Eirexa, lugar da parroquia de Tamallancos, no concello de Vilamarín;

A Eirexa, lugar da parroquia de Mormentelos, no concello de Vilariño de Conso;

A Eirexa, lugar da parroquia de Torres, no concello de Vilarmaior;

A Eirexa, lugar da parroquia de Niñodaguia, no concello de Xunqueira de Espadanedo;

A Eirexa Vella, lugar da parroquia de Longos, no concello de San Cristovo de Cea;

Rabal da Eirexa lugar da parroquia de Rabal, no concello de Celanova.

Eleccións municipais en Trasmiras

Corporacións democráticas en Trasmiras desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Manuel Alonso Casas — UCD

1983 Alcalde: Manuel Alonso Casas — CG

1987 Alcalde: Jaime Garrido Sotelo — PSdeG-PSOE

1991 Alcalde: Jaime Garrido Sotelo — PSdeG-PSOE

1995 Alcalde: Jaime Garrido Sotelo — PSdeG-PSOE

1999 Alcalde: Jaime Garrido Sotelo — PSdeG-PSOE

2003 Alcalde: Adolfo Sueiro Suárez — PPdeG. Finado en 2006Modelo:Trasmiras 2003

2007 Alcalde: Emilio Pazos Ojea — PPdeGModelo:Trasmiras 2007

2011 Alcalde: Emilio Pazos Ojea — PPdeG

2015 Alcalde: Emilio Pazos Ojea — PPCandidatos: Emilio Pazos Ojea (PP) e Manuel Rodríguez Ayuso (PSdeG-PSOE).

Emilio Pazos Ojea

Emilio Xosé Pazos Ojea, nado en Trasmiras en 1975, é un político galego do PPdeG.

Escornabois, Trasmiras

Santa María de Escornabois é unha parroquia do concello ourensán de Trasmiras. Segundo o padrón municipal en 2014 tiña 271 habitantes (133 homes e 138 mulleres).

Galería de imaxes de Trasmiras

Galería de imaxes do concello de Trasmiras na provincia de Ourense.

Isaac Alonso Estraviz

Isaac Alonso Estraviz, nado en Vilaseca (Trasmiras) o 26 de xaneiro de 1935, é un lexicógrafo galego.

Lobaces, Trasmiras

Lobaces é unha parroquia do concello de Trasmiras na provincia de Ourense. Segundo o padrón municipal en 2014 tiña 92 habitantes (45 homes e 47 mulleres).

Lugares de Trasmiras

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Trasmiras

Luís Álvarez Pousa

Luís Álvarez Pousa, nado en Vila de Rei (Trasmiras) o 8 de marzo de 1948, é un profesor galego titular de Xornalismo, especializado na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago.

N-525

A N-525 é unha estrada nacional que comeza en Benavente e remata en Santiago de Compostela, atravesando no seu percorrido poboacións como Pobra de Seabra, Verín, Xinzo de Limia, Ourense e Lalín entre outras.

Trasmiras, Acevedo do Río, Celanova

Trasmiras é un lugar da parroquia de Acevedo do Río no concello ourensán de Celanova na comarca da Terra de Celanova. Tiña 38 habitantes no ano 2010 segundo datos do Instituto Galego de Estatística, dos cales 15 eran homes e 23 mulleres.

Trasmiras, Trasmiras

San Xoán de Trasmiras é unha parroquia do concello de Trasmiras na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2013 tiña 370 habitantes (181 mulleres e 189 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 433 habitantes.

Vila de Rei, Trasmiras

Vila de Rei é unha parroquia do concello de Trasmiras na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2013 tiña 170 habitantes (86 homes e 84 mulleres), o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 236 habitantes.

A parroquia está atravesada pola estrada N-525 e pola Vía da Prata do Camiño de Santiago.

Vilar de Lebres, Trasmiras

Vilar de Lebres é unha parroquia do concello de Trasmiras na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2013 tiña 87 habitantes (42 mulleres e 45 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 123 habitantes.

Vilaseca, Trasmiras

Vilaseca é unha parroquia do concello de Trasmiras na provincia de Ourense. Segundo o padrón municipal en 2014 tiña 178 habitantes (89 homes e 89 mulleres), nunha soa entidade de poboación.

Zos, Trasmiras

Santa María de Zos é unha parroquia do concello ourensán de Trasmiras. Segundo o IGE en 2013 tiña 67 habitantes (39 mulleres e 28 homes), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 102 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.