Traiñeira

A traiñeira[1][2] é, orixinalmente, unha embarcación propia da costa cantábrica, impulsada a remo e ás veces a vela. Antigamente estaba adicada á pesca, mais na actualidade é empregada para deporte de regatas.

Trainera ena badía de Sanander
Traiñeira de pescadores na baía de Santander (Cantabria) a principios do século XX.
Traineras ena badía de Sanander
Panorámica dunha traiñeira de competición durante unha regata na baía de Santander (Cantabria), a principios do século XX.

Etimoloxía

O seu nome sempre foi moi discutido e mesmo se lle chama con frecuencia traíña, mais esta denominación non é correcta, xa que traíña (como traiñón) se refire ao nome da arte de pesca e non ao da embarcación.[3] O seu nome polo tanto parece derivar da palabra "traína", denominación dunha rede de malla moi tupida empregada para as capturas, principalmente, de anchoa e sardiña.

Características

Trainiere Croquis
Ilustración dunha traiñeira.

A traiñeira é a embarcación raíña do banco fixo e a meirande das tres empregadas na práctica deportiva (batel[4][5] e traiñeiriña son as outras dúas), tanto polas súas dimensións como polo número de remeiros, xa que a tripulación está composta por 12 remeiros que se distribúen por parellas (seis filas), un "palotero" que vai na proa da embarcación (tanto os remeiros como o "palotero" vogan de costas), e un patrón situado na popa xeralmente de pé mirando a proa e manexando a embarcación co timón, o que fai un total de 14 tripulantes. O seu peso mínimo é de 200 Kg e as súas dimensións son as seguintes:

  • Eslora total: 12 m
  • Puntal mínimo a proa: 95 cm
  • Puntal mínimo a popa: 75 cm
  • Puntal mínimo en caderna mestra: 60 cm
  • Manga mínima inferior en caderna mestra: 1.72 m
  • Manga da caderna mestra a 0.23 da cara superior quilla: 1.17m

O material empregado durante anos era a madeira na súa totalidade, de cedro e faia. Actualmente, empréganse a fibra de carbono e o kevlar para realizar embarcacións con técnicas de aeronáutica, semellantes ás aplicadas na construción do fuselaxe do avión Airbus A380.[6]

A embarcación é dunha peza e ten maior resistencia que anteriormente. A vida dunha embarcación nun club importante adoita ser de dous ou tres anos. Unha traiñeira, en 2008, tiña un prezo aproximado de 25.000 euros.[6] Os remos, ao igual que as embarcacións, eran de madeira, mais tamén mudaron á fibra de carbono.

Embarcación deportiva

Trainera Camargo
Remeiros nunha traiñeira.

Orixe das regatas de traiñeiras

As traiñeiras son un claro exemplo de como o emprego dun instrumento de traballo vai desaparecendo co paso do tempo, dando lugar á competición e ao xogo, pasando a ser na actualidade unha embarcación deportiva de remo de banco fixo cunha estrita regulamentación no que se refire ao peso, dimensións etc. O primeiro rexistro coñecido data de 22 de xullo de 1719, cando unha tripulación de Bermeo retou a unha de Mundaka: a illa de Izarro foi gañada por bermeotarrak. Porén pénsase que antes tiveran lugar moitas outras regatas por outros motivos. Nos séculos XVIII e XIX as regatas foron case sempre consecuencia dos desafíos.[7]

Principais competicións

Actualmente o calendario consta de:

  • "Descensos" (normalmente dun río), ao principio da tempada.
  • A partir de xuño comezan as regatas que non están incluídas nas ligas.
  • As regatas das ligas (Liga San Miguel-ACT, Liga ARC e Liga Galega de Traiñeiras) en xullo e agosto.
  • Campionatos nacionais e o Campionato de España de Traiñeiras.

Entre todas as regatas do calendario destacan as tres máis antigas: Bandeira de Santander, Gran Premio do Nervión e a Bandeira da Concha (denominada coloquialmente "a olimpíada do remo"). Estas tres regatas, por mor da súa localización (as tres capitais de provincia, Santander, Bilbao e Donostia), foron historicamente as mellores e máis famosas. Outra competición importante en Galicia é a Bandeira Teresa Herrera, que cumpriu a XI edición en 2012.

Nas regatas unicamente participan traiñeiras de clubs representantes da costa cántabra: Galiza, Asturias, Cantabria, Euskadi e o País Vasco Francés; e ademais do correspondente premio en metálico da cada regata, ao club gañador outórgaselle unha bandeira da localidade que acolle a competición ou do patrocinador da mesma.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para traiñeira. Consultado o 24-10-2018.
  2. "traiñeira". TERGAL. Arquivado dende o orixinal o 24/10/2018. Consultado o 24/10/2018.
  3. A embarcación na web do CR Cabo da Cruz. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para traíña.
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para batel. Consultado o 24-10-2018.
  5. "batel". TERGAL. Arquivado dende o orixinal o 24/10/2018. Consultado o 24/10/2018.
  6. 6,0 6,1 Las traineras se construyen con avanzadas técnicas de la aeronáutica El Diario Montañés.
  7. Euskaldunen itsasoa – La mer des Basques. Catalogue de l’exposition organisée par Itsas Begia.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Amegrove Club de Remo

O Amegrove Club de Remo é unha entidade deportiva do Grove adicada ó remo, que foi creada en 1979 pola Asociación de Mexilloeiros do Grove, e que participou por primeira vez nunha regata de traiñeiras en 1981. Na actualidade compite na Liga Galega de Traiñeiras.

