Tríscele

Un tríscele (do grego τρισκέλιον [triskélion]; τρισκελής [triskelís], "con tres pernas") é un símbolo celta formado por tres espirais entrelazadas, por tres pernas humanas flexionadas ou por calquera deseño similar que conteña a idea de simetría rotacional.

Triskele-Symbol-spiral-five-thirds-turns
Tríscele espiral. O número tres, ao igual que noutras culturas, aparece constantemente na celta.
Flag of the Isle of Mann
Tríscele de tres pernas presente na bandeira da Illa de Man.

Simboloxía

Representa as tríades da vida en eterno movemento e equilibrio. Exemplos:

O tríscele é o símbolo identificativo de cinco nacións europeas: Bretaña, a Illa de Man, Galiza, Asturias e Sicilia. Os trísceles de Man e de Sicilia están formados por tres pernas dobradas e entrelazadas na rexión da virilla. Mais, mentres o tríscele de Man son tres pernas envolvidas por unha armadura, o tríscele siciliano contén no seu centro a imaxe da cabeza dunha Medusa. O tríscele da Galiza e Asturias son tres medias lúas xirando sobre o mesmo punto.

Orixes

Torque de Santa Tegra 1
Tríscele no terminal dun torques (Museo do castro de Santa Trega).

Este importante símbolo é unha especie de estrela de tres puntas, xeralmente curvadas, que lle confire ao símbolo unha fluidez de movemento. Pode tamén definirse como un conxunto de tres espirais concéntricas. É un dos elementos máis presentes na arte celta, e ten a súa orixe atribuída aos pobos mesolíticos e neolíticos. O tríscele é un antigo símbolo indoeuropeo. Tamén era utilizado por pobos xermánicos e gregos.

Os celtas consideraban o tres como un número sagrado. A primitiva división do ano en tres estacións (primavera, verán e inverno) pode ter tido o seu efecto na triplicación dunha deusa da fertilidade coa cal o curso das estacións se asociaba.

Ou sexa, o tríscele, coas súas tres puntas, está asociado ao fluxo das estacións e por consecuencia representa a propia Deusa. Ademais, temos unha conexión obvia coas tres fases da Deusa (Doncela, Nai e Anciá), ben como ás tres fases da Lúa (crecente, chea e minguante), ou incluso coa nosa natureza tripla (corpo, mente e alma). A súa presenza en achados arqueolóxicos en terras celtas, da Irlanda á Europa Oriental, atesta a súa ampla adopción polos antigos.

A iconografía continental atribúe grande énfase ao simbolismo da tríade, o concepto da triplicidade, e o contido mítico-literal ausente no continente é amplamente fornecido pola infinidade de variacións dese tema na literatura irlandesa e galesa.

Galería de imaxes

Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Exposición Unha escolma de escultura. (6144511622)

Tríscele de Castromao, século I, Museo de Ourense. Posiblemente unha fiestra.

Trisquel da Aira Vella, Santo Estevo de Allariz, Allariz

Tríscele da Aira Vella en Allariz.

Coat of arms of Sicily

O tríscele no Brasón de armas de Sicilia.

Selection of carvings from the Castro de Santa Trega

Unha selección das tallas castrexas con varios trísceles do castro de Santa Trega.

Notas

  1. http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2014/04/23/amoeiro-tierra-castrexa/1009825.html?utm_medium=rss

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Beltane

Beltane ou Bealtaine (en irlandés bo lume) é un antigo día festivo irlandés celebrado o 1 de maio. Historicamente esta festividade celebrábase en Irlanda, Escocia e na Illa de Man. Nos outros países celtas coma Gales, Galicia, Bretaña e Cornualles había festividades parecidas o mesmo día. A festividade sobrevive con prácticas folclóricas nas nacións celtas e a diáspora e experimenta un grao de renacemento nas décadas recentes.

Calan Gaeaf

Calan Gaeaf é o nome do primeiro día de inverno en Gales, o 1 de novembro. A noite anterior é chamada Nos Galan Gaeaf, un Ysbrydnos, ou "noite dos espíritos", na que os espíritos están entre os vivos. Durante esta data, a xente evita ir ós cemiterios e ás encrucilladas de camiños, xa que os espíritos adoitan reunirse neses lugares.

Calan Mai

Calan Mai ou Calan Haf é unha festividade celebrada en Gales o 1 de maio que festexa o primeiro día de verán. As celebracións comezan antes do solpor, coñecido como May Eve, con fogueiras; e coma no Calan Gaeaf, a noite anterior (Nos Galan Mai) é unha Ysbrydnos, ou "noite dos espíritos", momento no cal andan fóra e é posible practicar a arte da adiviñación. A tradición do acendido das fogueiras faise anualmente no sur de Gales dende mediados do século XIX. É o equivalente galés da festa goidélica da Beltane.

