Tortilla de patacas

A tortilla de patacas tamén coñecida como tortilla española é un prato cociñado, composto basicamente por ovo e pataca, e que adoita levar cebola e sal. Este prato pode combinar con carne, chourizo ou distintos vexetais. Ten un aspecto plano e circular, porque se fai na tixola.

As patacas frítense en aceite ata que están practicamente feitas, e logo mestúranse co ovo batido. A masa resultante bótase de novo na tixola e frítese, máis ou menos dependendo do gusto de cadaquén.

A tortilla francesa é aquela que non emprega pataca, e limítase a fritir o ovo batido.

Tortilla de pataca
Tortilla de pataca

Galería de imaxes

Tortilla de Betanzos

Tortilla de Betanzos

Tortilla de patacas

Tortilla de patacas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre gastronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Bica

A bica é un biscoito doce típico de elaboración artesanal de gran difusión en Galicia. É utilizada nos almorzos ou como acompañante á hora do café. Pola súa textura esponxosa é ideal acompañada de queixos graxos e de curta maduración (como pode ser o queixo de tetilla). Tamén é habitual tomalo acompañado con licor café .

A bica que se fai en Ourense, máis en concreto nos concellos de Avión e Beariz, así como en toda a zona do Ribeiro non é unha bica doce. Faise con fariña de millo e é parecida a unha empanada. Cócese debaixo dun testo cuberto de brasas e parece máis unha empanada ca un pan. Pódese encher coma as empanadas, aínda que non é normal facelo. Na provincia de Pontevedra, polo menos nos concellos de Arbo e Crecente, faise tamén este tipo de bica, aínda que pódese cocer enriba dunha pedra da lareira ou encol da cociña de ferro. A cor da bica é amarela, e ten bastante codia, pois semella ser unha tortilla de patacas (redonda e esmagada). Sabe moi ben co caldo.

Cociña vexetariana

A gastronomía vexetariana é aquela que utiliza ingredientes que cumpren os criterios vexetarianos, excluíndo a carne e os produtos derivados de tecido animal. Para o ovolactovexetarianismo (o tipo máis común de vexetarianismo de Occidente) están permitidos os ovos e os produtos lácteos, tales como o leite e o queixo. As formas máis estritas de vexetarianismo son o veganismo e o fruxivorismo, que exclúen todos os produtos animais, incluíndo os produtos lácteos e o mel, e mesmo algúns azucres refinados que se filtran e branquean con carbón de óso.

Os alimentos vexetarianos poden clasificarse en varios tipos:

Os tradicionais que sempre foron vexetarianos: cereais, froitas, verduras, froitos secos etcétera;

Produtos de soia, incluíndo o tofu e o tempeh, que son fontes comúns de proteína;

Proteína vexetal texturizada, feita de fariña vexetal desgraxada, incluída a miúdo en receitas de chili e hamburguesa en lugar da carne picada;

Sucedáneos de carne, que imitan o sabor, textura e aparencia da carne e se empregan con frecuencia en receitas que tradicionalmente conteñen carne;

Sucedáneos de ovo e lácteos, empregados para facer cremas, batidos e tortillas.

Festa gastronómica

Unha festa gastronómica é un evento celebrado co gallo de exaltar un determinado produto ou grupo de produtos alimenticios. Algunhas delas están declaradas Festas de interese turístico de Galicia ou de Interese turístico nacional.

As festas gastronómicas foron fomentadas co réxime franquista tras pasaren os efectos de racionamento da guerra civil española, e mesmo se declararon algunhas de interese turístico nacional (a festa do pemento da Arnoia ou a festa do polbo do Carballiño). A Xunta de Galicia seguiu con esta política e popularizáronse festas coma a festa do cocido de Lalín.

Gastronomía de Galicia

A gastronomía de Galicia ten unha gran tradición e variedade, sendo un dos aspectos de maior importancia na cultura e sociedade galegas.

Está moi establecida a celebración de grandes comidas, ben en familia, ben en eventos, actos ou encontros. En Galiza teñen lugar gran número de festas gastronómicas, a maioría delas no verán. Un dos seus maiores estudosos foi o escritor Álvaro Cunqueiro.

