Tradución

A tradución (< latín traducere: facer pasar dun lugar a outro) é unha actividade que comprende a interpretación do significado dun texto nun idioma, chamado texto orixe, a un texto equivalente noutro idioma, chamado texto meta. Tamén o produto desta actividade, o texto meta, denomínase tradución.

Tradicionalmente, a tradución foi unha actividade desenvolvida por humanos, aínda que hai numerosos intentos de automatizar a tarefa de traducir textos naturais (tradución automática) ou de utilizar ordenadores para axudar a esta tarefa (tradución asistida por ordenador). Un exemplo de tradución asistida sería o uso dunha memoria de tradución.

O obxectivo da tradución é crear unha relación de equivalencia entre o texto orixe e o texto meta, é dicir, a seguridade de que ambos os textos comuniquen a mesma mensaxe, á vez que se teñen en conta aspectos coma o xénero textual, o contexto, as regras da gramática de cada un dos idiomas, as convencións estilísticas, a fraseoloxía etc.

É importante diferenciar a tradución da interpretación: No primeiro caso, transfírense ideas expresadas por escrito dunha lingua a outra, mentres que na interpretación as ideas exprésanse oralmente ou mediante a xesticulación (como acontece na linguaxe de signos) dunha lingua a outra.

Segundo a análise dos procesos implicados na tradución e interpretación, poderíase considerar que esta última constitúe unha subcategoría da tradución[Cómpre referencia].

O proceso tradutolóxico

Na súa obra, Teoría y práctica de la traducción, Valentín García Yebra recoñece dúas fases no proceso tradutolóxico: "a fase da comprensión do texto orixinal, e a fase da expresión da súa mensaxe, do seu contido, na lingua receptora ou terminal".

Na etapa de comprensión, decodifícase o sentido do texto orixe, nunha actividade denominada semasiolóxica (do grego, sema, sentido ou significado). Na etapa de expresión, recodifícase este sentido na lingua meta; etapa tamén chamada onomasiolóxica (do grego, onoma, nome).

Na etapa de decodificación do sentido do texto, o tradutor debe identificar en primeiro lugar os segmentos que compoñen o texto orixinal. É dicir, debe estabelecer as unidades mínimas con sentido. O segmento pode ser unha palabra, frase ou incluso unha ou máis oracións (por exemplo, un texto completo).

Na etapa de recodificación na lingua meta, o tradutor debe manter o sentido do segmento orixinal nun segmento da lingua meta, respectando o xenio da mesma. A reunión do segmento orixe co segmento meta é o que se denomina unidade de tradución.

Ambas as dúas etapas son de índole recursiva, e non necesariamente sucesivas, é dicir, o tradutor pode volver desentrañar o sentido do texto orixe, unha vez que recodificou o sentido na lingua meta.

Após este procedemento, sinxelo a primeira vista, agóchase unha operación cognitiva complexa. Para decodifica-lo sentido completo do texto orixe, o tradutor ten que interpretar e analizar tódalas súas características de forma consciente e metódica. Este proceso require un coñecemento profundo da gramática, semántica, sintaxe e frases feitas ou similares da lingua orixe, así como da cultura dos seus falantes.

O tradutor debe contar tamén con estes coñecementos para recodificar o sentido na lingua meta. De feito, estes adoitan ser máis importantes e, polo tanto, máis fondos cós da lingua orixe. De aí que a maioría dos tradutores traduzan á súa lingua materna.

Ademais, é esencial que os tradutores coñezan a área que se está tratando.

Os estudos realizados nos últimos anos en lingüística cognitiva permitíronnos comprender mellor o proceso cognitivo da tradución.

Historia da Tradución

As primeiras traducións foron da Biblia, xa que como os xudeus levaban moito tempo sen fala-la súa lingua (o hebreo), esta perdeuse e as Santas Escrituras debéronse traducir para que as entendesen os xudeus que non falaban a súa lingua orixinal. Tolomeo Filadelfo no século III a.C. mandou traducir do hebreo ó grego as Sagradas Escrituras a 72 sabios que dominaban o hebreo e o grego. Esta versión coñécese como versión Alejandrina ou versión dos 70. No século II D.C. a Biblia traducíuse do grego ó latín (Antigo e Novo Testamento). A esta versión chamóusele Vetus Latina.

