Tortura

A tortura é o acto de causar dano físico ou psicolóxico intencionadamente a unha persoa ou animal.

O obxectivo pode ser variado: obter unha confesión ou información da vítima ou dunha terceira persoa, como vinganza por un feito cometido pola vítima ou tamén unha terceira persoa, como preludio dunha execución (nese caso fálase de morte-suplicio) ou simplemente como entretemento do torturador.

Este dano pódese causar de varias formas. O dano físico pódese causar mediante golpes, rotura de ósos, rachos musculares, castración, esmagamento, picadas, cortes, descargas eléctricas, desfiguracións, queimaduras, aplicación de temperaturas extremas, auga, inxestión de produtos químicos ou elementos cortantes, afogamento, violación, privación do soño ou posturas corporais incómodas.

O dano psicolóxico pódese realizar mediante a privación sensorial, o illamento ou mediante falsas execucións que contribúan á desmoralización do individuo.

Torture Inquisition
Esbirros da Inquisición torturando a un detido por homosexualidade. Gravado do século XVIII.

Uso da tortura polas autoridades

Na antigüidade, a aplicación de castigo físico para obter unha confesión ou executar unha sentenza foi unha práctica común.

As civilizacións de oriente, así como os gregos e romanos, considerábana unha práctica adecuada e necesaria, establecendo estes últimos procedementos fixos para a súa aplicación xudicial.

A Inquisición instaurada pola Igrexa Católica, do mesmo xeito que os tribunais protestantes, fixeron uso da tortura para forzar a quen era acusado de herexes a recoñecer a súa culpa, e era considerada un medio lexítimo para obter confesións ou informacións por parte dos sospeitosos.

Na actualidade saíron á luz pública as torturas utilizadas polo exército dos Estados Unidos de Norteamérica na súa loita contra o terrorismo e a posterior liberación de Iraq nos seus cárceres de Abu Ghraib en Iraq e Guantánamo en Cuba.

O uso da tortura é amplamente considerado como ineficaz, xa que a vítima confesará sexa certa a acusación ou non, e ata inventará feitos con tal de facer cesar a tortura.

A tortura segue sendo un método de represión común nos réximes totalitarios, organizacións terroristas e o crime organizado. Ata nas sociedades democráticas occidentais, os corpos policiais e militares recorren ocasionalmente á tortura.

Desde o punto de vista xurídico

Diverse torture instruments
Instrumentos de tortura

A loita contra a tortura ten un instrumento internacional específico: a Convención Contra a Tortura e Outros Tratos ou Penas Crueis, Inhumanos ou Degradantes (1984).[1]

Adicionalmente a tortura está condenada no artigo 5 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Outras normas xurídicas de dereito internacional que recollen a tortura son o Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos e o Convenio Europeo para a Protección dos Dereitos Humanos e das Liberdades Fundamentais.

O Día Internacional de Apoio ás vítimas da Tortura celébrase o 26 de xuño.

A tipificación do delito varía segundo a regulación de cada país, pero en conxunto e de xeito xenérico considérase tortura a efectos penais a as accións cometidas por funcionarios ou autoridades, co consentimento explícito ou implícito por parte das mesmas para que terceiros as executen, co obxectivo de obter unha confesión ou información dunha persoa, así como o castigo físico ou psíquico que supoña sufrimento e suprima ou diminúa as facultades do torturado ou de calquera xeito afecten á súa integridade moral.

A loita contra a tortura

No mundo, varias Organizacións Non Gobernamentais (ONG) mobilízanse para exercer unha presión sobre os Estados que practican a tortura, por exemplo Amnistía Internacional (AI) ou a Organización Mundial Contra a Tortura (OMCT).

Tortura nas artes

A película El crimen de Cuenca de Pilar Miró rodada en 1979, relata feitos reais das torturas que recibiron uns campesiños españois a mans da Garda Civil a principios do século XX.

A obra de teatro A Morte e a Doncela de Ariel Dorfman explora as consecuencias de tortura.

Notas

  1. en www.ohchr.org Arquivado 07 de marzo de 2007 en Wayback Machine..

Véxase tamén

Ligazóns externas

15 de maio

O 15 de maio é o 135º día do ano do calendario gregoriano e o 136º nos anos bisestos. Quedan 230 días para finalizar o ano.