Os petiscos, a diferenza doutros lugares, son consistentes e non se reducen a unhas simples olivas ou patacas; adoitan ser gratuítos ou de moi baixo prezo, sobre todo na provincia de Lugo, onde a súa gratuidade, ao ser acompañados por un viño ou unha cervexa, é unha tradición convertida xa nun reclamo turístico. Ademais dos petiscos, tamén son frecuentes as tapas.

Ovo (alimento)

Este artigo trata sobre o alimento, para o concepto biolóxico véxase ovo (bioloxía).

Os ovos son un alimento de orixe animal, procedente das aves domésticas, e particularmente da galiña. Interésannos sobre todo como alimento, ó ser un ingrediente fundamental en calquera cociña, admitindo numerosas formas de preparación. Poden utilizarse como ingrediente principal ou como complemento en distintos pratos.

Son un dos alimentos máis consumidos polo ser humano e a súa produción constitúe un sector gandeiro específico, a avicultura, de considerable importancia económica.

A efectos legais, e de acordo coa regulamentación europea vixente, só pode aplicarse a denominación de ovos ós da especie Gallus gallus, sen romper, incubar nin cocer, e aptos para o consumo humano directo ou trala súa transformación en ovoprodutos. Quere isto dicir que a denominación xenérica de ovos debe aplicarse unicamente ós procedentes da galiña, mentres que para os doutras aves deberá especificarse na denominación a especie de procedencia. A práctica totalidade dos ovos comercializados, tanto en Galicia como no resto de España, son de galiña, mentres que os de paspallás, pata, pava ou ganso apenas chegan ó 0,1%.

Pintxo

Un pintxo é unha pequena rebanda de pan sobre a que se coloca unha pequena ración de comida. É un prato típico da gastronomía vasca que se adoita tomar como aperitivo acompañado normalmente dun vaso de viño tinto (chamado txikito) ou de cervexa (chamado zurito). É moi común nas tabernas do País Vasco e Navarra e en territorios limítrofes de Cantabria, A Rioxa e nalgunhas zonas de Burgos, como Miranda de Ebro. Con outras características fíxose popular noutras zonas da Península Ibérica como Galicia, xa co nome de petisco.

Os ingredientes a colocar sobre o pan poden ser practicamente calquera, pero moitas veces son os máis habituais na cociña vasca: peixes (especialmente pescada, bacallau, anchoas, gulas...), tortilla de patacas, pementos recheos, croquetas etc.

O máis habitual adoita ser coller un mesmo o pintxo, que se sitúa en bandexas sobre a barra do bar, e comelo de pé mentres se charla cos amigos e bebe o citado zurito ou txikito.

Romaría da tortilla de Laro

A Romaría da Tortilla é unha festa gastronómica na que se exalta a tortilla de patacas. No ano 2013, foi declarada festa de interese turistico.

Ten lugar cada ano na parroquia de Laro no concello de Silleda. Celébrase o venres da primeira fin de semana de agosto desde 1989. A Romaría é moi popular pola zona da comarca do Deza e arredores, e reúne ao redor de 10.000 persoas todos os anos

Tapa

Unha tapa é esencialmente un aperitivo que se serve nun bar acompañando á bebida. Adoitan consistir en pequenas racións de olivas, patacas fritas, queixo, empanada, tortilla de patacas, zorza, gambas ou froitos secos. O costume ten a súa orixe en Sevilla ou en Castela-A Mancha segundo outras fontes, onde existía o costume antigo de tapar a cunca de viño cun anaco de pan ou cunha rebanda de xamón, para impedir que entrasen moscas ou que se depositase po no interior, aínda que non está documentado.

En certos bares tamén é habitual poñer nomes curiosos ás tapas máis elaboradas, dando lugar a títulos que chaman a atención do cliente, obrigando normalmente a preguntar ao camareiro en que consiste a tapa.

Tortilla

Tortilla pode referirse a:

Tortilla de patacas ou tortilla española, un prato cociñado, composto por ovo e pataca.

Tortilla francesa, un prato cociñado, composto basicamente por ovo.

Tortilla de fariña de trigo, en México, oblea de fariña de trigo, sen lévedo.

Tortilla francesa

A tortilla francesa ou omelette é un prato elaborado con ovo batido e cociñado con manteiga ou aceite de oliva (depende da zona) nunha tixola. En realidade trátase dunha tortilla de ovo que se serve como acompañamento ou entrante. A forma que adquire durante o seu cociñado é semellante á dunha folla redonda. A versatilidade deste prato é tan grande que existen innumerables variacións.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.