Estratexias de Tradución

A traducibilidade é un dos primeiros problemas da tradución. É a posibilidade de traducir con éxito un enunciado nun idioma a un equivalente noutro idioma. Non sempre é posíbel traducir os enunciados con estruturas equivalentes, polo que o tradutor debe recorrer a varias estratexias a fin de asegurar a tradución dun texto determinado.

Adaptación

A adaptación, coñecida tamén como tradución libre, é un procedemento de tradución no cal o tradutor substitúe unha realidade cultural ou social no texto orixinal coa correspondente realidade no texto meta. Esta nova realidade resulta máis común para a audiencia do texto meta.

A adaptación a miúdo resulta útil para a tradución de poesía, obras de teatro e publicidade.

Préstamo

O préstamo consiste en utilizar unha palabra ou expresión do texto orixinal no texto meta.

Os préstamos adóitanse escribir en cursiva, e consisten en achega-la palabra na lingua de orixe. Un exemplo de préstamo é blue jeans, do inglés.

Calco

O decalco léxico é un procedemento de tradución que consiste na creación de neoloxismos seguindo a estrutura da lingua de orixe. Como, por exemplo, fútbol, orixinada da palabra football en inglés.

Modulación

Consiste en traducir unha palabra por unha frase explicativa.

Transposición

Transpor as palabras

Equivalencia

Equivalencia indica a correspondencia en significado dunha palabra nun idioma fronte a outro idioma. Dúas palabras son equivalentes se teñen o mesmo significado.

Tradución literal

Refírese ó paso da lingua de orixe á lingua meta sen emprego de estratexias de tradución máis cá conversión dos termos tendo como resultado unha tradución correcta. O tradutor só ten que se preocupar da orde dos termos traducidos:

Segundo Vinay e Dalbernet, a tradución literal é lícita sobre todo entre linguas que comparten unha mesma cultura.

Principais asociacións de tradutores (e intérpretes) de Galicia

  • AGPTI, Asociación galega de profesionais da tradución e interpretación
  • ATG, Asociación de tradutores galegos, responsable da biblioteca virtual Bivir e da revista Viceversa.

Universidades públicas onde cursar Tradución (e interpretación ou documentación)

Véxase tamén

Bibliografía

  • Bassnett, Susan (1990). Translation studies. London & New York: Routledge. ISBN 0-415-06528-3.
  • Berman, Antoine, Pour une critique des traductions: John Donne. Paris: Gallimard, 1995. Translated into English by Françoise Massardier-Kenney as Toward a Translation Criticism: John Donne. Kent, OH: Kent State University Press, 2009.
  • Billiani, Francesca, Ethics. In: Routledge Encyclopedia of Translation Studies. New York & London: Routledge, 2001.
  • Cohen, J.M., "Translation", Encyclopedia Americana, 1986, vol. 27, pp. 12–15.
  • Darwish, Ali, "Towards a Theory of Constraints in Translation," 1999. (@turjuman Online)
  • Gouadec, Daniel, Translation as a Profession, Amsterdam, John Benjamins, 2007, ISBN 978-90-272-1681-6.
  • Kelly, L.G. (1979). The True Interpreter: a History of Translation Theory and Practice in the West. New York, St. Martin's Press. ISBN 0-312-82057-7.
  • Miłosz, Czesław, The History of Polish Literature, 2nd ed., Berkeley, University of California Press, 1983, ISBN 0-520-04477-0.
  • Najder, Zdzisław, Joseph Conrad: A Life, translated by Halina Najder, Rochester, New York, Camden House, 2007, ISBN 1-57113-347-X.
  • Parks, Tim, Translating Style: A Literary Approach to Translation—A Translation Approach to Literature, Manchester, St. Jerome, 2007, ISBN 1-905763-04-2.
  • Rose, Marilyn Gaddis, guest editor, Translation: Agent of Communication (a special issue of Pacific Moana Quarterly, 5:1), 1980.
  • Routledge Encyclopedia of Translation Studies (2008), ed. Mona Baker, Gabriela Saldanha, Routledge ISBN 978-0-415-36930-5
  • Simms, Norman, editor (1983). Nimrod's Sin: Treason and Translation in a Multilingual World.
  • Venuti, Lawrence (1994). The Translator's Invisibility. Routledge. ISBN 0-415-11538-8.