Arkote Arraun Taldea

O Arkote Arraun Taldea é un club de remo da localidade de Plentzia, Biscaia (Euskadi). Actualmente compite na Liga ARC. As súas cores son o negro e o amarelo, e a súa traiñeira chámase Plentzitarra.

Bandeira da Concha

A Bandeira da Concha (en galego) ou Kontxako Bandera é unha competición de traiñeiras que se celebra os dous primeiros domingos de setembro na Baía da Concha, en Donostia (País Vasco). Celebrada dende 1879 na categoría masculina e dende 2008 en feminina.

Club Remo Chapela

O Club de Remo Chapela é un club de remo da parroquia de Chapela, no concello pontevedrés de Redondela. Actualmente compite na Liga Noroeste de Traiñeiras. A súa traiñeira recibe o nome de Arealonga.

Club de Remo Cabo da Cruz

O Club de Remo Cabo da Cruz é un club de remo do lugar de Cabo de Cruz, na parroquia de Castro, no concello coruñés de Boiro. Actualmente compite na Liga ACT. A súa traiñeira recibe o nome de Cabo de Cruz.

Club de Remo Mecos

O Club de Remo Mecos é un club de remo galego da localidade do Grove (Pontevedra). Está patrocinado por Augas de Mondariz.

Club de Remo Puebla

O Club de Remo Puebla é un club de remo do concello coruñés da Pobra do Caramiñal. Actualmente compite na segunda categoría da Liga Galega de Traiñeiras, denominada LGT-A.

Club do Mar Mugardos

O Club do Mar Mugardos é unha entidade deportiva da localidade de Mugardos (Galiza) adicada principalmente á práctica do remo. A entidade foi fundada en 1962 e actualmente compite na Liga Galega de Traiñeiras (LGT).

Círculo Cultural Deportivo Cesantes

O Círculo Cultural Deportivo Cesantes é un club de remo de Cesantes, concello de Redondela (Pontevedra). É o club de remo máis antigo de Redondela, e o primerio en conquistar unha Bandeira como Campion Galego.[Cómpre referencia]A súa traiñeira recibe o nome de Os-Tras.

Hondarribia Arraun Elkartea

O Hondarribia Arraun Elkartea é un club de remo vasco da localidade guipuscoana de Hondarribia. As súas cores son o branco e o verde e a súa traiñeira chámase Ama Guadalupekoa.

Orio Arraunketa Elkartea

O Orio Arraunketa Elkartea é un club de remo vasco da localidade guipuscoana de Orio. A pesar de proceder dunha localidade de aproximadamente 5000 habitantes, trátase dun dos clubs de traiñeiras máis laureados do Cantábrico. Tanto a traiñeira como os remeiros compiten vestidos de cor amarela e a súa traiñeira chámase Mirotza. A súa traiñeira compite na Liga San Miguel.

Pasai Donibane Koxtape Arraun Elkartea

O Pasai Donibane Koxtape Arraun Elkartea é un club de remo do barrio de Pasai Donibane da localidade de Pasaia, Gipúscoa (Euskadi). A súa cor é o rosa e a súa traiñeira chámase Erreka

Sanpedrotarra Arraun Elkartea

O Sanpedrotarra Arraun Elkartea é un club de remo do barrio de San Pedro da localidade de Pasaia, Gipúscoa (Euskadi). Pasai San Pedro é, de sempre, unha das grandes potencias do remo de banco fixo. Trátase dun dos clubs máis laureados de Cantábrico e o segundo que máis Bandeiras da Concha conseguíu con 15, só por detrás de Orio que conta con 31. A súa cor é o mourado e a súa traiñeira chámase Libia.

Sociedad Deportiva de Remo Castro Urdiales

A Sociedad Deportiva de Remo Castro Urdiales é un club de remo da localidade cántabra de Castro Urdiales. Dende a súa creación disputou regatas en tódalas categorías e modalidades de banco fixo, en bateis, traiñeiriñas e traiñeiras.

Sociedad Deportiva de Remo Kaiku

A Sociedad Deportiva Kaiku ou Kaiku Arraunaren Kirol Elkartea é un club de remo da localidade de Sestao, Biscaia (Euskadi). As súas cores son o verde e o negro (as cores da localidade de Sestao) e a súa traiñeira actual chámase Bizkaitarra. É un dos clubs máis laureados do Cantábrico.

Sociedade Deportiva As Xubias

A Sociedade Deportiva As Xubias é un club de remo das Xubias, na cidade da Coruña. Competiu nas primeiras edicións da Liga Galega de Traiñeiras, sendo a súa derradeira participación ata o momento na competición na tempada 2010.

Sociedade Deportiva Samertolameu

A Sociedade Deportiva Samertolameu é un club de remo de Meira, concello de Moaña (Pontevedra). En 2010 competía na Liga Noroeste de Traíñas, competición que gañou na tempada 2006.

Urdaibai Arraun

O Urdaibai Arraun (por motivos de patrocinio Urdaibai Umpro Avia) é un club de remo cuxa finalidade é a potenciación do remo na zona de Urdaibai (Biscaia). Actualmente compite na Liga San Miguel, da que é o equipo máis laureado, a súa traiñeira chámase Bou Bizkaia e os seus remeiros visten de azul (a mesma cor que luce na embarcación).

Zarauzko Arraun Elkartea

O Zarauzko Arraun Elkartea (ZAE) é un club de remo da localidade guipuscoana de Zarautz (Euskadi).

A súa principal traiñeira é a Enbata ("galerna" en éuscaro) e a súa cor é o azul. Compite tamén noutras modalidades do remo coma o batel ou a trainerilla, todas estas en banco fixo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.