Torre dos Moreno

A torre dos Moreno é unha casa de indianos situada en Ribadeo, na praza de España e na rúa de Ibáñez, no Ben de Interese Cultural (BIC)[1] do conxunto histórico da Vila de Ribadeo e BIC por si mesmo[2][3][4]. Foi mandada construír por Pedro e Juan Moreno Ulloa en 1915 e deseñada polo arquitecto Julián García Núñez[5] e o enxeñeiro Ángel Ardex.[6] Cun certo aquel ecléctico, pódese considerar de estilo modernista, cimentado sobre unha estrutura mixta de formigón e ferro. Con anterioridade a 1915, ocupaba o lugar a chamada "Torre Julia" ou "Torre da Fortaleza", resto da antiga fortaleza de Ribadeo.[7]

Dende 1997, o edificio ten a consideración de Ben de Interese Cultural.[8]

Cantondeb2
Vista artística da 'Torre dos Moreno', recollida nunha publicación da época, Bandera Católica (1 de setembro de 1916).

Coordenadas: 43°32′16″N 7°2′17″O / 43.53778, -7.03806

Ribadeo, Torre dos Moreno
Vista do edificio 'Torre dos Moreno', emblemático de Ribadeo, (tomada dende o Parque da Praza de España), fachada SO.

Descrición

Conta con diversos adornos, como alicatados, mármores, vidreiras, grecas, tellado con tellas de porcelana (cerámica vidrada) de cor vermella que reflicte a luz solar ou pilastras. A cúpula da torre principal está mantida por catro cariátides. A planta ten 950 m², e o solar, 1.050 m² (medidas tomadas usando SIXPAC). Consta de baixo, tres plantas e baixocuberta, a parte do saínte da torre principal. Leváronse a cabo varias restauracións parciais, que polo momento case só aseguraron o non avance da deterioración do edificio.

O tellado que mantén a cúpula ábrese como os típicos de contos de fadas ó estilo centroeuropeo, do mesmo xeito que o resto de tellado visible, que coinciden co vixente a principios do século XX en Cuba, lugar de emigración dos seus primeiros propietarios.

Ten tres escaleiras e seis patios, asegurando a comunicación e claridade no edificio. En cada planta hai dúas vivendas, nas que están incluídas habitacións principais, secundarias e de servizo, con alturas de catro metros.

As galerías están realizadas en fundición, coroadas por tres arcos e con vidros policromados.

A estrutura básica é de formigón armado, novo material na zona na época da construción, polo que o seu tratamento non foi adecuado e a estrutura sufriu moito.

Actualidade

O 23 de decembro de 2010 no DOG[9] sae unha resolución que abrirá paso a un novo enfoque para salvar o monumento, Ben de Interese Cultural, da ruína.

O 13 de xaneiro de 2011 comezan os traballos de apuntalamento para tentar salvala da súa caída, tras arranxos anteriores no interior.

O repartimento da propiedade lévase complicando na historia por división por herdanza, o que asemade complica o seu mantemento e futuro. Despois dun proceso de compra pola empresa 'Paisajes de Asturias', propiedade de Víctor Madera,[10] en 2015 a estrutura de propiedade corresponde aproximadamente: un 60%, Paisajes de Asturias; 21% Concello de Ribadeo (adquirido en 1996)[1] e 19%, herdeiros na Arxentina.[7][11]

No 2019 Paisajes de Asturias compra a parte do concello, facéndose co 81 %, co compromiso de facer arranxos.[12]

Galería

Placa Torre dos Moreno-Ribadeo

Placa da Torre dos Moreno

Ribadeo, Casa do Concello e Torre dos Moreno

Torre dos Moreno, destaca sobre a Casa do Concello de Ribadeo.

Torre de los Moreno

Torre dos Moreno

Torre dos Moreno, o monumento máis coñecido de Ribadeo

Detalle da parte superior da torre

Torre dos Moreno de Ribadeo

Detalle das vidreiras do primeiro andar

Ascensorcanton

Detalle dos ascensor, realizado en ferro fundido e decorado con motivos vexetais

Notas

  1. 1,0 1,1 Alberto Leyenda (17 de xullo de 2011). "La incierta vida de la Torre dos Moreno". Consultado o 8 de marzo de 2016.
  2. "Consulta a la base de datos de bienes inmuebles". Consultado o 8 de marzo de 2016.
  3. "DECRETO 266/2004, del 11 de noviembre, por el que se declara bien de interés cultural, con la categoría de conjunto histórico, la villa de Ribadeo, Lugo" (PDF). Consultado o 8 de marzo de 2016.
  4. "concello de Ribadeo. Patrimonio. Núcleo antigo de Ribadeo". Consultado o 8 de marzo de 2016.
  5. Díaz Varela, Emilio Rafael; Crecente Maseda, Rafael; Álvarez López, Carlos (2004). Turismo y Ordenación Del Territorio en el Municipio de Ribadeo (en castelán). Santiago de Compostela: Concello de Ribadeo / Universidade de Santiago de Compostela. p. 69. ISBN 84-9750-273-6.
  6. Alonso (2005), p. 45
  7. 7,0 7,1 Ernesto Cruzado (10 de xullo de 2015). "Centenario de la Construcción de la Torre de los Moreno".
  8. "DECRETO 104/1997, do 17 de abril, polo que se declara ben de interese cultural con categoría de monumento a Torre dos Moreno, no concello de Ribadeo, provincia de Lugo". DOG (Diario Oficial de Galicia). Nº 87. 8 de maio de 1997. p. 4.346. Consultado o 7 de setembro de 2019.
  9. "Anuncio da proposta de resolución en expediente de declaración de caducidade ou perención do convenio de compromiso entre o Concello de Ribadeo e os propietarios do edificio Torre de los Moreno.". DOG (Diario Oficial de Galicia). Nº 245. 23 de decembro de 2010. p. 20.814. Consultado o 7-9-2019.
  10. "El millonario asturiano que colecciona palacios". La Voz de Asturias (en castelán). 2019-09-17. Consultado o 2019-09-21.
  11. http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2015/11/09/paisajes-asturias-interesa-comprar-torre-dos-moreno/0003_201511X9C1991.htm
  12. "Asturias se queda con la icónica Torre dos Moreno de Ribadeo". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-09-14. Consultado o 2019-09-21.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Alonso Pereira, José Ramón (2005). "La arquitectura indiana de García Núñez a una y otra orilla del Eo". En VV.AA. Julián García Núñez: caminos de ida y vuelta (en castelán). Bos Aires: CEDODAL (Centro de documentación de Arquitectura Latinoamericana). pp. 45–59. ISBN 9871033117.
  • Bores Gamundi, F. (Coord.) (2000). Casas de Indianos (en castelán). 84-453-2803-4. ISBN 84-453-2803-4.

