Torre de Hércules

A Torre de Hércules é unha torre e faro situado na península da cidade da Coruña, que ten o privilexio de ser o único faro de orixe romana en funcionamento no mundo. Está nun cabo.

O 27 de xuño de 2009 foi proclamada Patrimonio da Humanidade en Sevilla pola Comisión do Patrimonio Mundial da UNESCO[1]. Deste xeito converteuse no cuarto recoñecemento da UNESCO en Galicia xunto co Camiño de Santiago, a Muralla de Lugo e o Casco Vello de Santiago de Compostela[2].

Torre de Hércules
A coruna torre de hercules sunset edit
Imaxe da Torre de Hércules.
[[Ficheiro:
A Coruña en Galicia

A Coruña
A Coruña
|300px]]
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísGaliza Galiza
Localización43°23′13″N 8°24′17″O / 43.38694, -8.40472Coordenadas: 43°23′13″N 8°24′17″O / 43.38694, -8.40472
TipoCultural
CriteriosIII
Inscrición2009 (33ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador1312

Historia

Cseviuslvpvus
Inscrición dedicatoria.

A Torre de Hércules foi construída polos romanos como faro de navegación a finais do século I ou comezos do II d.C. durante a época de Traxano. Unha inscrición aos pés da torre indica que foi erguida por Gaio Sevio Lupo, arquitecto de Aeminium (hoxe Coímbra). Paulo Orosio menciónaa no século V d.C. ("Secundus angulus circium intendit ubi Brigantia, Gallaeciae civitas sita, altissimam pharum e inter pauca memorandi operis as speculam Britanniae erigit"). A primeira representación gráfica da torre aparece no mapamundi do Beato do Burgo de Osma de 1086 acompañado do topónimo Faro.[3]

A torre perdeu, posibelmente, o seu uso marítimo durante a Idade Media ao se converter en fortificación e caeu na ruína no medio das desputas entre o Conde de Traba e o Arcebispo Xelmírez pola súa propiedade que lle fan perder, entre outras cousas, o muro exterior. En 1537 reparáronse a porta e a escaleira de acceso e asignáronselle vixías; en 1553 o concello ditou normas contra a utilización das súas pedras para outras edificacións. En 1682 o Duque de Uceda, capitán xeral de Galiza, encargoulle a restauración do que se coñecía como "Castelo Vello" (o que parece indicar que se aproveitou militarmente) ao arquitecto coruñés Amaro Antune, quen construíu unha escaleira de madeira que atravesaba as bóvedas ata a parte superior, onde situou dúas pequenas torres para soportar os fanais. Estes pagáronos os cónsules de Inglaterra, Países Baixos e Flandres a cambio da concesión do cobro dun imposto aos barcos que aportaban á cidade. Os fanais funcionaron deficientemente e en 1769 un raio acabou co último.

No reinado de Carlos IV realizouse unha reconstrución completa que durou entre xullo de 1788 e decembro de 1790, dirixida por Eustaquio Giannini no estilo neoclásico. A torre era, antes de acometer a reforma, un corpo prismático con base cadrada; no exterior presentaba un muro de pedra con dúas portas na parte baixa e xanelas asimétricas que o percorrían ata o piso superior, e un mordente helicoidal que tamén chegaba ata o alto. No seu interior conservaba a vella estrutura romana, pero con escaleiras de madeira que pertencían á restauración do edificio, harmonizándoa na súa decoración cos marcos superiores de portas e xanelas. Dous anos despois de rematar as obras, Eustaquio Giannini presentou un proxecto para construír un acceso e unha plataforma arredor do faro, que só se remataron a mediados do século XIX.

Desde entón non se volveu mudar a aparencia da torre e só se modificou a lanterna coa instalación dun fanal xiratorio e o acceso a este. No interior fixéronse falsos teitos e cubríronse as paredes de papel. En 1993 elimináronse todos os engadidos interiores.

Lendas

Rosadosventoshercules
A rosa dos ventos de Correa Corredoira (1994) inclúe nos seus motivos por un lado os países celtas e por outro Tarsis, patria de orixe de Xerión.
Torre de Hercules-plano
Plano de 1762.
Escudo de A Coruña
Escudo da Coruña, coa torre e a caveira de Xerión.
AlicercesHercules
Alicerces romanos.
CaracolHercules
Escaleira de caracol que dá acceso á parte superior.

Hai varias lendas relacionadas coa súa construción. Unha delas, narrada na Crónica Xeral de Afonso X, conta que Hércules chegou en barca ás costas que rodean actualmente a Torre, e que foi precisamente no lugar onde hoxe se sitúa esta que enterrou a cabeza do xigante Xerión, despois de vencelo en combate e liberar ás xentes do lugar da súa tiranía. Sobre o lugar no que enterrou a cabeza ergueu unha torre e mandou logo poboar unha cidade. Crunna foi a primeira muller en se presentar e dela tomará nome a vila. No escudo da cidade aparece a torre e, por baixo dela, a caveira de Xerión.

A outra lenda foi tomada do Libro das invasións de Irlanda durante o Rexurdimento: nel cóntase que o rei Breogán de Hispania ergueu unha torre desde a que o seu fillo Ith albiscou Irlanda; morreu no intento de conquistar a illa pero o seu irmán, Mil, si tivo éxito.

