Trabada

Trabada é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Oriental. Segundo o IGE en 2014 tiña 1 203 habitantes (1 398 no 2009, 1 479 no 2006, 1 504 no 2005, 1 552 no 2004, 1 579 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «trabadés».

Coordenadas: 43°12′4″N 6°56′22″O / 43.20111, -6.93944

Trabada
Bandeira de Trabada
---
Escudo de Trabada
Casa do concello de Trabada
Casa do concello.
Situacion Trabada
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca da Mariña Oriental
Poboación1.121 hab. (2018)
Área82,7 km²
Densidade13,56 hab./km²
Entidades de poboación8 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldesaMayra García Bermúdez (PSdeG-PSOE [3])
Concelleiros
PPdeG: 2
PSdeG-PSOE: 7
Eleccións municipais en Trabada
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes81,47%
Na rede
www.trabada.es

Xeografía

O concello, de 82,7 km², sitúase no noroeste da provincia de Lugo, na comarca da Mariña Oriental. Ao norte limita cos concellos de Barreiros e Ribadeo, ao sur coa Pontenova, ao sueste con Santiso de Abres (Asturias) e ao oeste con Lourenzá e Riotorto. Dista a 75 km da capital provincial, Lugo.

O seu relevo é accidentado. A súa superficie alterna os altos cumios de serras como A Cadeira (alto de Cerrochán, 776 m), e vales profundos e fértiles vales até a ría de Ribadeo. Está regado polo río Eo e mais os seus afluentes, o Trabada e Vilapena. Ten un clima oceánico suave con leve oscilación térmica provocada pola proximidade ao mar Cantábrico. Está comunicada con Lugo e Ribadeo a través da N-640. Amais, a estrada LU-132 cruza o concello de oeste a leste.

O concello de Trabada está incluído na Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón.

Demografía

Censo total 2014 1.203 habitantes
Menores de 15 anos 92 (7.65 %)
Entre 15 e 64 anos 680 (56.53 %)
Maiores de 65 anos 431 (35.83 %)

Historia

O topónimo Trabada ten orixe no latín Tabulata. Así aparece mencionada nun documento do século VIII (o máis antigo conservado na península Ibérica, datado o 23 de agosto do 775 e conservado no arquivo da Catedral de León), no que o rei Silo doa terreos de dominio real situados entre os ríos Eo e Masma para que se constrúa neles un lugar de oración ou mosteiro, a través do abade Sperautano. Así, fundouse o mosteiro de San Martiño de Esperautano, do cal non quedan vestixios.

Na idade moderna construíron casas grandes e pazos familias como os Rocha, Pardo, Montenegro, Aguiar, Aenlle, Barreras, Miranda, Oia ou Rego, como se pode observar nas labras heráldicas conservadas. As máis antigas das que se conservan son do século XVI, de estilo renacentista. A casa de Rigoio (parroquia de Sante) ten as armas dos Díaz da Rocha. O pazo e torre de Terrafeita (Santa María de Trabada), ten no escudo os emblemas dos Rocha, Aguiar e Pardo, rodeada por unha coroa laureada. A ermida de San Martiño (en Ría de Abres) foi construída en 1585 por Pedro de Miranda e Villar e mais a súa dona, María Osorio. Leva as armas dos Villar asturianos, Osorio, Miranda e Aguiar. Xa do século XVII son a casa do Mosteiro (en Sante), con brasóns dos Rocha, Baamonde, Luaces e Moscoso, e a casa de Boca de Canle (Ría de Abres), con armas dos Rocha, Baamonde e Miranda. Outras casas grandes destacadas son as de Vinxoi (en Vilafernando) Valboa, e a de Saavedra (en Vilapena).

