Trabadelo

Trabadelo é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 64,73 km², na que vivían 430 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 6,64 h/km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «trabadelés» [3].

Trabadelo
Escudo de Trabadelo
Pereje
Xentilicio[1] trabadelés/a
Xeografía
Provincia Provincia de León
Comarca Bierzo
Poboación 430 hab. (2012)
Área 64,73 km²
Densidade 6,64 hab./km²
Entidades de poboación Moral de Valcarce, Parada de Souto, Paradela, Perexe, San Fiz do Seo, Soutelo, Soutoparada, Trabadelo, Vilar dos Currais
Capital do concello Trabadelo
Política (2015)
Alcalde Ricardo Fernández González (PP)
Concelleiros PP: 5
PSOE: 0
Outros: 2
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes %

Parroquias

  • Moral de Valcarce
  • Parada de Souto
  • Perexe
  • Pradela
  • San Fiz do Seo
  • Soutelo
  • Soutoparada
  • Trabadelo (co barrio de Paradela e o muíño do Teso Mundín)
  • Vilar dos Currais

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.
  3. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 38. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
A Ponte de Domingos Flórez

A Ponte de Domingos Flórez (en castelán e oficialmente Puente de Domingo Flórez, e popularmente só A Ponte) é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 59,39 km², na que viven 1.655 habitantes (INE 2011), cunha densidade de poboación de 27,97 hab./km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Arganza

Arganza é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 39,99 km², na que vivían 850 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 21,26 h/km².

Barxas, León

Barxas (en castelán e oficialmente Barjas) é un concello español da comarca do Bierzo, na provincia de León, Castela e León, que cobre unha superficie de 62,6 km², na que vivían 261 habitantes no ano 2010, cunha densidade de poboación de 4,17 hab/km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Borrés

Borrés (en castelán e oficialmente Borrenes) é un concello galegofalante da comarca do Bierzo, na provincia de León. Cobre unha superficie de 36,3 km², na que vivían 436 habitantes no ano 2008, cunha densidade de poboación de 11,98 h/km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Cacabelos, León

Cacabelos é un concello da provincia de León, pertencente á comarca do Bierzo. Cobre unha superficie de 32,82 km², na que vivían 5.132 habitantes no ano 2018, cunha densidade de poboación de 157,13 hab./km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Camponaraia

Camponaraia (en castelán e oficialmente: Camponaraya) é un concello da comarca do Bierzo (provincia de León, comunidade autónoma de Castela e León) que cobre unha superficie de 29,13 km², na que vivían 4.230 habitantes no ano 2010, cunha densidade de poboación de 145,21 h/km². Está composto de cinco aldeas: Camponaraia, Erbededo, Magaz de Abaixo, Naraiola e A Válgoma. Por este concello pasa o río Naraia, o cal permite deducir que o topónimo debe dividirse en dous (Campo+Naraia) e non en tres (Campo+na+raia). Esta dedución ven avalada pola ortografía e pola existencia do topónimo Naraiola, diminutivo do hidrónimo.

Candín

Candín é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 140,90 km², na que vivían 333 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 2,36 hab./km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Carracedelo

Carracedelo é un concello da provincia de León, na comarca do Bierzo, que cobre unha superficie de 32,32 km², na que viven 3.680 habitantes (INE 2012), cunha densidade de poboación de 113,86 h/km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Carucedo

Carucedo é un concello da provincia de León, pertencente á comarca do Bierzo. Segundo o Instituto Nacional de Estadística (INE) en 2012 tiña unha poboación de 655 habitantes. É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Congosto

Congosto é un concello español da provincia de León, na comarca do Bierzo. A súa poboación é de 1.692 habitantes (INE 2011).

Corullón

Corullón é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 78,5 km², na que vivían 1.151 habitantes no ano 2004, cunha densidade de poboación de 14,66 h/km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Fabeiro, León

Fabeiro (en leonés El Fabeiru e en castelán e oficialmente: Fabero) é un concello da comarca do Bierzo (provincia de León, Castela e León que cobre unha superficie de 54,47 km², na que vivían 5106 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 93,74 h/km².

O núcleo de Fontoira é o único do concello de fala galega, o resto do concello é de fala tradicional leonesa.

Oencia

Oencia é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 98,33 km², na que vivían 349 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 3,55 hab./km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Peranzais

Peranzais (en castelán e oficialmente: Peranzanes) é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 117,54 km², na que vivían 332 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 2,82 h/km².

Actualmente o núcleo de Guímara fala un galego de transición cara ao leonés, aínda que no resto dos núcleos do concello a influencia do galego é notable (sen ir máis lonxe, o nome da comarca á que pertence o concello é Fornela).

Priaranza

Priaranza (oficialmente e en castelán, Priaranza del Bierzo) é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 33,69 km², na que vivían 828 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 24,58 hab./km².

Sancedo

Sancedo é un concello español da provincia de León, na comarca do Bierzo. A súa poboación é de 560 habitantes (INE 2011).

Sobrado, León

Sobrado é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 36,03 km², na que vivían 363 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 10,07 h/km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Toural dos Vaos

Toural dos Vaos (en castelán e oficialmente Toral de los Vados), anteriormente chamado Viladecais-Toural dos Vaos, é un concello da comarca do Bierzo, na provincia de León. Ten unha superficie de 24,27 km², e en 2013 tiña 2108 habitantes. É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Valboa, León

Valboa (en castelán e oficialmente Balboa) é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 51,04 km², na que vivían 371 habitantes no ano 2011, cunha densidade de poboación de 7,27 h/km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Parcialmente galegofalantes
Concellos da comarca do Bierzo
100 000+
50 000+
10 000+
5000+
Menos de
5000
habitantes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.