Trópico de Cáncer

O trópico de Cáncer é o paralelo situado ó norte do ecuador terrestre, delimita a zona tropical norte. Correspondendo á declinación máis setentrional da elíptica solar para o ecuador celeste. É unha liña xeográfica imaxinaria que pasa encima do Ecuador e que indica a latitude 23,5̊ N. Atravesa 3 continentes e 17 países.

World map with tropic of cancer
Mapa do Mundo mostrando o Trópico de Cáncer.

Países

África

América

Asia

Véxase tamén

Outros artigos

Arrecife de coral

Un arrecife de coral ou barreira coralina é un tipo de arrecife que se desenvolve en augas tropicais. Aínda que os corais supoñen a maior parte da infraestrutura e a masa dun arrecife de coral, os organismos máis responsables no crecemento do arrecife contra o constante acoso das ondas oceánicas son as algas calcáreas, especies de algas vermellas. Os corais non realizan fotosíntese, pero viven nunha relación simbiótica con estas algas microscópicas que si realizan a fotosíntese, como peridinios dinoflaxelados (Zooxanthellae).

Para garantir o crecemento do arrecife de coral requírese unha temperatura da auga de entre 20 e 28 °C. Os arrecifes de coral atópanse nos océanos, generalmente entre o trópico de Cáncer e o trópico de Capricornio, debido a que os corais construtores de arrecifes viven nestas augas. Estes corais atópanse principalmente na zona fótica (menos de 50 metros de profundidade), onde a luz solar alcanza o chan e ofrece aos corais suficiente enerxía.

Debido a isto, os arrecifes de coral crecen a maior velocidade en augas cristalinas, onde a luz solar é menos absorbida pola auga oceánica.

Bóvidos

A dos bóvidos (Bovidae) é unha familia de mamíferos artiodáctilos ruminantes que comprende, segundo os autores, entre oito e dez subfamilias (algúns chegan a admitir até a ducia), entre as que destacan a dos bovinos (Bovinae), que inclúe bois, bisontes e búfalos; a dos caprinos (Caprinae), que agrupa a cabras, ovellas e rebezos, e a dos antilopinos (Antilopinae), ou antílopes verdadeiros, que comprende as numerosas especies de gacelas e outros antílopes.

Os seus hábitats naturais son moi variados, estendéndose desde o Ártico até o trópico de Cáncer, habitando sobre todo en rexións de praderías e sabanas, no vello mundo (Eurasia e África) e en Norteamérica.

A domesticación dalgúns bóvidos comezou no neolítico, coas ovellas, en Mesopotamia, hai 10.000 anos.

Coordenadas xeográficas

O Sistema de Coordenadas Xeográficas expresa todas as posicións sobre a Terra usando dúas das tres coordenadas dun sistema de coordenadas esféricas que está aliñado co eixo de rotación da Terra. Este define dous ángulos medidos desde o centro da Terra:

A latitude mide o ángulo entre calquera punto e o ecuador. As liñas de latitude chámanse paralelos e son círculos paralelos ao ecuador na superficie da Terra.

A lonxitude mide o ángulo ao longo do ecuador desde calquera punto da Terra. Acéptase que Greenwich en Londres é a lonxitude 0 na maioría das sociedades modernas. As liñas de lonxitude son círculos máximos que pasan polos polos e chámanse meridianos.O ecuador é un elemento importante deste sistema de coordenadas; representa o cero dos ángulos de latitude e o punto medio entre os polos. É o plano fundamental do sistema de coordenadas xeográficas.

Cáncer

As palabras cancro ou cáncer pódense referir a:

unha enfermidade causada por un tumor maligno, o cancro;

unha úlcera formada na codia das árbores, o cancro;

o signo zodiacal de cáncer ou caranguexo;

a constelación de cáncer, unha das 88 en que se divide o ceo nocturno;

o trópico de Cáncer, o trópico situado ao norte do Ecuador.