Durante a guerra da independencia española, o alcalde de Sante ofreceu resistencia ante as tropas francesas, dirixidas polo xeneral François M. Fournier. En 1808 constituíuse a Xunta de Defensa de Ribadeo cunha guarnición de vinte e cinco soldados, pero as tropas napoleónicas entraron na vila sen resistencia o 25 de xaneiro de 1809, con 150 homes enviados desde Mondoñedo, que xa estaba conquistada. Logo de que as tropas esixisen comida ás aldeas da periferia, Melchor Díaz de la Rocha convocou a veciñanza de Sante, Vidal, Vilaosende, Cedofeita, Valboa e Couxela para se armaren en defensa. O 29 dese mesmo mes 300 veciños con escopetas, chuzos e fouces presentaron batalla ante os franceses no camiño da Nosa Señora da Ponte, entre Mondoñedo e Ribadeo, provocando a retirada do exército francés cara a Mondoñedo, logo de provocar a baixa de 60 soldados e 25 cabalos. Porén, despois de recibir reforzos de Lugo e Ferrol, finalmente os franceses lograron asaltar Ribadeo. Na actualidade, o luns de Pentecostés conmemórase a batalla no lugar da Nosa Señora da Ponte, na parroquia de Arante. Alí asisten representantes das sete parroquias de Ribadeo e Trabada que participaran naquela batalla, portando os pendóns e emblemas das mesmas.

Membro de ilustres liñaxes da nobreza galega, casou con Isabel Bermúdez y Santiso de Sante, e fundou no ano 1720 a Capelanía do Rosario, na parroquia de San Xiao de Sante. Díaz de la Rocha, home culto, de carácter enérxico, forte e dominante, morreu á idade de 83 anos no seu pobo natal, tras vivir na Coruña, totalmente ignorado, durante varios anos. Trala fin do antigo réxime, e coa división territorial de España en 1833, parroquias de varias xurisdicións constituíron os concellos de Sante, Trabada e Vilaformán. En 1840 fusionáronse no de Sante, e a partir de 1841 pasou a denominarse Trabada.

Cultura

Toponimia

O topónimo Trabada ten orixe no latín Tabulata. Así aparece mencionada nun documento do século VIII (o máis antigo conservado na península Ibérica, datado o 23 de agosto do 775 e conservado no arquivo da Catedral de León), no que o rei Silo doa terreos de dominio real situados entre os ríos Eo e Masma para que se constrúa neles un lugar de oración ou mosteiro, a través do abade Sperautano.

Patrimonio

P1160048 paisaxe, Trabada
Paisaxe de Trabada.

Da época do megalitismo consérvanse diversas mámoas, aínda sen escavar. Da cultura castrexa permanecen os castros de Trabada, Sante e Vidal. O menhir do Marco da Pena Verde aparece citado xa no diploma do rei Silo como confluencia de camiños.

A igrexa de Sante construíuse no século XVI e foi reformada no XVIII. A de Vilapena conta na capela maior cun retablo barroco restaurado recentemente, e na nave esquerda outro do século XVI. A igrexa de Valboa, reformada en 1923, conserva dous retablos laterais do século XVII, e a de Vilaformán ten un de 1735. Na capela de Vilafernando hai unha escultura en pedra de Santo Antón, destacando tamén o retablo maior. Na igrexa de Trabada hai unha imaxe da Inmaculada.

Amais están as igrexas parroquiais de Fórnea e Vidal, e mais as capelas de San Xosé, Santo Antón e San Bricio (Sante); San Román, Santo Antón, San Marcos, Santo Estevo e San Miguel (Trabada); San Ramón (Ría de Abres); San Fernando (Valboa) e Santo Antón (Bargo-Vilapena).

Economía

A actividade económica xira arredor da agricultura, a gandería (produción de leite de gando vacún) e o sector forestal.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Trabada.

Lugares de Trabada

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Trabada vexa: Lugares de Trabada.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Trabada". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
A Fórnea, Trabada

Santo Estevo da Fórnea é unha parroquia do concello de Trabada na comarca da Mariña Oriental, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, en 2015 tiña 82 habitantes (40 homes e 42 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ao ano 2007, cando tiña 105.

A Ría de Abres, Trabada

Santiago da Ría de Abres é unha parroquia do concello de Trabada na comarca da Mariña Oriental, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 195 habitantes, deles 91 eran homes e 104 eran mulleres.

