Torres de Mens

As Torres de Mens é un castelo construído no século XV, por Lope Sánchez de Moscoso, despois das revoltas irmandiñas, sobre unha fortaleza anterior, que a súa vez se situaba sobre un antigo castro.

O edificio está incluído no Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural como monumento de arquitectura militar desde o ano 1994. En 1993 recibiu o premio que outorga Europa Nostra aos monumentos salvados da ruína[1][2].

Torres de Mens
Torres de Mens, Malpica
ConcelloMalpica de Bergantiños
ProvinciaA Coruña
Comunidade
autónoma
Galicia
Coordenadas43°17′50″N 8°51′53″O / 43.297269, -8.864636Coordenadas: 43°17′50″N 8°51′53″O / 43.297269, -8.864636
Estilo arquitectónico
Estilo orixinal? (?)
Estilo actual? (Restaurado)
Estado actualVivenda privada
Véxase tamén
Castelos de Galicia

Situación

Atópanse no lugar das Torres de Mens na parroquia de Mens, no concello de Malpica de Bergantiños, provincia da Coruña.

Historia

No século XX foron adquiridas por Pedro Abelenda y Díaz de Andrade, tataravó do actual propietario, Agustín Ordóñez, que foi o encargado da última rehabilitación que as transformou nunha vivenda.

Descrición

O conxunto está formado por unha vivenda e tres torres de planta cadrada que perderon as súas ameas, rodeadas dun recinto circular amurallado. A planta do volume principal ten forma de L, e está rematada por un turrón xirado respecto ó eixe do edificio. Nunha das esquinas do último andar, e apoiada sobre ménsulas de pedra, sobresae unha balconada de madeira. A entrada realízase por un arco oxival situado nunha das torres.

Lenda

Conta a tradición que existía un paso entre as Torres, a Igrexa de Santiago de Mens e a praia de Seiruga. O conde tiña presa no castelo a unha moza do pobo. Os paisanos atacaron o castelo pero o conde, ó verse rodeado, fuxiu polo pasadizo. Os aldeáns entón prendéronlle lume ás tres bocas do túnel impedíndolle deste xeito a fuxida. Tamén se conta que desde entón o millo e o trigo sementado nas proximidades do túnel marelece máis cedo.

Galería de imaxes

Vista parcial das Torres de Mens
Torres de Mens, Malpica de Bergantiños

Notas

  1. www.hispanianostra.es Arquivado 24 de decembro de 2009 en Wayback Machine..
  2. Xunta de Galicia (13 de decembro de 2016). "Bens de Interese Cultural (BIC)" (csv). abert@s. Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2019.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

As Casas Novas, Mens, Malpica de Bergantiños

As Casas Novas é un lugar da parroquia de Mens no concello coruñés de Malpica de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Tiña 7 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 3 homes e 4 mulleres.

As Torres

O topónimo As Torres pode facer referencia a varios lugares de Galicia:

As Torres, lugar da parroquia de Brántega no concello de Agolada.

As Torres, lugar da parroquia de Oza no concello de Carballo.

As Torres de Cillobre, lugar da parroquia de Torás no concello da Laracha.

As Torres de Mens, lugar da parroquia de Mens no concello de Malpica de Bergantiños.

As Torres, lugar da parroquia de Oleiros no concello de Oleiros.

As Torres, lugar da parroquia de Carnoedo no concello de Sada.

As Torres de Mens, Mens, Malpica de Bergantiños

As Torres de Mens é un lugar da parroquia de Mens no concello coruñés de Malpica de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Tiña 55 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 27 homes e 28 mulleres.

Neste lugar atopanse as Torres de Mens.

Asalo, Mens, Malpica de Bergantiños

Asalo é un lugar da parroquia de Mens no concello coruñés de Malpica de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Tiña 72 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 36 homes e 36 mulleres.

Badarra, Mens, Malpica de Bergantiños

Badarra é un lugar da parroquia de Mens no concello coruñés de Malpica de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Tiña 14 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 7 eran homes e 7 eran mulleres.

Bocelo, Mens, Malpica de Bergantiños

Bocelo é un lugar da parroquia de Mens no concello coruñés de Malpica de Bergantiños na Comarca de Bergantiños. Tiña 2 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 1 home e 1 muller.

Castelos de Galicia

Esta é unha lista dos castelos, torres e fortalezas de Galicia divididos en provincias.

Comarca de Bergantiños

A comarca de Bergantiños é unha das 53 comarcas galegas e esta situada na provincia da Coruña e a súa capital é Carballo. Pertencen a esta comarca os concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños e Ponteceso. Ten unha superficie de 742 km² e tiña 68.928 habitantes no ano 2014.

Galería de imaxes de Malpica de Bergantiños

Galería de imaxes do concello de Malpica de Bergantiños na provincia da Coruña.

Lista de monumentos da provincia da Coruña

Esta é unha lista dos monumentos da provincia de Coruña que están declarados como BIC polo Ministerio de Cultura ou pola Xunta de Galicia.

Lugares de Malpica de Bergantiños

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Malpica de Bergantiños

Mens, Malpica de Bergantiños

Santiago de Mens é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Malpica de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2018 tiña 346 habitantes (181 mulleres e 165 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación ao ano 1999 cando tiña 511 habitantes.

Mens, Mens, Malpica de Bergantiños

Mens é un lugar da parroquia de Mens no concello coruñés de Malpica de Bergantiños na Comarca de Bergantiños. Tiña 158 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 73 homes e 85 mulleres.

Mosteiro de Santiago de Mens

O mosteiro de Santiago de Mens é un edificio relixioso do que só queda unha igrexa con significativos restos románicos. Atópase na parroquia de Mens, no concello de Malpica de Bergantiños, na comarca coruñesa de Bergantiños, cuxo principal concello e a capital natural é Carballo. Áchase ao oeste do concello, preto do río de Esteiro e das Torres de Mens. Pódese chegar até ela dende as estradas AC-420 e AC-422, pola C-4307.

Declarada Monumento Nacional por Real decreto 1675 do 25 de maio do 1979.

O Oratorio, Mens, Malpica de Bergantiños

O Oratorio é un lugar da parroquia de Mens no concello coruñés de Malpica de Bergantiños na Comarca de Bergantiños. Tiña 4 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 1 home e 3 mulleres.

Porto do Fondo, Mens, Malpica de Bergantiños

Porto do Fondo é un lugar da parroquia de Mens no concello coruñés de Malpica de Bergantiños na Comarca de Bergantiños. Tiña 34 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 17 homes e 17 mulleres.

Río Vaa

O río Vaa nace ós pés do castro de Brión, na parroquia de Leiloio e atravesa o concello de Malpica de Bergantiños.

Vimianzo

Vimianzo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Terra de Soneira e integrado no partido xudicial de Corcubión. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vimiancés». É un dos concellos máis extensos da provincia (187,4 km²) que, segundo o IGE, tiña 7.138 habitantes en 2018 (7.565 no 2015, 8.128 no 2010, 8.402 no 2006, 8.466 no 2005, 8.517 no 2004, 8.653 en 2003), cunha baixa densidade de poboación (38,09 hab./km²). Sitúase practicamente equidistante das cidades da Coruña e Santiago de Compostela; pese a ter apenas uns metros de liña costeira está considerado tamén un dos concellos que forman parte da Costa da Morte.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.