Cáncer (constelación)

En astronomía cáncer, ou Cangrexo, (símbolo , Unicode ♋), é unha das doce constelacións do zodíaco. En astroloxía, Cáncer constitúe un dos doce signos zodiacais.

A constelación de Cáncer é pequena e feble. Atópase entre as constelacións de Gemini ao Leste, Lynx ao Norte e as constelacións de Canis Minor e Hydra ao Sur.

A constelación tamén da o seu nome ao trópico de Cáncer

Círculo polar antártico

O círculo polar antártico é a liña imaxinaria correspondente ao paralelo de 66° 33' latitude sur.

Pasa polas partes máis ao norte da Antártida. Ao sur desta liña, durante o inverno hai polo menos un día de noite absoluta (24 horas de escuridade), e durante o verán hai polo menos un día de luz absoluta (24 horas de sol). Con todo, o tempo do día e da noite poden variar conforme a época e tamén conforme a latitude. O punto 90° Sur, onde se localiza a estación Amundsen-Scott, enfronta dúas situacións ben distintas durante o ano. Entre o equinoccio de primavera e o equinoccio de outono a estación é iluminada polo Sol todo o tempo. Xa entre o equinoccio de outono e o equinoccio de primavera, permanece soamente a longa noite de seis meses.

Círculo polar ártico

O círculo polar ártico é a liña imaxinaria correspondente ao paralelo 66° 33’ 39" norte, a liña que delimita a rexión á volta do polo Norte da Terra en que se pode observar o sol da media noite. É un dos cinco paralelos principais terrestres e delimita a zona ártica, ao norte, coa zona temperada norte, ao seu sur.

Ecuador terrestre

O ecuador é un plano imaxinario que divide á Terra en dúas, de xeito perpendicular ó eixe de xiro dela, e equidistante do Polo Norte e do Polo Sur. A súa expresión xeográfica é unha liña imaxinaria que pasa, entre outros países, por Ecuador (ao que dá nome), Brasil e Guinea Ecuatorial.

A Liña do Ecuador é unha liña xeográfica imaxinaria que está situada a igual distancia dos polos, dividindo a Terra á metade, no punto onde a superficie do planeta, aproximadamente esférica, é perpendicular ó eixo de rotación. A liña do Ecuador divide a superficie terrestre en Hemisferio norte ou Setentrional, e Hemisferio sur ou Meridional.

A súa latitude (distancia en graos dun lugar calquera ata a liña do Ecuador) é por definición o grao cero. A Liña do Ecuador mide uns 40.070 km.

Henry Miller

Henry Valentine Miller, nado en Nova York o 26 de decembro de 1891 e finado en California o 7 de xuño de 1980, foi un novelista estadounidense. A súa obra componse de novelas semiautobiográficas nas que o ton cru e sensual suscitou unha serie de controversias no seno dunha sociedade puritana que Miller quixo estigmatizar denunciando a hipocrisía moral norteamericana. Influíu notablemente na chamada Xeración Beat.

Latitude

Latitude é un termo usado na xeografía e cartografía. No globo terrestre, é o ángulo que establece, co plano do ecuador terrestre, un raio que vaia dun determinado observador ou lugar ao centro da Terra. Na Liña do Ecuador a latitude é de 0º, no polo Norte é 90º (indicado 90º N) e no polo Sur é -90º (indicado 90ºS). Así, as latitudes positivas, 'por riba' do ecuador, corresponden ó hemisferio norte (chamado tamén hemisferio boreal), e as negativas, 'por baixo' do ecuador, ó hemisferio sur (ou austral).

Liña xeográfica imaxinaria

As liñas xeográficas imaxinarias foron creadas para a división cartográfica.

Long Island, Bahamas

Long Island (Illa Longa) é unha illa nas Bahamas que está dividida polo Trópico de Cáncer. a súa capital é Clarence City. Long Island é un dos Distritos das Bahamas e é coñecida como a illa máis pintoresca das Bahamas. A poboación era de 3.094 habitantes no censo de 2.010.