A Trabada, As Oiras, Alfoz

A Trabada é un lugar da parroquia das Oiras no concello lugués de Alfoz na comarca da Mariña Central. Segundo o IGE, en 2011 tiña 5 habitantes (1 home e 4 mulleres).

A Valboa, Trabada

Santa María Madanela da Valboa é unha parroquia do concello de Trabada na comarca da Mariña Oriental, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 133 habitantes (63 homes e 70 mulleres).

O seu punto máis alto é o pico Axilde, no Monte San Fernando.

Celso Currás Fernández

Celso Currás Fernández, nado en Trabada o 17 de xullo de 1953, é un político galego.

Comarca da Mariña Oriental

A comarca da Mariña Oriental é unha comarca galega situada provincia de Lugo cuxa capital é Ribadeo. A ela pertencen os concellos de Barreiros, A Pontenova, Ribadeo e Trabada. Esta comarca é unha división político-administrativa da Mariña de Lugo.

Eleccións municipais en Trabada

Corporacións democráticas en Trabada desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Celso Currás López — Independentes

1983 Alcalde: Ramón Villapol Valea — CP

1987 Alcalde: Pendente.

1991 Alcalde: José Manuel Yanes Ginzo — PPdeG

1995 Alcalde: José Manuel Yanes Ginzo — PPdeG

1999 Alcalde: José Manuel Yanes Ginzo — PPdeG

2003 Alcalde: José Manuel Yanes Ginzo — PPdeGModelo:Trabada 2003

2007 Alcalde: José Manuel Yanes Ginzo — PPdeGModelo:Trabada 2007

2011 Alcalde: José Manuel Yanes Ginzo — PPdeG

2015 Alcaldesa: Mayra García Bermúdez — PSdeG-PSOECandidatos: Mayra García Bermúdez (PSdeG-PSOE), José Manuel Yanes Ginzo (PP) e María José Fernández Fernández (BNG).

Galería de imaxes de casas dos concellos de Galicia

Galería de imaxes de casas dos concellos de Galicia.

LU-133

A estrada LU-133 é unha vía da rede secundaria que conecta a N-634 en Vilamar (San Xusto de Cabarcos, Barreiros) coa N-642 en Reme (Ove, Ribadeo). Non chega ós 22 km de percorrido, e atravesa San Xusto de Cabarcos e Cabarcos (Barreiros), e Remourelle (Arante, Covelas) e Ove en Ribadeo.

O seu punto máis alto está na rotonda de cruzamento coa LU-P-6103 (Trabada-Barreiros), onde abandona o val de Cabarcos para meterse na cunca do río Grande (naquela zona, aínda rego de Lexoso). O paso entre Barreiros e Ribadeo é pola chamada ponte de Remourelle (Arante).

A outra derivación importante da estrada está en Covelas, a LU-P-5207, estrada que a conecta con Ribadeo.

Lugares de Trabada

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Trabada

Peste bubónica

A peste bubónica é un dos tres tipos da infección bacteriana causada pola bacteria Yersinia pestis. Entre tres e sete días após a exposición ás bacterias, desenvólvense os síntomas, semellantes ós da gripe. Estes inclúen febre, dores de cabeza, e vómito. A inchazón dolorosa dos ganglios linfáticos prodúcese na área máis achegada a onde as bacterias se introduciron na pel. De xeito ocasional, os ganglios inflamados poden abrirse.Os tres tipos de praga son o resultado das vías de infección: peste bubónica, peste septicémica e peste pulmonar. A peste bubónica propágase principalmente por pulgas infectadas que habitan en animais pequenos. Tamén se pode propagar mediante a exposición ós fluídos corporais dun animal infectado con peste. Na forma de peste bubónica, as bacterias entran pola pel por mor da trabada das pulgas que viaxan a través dos vasos linfáticos até o ganglio, facendo que esta trabada inche. O diagnóstico realízase atopando as bacterias no sangue, esputo ou líquido dos ganglios linfáticos.A prevención dáse a través de medidas de saúde pública, por exemplo: a través do manexo de animais mortos en áreas onde a peste é unha doenza común. Para este padecemento non se atoparon vacinas útiles para a súa prevención. Existen varios antibióticos que son eficaces para o tratamento, nos que se inclúen a estreptomicina, xentamicina e doxiciclina. Se non se trata a doenza, a taxa de mortalidade rolda entre un 30% a un 90% do total dos infectados. A morte, se é que esta sucede dáse arredor dos dez días. Co tratamento axeitado a porcentaxe de risco de morte é dun 10%. En todo o mundo rexístranse uns 650 casos documentados ó ano, que resultan nunhas 120 mortes. Esta doenza é moito máis común en África.Crese que a peste é a causa da morte negra que se propagou en Asia, Europa e África no século XIV e que matou a uns 50 millóns de persoas. Representou entre o 25% e o 60% da poboación europea. Por mor de que a peste matou a unha gran poboación da clase obreira, os salarios aumentaron pola demanda de man de obra. Algúns historiadores clasifican esta época como un punto de inflexión no desenvolvemento económico europeo. O termo “peste bubónica” deriva do grego “βουβών” que quere dicir ingua. O termo “bubóns” tamén se emprega para referirse ós ganglios linfáticos inflamados.

