Torta de Santiago

A torta de Santiago (nome oficial "Tarta de Santiago") é unha sobremesa tradicional e Indicación Xeográfica Protexida da cociña galega (orixinaria da capital, Santiago de Compostela) que pode atoparse en case todo o territorio español. Os ingredientes principais desta torta son a améndoa e os ovos.

Tarta de Santiago
Típica representación sobreimpresa en azucre glas da Cruz de Santiago.

Características

Un dos ingredientes principais da torta é a améndoa (33% do total da masa) que se esmaga e se mestura con ovo (outro terzo da masa), fariña e azucre (o outro cuasi-terzo restante) nunha masa compacta (adoita levar algunha cantidade de manteiga) que se aromatiza con canela e reladura de limón, para ser posteriormente introducida no forno nun recipiente refractario, normalmente entre 180 °C e 200 °C durante case 45 minutos.

Segundo as receitas pode incorporar brandy ou augardente como aromatizadores. O pastel queda no forno ata que se empeza a poñer unha capa dura na tona. É moi frecuente poñer un modelo coa silueta de cruz da Orde de Santiago e botar azucre glas sobre a superficie, de modo que ó retirar o modelo fica a cruz "impresa".

O aroma característico desta torta é unha mestura equilibrada entre a améndoa e o ovo, cando se corta o contido debe ter unha cor dourada e a súa textura debe ser lixeiramente esponxosa e algo graúda.

Historia

Caminotarta
En Portomarín fanse as tortas de Santiago Ancano.

Non se sabe nada sobre o consumo de améndoa en Galicia durante a Idade Media pero sábese que a carestía deste alimento convertíao nun luxo reservado a poucos. A primeira noticia que se ten do uso deste "biscoito de améndoa", ó que hoxe coñecemos como Tarta de Santiago, procede de 1577 durante unha visita de Pedro de Porto Carrero á Universidade de Santiago[1] aínda que daquela era denominada "torta real". A elaboración e a proporción dos ingredientes facía pensar no que denominamos hoxe en día "Torta de Santiago". As primeiras receitas fiables proceden de apuntes de Luis Bartolomé de Leybar que datan de 1838 baixo a epígrafe de "Tarta de Almendra".

A orixe da Cruz de Santiago representada na súa superficie data de 1924, ano no que a compostelá «Casa Mora» comeza a adornar as tortas de améndoa coa que sería a súa silueta característica, acadando grande éxito en Galicia e no resto de España.

O 3 de marzo de 2006 a Torta de Santiago entrou no rexistro de Indicación Xeográfica Protexida[2].

Consumo

Aínda que na maioría dos casos adoita ser unha sobremesa servida tralas comidas, acompañada dun café con leite, existen outras variantes que permiten degustar esta torta cun viño doce.

Notas

  1. Boe número 69 Páxinas: 11254 - 11255
  2. RESOLUCIÓN de 3 de marzo de 2006, da Dirección Xeral de Industria Agroalimentaria e Alimentación, pola que se dá publicidade á solicitude de rexistro da Indicación Xeográfica Protexida «Torta de Santiago».

Véxase tamén

Outros artigos

Azucre glas

O azucre glas é un azucre que se comercializa en forma de po moi fino, con ou sen adición de antiaglutinantes, moi utilizado para decorar preparacións de confeitaría. Os cristais dun diámetro inferior a 0,15 mm. con engadido de 2 ou 3% de amidón.

Utilízase en repostaría para cubrir e dar un último toque de decoración a sobremesas ou doces. É típica na galega torta de Santiago. A mestura con auga quente e limón produce a glasa coa que se decoran sobremesas coma o apfelstrudel (unha torta de mazá alemá). Mesturando o azucre glas cunha pouca auga, obtense unha pasta coa que se poden cubrir ou decorar os doces ou pasteis, e que ao enxugar, forma unha fina camada dun elegante brillo abrancazada e crocante. A glasa con azucre glas admite engadidos que permiten obter variantes de cor e de sabores (colorantes alimenticios e sabor a chocolate, vainilla, amorodo etc.).

Pola súa textura extremadamente fina, o azucre glas empoado sobre un doce permite que o sabor doce do azucre se derrita instantaneamente na boca, a diferenza do azucre granulado común. Preséntase en diferentes graos de fineza, sendo as máis comúns XXX, XXXX e 10X, tendo en conta que cantas máis X máis fino é o gran. Canto máis finas sexan as partículas, máis humidade é absorbida, o que permite un menor amazocamento. Durante a moenda engádese xeralmente un axente anti-amazocado, normalmente amidón de millo ou fosfato tricálcico, nunha concentración do 3 ao 5%, para absorber a humidade e mellorar o fluxo ao reducir o contacto entre os cristais de azucre.

