Trópico de Capricornio

Para o artigo referido á novela de Henry Miller ver: Trópico de Capricornio (novela)

World map with tropic of capricorn
Mapa do Mundo mostrando o Trópico de Capricornio

O Trópico de Capricornio é o paralelo situado ó sur do ecuador terrestre, delimita a zona tropical sur. Correspondendo á declinación máis meridional da elíptica do Sol sobre o ecuador celeste. É unha liña xeográfica imaxinaria que fica localizada abaixo do Ecuador e indica a latitude 23,5º S. Atravesa 3 continentes e 11 países:

Países

TropicOfCapricorn
Sinal en Australia.

África

América

Oceanía

Véxase tamén

Outros artigos

Arapongas

Arapongas é unha cidade do estado brasileiro de Paraná fundada o 10 de outubro de 1947. A súa poboación estimada o 2010 era de 104 161 habitantes.

Arrecife de coral

Un arrecife de coral ou barreira coralina é un tipo de arrecife que se desenvolve en augas tropicais. Aínda que os corais supoñen a maior parte da infraestrutura e a masa dun arrecife de coral, os organismos máis responsables no crecemento do arrecife contra o constante acoso das ondas oceánicas son as algas calcáreas, especies de algas vermellas. Os corais non realizan fotosíntese, pero viven nunha relación simbiótica con estas algas microscópicas que si realizan a fotosíntese, como peridinios dinoflaxelados (Zooxanthellae).

Para garantir o crecemento do arrecife de coral requírese unha temperatura da auga de entre 20 e 28 °C. Os arrecifes de coral atópanse nos océanos, generalmente entre o trópico de Cáncer e o trópico de Capricornio, debido a que os corais construtores de arrecifes viven nestas augas. Estes corais atópanse principalmente na zona fótica (menos de 50 metros de profundidade), onde a luz solar alcanza o chan e ofrece aos corais suficiente enerxía.

Debido a isto, os arrecifes de coral crecen a maior velocidade en augas cristalinas, onde a luz solar é menos absorbida pola auga oceánica.

Clima subtropical

O Clima subtropical é característico das áreas xeográficas polas que pasa o Trópico de Capricornio, con temperaturas medias abaixo dos 20 °C. Hai tamén alternancia anual entre 9 °C e 13 °C.

En áreas máis elevadas, o inverno é intenso, con nevadas esporádicas], e o verán é suave. A precipitación de choivas é intensa, acadando unha media de ata 2.000 mm/ano, de forma ben distribuída ao longo das estacións.

A vexetación nas áreas de clima subtropical é diferente conforme a altitude do lugar. Nas partes máis altas, presenta piñeirais e araucarias. En planicies, hai predominancia de gramíneas.

Coordenadas xeográficas

O Sistema de Coordenadas Xeográficas expresa todas as posicións sobre a Terra usando dúas das tres coordenadas dun sistema de coordenadas esféricas que está aliñado co eixo de rotación da Terra. Este define dous ángulos medidos desde o centro da Terra:

A latitude mide o ángulo entre calquera punto e o ecuador. As liñas de latitude chámanse paralelos e son círculos paralelos ao ecuador na superficie da Terra.

A lonxitude mide o ángulo ao longo do ecuador desde calquera punto da Terra. Acéptase que Greenwich en Londres é a lonxitude 0 na maioría das sociedades modernas. As liñas de lonxitude son círculos máximos que pasan polos polos e chámanse meridianos.O ecuador é un elemento importante deste sistema de coordenadas; representa o cero dos ángulos de latitude e o punto medio entre os polos. É o plano fundamental do sistema de coordenadas xeográficas.

Círculo polar ártico

O círculo polar ártico é a liña imaxinaria correspondente ao paralelo 66° 33’ 39" norte, a liña que delimita a rexión á volta do polo Norte da Terra en que se pode observar o sol da media noite. É un dos cinco paralelos principais terrestres e delimita a zona ártica, ao norte, coa zona temperada norte, ao seu sur.

Deserto de Gibson

O Deserto de Gibson é un deserto localizado en Australia Occidental. Presenta unha superficie de 155.000 km² e os únicos australianos que a habitan son aboríxes. é un terreo areoso con dunas e herba seca. Entre a fauna máis característica cabe destacar ao canguro vermello e ao emú.

O Deserto de Gibson forma parte da meseta de Australia Occidental e esténdese entre o Lago Disappointment e o Lago MacDonald, ao longo do Trópico de Capricornio. é unha área onde abundan pedras e rochas. O nome do deserto débese a Alfred Gibson, explorador que morreu no seu intento de cruzalo durante unha expedición en 1874 xunto a outro explorador, Ernest Giles, que sobreviviu e bautizou ao deserto en honra ao seu compañeiro.