26 de xuño

O 26 de xuño é o 177º día do ano do calendario gregoriano e o 178º nos anos bisestos. Quedan 188 días para finalizar o ano.

Agresión sexual

Unha agresión sexual é calquera tipo de violencia de natureza sexual cometida contra outra persoa. Aínda que a agresión sexual estea asociada ó crime de violación, pode cubrir tipos de violencia que poden non ser considerados como tal.O que constitúe unha agresión sexual é determinado polas leis da xurisdición onde a agresión ocorreu, o que varía considerabelmente, e sofre a influencia de actitudes locais, sociais e culturais.

A agresión sexual inclúe violación, penetración vaxinal, anal ou oral forzada, relación sexual forzada, nudez forzada, caricias non apropiadas, bicos forzados, abuso de menores e a tortura da vítima de forma sexual.

Amnistía Internacional

Amnistía Internacional é un movemento mundial integrado por persoas cuxo fin é contribuír a que se respecten os dereitos humanos, traballando por eses dereitos proclamados na Declaración Universal e noutras normas internacionais. Promovendo a súa observancia e a súa concienciación pública con actividades de acción, así como por medio da educación e da presión para que se ratifiquen e apliquen nos tratados. Está formado por máis dun millón e medio de persoas, de máis de 150 países e territorios, que dedican o seu tempo e o seu esforzo para traballar por un mundo no que todas as persoas gocen de todos os dereitos humanos e para apoiar ás vítimas cuxos dereitos foron violados. En 1976 foi galardoada co Premio Erasmus.

Centros clandestinos de detención

Os centros clandestinos de detención ou CCD foron as instalacións secretas empregadas polas forzas armadas e de seguridade para executar o plan sistemático de desaparición de persoas da ditadura autodenominada Proceso de Reorganización Nacional na Arxentina.

As Forzas Armadas clasificaban os CCD en dous tipos:

Lugar de Reunión de Detidos (LRD): tiñan unha organización máis estábel e estaban preparados para aloxar, torturar e asasinar a grandes cantidades de detidos.

Lugar Transitorio (LT): tiñan unha infraestrutura precaria e estaban destinados a funcionar como un primeiro lugar de aloxamento dos detidos-desaparecidos.O plan do goberno de facto, que exerceu o poder na Arxentina entre o 24 de marzo de 1976 e o 10 de decembro de 1983, formaba parte das operacións de contrainsurxencia clandestinas, comezadas poucos anos antes, no marco do Operativo Independencia, para eliminar a disidencia política. Operativos similares leváronse a cabo noutros países da rexión, co apoio expreso do goberno dos Estados Unidos, interesado en promover a toda costa o control do comunismo e outras correntes ideolóxicas opostas ao seu bando na guerra fría.

Cesare Beccaria

Cesare Beccaria (15 de marzo de 1738 – 28 de novembro de 1794) foi un filósofo, xurista, economista e político italiano coñecido polo seu tratado Dei delitti e delle pene (1764), no cal condenaba a tortura e a pena de morte, e é unha das obras fundadoras da penoloxía.

Crime de lesa humanidade

Denomínase crime contra a humanidade, segundo o establecido polo Estatuto de Roma da Corte Penal Internacional, ás condutas tipificadas como asasinato, exterminio, deportación ou desprazamento forzoso, encarceración, tortura, violación, prostitución forzada, esterilización forzada, persecución por motivos políticos, relixiosos, ideolóxicos, raciais, étnicos ou outros definidos expresamente, desaparición forzada ou calquera actos inhumanos que causen graves sufrimentos ou atenten contra a saúde mental ou física de quen os sofre, sempre que devanditas condutas cométanse como parte dun ataque xeneralizado ou sistemático contra unha poboación civil e con coñecemento de devandito ataque.

Estes actos tamén se denominan crimes de lesa humanidade. Leso significa agraviado, magoado, ofendido: de alí que crime de lesa humanidade aluda a un crime que ofende, agravia, inxuria á humanidade no seu conxunto.

Desaparecidos pola ditadura arxentina

Desaparecidos pola ditadura arxentina é o nome co que se coñece ás persoas que foron vítimas do crime de desaparición forzada durante o goberno militar da Arxentina autodenominado Proceso de Reorganización Nacional (1976-1983).