O nome é un galicismo que provén do francés glace (que se pronuncia /glas/), empregado na expresión culinaria francesa sucre glace (azucre xeo en galego). De aí procede tamén o seu nome en inglés icing sugar (chamado tamén powdered sugar ou confectioner's sugar). A referencia ao xeo débese ao aspecto do acabado de xeada que este azucre permite dar a moitas preparacións de repostaría. Tamén é coñecido como azucre en po ou azucre pulverizado (Portugal e Colombia), "nevazúcar" (en Venezuela, dos termos nevado e azucre), azucre flor (Chile), azucre impalpable (Arxentina, Bolivia, Ecuador, Paraguai, Perú e Uruguai) e azucre de lustre (Cataluña).

Denominación de Orixe Monterrei

A Denominación de Orixe Monterrei é unha das cinco cinco zonas con denominación de orixe para os seus viños existentes en Galiza.

Esténdese polo val do río Támega, ocupando algo menos de 500 hectáreas dos concellos de Castrelo do Val, Monterrei, Oímbra e Verín; outras 13.000 tamén están dedicadas a viñedos, mais fora da denominación de orixe. As 24 adegas e 380 viticultores producen dous millóns de litros anuais de viño cualificado.Uva branca: verdello, dona branca, verdello louro

Uva tinta: mencía, bastardo, araúxa

Denominación de Orixe Ribeira Sacra

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra é unha das cinco cinco zonas con denominación de orixe para os seus viños existentes en Galiza. Os viñedos, cultivados en socalcos nas pendentes ladeiras dos ríos Miño e Sil, constitúen xa elas soas un atractivo turístico.

A D.O. Ribeira Sacra está dividida en 5 subzonas: Amandi, Chantada, Quiroga-Bibei, Ribeiras do Sil-Ourense e Ribeiras do Miño. As variedades de uva usadas son:

Brancas preferentes: Albariño, Loureira, Treixadura, Godello, Dona Branca e Torrontés.

Tintas preferentes: Mencía, Brancellao, Merenzao, Tempranillo, Sousón e Caíño tinto.

Tintas autorizadas: Garnacha Tintorera e Mouratón.Os viñedos ocupan 1.242 hectáreas. As 95 adegas, que ocupan algo menos de 3.000 traballadores, producen máis de 2 millóns de litros anuais.

O amparo dos ríos achega un microclima á zona, que coa orientación sur das pronunciadas ladeiras favorecen a correcta maduración que as uvas necesitan para a elaboración duns caldos que en xa en época dos romanos eran descritos como Ouro líquido do Sil.

Denominación de Orixe Ribeiro

A Denominación de Orixe Ribeiro é unha das cinco cinco zonas con denominación de orixe para os seus viños existentes en Galiza. O viño que produce a zona coñécese internacionalmente como ribeiro.

Denominación de Orixe Rías Baixas

A Denominación de Orixe Rías Baixas é unha das cinco zonas con denominación de orixe para os seus viños existentes en Galiza. Creouse en 1980, e foi recoñecida como Denominación de Orixe en 1988.

Denominacións de Orixe de Galicia

As denominacións de orixe de Galicia abranguen diversos produtos representativos da gastronomía de Galicia, clasificados como denominación de orixe protexida. Na actualidade existen 27 produtos galegos con este distintivo, que van dende os queixos aos mexillóns, pasando polos viños os licores, a carne, o pan e ata os grelos.

Faba de Lourenzá

A faba de Lourenzá é unha variedade de feixón con Indicación Xeográfica Protexida da zona de Lourenzá.

Galería de imaxes de sobremesas de Galicia

Galería de imaxes de sobremesas de Galicia.

Gastronomía de Galicia

A gastronomía de Galicia ten unha gran tradición e variedade, sendo un dos aspectos de maior importancia na cultura e sociedade galegas.

Está moi establecida a celebración de grandes comidas, ben en familia, ben en eventos, actos ou encontros. En Galiza teñen lugar gran número de festas gastronómicas, a maioría delas no verán. Un dos seus maiores estudosos foi o escritor Álvaro Cunqueiro.

Os petiscos, a diferenza doutros lugares, son consistentes e non se reducen a unhas simples olivas ou patacas; adoitan ser gratuítos ou de moi baixo prezo, sobre todo na provincia de Lugo, onde a súa gratuidade, ao ser acompañados por un viño ou unha cervexa, é unha tradición convertida xa nun reclamo turístico. Ademais dos petiscos, tamén son frecuentes as tapas.