Outros artigos

Ligazóns externas

ARN mensaxeiro

O ARN mensaxeiro ou ARNm (mRNA en inglés) é unha molécula de ARN que codifica a información sobre a secuencia de aminoácidos dunha proteína necesaria para a síntese da mesma nos ribosomas. O ARNm transcríbese dun molde de ADN (un xene), e leva información codificada ao lugar de síntese das proteínas, o ribosoma. Alí, o ácido nucleico tradúcese orixinando un polímero de aminoácidos, é dicir, un polipéptido ou unha proteína. Tanto no ARNm coma no ADN a información xenética está codificada na secuencia de nucleótidos, os cales se dispoñen en codóns que constan de tres bases. Cada codón codifica un determinado aminoácido, agás os codóns de parada ou stop, que indican a finalización da síntese proteica. Este proceso require o concurso doutros dous tipos de ARN: ARN transferente (ARNt), que media no recoñecemento do codón e trae ao ribosoma o correspondente aminoácido, e o ARN ribosómico (ARNr), que é o principal compoñente do ribosoma.

Biblioteca de tradución galega

A Bibilioteca de tradución galega, coñecida tamén co acrónimo BiTraGa, dependente do grupo de traballo composto por docentes da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, contén a referencia bibliográfica dos textos literarios traducidos doutra linguas á galega e da galega cara á outras linguas. Nun primeiro momento, o arquivo recolle as traducións literarias publicadas dende 1980. Trátase dun proxecto aberto e colaborativo.

En 2016 a súa responsable era a profesora Ana Luna Alonso. Ademais dun equipo formado polas profesoras Iolanda Galanes, Áurea Fernández Rodríguez e Silvia Montero Küpper, tamén conta con achegas de diversos colaboradores, tales que Raquel Alonso Araujo, Alejandro Alonso Martínez, Silvia Duarte Collazo, Óscar Ferreiro Vázquez, Elizabete Manterola Agirrezabalaga, Iolanda Mato Creo, Liliana Valado Fernández, Bárbara Álvarez Fernández ou Paz Orois.

Constantinopla

Constantinopla (Nome romano: Constantinopolis; Grego: Konstantinoupolis ou Κωνσταντινούπολις) é o antigo nome da cidade de Istambul, na Turquía. O nome orixinal era Bizancio (Bυζάντιον en grego).

Constantinopla foi a capital do Imperio Bizantino, tamén coñecido como Imperio Romano de Oriente. Foi capturada e saqueada pola Cuarta Cruzada en 1204 e despois recapturada polas forzas de Nicea, baixo as ordes de Miguel VIII Paleólogo en 1261.

"Constantinopla" é unha adaptación de Konstantinoupolis, que significa "Cidade de Constantino". O nome é unha referencia ao emperador romano Constantino I o Grande que converteu esta cidade na capital do imperio romano, o 11 de maio de 330. Constantino chamouna "Nova Roma", pero o nome non prosperou. Posteriormente Constantinopla quedou como capital do Imperio Romano de Oriente e, tras a caída do Imperio Romano de Occidente, como capital do Imperio Bizantino.

Constantinopla e o Imperio Bizantino caeron finalmente ante o Imperio Otomán a 29 de maio de 1453. Nos tempos otománs, ambos os nomes Constantinopla e Istambul foron usados, a pesar dos occidentais invariabelmente usaron o nome Constantinopla. Istambul só se tornou o nome oficial en 1930. Cando a República da Turquía foi fundada en 1923, a capital moveuse de Istambul a Ancara.

En tempos bizantinos, os gregos chamaban Constantinopla "i Poli" (a cidade), unha vez que era o centro do mundo grego e durante a maioría do período bizantino a maior cidade da Europa.