Ecuador terrestre

O ecuador é un plano imaxinario que divide á Terra en dúas, de xeito perpendicular ó eixe de xiro dela, e equidistante do Polo Norte e do Polo Sur. A súa expresión xeográfica é unha liña imaxinaria que pasa, entre outros países, por Ecuador (ao que dá nome), Brasil e Guinea Ecuatorial.

A Liña do Ecuador é unha liña xeográfica imaxinaria que está situada a igual distancia dos polos, dividindo a Terra á metade, no punto onde a superficie do planeta, aproximadamente esférica, é perpendicular ó eixo de rotación. A liña do Ecuador divide a superficie terrestre en Hemisferio norte ou Setentrional, e Hemisferio sur ou Meridional.

A súa latitude (distancia en graos dun lugar calquera ata a liña do Ecuador) é por definición o grao cero. A Liña do Ecuador mide uns 40.070 km.

Estado do Paraná

O Paraná é un estado brasileiro que se sitúa na Rexión Sur do país. Limita ao nordeste co estado de São Paulo, ao leste co Océano Atlántico, ao sur co estado de Santa Catarina, ao suroeste con Arxentina, ao oeste con Paraguai e ao noroeste con Mato Groso do Sur. A súa capital é Curitiba. As súas cidades máis poboadas son Curitiba, Londrina, Maringá, Ponta Grossa, Foz do Iguaçu, Cascavel e Guarapuava.

Grande Terre, Nova Caledonia

Grande Terre é a illa principal de Nova Caledonia. Comprende varias illas máis pequenas como o Arquipélago de Belep ao norte de Grande Terre, as illas da Lealdade ao leste de Grande Terre, a Illa dos Piñeiros ao sur e as Illas Chesterfield e Bellona ao oeste.

Grande Terre é por moito a illa máis grande, e a única con montañas. Ten unha área de 16.372 km² e unha forma alargada de noroeste a sueste, medindo 350 km de longo por 50–70 km de ancho. Unha cadea montañosa corre ao longo da illa e conta con cinco picos de máis de 1.500 m. O punto máis alto é o Monte Panie con 1.628 m.

Clima

Nova Caledonia localízase no Trópico de Capricornio, entre os 19º e 23º de latitude sur. O clima das illas é tropical, a choiva é estacional e é traída polos ventos que usualmente corre desde o leste. A media de precipitación anual é de 1.500 mm nas Illas da Lealdade, 2.000 mm nas partes baixas de Grande Terre e entre 2.000 mm e 4.000 mm nas zonas elevadas de Grande Terre.

Illas Austrais

As illas Austrais (en francés îles Austrais, en tahitiano Tuha´a Pae) é o arquipélago máis meridional da Polinesia francesa, ao sur das illas da Sociedade. Tamén se denominan como illas Tubuai a partir do nome da illa máis grande. O nome de Austrais provén da súa situación ao sur de Tahití a lado e lado do trópico de Capricornio.

Coa excepción dos illotes María, todas as illas son de orixe volcánico, aliñadas sobre un eixo de noroeste a sueste, prolongación das illas Cook meridionais. O arquipélago consta de cinco illas habitadas máis dous grupos de illotes deshabitados nos seus extremos. Xeoloxicamente, a antigüidade das illas vai de noroeste ao sueste. As cinco illas habitadas forman cinco comunas.

De noroeste a sueste, as illas son as seguintes:

Illotes María (ou illotes Hull): é un atol deshabitado.

Rimatara: é a máis pequena das illas habitadas do arquipélago, e unha das últimas illas habitadas descubertas polos europeos na Polinesia.

Rurutu: historicamente tamén chamada Oheteroa e Hitiroa.

Tubuai: é a illa máis poboada e o centro administrativo e económico do arquipélago.

Raivavae: tambiém chamada Vavitu.

Rapa Iti: «a pequena Rapa», para distinguila de Rapa Nui, «a gran Rapa», nome da illa de Pascua.

Marotiri (ou illotes de Bass): están deshabitados.Debido á situación xeográfica, o clima é máis fresco que o habitual na Polinesia. A poboación total é de 6.386 habitantes (censo de 2002).

As illas Austrais fóronse incorporando nos Establecementos Franceses de Oceanía entre 1880 e 1889, como reacción ao protectorado británico das veciñas illas Cook. Hoxe en día forman un distrito administrativo da Polinesia francesa.