Reserva da biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón

A Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón abrangue os concellos de Ribadeo, Trabada, A Pontenova, Ribeira de Piquín, Baleira, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz en Galicia, e de Castropol, A Veiga, Taramundi, San Tirso de Abres, Vilanova de Oscos, Santalla de Oscos e Samartín de Oscos en Asturias. Ten unha extensión de 1595,889 km² e inclúe a máis da totalidade da cunca do río Eo dende o seu nacemento en Fonteo ata a súa desembocadura na ría de Ribadeo, a propia ría e boa parte das cuncas que nela desembocan, así como anacos das cuncas dos ríos Miño, Navia e Porcía, encadrando unha unidade de biodiversidade, cultural e patrimonial. Cando foi designada, a zona tiña unha poboación de 32 974 habitantes, se ben case tódolos municipios observan decrecemento de poboación.

Río Eo

O río Eo é un curso fluvial do noroeste da Península Ibérica que discorre por terras de Galicia e Asturias, delimitando ao cabo a fronteira entre ambas. Desemboca no mar Cantábrico pola ría de Ribadeo. A súa cunca ten unha extensión duns 819 km², dos que 3/4 atravesan terreo galego. É apto para a pesca de salmóns.

Sante, Trabada

San Xiao de Sante é unha parroquia do concello de Trabada na comarca da Mariña Oriental, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 286 habitantes, deles 140 eran homes e 146 eran mulleres.

A traverso do río Trabada forma límite con Asturias.

Santiso de Abres

Santiso de Abres (en castelán e oficialmente San Tirso de Abres e en eonaviego San Tiso d'Abres) é un concello da Comunidade autónoma do Principado de Asturias. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «santiseiro».

O municipio limita polo norte, o sur e polo oeste coa Provincia de Lugo (concellos de Trabada na zona norte e da Pontenova na zona sur) e polo leste con Taramundi e A Veiga, ambos do Principado. É o concello máis occidental do Principado.

Ten unha extensión de 31,51 km² e 590 habitantes (2006), densidade 18,72 hab/km². É atravesado de oeste a leste polo río Eo, a súa maior altitude é o Pico Xunqueira de 664 metros.

Trabada, Trabada

Santa María de Trabada é unha parroquia do concello de Trabada na comarca da Mariña Oriental, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 507 habitantes, deles 259 eran homes e 248 eran mulleres.

Vidal, Trabada

San Mateo de Vidal é unha parroquia do concello de Trabada na comarca da Mariña Oriental, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 75 habitantes, deles 40 eran homes e 35 eran mulleres.

Vilaformán, Trabada

San Xoán de Vilaformán é unha parroquia do concello de Trabada na comarca da Mariña Oriental, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 66 habitantes, deles 32 eran homes e 34 eran mulleres.

Vilapena, Trabada

Santiago de Vilapena é unha parroquia do concello de Trabada na comarca da Mariña Oriental, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 84 habitantes, deles 41 eran homes e 43 eran mulleres.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.