Indicación Xeográfica Protexida

A Indicación Xeográfica Protexida (IXP) é un nome empregado para designar un produto agrícola, alimenticio ou doutro tipo, que posúe unha orixe xeográfica determinada e cuxa calidade ou reputación débese ao devandito lugar de orixe. Habitualmente, consiste no nome da localidade, rexión ou país de orixe de tales produtos.

Debido a que as calidades do produto proveñen do medio xeográfico no que se elaboran, a indicación xeográfica supón un viorto entre o produto e o lugar de orixe.

Pan de Cea

O pan de Cea é un tipo de pan con Indicación Xeográfica Protexida que se fai en panadarías do concello de San Cristovo de Cea, na provincia de Ourense. A característica deste pan é a fariña, elaborada con trigo da terra. Tamén é moi importante a súa elaboración artesanal. A festa deste pan celébrase no mes de xullo.

Pastel

Este artigo trata sobre a torta, para o lapis ou a técnica de pintura véxase Pastel (arte).

Un pastel, bolo ou torta é un alimento doce que polo xeral se prepara no forno. Combinan fariña, azucre ou edulcorantes, ovos, leite, auga, aceite e fermentos. Tamén se pode poñer froita natural ou en zume. Para facelos máis divertidos decóranse con doces, con crema, confeitos e caramelo.

Pemento de Arnoia

O pemento de Arnoia é unha variedade de pemento (Capsicum annuum L.) con Indicación Xeográfica Protexida, orixinaria do concello ourensán da Arnoia e cultivada principalmente ao longo da comarca do Ribeiro. Unha cooperativa comezou a comercializalos no ano 1969, e aproveitando a concentración da oferta, celébrase dende entón a festa do pemento da Arnoia, declarada de interese turístico, a primeiro fin de semana (de xoves a domingo) do mes de agosto.

Pemento do Couto

O pemento do Couto é unha variedade de pemento (Capsicum annuum L.) con Indicación Xeográfica Protexida, orixinaria da comarca coruñesa de Ferrolterra. Toman o seu nome do mosteiro do Couto (Narón), lugar onde os monxes comezaron a selección e cultivo destes pementos.O derradeiro domingo do mes xullo, celébrase no concello de Narón a Festa do Pemento do Couto.

Queixo de Arzúa-Ulloa

O queixo de Arzúa ou queixo de Ulloa é un queixo DO galego, de leite de vaca, que se acolle protexido pola denominación de orixe Arzúa-Ulloa. Tamén se lle pode chamar queixo de Lugo, queixo de Chantada ou queixo de Curtis nas diversas localidades da súa ampla zona de fabricación.

Queixo do Cebreiro

O Queixo do Cebreiro é un queixo DO galego producido nos concellos de Baralla, Becerreá, Folgoso do Courel, Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais, Triacastela e Pedrafita do Cebreiro.

Elabórase basicamente con leite de vaca ó que se lle pode engadir leite de cabra en cantidades non superiores a un 40%. É un queixo graxo cunha consistencia que depende do grao de maduración. A pasta é graúda e a codia fina.

É de cor branca ou amarela, segundo a maduración. Ten un sabor lixeiramente ácido e picante. A súa forma lembra un gorro de cociñeiro ou a un fungo. Os peregrinos que percorrían o camiño encargáronse desde vello de dalo a coñecer e hai documentación que acredita a súa existencia desde o século XVIII. A produción está limitada a unhas 20-28 toneladas anuais porque as explotacións da zona son poucas e de pequeno tamaño: en 2009 eran sete os gandeiros rexistrados, con dúas queixerías. Nese ano a produción total foi de 24.206 kg.

Ribeiro (viño)

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ribeiro.

Co nome xenérico de ribeiro coñécese a distintos tipos de viños, cultivados historicamente na comarca do Ribeiro. Na actualidade, o viño ten a súa propia denominación de orixe, que delimita zonas, tipos de uva e que promove a produción e a exportación da bebida.

Santiago

Santiago pode referirse á:

Santiago, antropónimo masculino, coas variantes galegas Iago, Xacobe, Xácome, Xaime, Tiago e Diego.

Sobremesa

Na cultura occidental recente, a sobremesa é o derradeiro prato que se serve no curso dunha comida (xantar ou cea). Componse dun prato cociñado máis ou menos azucrado ou ben de froitas, pasteis, cremas, tortas, flans, xeados, pudins e doces.

Nunha acepción máis antiga, a sobremesa comprendía tamén o queixo e algúns s secos (noces, castañas asadas).

Bebidas espirituosas
Carnes
Queixos e manteigas
Embutidos
Froitas
Hortalizas
Legumes
Mel
Peixes, moluscos e crustáceos
Panadería, pastelería, repostería
Viños

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.