O nome Istambul é unha tradución ao turco de "Constantinopla". A crenza de que vén da frase grega "is tin Poli" (cara a cidade) é apenas unha lenda folclórica.

Cristo

Cristo (Do latín Christus, e este do grego Christós, Χριστoς, á súa vez unha tradución do hebreo meshiah -en galego "mesías"-, que significa "unxido") era un título cualificativo que os xudeus aplicaban aos seus sacerdotes, reis e profetas, xa que estes debían ser unxidos no nome de Deus para consagrarse ao seu labor.

Os seguidores de Xesús de Nazaret tamén lle aplicaron este título ao seu líder, chamándolle Cristo Xesús ou Xesucristo. Co tempo, Cristo converteuse noutro dos nomes de Xesús de Nazaret.

Darío Xohán Cabana

Darío Xohán Cabana Yanes, nado en Roás (Cospeito) o 19 de abril de 1952, é un escritor galego.

Dolores Vilavedra

Dolores Vilavedra Fernández, nada en Vigo o 4 de agosto de 1963, é profesora de Literatura galega na Universidade de Santiago de Compostela. Forma parte do consello de redacción da revista Grial, e dirixe a sección de crítica literaria. Coordinou o Diccionario da literatura galega, en catro tomos, que publicou Galaxia. Colaborou durante anos no Diario cultural da Radio Galega.

Encyclopædia Britannica

A Encyclopædia Britannica, tamén chamada pola súa tradución a galego Enciclopedia Británica, é unha enciclopedia de contidos xerais redactados en lingua inglesa e publicada pola editorial privada Encyclopædia Britannica, Inc.. Os verbetes na Britannica teñen como público un perfil de lector adulto e cultivado; está escrita por 19 editores que traballan a xornada completa e conta coa colaboración de máis de catro mil expertos. É amplamente considerada como a máis académica das enciclopédias do mundo.

Expresión xénica

A expresión xénica é o proceso por medio do cal a información dun xene se utiliza para sintetizar un produto xénico funcional. Estes produtos son moitas veces proteínas, pero tamén existen xenes que non codifican proteínas, como os xenes dos ARN ribosómicos, ARN transferentes ou ARN nucleares pequenos, nos que o produto sintetizado é un ARN funcional. O proceso de expresión xénica utilízano todas as formas de vida coñecidas: eucariotas (tanto os unicelulares coma os pluricelulares), procariotas (bacterias e arqueas), para xerar as macromoléculas necesarias para a vida.

Poden modularse varias fases do proceso da expresión xénica, como a transcrición, o splicing de ARN, a tradución, e a modificación postraducional dunha proteína. A regulación da expresión xénica dálle á célula o control sobre a súa estrutura e funcións, e é a base para a diferenciación celular, morfoxénese e a versatilidade e adaptabilidade dun organismo. A regulación xénica pode tamén servir como substrato para o cambio evolutivo, xa que o control do momento, localización, e cantidade de expresión dun xene pode ter un profundo efecto nas funcións (accións) do xene na célula ou nun organismo pluricelular.

En xenética, a expresión xénica é o nivel máis fundamental no que o xenotipo orixina o fenotipo. O código xenético do ADN é "interpretado" por medio da expresión xénica, e as propiedades da expresión dan lugar ao fenotipo do organismo. Os fenotipos a miúdo exprésanse pola síntese de proteínas que controlan a forma do organismo, ou que actúan como encimas que catalizan vías metabólicas específicas características de cada organismo.

Marcus Tullius Cicero

Marco Tulio Cicerón (en latín Marcus Tullius Cicero, pronunciado ['mar.kʊs 'tul.liʊs 'ki.ke.ro:]; máis coñecido por Cicerón) nado en Arpino o 3 de xaneiro do 106 a. C. e finado en Formia o 7 de decembro do 43 a. C. foi un xurista, político, filósofo, escritor e orador romano. Está considerado coma un dos máis grandes retóricos e estilistas da prosa en latín da República romana.