Latitude

Latitude é un termo usado na xeografía e cartografía. No globo terrestre, é o ángulo que establece, co plano do ecuador terrestre, un raio que vaia dun determinado observador ou lugar ao centro da Terra. Na Liña do Ecuador a latitude é de 0º, no polo Norte é 90º (indicado 90º N) e no polo Sur é -90º (indicado 90ºS). Así, as latitudes positivas, 'por riba' do ecuador, corresponden ó hemisferio norte (chamado tamén hemisferio boreal), e as negativas, 'por baixo' do ecuador, ó hemisferio sur (ou austral).

Liña xeográfica imaxinaria

As liñas xeográficas imaxinarias foron creadas para a división cartográfica.

Paralelo

Denomínase paralelo ao círculo formado pola intersección da esfera terrestre cun plano imaxinario perpendicular ao eixo de rotación da Terra.

Sobre os paralelos, e a partir do meridiano orixe (Greenwich), medimos a lonxitude (arco de circunferencia expresado en graos sexaxesimais); esta poderá ser leste ou oeste, en función do senso de medida da mesma.

Existen cinco paralelos que determinan unha posición concreta da órbita terrestre no seu desprazamento ao redor do Sol e que por iso reciben un nome particular:

Círculo Polar Ártico (66,5° N)

Trópico de Cáncer (23,27° N)

Ecuador (0° latitude)

Trópico de Capricornio (23,27° S)

Círculo Polar Antártico (66,5° S)A Terra fica dividida así en cinco zonas:

Unha zona tórrida comprendida entre os trópicos e que o ecuador divide en dous: norte e sur.

Dúas zonas temperadas comprendidas entre os trópicos e os círculos polares.

Dúas zonas glaciares comprendidas entre os círculos polares e as polares.A zona tórrida coincide coa máxima e mínima declinación do Sol, atinxindo grandes alturas e culminando no cénit (altura máxima no ceo) dúas veces ao ano. Os raios solares inciden case perpendicularmente nesta zona e é por iso que é a máis calorosa. Nas zonas temperadas os raios inciden máis oblicuamente e o Sol nunca culmina no cénit, por iso son menos calorosas que a anterior. Nas zonas glaciares os raios inciden moi oblicuamente, quentando moi pouco. Nestas zonas os días e as noites teñen unha duración maior a medida que aumenta a latitude. Nos polos as noites e os días teñen unha duración de seis meses.

Polokwane

Polokwane (anteriormente chamada Pietersburg) é unha cidade, municipalidade e capital da Provincia de Limpopo en Suráfrica. Ten unha poboación aproximada de 150.000 habitantes.

Provincia de Formosa

A provincia de Formosa é unha das 23 provincias da Arxentina. Ten unha poboación de 527.895 habitantes (2010) e a súa capital é Formosa.

Situada na Rexión do Norte Grande Arxentino, limita polo oeste coa provincia de Salta, polo sur co Chaco e polo leste e polo norte con Paraguai.

Esténdese entre os paralelos 22° e 27° de latitude sur e os meridianos 57° e 63° de lonxitude oeste de Greenwich. É atravesada, na súa zona norte, polo trópico de Capricornio que a sitúa na rexión tropical do país. Ocupa gran parte do Chaco Central, coñecido até principios de século XX tamén co nome de "Llanos del Manso".

É a provincia arxentina máis pobre, a de menor desenvolvemento humano e a segunda de menor PRB per cápita do país, ao superar a veciña provincia do Chaco.

O 17 % da poboación provincial é indixente, mentres que o 42 % da poboación vive baixo o limiar de pobreza.

Segundo o INDEC, en 2010 a cidade de Formosa tivo o segundo índice de desemprego máis baixo do país cun 2,2 %.

Solsticio

En astronomía, o solsticio é o momento en que o Sol, durante o seu movemento aparente na esfera celeste, alcanza o seu maior afastamento, en latitude, do ecuador. Os solsticios ocorren dúas veces por ano: o 21 ou 22 de decembro e o 21 ou 22 de xuño. O nome provén do latín solstitium (sol sistere ou sol quieto).

Trópico

Os trópicos son paralelos xeográficos que limitan a zona por onde o Sol pasa polo zénit. Representan a traxectoria aparente diúrna da proxección do Sol sobre a superficie terrestre nos solsticios.

Trópico de Cáncer

O trópico de Cáncer é o paralelo situado ó norte do ecuador terrestre, delimita a zona tropical norte. Correspondendo á declinación máis setentrional da elíptica solar para o ecuador celeste. É unha liña xeográfica imaxinaria que pasa encima do Ecuador e que indica a latitude 23,5̊ N. Atravesa 3 continentes e 17 países.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.