Castro de Castromao, Celanova

O castro de Castromao é un castro situado no actual concello de Celanova, no sueste da provincia de Ourense. Suponse que foi habitado polo pobo dos coelernos. En 2018 foi declarado Ben de Interese Cultural.

Clatrina

A clatrina é unha proteína que ten unha importancia fundamental para a formación de vesículas revestidas. A clatrina foi illada por primeira vez por Barbara Pearse en 1975. Ten forma de tríscele composto por tres cadeas pesadas de clatrina e tres lixeiras. Cando os trísceles interaccionan forman unha retícula poliédrica que rodea a vesícula como un revestimento. As proteínas de recubrimento, como a clatrina, utilízanse para construír pequenas vesículas para transportar moléculas con seguridade dentro da célula ou entre células. A endocitose e exocitose de vesículas permite que as células transfiran nutrientes, importen receptores de sinalización celular, medien unha resposta inmunitaria despois de sondear o mundo extracelular, e eliminen os residuos celulares que quedan despois da inflamación dos tecidos. En ocasións, este mecanismo tamén proporciona unha vía para o ataque de patóxenos ou toxinas.

Cruz celta

A cruz celta é unha cruz cun anel que a rodea por detrás da intersección. É característica do cristianismo irlandés celta. Aparece tamén representada noutras zonas de Europa como Francia (en Normandía e na Bretaña principalmente) ou Galicia.

Galacia

A antiga Galacia (grego Γαλατία) foi unha área das terras altas da península de Anatolia, na moderna Turquía. Galacia recibe o nome dos invasores galos chegados dende Tracia, que se estableceron alí e se converteron na caste dominante no século -III, seguindo a invasión celta dos Balcáns no -279. Tamén foi chamada a "Galia" do leste, xa que os historiadores romanos chamaron ós seus habitantes Galli (Galo ou Celta). Os termo gálatas é un exónimo, e o termo co que se denominaban a si mesmos é descoñecido.

Galia romana

A Galia romana consistiu nunha área do goberno provincial no Imperio romano, no que hoxe son Francia, Bélxica, Luxemburgo, Suíza e o oeste de Alemaña. O control romano da área durou máis de cincocentos anos.

Gŵyl Fair y Canhwyllau

Gŵyl Fair y Canhwyllau (en galés, "Festa das candeas de Mary") é o nome dunha festividade galesa celebrada o 2 de febreiro. É o equivalente galés da festividade goidélica do Imbolc. É unha variación da cerimonia pre-protestante das candeas levadas nunha procesión. A cerimonia cristiá está inspirada nos festivais pagáns da chegada da primavera, e algúns dos vellos ritos que continuaron en partes de Gales suxiren un ritual mesmo máis antigo.

Imbolc

Imbolc é unha das catro principais festas do calendario celta, asociado co ritual da fertilidade, que foi modificado, ocupado e convertido[Cómpre referencia] polo cristianismo no día de Santa Bríxida. Historicamente a festa é tamén se coñecida en Escocia coma Latha Fhèill Brìghde, en Irlanda coma Lá Fhéile Bríde e en Gales coma Gwyl Ffraed. O Imbolc asóciase co 1 de febreiro aínda que o festival celta comeza o 31 de xaneiro.

Labirinto celta

Un labirinto celta é un patrón de debuxo en espiral, que ten a súa orixe na arte celta. Comezou nas tallas en pedra e metais e máis tarde evolucionou na arte insular medieval. Os deseños prehistóricos de espirais de Gavrinis datan arredor do ano -3500.

Os labirintos celtas atópanse entre esculturas en Camonica Valley, ocupada polos celtas no inicio do primeiro milenio, a maioría con máis dun exemplo do modelo estilo Knossos ou do estilo clásico. A mitoloxía asociada cos labirintos tamén suxiren orixe celta, xa que os labirintos que conteñen ollos, unha figura con cornos ou unha serpe están relacionados coa divindade Cernunnos.

Lingua nórica

A lingua nórica era unha das linguas célticas continentais. Suponse que se falaba na rexión do que posteriormente constituíu a provincia romana de Noricum. Só está testemuñada por dúas inscricións fragmentarias que non ofrecen suficiente información para tirar delas demasiadas conclusións sobre a natureza e características desta lingua.

Linguas britónicas

As linguas britónicas son linguas indoeuropeas, do grupo das linguas célticas xunto coas linguas goidélicas.

Lughnasadh

Lughnasadh é unha festa celta celebrada o 1 de agosto, durante a tempada de maduración da colleita local de froitas, ou durante o plenilunio preto do punto medio entre o solsticio de verán e o equinoccio de outono.