Década de 1250

A década de 1250 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1250 e remata o 31 de decembro de 1259.

Escuela Superior de Mecánica de la Armada

A Escuela Superior de Mecánica de la Armada, renomeada a Escuela de Mecánica de la Armada, tamén coñecida como ESMA, é unha das dependencias da Armada Arxentina destinada á formación de suboficiais desa forza nos aspectos mecánicos e de enxeñaría da navegación.

Desde 2005, instalada na localidade bonaerense de Puerto Belgrano, a 28 km de Bahía Blanca, a súa sede principal estivo ata data recente situada na esquina de Avenida del Libertador e Santiago Calzadilla na cidade de Bos Aires. Cobrou penosa sona por funcionar, durante a ditadura (1976-1983) autodenominada Proceso de Reorganización Nacional, como centro clandestino de detención. Foi o máis grande e activo dos centros, ocupando o casino de oficiais, por onde pasaron máis de 5.000 detidos desaparecidos.

Clausurado tras o retorno á democracia, en 2004 propúxose convertelo nun museo para recordar a represión, documentando o terrorismo de Estado, e un Arquivo Nacional da Memoria. A Lei Nº 1412 sancionada o 5 de agosto dese ano pola Lexislatura porteña destinouna a conformar o "Espacio para la Memoria y para la Promoción y Defensa de los Derechos Humanos".

Fogueira

Unha fogueira é un lume mantido voluntariamente para quentar, cociñar (fogón) ou celebrar ritos ou festas como é o caso da noite de San Xoán con multitude de fogueiras, celebración esta herdada das festividades do solsticio de verán celebradas por celtas e romanos). Cando responde a un rito funerario denomínase pira.

As fogueiras reciben diversos nomes: cacharela, coas variedades cacheira e cachela, e de empregar moreas grandes de leña: larada, luminaria ou lumarada.

Galileo Galilei

Galileo Galilei, nado en Pisa o 15 de febreiro de 1564 e finado en Arcetri o 8 de xaneiro de 1642, foi un astrónomo Italiano, filósofo, e físico, asociado coa Revolución Científica. Foi sinalado como o "pai da moderna astronomía" (título ó que pode que Kepler teña máis dereito), o "pai da física moderna", e o "pai da ciencia". Con Bacon, foi o pioneiro do método científico. Naceu en Pisa e foi coetáneo de Johannes Kepler. O seu traballo está considerado como unha ruptura coas ideas de Aristóteles; en particular, Galileo enfatizou a cantidade, máis que a calidade.

Guerra sucia na Arxentina

A expresión guerra sucia na Arxentina adoita designar o réxime de violencia indiscriminada, persecucións, represión ilegal, tortura sistematizada, desaparición forzada de persoas, manipulación da información e terrorismo de Estado que caracterizou a ditadura militar da Arxentina, autodenominada Proceso de Reorganización Nacional, que gobernou o país entre os anos 1976 e 1983.

A denominación alude ao carácter informal e non regulamentado do enfrontamento entre o poder militar —desligado da autoridade civil— contra a mesma poboación civil e as organizacións guerrilleiras, que non obtivo en ningún momento a consideración explícita de guerra civil. O uso sistemático da violencia e a súa extensión contra obxectivos civís no marco da toma do poder político e burocrático polas Forzas Armadas, determinou a inmediata suspensión dos dereitos e garantías constitucionais e propiciou a aplicación de tácticas e procedementos bélicos irregulares a toda a poboación. Porén, esta denominación foi e aínda é moi discutida por algunhas organizacións políticas e de dereitos humanos, que obxectan a cualificación de "guerra" xa que esta foi a definición do conflito esgrimida orixinariamente pola ditadura militar para xustificar a represión indiscriminada, aducindo que "as mortes son inevitábeis nunha guerra".

Inquisición

A chamada Inquisición foi un tribunal relixioso que velou pola ortodoxia da relixión católica en España e noutros países europeos. Xurdiu en 1184 na zona de Languedoc (no sur de Francia) para combater as chamadas herexías (ou sexa, as opinións teolóxicas diverxentes da doutrina oficial do catolicismo). O fin da inquisición en todo o mundo deuse no ano 1834, cando España a declarou formalmente abolida o 15 de xullo dese ano.

