Tourón, Ponte Caldelas

Santa María de Tourón é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ponte Caldelas. Segundo o IGE en 2016 tiña 1099 habitantes (536 homes e 563 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación.

Coordenadas: 42°24′07″N 08°31′44″O / 42.40194, -8.52889

Tourón
Igrexa de Santa María de Tourón, Ponte Caldelas
Igrexa de Santa María de Tourón.
ConcelloPonte Caldelas
Área17,05 km²
Poboación1099 hab. (2016)
Densidade64,46 hab./km²
Entidades de poboación6

Xeografía e patrimonio

Esta parroquia é a máis próxima a Pontevedra e linda con ese concello na parroquia de Marcón. Está atravesada pola estrada PO-532, tramo da antiga C-531.

Hai varios petróglifos da Idade de Bronce, nos que predominan figuras animais (cabalos e cervos), circulares e cornixas.

Na parroquia está o polígono industrial da Reigosa, anexo ao polígono industrial do Campiño. O punto de maior elevación é o monte do Pé da Moa, de 595 metros.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Tourón, Ponte Caldelas.
Portada da igrexa de Santa María de Tourón, Ponte Caldelas

Portada da igrexa de Santa María de Tourón.

SantaAna

Capela de Santa Ana, no lugar de Buchabade.

Laxe das Cruces - Área arqueolóxica de Tourón, Ponte Caldelas

Laxe das Cruces - Área arqueolóxica de Tourón.

Lugares e parroquias

Parroquias de Ponte Caldelas

Véxase tamén

Outros artigos

A Reigosa, Tourón, Ponte Caldelas

A Reigosa é un núcleo da parroquia de Tourón, no concello de Ponte Caldelas. Segundo o INE en 2008 tiña 200 habitantes, 3 máis ca en 2007.

No lugar está o polígono industrial da Reigosa, anexo ao polígono industrial do Campiño. Neste lugar atópase a fábrica de Tafisa e as instalacións de Distribucións Arnoia e da conserveira Orbe entre outras empresas.

Na Reigosa hai un colexio de primaria, que dá servizo ás parroquias de Xustáns, Taboadelo e Tourón.

Buchabade, Tourón, Ponte Caldelas

Buchabade é un lugar da parroquia de Tourón, no noroeste do concello pontevedrés de Ponte Caldelas, lindando cos lugares de Tourón, Vilarchán e Parada.

O barrio é máis coñecido polo nome de Santa Ana, debido á situación no lugar da capela de Santa Ana.

Buchabade atópase comunicada con Pontevedra e Ponte Caldelas a través da estrada autonómica PO-532.

Contixe, Tourón, Ponte Caldelas

Contixe é un lugar da parroquia de Tourón, no concello pontevedrés de Ponte Caldelas. Segundo o IGE, no ano 2007 contaban con 77 habitantes (43 homes e 34 mulleres), 3 menos ca en 2006.

Atópase situado a 8 quilómetros de Pontevedra e a 6 de Ponte Caldelas. Limita na parte norte e leste co lugar de Mirón, ao sur con Vilarchán e ao oeste co Salgueiral, lugar da parroquia de Bora (Pontevedra).

A festa de Contixe celébrase na primeira fin de semana do mes de maio. O patrón do lugar é San Miguel.

Fernando Martínez Vilanova

Fernando Martínez Vilanova, en ocasións coñecido como Fernando Vilanova, nado en 1949 en Vilarchán (parroquia de Tourón, no cocncello de Ponte Caldelas), é un pintor, historiador da arte e crítico galego.

Tourón, Tourón, Ponte Caldelas

Tourón é un dos núcleos da parroquia homónima do concello de Ponte Caldelas. Ten 230 veciños segundo o INE no ano 2007.

Vilarchán, Tourón, Ponte Caldelas

Vilarchán é unha aldea da parroquia de Santa María de Tourón, no concello pontevedrés de Ponte Caldelas. Segundo o IGE, no ano 2007 tiña 292 habitantes (135 homes e 157 mulleres), o mesmo número que no ano anterior. Localízase a carón do alto do Pé da Moa (595 m).

Entre os seus edificios destaca a capela románica de San Miguel, do ano 1160. Ten un espazo de terreo que facía antigamente de camposanto utilizado mesmo polos veciños de Caroi (Cerdedo-Cotobade).

As súas festas celébranse na derradeira fin de semana do mes de xullo, na honra da súa patroa, a Virxe dos Remedios de Vilarchán.

Conta tamén cunha antiga e restaurada Casa da Sociedadade, construída polos habitantes de Vilarchán, e tamén das aldeas dos arredores (Contixe, Mirón e A Reigosa). Despois da guerra civil foi requisada polas autoridades franquistas e convertida en Casa-Escola de ensino primario. Na transición, xa en estado ruinoso, foi devolta á poboación. Foi reconstruída polos lugares e aldeas da parroquia que participaran na súa construción (agás A Reigosa, que renunciou), e na actualidade funciona como Casa do Pobo de Vilarchán, Mirón e Contixe.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.