Mitoloxía celta

A mitoloxía celta é unha serie de relatos da aparente relixión dos celtas na idade de ferro. Ó igual que outras culturas indoeuropeas neste período, os primeiros celtas mantiveron unha mitoloxía politeísta e unha estrutura relixiosa. Entre o pobo celta en estreito contacto con Roma, como os galos e os celtiberos, esta mitoloxía non sobreviviu ó imperio romano, debido á súa conversión ó cristianismo e á perda dos seus idiomas orixinais, aínda que ironicamente foi a través de fontes romanas e cristiás, contemporáneas, que coñecemos detalles sobre as súas crenzas.

En contraste, a comunidade celta que mantivo as súas identidades políticas ou lingüísticas (tales coma as tribos de escotos e bretóns das Illas Británicas) transmitiu xeralmente vestixios remanentes das mitoloxías da idade de ferro, as cales foron rexistradas a miúdo de forma escrita na Idade Media.

Mitoloxía galesa

A mitoloxía galesa son os mitos e lendas propias do pobo galés. Componse en parte das tradicións folclóricas desenvolvidas en Gales, e por polas tradicións britanas anteriores ó final do primeiro milenio. Moitos dos contidos pertencen ó período pre-cristián, que sobreviviron nunha forma alterada a través de manuscritos medievais galeses como o Libro Vermello de Hergest, o Libro Branco de Rhydderch, o Libro de Aneirin e o Libro de Taliesin.

As historias en prosa dos libros Branco e Vermello son coñecidas como Mabinogion, un título dado polo seu primeiro tradutor, Lady Charlotte Guest, e tamén usado polos tradutores posteriores. Poemas como Cad Goddeu (A batalla das árbores) e listas de textos mnemotécnicos como as Tríades da Illa de Bretaña e os Trece Tesouros da Illa de Bretaña, tamén conteñen material mitolóxico. Estes textos tamén inclúen partes da Materia de Bretaña e a historia tradicional da Bretaña romana.

Outras fontes son a compilación histórica en latín do século IX Historia Britonum (A historia dos bretóns) e a crónica do século XII de Geoffrey de Monmouth Historia Regum Britanniae (A historia dos Reis de Bretaña), así como folclore posterior como The Welsh Fairy Book de W. Jenkyn Thomas 1908.

A historia galesa, antes da invasión romana, era transmitida oralmente polos druídas ós seus aprendices. Debido ás invasións por parte dos romanos e saxóns, a historia e a mitoloxía confúndense por falta de fontes escritas.

Música celta

Música celta é un termo popular que fai referencia á música tradicional dos pobos do Atlántico Europeo: Irlanda (Éire), Escocia (Alba), Gales (Cymru), Cornualles (Kernow), Illa de Mann, Bretaña (Breizh), Asturias e Galiza; mesturada en ocasións con patróns de música medieval.

Os instrumentos musicais que a caracterizan son o acordeón, a concertina a arpa, a guitarra acústica, o bouzouki irlandés a frauta traveseira irlandesa o violino, o bodhrán os whistles a bombarda bretoa e especialmente a sempre protagonista gaita de fol.

Existen diversos sub-tipos de "música celta".

O termo "música celta" pode referirse ás composicións musicais baseadas en patróns medievais dos pobos da fachada atlántica europea (dentro da música folk galega destacaría neste sub-tipo o gaiteiro Carlos Núñez ou Luar na Lubre), tamén pode referirse á música popular e aos cánticos populares deses pobos (no caso galego a mellor representante é Mercedes Peón), ou pode referirse a música espiritual (a irlandesa Enya é a representante deste estilo que goza do máis recoñecemento internacional).

Neopaganismo celta

O neopaganismo celta refírese ó movemento pagán contemporáneo baseado no politeísmo celta. Este movemento apareceu a finais do século XIX, máis emerxeu con forza nos anos setenta do século XX. O neopaganismo celta recolle a antiga relixión celta praticada nas antigas Galia, Irlanda e Britannia antes da chegada do cristianismo. Trátase dun sistema relixioso panteísta, animista e politeísta. Coa aparición e difusión do mistericismo entre os anos 1970 e 1980, o neopaganismo influíu na filosofía New Age e na Wicca, ás cales transmitiulles particularmente a súa doutrina druidista. Entre os primeiros grupos estaban os de orientación puramente celta , e só moi recentemente a relixión celta foi sometida a unha sistematización e institucionalización gradual, cuxo proceso aínda está en curso.

En Galicia existen varios grupos de paganismo celta, entre eles a "Irmandade druídica galega" e o grupo "Brigante".

Nó celta

O Nó celta é un estilo de decoración a base de nós estilizados, empregados amplamente na arte insular dos pobos celtas. Estes nós son máis coñecidos pola súa adaptación para o seu uso na ornamentación de monumentos cristiáns e manuscritos, como os do século VIII nos Evanxeos de Lichfield, o Libro de Kells e os Evanxeos de Lindisfarne.

Antigos celtas
Estudos celtas
Celtas modernos
Rexurdimento celta
Linguas
Festivais
Listas

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.