Trasalba, Amoeiro

San Pedro de Trasalba é unha parroquia do concello de Amoeiro, na comarca de Ourense, provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 312 habitantes (158 homes e 154 mulleres), 16 menos ca en 1999.

Trasalba
Iglesia de San Pedro de Trasalba 2
Igrexa de San Pedro de Trasalba.
ConcelloAmoeiro
Poboación312 hab. (2014)
Entidades de poboación7

Patrimonio

No Chan da Ferradura localízanse unha serie de petróglifos.

Nesta parroquia está a casa museo de Ramón Otero Pedrayo, onde se entrega anualmente o premio Trasalba.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Trasalba, Amoeiro.
Pazo Museo Otero Pedrayo

Casa museo Otero Pedrayo.

Iglesia de San Pedro de Trasalba, Amoeiro

Igrexa de San Pedro de Trasalba.

Capela de Formigueiro 2 - Amoeiro

Capela do Formigueiro con relevo prerromano.

Lugares e parroquias

Parroquias de Amoeiro

Véxase tamén

Outros artigos

A Bergueira, Trasalba, Amoeiro

A Bergueira é un lugar da parroquia de Trasalba no concello ourensán de Amoeiro na comarca de Ourense. Tiña 96 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 53 eran homes e 43 mulleres. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010, cando tiña 94 habitantes (52 homes e 42 mulleres).

Albeiros, Trasalba, Amoeiro

Albeiros é un lugar da parroquia de Trasalba no concello ourensán de Amoeiro na comarca de Ourense. Tiña 61 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 32 eran homes e 29 mulleres. Iso supón un aumento da poboación respecto a 2010, cando tiña 60 habitantes (32 homes e 28 mulleres).

Casa museo

Unha casa museo é un museo adicado á vida e obra dunha personalidade, situado na casa onde naceu, morreu ou pasou parte da súa vida.

Enrique Otero Sotelo

Enrique Otero Sotelo, nado en Trasalba (Amoeiro) o 13 de xullo de 1849 e finado en Ourense o 28 de maio de 1904, foi un médico e político galego.

Fundación Otero Pedrayo

A Fundación Otero Pedrayo é unha fundación cultural de carácter privado que ten como obxectivo o mantemento e promoción da memoria colectiva sobre o escritor e intelectual ourensan, Ramón Otero Pedrayo, chamado "Patriarca das Letras Galegas", a través das actividades lembradoiras propias dunha fundación destas características, e da custodia da súa Casa-Museo no lugar de Cimadevila, na parroquia de Trasalba, no concello de Amoeiro (Ourense).

Galería de imaxes da igrexa de San Pedro de Trasalba

Igrexa de San Pedro de Trasalba, Amoeiro.

Galería de imaxes de Ramón Otero Pedrayo

Ramón Otero Pedrayo, nado en Ourense o 5 de marzo de 1888 e falecido na mesma cidade o 10 de abril de 1976, foi un escritor e intelectual galego, membro da Xeración Nós.

Galería de imaxes de capiteis románicos de Galicia

Chapiteis románicos de Galicia

John Rutherford

John David Rutherford, nado en St Albans (Hertfordshire, Inglaterra) o 1 de xuño de 1941, é un galicianista e hispanista inglés, profesor de lingua e literatura española e lingua e literatura galega, tradutor ao inglés destas linguas, novelista e académico, destacado por ter promovido o coñecemento da cultura galega, especialmente da súa literatura.

Xubilado no 2008, é Profesor Emérito (Emeritus Fellow) de lingua e literatura españolas no Queen's College da Universidade de Oxford.

Ten fonda relación con Ribadeo, de onde dixo 'eu entrei na vida de verdade en Ribadeo'.

Monte Asnal, Trasalba, Amoeiro

Monte Asnal é un lugar da parroquia de Trasalba no concello ourensán de Amoeiro na comarca de Ourense. Tiña 13 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 7 eran homes e 6 mulleres. Iso supón un mantemento da poboación respecto a 2010, cando tiña 13 habitantes (8 homes e 5 mulleres).

Monte de San Trocado

O monte do San Trocado, Santrocado ou San Torcuato, situado na provincia de Ourense lindando coa comarca do Ribeiro, é un monte de pequena altitude que se atopa na beira dereita do Miño central, á altura de Laias (concello de Cenlle), onde, ós pés do monte, xorden uns mananciais de augas medicinais, xusto no lugar no que hoxe se atopa o moderno balneario de Laias.

Desde a súa altitude (550 metros) pódese observar unha gran porción da comarca, destacando as vistas da Serra da Martiñá cara ó norte, e do Coto de Novelle cara ó sur.

Administrativamente, pertence ós concellos de San Amaro, Cenlle e Punxín e, na división eclesiástica, teñen parte no monte catro parroquias: Santa Uxía de Eiras, San Cibrao de Las, San Xoan de Ourantes e Santa Baia de Laias.

O Formigueiro, Trasalba, Amoeiro

O Formigueiro é un lugar da parroquia de Trasalba no concello ourensán de Amoeiro na comarca de Ourense. Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña quince habitantes (oito homes e sete mulleres), un menos ca en 2010 (sete homes e nove mulleres).

Pradobó, Palmés, Ourense

Pradobó é un lugar da parroquia de Palmés, do concello de Ourense. Segundo o IGE en 2008 tiña 33 habitantes (18 homes e 15 mulleres).

Está situado ao oeste da freguesía, a carón da veciña parroquia de Trasalba (Amoeiro). Está situado a uns 12 km da cidade de Ourense, coa que se comunica a través das liñas 13A ou 13B dos autobuses urbanos.

Premio Trasalba

O Premio Trasalba é un galardón anual e de carácter honorífico, que recompensa o labor cultural e galeguista de distintos persoeiros vivos (ou recentisimamente falecidos). Promovido pola Fundación Otero Pedrayo, entrégase ininterrompidamente dende 1983 na casa-museo do escritor Ramón Otero Pedrayo en Trasalba (Amoeiro).

Soutomanco, Trasalba, Amoeiro

Soutomanco é un lugar da parroquia de Trasalba no concello ourensán de Amoeiro na comarca de Ourense. Segundo o INE e o IGE en 2011 Tiña sete habitantes (catro homes e tres mulleres), a mesma cantidade ca no ano anterior.

Trasalba, Ourense

San Pedro de Trasalba é unha parroquia que se localiza ao noroeste do concello de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 21 habitantes (9 homes e 12 mulleres).

As festas celébranse na honra de San Roque a terceira fin de semana de agosto.

Trasalba, Trasalba, Amoeiro

Trasalba é un lugar da parroquia de Trasalba no concello ourensán de Amoeiro na comarca de Ourense. Tiña 133 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 66 eran homes e 67 mulleres. Iso supón un aumento da poboación respecto a 2010, cando tiña 124 habitantes (61 homes e 63 mulleres).

Tritón marmorado

O tritón marmorado ou tritón verde (Triturus marmoratus) é unha especie de anfibio caudado pertencente á familia dos salamándridos.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.