Torta de Mondoñedo

A torta de Mondoñedo é unha das sobremesas tradicionais do concello de Mondoñedo, no norte da provincia de Lugo.

Composición e elaboración

A torta elabórase con biscoito, almibre, masa follada, améndoas crúas, cabelo de anxo e froitas (figos e cereixas). Termínase cociñando no forno.

A torta fundaméntase nas antigas receitas medievais.

Véxase tamén

Outros artigos

Carlos Folgueira García

Carlos Folgueira García, nado en Mondoñedo o 17 de marzo de 1937 e finado na Coruña o 2 de agosto de 1993, foi un confiteiro galego, máis coñecido co alcume do Rei das Tartas, famoso por ser o creador da Torta de Mondoñedo.

Gastronomía de Galicia

A gastronomía de Galicia ten unha gran tradición e variedade, sendo un dos aspectos de maior importancia na cultura e sociedade galegas.

Está moi establecida a celebración de grandes comidas, ben en familia, ben en eventos, actos ou encontros. En Galiza teñen lugar gran número de festas gastronómicas, a maioría delas no verán. Un dos seus maiores estudosos foi o escritor Álvaro Cunqueiro.

Os petiscos, a diferenza doutros lugares, son consistentes e non se reducen a unhas simples olivas ou patacas; adoitan ser gratuítos ou de moi baixo prezo, sobre todo na provincia de Lugo, onde a súa gratuidade, ao ser acompañados por un viño ou unha cervexa, é unha tradición convertida xa nun reclamo turístico. Ademais dos petiscos, tamén son frecuentes as tapas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.