Outros artigos

Cantón dos Moreno

O cantón dos Moreno é un lugar de Ribadeo no que está situada a Torre dos Moreno, atípica casa de indianos que data de 1911, en labores de reconstrución por mor da salinidade dos materiais empregados.

Está en curso[cando?] unha obra que unirá fisicamente o Cantón co Parque, convertendo en peonil o que hoxe é a rúa intermedia (rúa chamada de Pedro e Juan Moreno). Con anterioridade houbo proxectos como o de Salustiano Regueral (1859) ou o de Nemesio Cabreiros (1898) entre outros.

Casa de indianos

As casas de indianos trátanse de construcións típicas nas zonas de emigrantes ás Américas. Aqueles que triunfaban enviaban cartos ó seu lugar de procedencia e construían casas dun estilo en voga daquela nas Américas, que contrastan coas da súa contorna pola riqueza de construción e formas, e que comezaron a ser chamadas así polo nome dos emigrantes ás Américas, 'indianos' os cales, en moitos casos actuaron como filántropos nas súas vilas natais, construíndo escolas, prazas, parques e restaurando as igrexas locais. Unha zona típica de casas de indianos é Ribadeo e a zona da Mariña Luguesa en xeral.

Casa do concello

A casa do concello é unha construción da arquitectura civil destinada a sede da administración local. Este edificio alberga a alcaldía, as dependencias e servizos municipais, e nel celébranse periodicamente os plenos do concello.

Casas de Indianos en Ribadeo

Ribadeo é unha zona con numerosas casas de indianos, que constitúen un atractivo turístico en alza nos comezos do S.XXI, estando en vista a construción dunha ruta temática para atracción do turismo.

Algunhas delas son:

Torre dos Moreno

Casa do Óptico

Cuartel vello

Casa da Axudantía

Casa dos enanos

Casa de Sela

Casa de Boado

Casa de Don Clemente

Casa de Torres

Casa de Rodríguez Blas

Casa de Andés

La Calzada

Casas de San Roque

Casa de Don Inocencio

Galería (arquitectura)

Unha galería é un elemento construtivo e de composición arquitectónica, empregado en boa parte do norte peninsular, en especial na arquitectura galega dos séculos XIX e XX. Na arquitectura burguesa residencial galega acadou o seu maior grao de desenvolvemento ao se converter nunha peza fundamental dos edificios de vivendas.

Galería de imaxes de Ribadeo

Galería de imaxes do concello de Ribadeo na provincia de Lugo.

Lista de monumentos da provincia de Lugo

Esta é unha lista dos monumentos da provincia de Lugo que están declarados como BIC polo Ministerio de Cultura ou pola Xunta de Galicia.

Modernismo

Modernismo é o termo co que se designa a unha corrente de renovación artística e literaria desenvolvida a finais do século XIX e principios do XX. Segundo os distintos países, recibiu diversas denominacións: Art Nouveau (En Bélxica e Francia), Sezession (en Austria), Jugendstil (Alemaña), Liberty (Inglaterra) e Floreale (en Italia). En catalán, modernisme ou Estilo modernista.

Pedro e Juan Moreno

Os irmáns Pedro María e Juan María Moreno Ulloa foron dous indianos nados no barrio dos Garitos de Ribadeo, que retornaron cartos para construír a chamada Torre dos Moreno, rematada en 1911, edificio emblemático de Ribadeo.

Ribadeo

Ribadeo é un concello da provincia de Lugo, pertence á comarca da Mariña Oriental. Segundo o IGE, a comezos de 2018 tiña 9900 habitantes (en 2015, 9929), despois de superar por primeira vez en 2011 a barreira dos 10 000 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ribadense».

Ribadeo, Ribadeo

Santa María do Campo de Ribadeo é unha parroquia do concello de Ribadeo, situada na comarca da Mariña Oriental e no arciprestado de Ribadeo. Segundo o IGE, en 2008 tiña 6283 habitantes (2.931 homes e 3352 mulleres), 712 máis que no 2004. En épocas de grande afluencia turística, a poboación de feito pode chegar até os 20 000 habitantes. Ten unha densidade de poboación de 2731 hab./km², repartidos nunha entidade de poboación e 4 lugares.

Ruta dos miradoiros

A ruta dos miradoiros é unha ruta turística de Ribadeo establecido en 2005 que percorre miradoiros xa existentes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.