Martiño Lutero

Martiño Lutero ou Martin Luther, e inicialmente Martin Luder, nado en Eisleben o 10 de novembro de 1483 e finado no mesmo lugar o 18 de febreiro de 1546, foi un teólogo alemán. É o pai espiritual da Reforma protestante e a súa influencia foi enorme nas doutrinas e cultura da tradición luterana e protestante en xeral. Como monxe agostiño tornouse teólogo e quería alcanzar reformas, vistas como necesarias, sen inicialmente pretender dividir a igrexa.

N-terminal

O extremo N-terminal (tamén chamado amino terminal ou NH2-terminal) é o extremo dunha proteína ou cadea polipeptídica que leva un grupo amino libre, por onde se considera que empeza a proteína. O outro extremo leva un grupo carboxilo e denomínase extremo C-terminal. Por convención as secuencias de aminoácidos dos péptidos escríbense empezando polo extremo N-terminal, que se coloca á esquerda. Cando se produce a tradución de proteínas nos ribosomas a partir do ARNm, esta empeza a traducirse polo extremo N-terminal.

Novo Testamento

Novo Testamento (do grego: Διαθήκη Καινή, Diathéke Kainé) é o nome dado á colección de libros que compoñen a segunda parte da Biblia ou libro sagrado do cristianismo. Esta parte corresponde aos Evanxeos canónicos, segundo a tradición escritos por Mateo, Marcos, Lucas e Xoán, que relatan a vida de Xesús, xunto con diversos libros que describen os primeiros tempos do cristianismo e unha Apocalipse, a de Xoán.

O termo é unha tradución do latín, Novum Testamentum, á súa vez tradución do grego Ἡ Καινὴ Διαθήκη, Hê Kainê Diathêkê, significando "A Nova Alianza" ou Testamento. Foi orixinalmente usado polos primeiros cristiáns para describir as súas relacións con Deus (ver II Corintios 3:6-15; Hebreos 9:15-20) e posteriormente para designar o canon de escritos cristiáns, estabelecido progresivamente.

Os 27 libros do Novo Testamento foron escritos por varios autores en varias épocas e lugares. Ao contrario do Vello Testamento, o Novo foi escrito nun curto espazo de tempo, durante un século ou un pouco máis.

Proxecto Trasno

O Proxecto Trasno é unha comunidade aberta dos proxectos de localización de software libre ao galego. Pretende ser o punto de encontro onde se reúnan e colaboren todos aqueles que traballan en calquera dos aspectos que abrangue a localización ao galego: tanto a tradución dos aplicativos e a súa documentación como o desenvolvemento de correctores ortográficos e o de ferramentas para a localización.

Dende o comezo no 1999, os voluntarios do proxecto estiveron involucrados, así como noutros, na localización das principais distribucións de GNU/Linux, como SuSE e Mandrake, contornos de escritorios como GNOME e KDE, e aplicativos ofimáticos, como OpenOffice, e navegadores web como Mozilla Firefox. Actualmente segue sendo o principal grupo de localización de software libre ao galego e estase a focalizar na mellora da calidade das traducións, con desenvolvemento de ferramentas de consulta e discusión de terminoloxía e con eventos de debate terminolóxico, as trasnadas.

Dende o 2009 está amparada legalmente pola Asociación Cultural Proxecto Trasno.

Referendo

Un referendo é un procedemento xurídico polo que se somete a votación popular unha cuestión lexislativa, constitucional ou sobre calquera outra proposta para que o electorado se pronuncie sobre a súa aprobación ou o seu rexeitamento, é dicir a súa ratificación ou non.

É o mecanismo de democracia directa por antonomasia.

Na Constitución española vixente recoñécense dous tipos de referendos, un de carácter consultivo atópase regulado no artigo 92, e outros vinculantes referidos a mudanzas constitucionais e aprobación de estatutos de autonomía.