Houbo 4 inquisicións na historia, que sempre tiveron algunha relación entre si: a Inquisición Medieval, a Inquisición española, a Inquisición Portuguesa, e a Inquisición Romana.

Jorge Eduardo Acosta

Jorge Eduardo Acosta, coñecido como "el Tigre", nado o 27 de maio de 1941, era un capitán de corveta xefe do Grupo de Tarefas 3.3.2 baseado na ESMA e dese centro clandestino de detención.

La Perla (centro de detención)

La Perla, coñecido tamén como La Universidad foi o principal centro de clandestino de detención (CCD) instalado fóra da zona de Córdoba. Os CCD eran instalacións secretas empregadas polas forzas armadas e de seguridade para executar o plan sistemático de desaparición de persoas da ditadura autodenominada Proceso de Reorganización Nacional, durante a chamada guerra sucia da Arxentina (1976-1983).

Por alí pasaron uns 3000 detidos. [2].

Labrada, Guitiriz

Santa María de Labrada é unha parroquia que se localiza ó norte do concello de Guitiriz na comarca da Terra Chá, a uns 14,3 km aproximadamente do núcleo municipal. Segundo o padrón municipal de 2012 tiña 287 habitantes (149 mulleres e 138 homes) distribuídos en 39 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2006 cando tiña 314 habitantes.

Pietro Verri

O conde Pietro Verri, nacido o 12 de decembro de 1728, en Milán, onde morreu o 28 de xuño de 1797, foi un filósofo, economista, historiador e escritor milanés.

Verri serviu no exército austríaco, en 1759-60 durante a Guerra dos Sete Anos, despois volveu a Milán, onde coñeceu filósofos importantes, como Cesare Beccaria, co que xunto con o seu irmán Alessandro Verri fundou a Accademia dei Pugni en 1761, un grupo de debate sobre a política pública e economía. Entre 1764 a 1766 o publicou o seu primeiro xornal Il Caffè. O seu terceiro irmán, o conde Carlo Verri tamén foi un destacado líder político, senador do Reino da Italia e Presidente da Rexencia Provisoria, en 1814, e autor de importantes tratados de agricultura.

Verri comezou a publicar libros sobre cuestións económicas en 1760. En 1763 publicou Discorso sulla felicità, un tratado sobre a ética hedonista.

Despois do clausura e dispersión de Il Caffè, Verri exerceu diversos postos na administración austríaca, publicou algunhas das obras utilitarias, o máis famoso foi o Discorso en 1773 e Osservazioni sulla tortura en 1777.

En 1771, Meditazioni sulla economia politica, foi con certeza a súa maior contribución á teoría económica. Verri defende que os prezos dependen "da abundancia aparente" da propiedade e da "necesidade" dela. El define "necesidade" como un tipo de dor que os homes buscan reducir ao mínimo para a actividade e a industria. Para Verri, as "necesidades" non son nunca os únicos desexos, pero deberíanse expresar co pagamento, a compra, para que poidan ser considerados "créditos", no sentido moderno. Con Beccaria, Verri notou que "a abundancia aumenta co número de provedores (ou sexa, coa oferta) e as " necesidades ", co número de compradores (ou sexa a demanda). El observa que o valor dun produto corresponde directamente á necesidade e á abundancia (ou sexa, a oferta e a demanda). Desta forma a Verri pode ser considerado un importante precursor do marxinalismo.

A obra de Verro non só inclúe a tentativa para calcuar o balance de pagamentos, senón tamén a primeira expresión matemática dunha curva de demanda. En política económica, Verri seguiu as posicións radicais do laissez-fair preconizado polos fisiócratass. Discordou co principio de "refluxo", de David Hume, porque el dixo que o axuste do balance de pagamentos non se debía ao prezo, senón aos niveis da actividade económica global. As súas teorías económicas son intermedias entre as dos fisiócratas e as de Adam Smith.

Nas súas funcións oficiais na administración austríaca, Verri intentou introducir unha serie de reformas económicas e administrativas, pero con pouco éxito. En 1772, Verri foi elixido vicepresidente, e en 1780, presidente da Cámara de Contas. El fixo tamén informes, preconizando a redistribución de terras entre as grandes e as pequenas propiedades. Retirouse da vida pública en 1786, pero viviu o suficiente para ver a Revolución Francesa.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.