Paralelo

Denomínase paralelo ao círculo formado pola intersección da esfera terrestre cun plano imaxinario perpendicular ao eixo de rotación da Terra.

Sobre os paralelos, e a partir do meridiano orixe (Greenwich), medimos a lonxitude (arco de circunferencia expresado en graos sexaxesimais); esta poderá ser leste ou oeste, en función do senso de medida da mesma.

Existen cinco paralelos que determinan unha posición concreta da órbita terrestre no seu desprazamento ao redor do Sol e que por iso reciben un nome particular:

Círculo Polar Ártico (66,5° N)

Trópico de Cáncer (23,27° N)

Ecuador (0° latitude)

Trópico de Capricornio (23,27° S)

Círculo Polar Antártico (66,5° S)A Terra fica dividida así en cinco zonas:

Unha zona tórrida comprendida entre os trópicos e que o ecuador divide en dous: norte e sur.

Dúas zonas temperadas comprendidas entre os trópicos e os círculos polares.

Dúas zonas glaciares comprendidas entre os círculos polares e as polares.A zona tórrida coincide coa máxima e mínima declinación do Sol, atinxindo grandes alturas e culminando no cénit (altura máxima no ceo) dúas veces ao ano. Os raios solares inciden case perpendicularmente nesta zona e é por iso que é a máis calorosa. Nas zonas temperadas os raios inciden máis oblicuamente e o Sol nunca culmina no cénit, por iso son menos calorosas que a anterior. Nas zonas glaciares os raios inciden moi oblicuamente, quentando moi pouco. Nestas zonas os días e as noites teñen unha duración maior a medida que aumenta a latitude. Nos polos as noites e os días teñen unha duración de seis meses.

Río de Oro

Río de Oro (en árabe: وادي الذهب wādī-að-ðahab, transcrito tamén Oued Edhahab) era, xunto a Saguia el Hamra, un dos dous territorios en que se dividía o Sáhara Español antes da ocupación de Marrocos. Abarcaba unha superficie de 184.000 km² e a súa capital era Villa Cisneros (actual Dakhla).

O paralelo 26º servíalle como fronteira norte. Era atravesado polo Trópico de Cáncer. O límite sur era o Cabo Branco que forma unha península na que se acha a cidade de La Güera. Esta península foi anexionada por Mauritania á vez que se retiraba de todo o territorio saharauí que ocupara entre 1976 e 1979.

A fronteira entre a zona mauritana e marroquí era unha liña que partía no oeste ao norte de Vila Cisneros na costa, no paralelo 24º, no leste ata a fronteira con Mauritania á altura do paralelo 23º.

A denominación orixinal do territorio débese a que en 1442 uns portugueses parecen obter un pouco de ouro en po a cambio das súas mercancías, e creron descubrir un rico país aurífero. Nalgúns mapas antigos, así un de Diego Ribera publicado en 1529, figura vindo da Nigricia Central e desemboca no Atlántico mentres, en mapas máis modernos aparece un curso moito máis curto, que desemboca no golfo en cuestión co nome de Uadi Meguetha Mersug, chegando unha expedición española xa nos anos 1885 e 1886 a declarar que non existía río algún que desembocase no golfo, podendo levar a unha posible equivocación a forma longa e estreita do golfo que os descubridores portugueses tomaron polo estuario dun río.

Solsticio

En astronomía, o solsticio é o momento en que o Sol, durante o seu movemento aparente na esfera celeste, alcanza o seu maior afastamento, en latitude, do ecuador. Os solsticios ocorren dúas veces por ano: o 21 ou 22 de decembro e o 21 ou 22 de xuño. O nome provén do latín solstitium (sol sistere ou sol quieto).

Trópico

Os trópicos son paralelos xeográficos que limitan a zona por onde o Sol pasa polo zénit. Representan a traxectoria aparente diúrna da proxección do Sol sobre a superficie terrestre nos solsticios.

Xurxo Borrazás

Xurxo Borrazás Fariña, nado en Carballo o 6 de agosto do 1963, é un escritor galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.