Ribosoma

Os ribosomas son complexos de proteínas e ARN encargados de levar a cabo a síntese de proteínas. Para iso, empregan a información xenética que reciben do ADN transcrita en forma de ARN mensaxeiro (ARNm). Só son visibles ao microscopio electrónico, debido ao seu reducido tamaño (uns 30 nanómetros). Con microscopio electrónico aparecen como estruturas arredondadas, densas aos electróns. Con microscopio óptico vese que son os responsables da basofilia que presentan algunhas células. Están presentes en todas as células agás nos espermatozoides. Tradicionalmente considéranse orgánulos que carecen de membrana ou son tratados como complexos macromoleculares.

En células eucariotas, os ribosomas fabrícanse no nucléolo do núcleo pero desempeñan a súa función de síntese só no citoplasma. Están formados por ARN ribosómico (ARNr) e por proteínas. Estruturalmente, teñen dúas subunidades de distinto tamaño, maior e menor, formadas por separado no núcleo. Saen do núcleo e poden permanecer separadas no citoplasma, pero para que o ribosoma funcione as dúas subunidades deben estar unidas. Acabada a síntese as subunidades sepáranse de novo. As subunidades mantéñense unidas por cargas, e ao diminuír experimentalmente a concentración de Mg2+, as subunidades tenden a separarse. Cando os ribosomas están completos, poden estar illados ou formando grupos (polisomas ou polirribosomas). Tanto os ARNr como as subunidades dos ribosomas poden distinguirse polo seu coeficiente de sedimentación en unidades svedberg (S). En eucariotas os ribosomas do citoplasma son de 80 S. En mitocondrias e plastos de eucariotas, así como en procariotas, son de 70 S. Esta similitude dos ribosomas de bacterias, mitocondrias e plastos indica unha orixe evolutiva común.

Os exames de cristalografía dos ribosomas mostran que as proteínas do orgánulo non están preto dos sitios de reacción para a síntese dos polipéptidos, o que suxire que os compoñentes proteicos actúan no ribosoma como un armazón estrutural que reforza a capacidade catalítica de ribozima do ARNr, que é o que realmente participa na catálise. A actividade similar aos ribozimas dos ribosomas fai pensar que son restos do "mundo de ARN", que se pensa que existiu no período da orixe da vida na Terra.Os ribosomas foron descubertos na década de 1950 polo biólogo romanés George Palade usando microscopio electrónico como partículas ou gránulos densos, polo cal recibiu o premio Nobel. Pero o termo ribosoma foi proposto polo científico Richard B. Roberts en 1958, e vén de "ribo" (ribonucleico) e "soma" (corpo).

Tradución (proteínas)

En bioloxía a tradución é a síntese de proteínas nos ribosomas a partir da información contida nun ARNm, o cal é unha copia realizada por transcrición dun xene do ADN. Por tanto, a tradución é o segundo proceso da expresión xénica despois da transcrición.

A tradución só se pode producir nos ribosomas do citoplasma da célula, que están formados por dúas subunidades, que rodean o ARNm que se vai traducir. Na tradución, o ARN mensaxeiro descodifícase para producir un polipéptido específico de acordo coas correspondencias do código xenético, que asocian cada codón (triplete de nucleótidos) do ARNm cun determinado aminoácido. Deste modo tradúcese a "linguaxe" de nucleótidos do ARN á "linguaxe" de aminoácidos das proteínas. A tradución comeza no codón de inicio AUG e acaba nun codón de parada (UGA, UAA, UAG). No proceso da tradución distinguimos catro fases: activación, iniciación, elongación e terminación.A enerxía requirida para traducir proteínas é considerable. Para unha proteína que conteña n aminoácidos, o número de enlaces fosfato de alta enerxía necesarios para traducila é 4n-1.

Wellington

Wellington é a capital da Nova Zelandia e cidade principal da rexión de Wellington, ao sur da North Island (illa Norte). En 2013 tiña 397 900 habitantes.

Xénero (bioloxía)

O xénero, no campo da bioloxía, é unha unidade sistemática das clasificacións por categorías taxonómicas.

Úrsula Heinze

Úrsula Heinze de Lorenzo, nada en Colonia en 1941, é unha escritora galega de orixe alemá. É autora dunha vasta obra que abrangue a novela, o relato curto, a narrativa infantil e xuvenil e unha destacada produción poética.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.