Estrutura

A planta é cadrada (10 m de lado), cunha altura total de 68 metros. Ten tres corpos, o primeiro un paralelepípedo recto de base cadrada de 11,60 metros de lado e 34,60 metros de altura. Sobre este asenta outro intermedio máis pequeno de sección octogonal, cun terceiro corpo, paralelepípedo tamén octogonal, que soporta sobre este unha construción cilíndrica en vidro que protexe a lanterna do farol. Sóbese ao alto por medio de 242 chanzos e desde arriba tense unha panorámica aberta para o océano Atlántico, praias urbanas da Coruña e a ría.

A estrutura orixinal era de planta cadrada cunha cúpula, na que se mantiña o lume, na parte superior e que posibelmente tiña un óculo para permitir a saída do fume. Á parte superior accedíase mediante unha rampla protexida cun segundo muro externo e que se apoiaba nos dous muros. Cada un dos andares estaba dividido por dúas paredes que se cortaban en forma de cruz en catro cuartos. As salas de cada piso comunicábanse entre si dúas a dúas por medio dunha porta e podíase acceder á rampla desde cada unha delas. Nos vans utilizouse aparello de perpiaños grandes (opus cuadratum), nas paredes cachotería en fileiras horizontais (opus vittatum) e para encher o interior do muro seixos e morteiro de cal e area (opus caementicium). A parte superior da torre foi modificada no século XVIII polo enxeñeiro Giannini, quen modernizou a cúpula mantendo a súa estrutura. Os muros teñen unha anchura de entre 1,50 e 1,60 m.

A torre e o seu contorno foron escavados entre 1992 e 1994 e a entrada actual das visitas faise polos alicerces romanos.

A mención máis antiga da torre é de Paulo Orosio (comezos do século V), que a califica como "altísimo faro". Unha das representacións máis antigas coñecidas é a do Mapamundi do Beato de Burgo de Osma, do ano 1086.

Patrimonio da Humanidade

Co obxectivo de solicitar que a UNESCO a incluíse na lista de Patrimonio Mundial, o Ministerio de Cultura listouna como posíbel candidata en abril de 2007 e en outubro seleccionouna. O 27 de xuño de 2009, ás 18:27 horas, foi finalmente declarada como Patrimonio da Humanidade. A candidatura foi aceptada por cumprir o criterio (iii), xa que a Torre supón un testemuño do uso dos faros dende a antigüidade e da continuidade histórica das rutas polo océano Atlántico, iniciadas xa en tempos dos romanos.[4]

O faro atópase nun espazo natural de 47 hectáreas, dentro da cidade da Coruña, que inclúe o parque escultórico, os petróglifos do Monte dos Bicos e o cemiterio "mouro".[4]

Características

Torre de Hércules en Coruña por la noche
Faro da Torre de Hércules
Código 03530 D-1704
Descrición Torre cuadrangular, Tope octogonal, Cantaría
Altitude 49 m.
Características GpD (4) B 20 seg.
Período 0,3 + 3,0 + 0,3 + 3,0 + 0,3 + 3,0 + 0,3 + 9,8 = 20 seg.
Alcance 23 millas náuticas

Galería de imaxes

Artigos principais: Galería de imaxes da Torre de Hércules, Galería de imaxes da Galicia romana e Galería de imaxes da Coruña.
Vista desde a "Rosa dos Ventos".
Vista desde a "Rosa dos Ventos". 
Detalle das fiestras.
Detalle das fiestras. 
Posible braseiro de pedra do faro.
Posible braseiro de pedra do faro. 
Distintos estadios na historia da Torre de Hércules.
Distintos estadios na historia da Torre de Hércules. 
Antiga lanterna da Torre de Hércules, no MUNCYT A Coruña.
Antiga lanterna da Torre de Hércules, no MUNCYT A Coruña. 

Notas

  1. vieiros.com, ed. (27-06-09). "A Torre de Hércules xa é Patrimonio da Humanidade". Consultado o 27-06-09.
  2. galiciaé.com, ed. (27-06-09). "La Torre de Hércules ya es Patrimonio de la Humanidad". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2009. Consultado o 27-06-09.
  3. Navaza, Gonzalo (2016). Universidade da Coruña, eds. "A orixe literaria do nome da Coruña". Revista Galega de Filoloxía 17: 119–164. ISSN 1576-2661. doi:10.17979/rgf.2016.17.0.1873.
  4. 4,0 4,1 "Tower of Hercules". UNESCO (en inglés). Consultado o 27 de decembro de 2015.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

A Coruña

A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia e bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 244.850 habitantes (2018); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².

A Coruña é sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, da Delegación do Goberno en Galicia, da Real Academia Galega, do Arquivo do Reino de Galicia e da Forza Loxística Operativa. Dende 1563 foi sede da Real Audiencia de Galicia (permanentemente dende 1612) e foi capital de Rexión Militar ata a súa desaparición en 2002.A cidade érguese sobre un promontorio na entrada dunha ría nun amplo golfo, o Portus Magnus Artabrorum dos xeógrafos clásicos. O centro da zona urbana espállase sobre unha península unida a terra firme por un estreito istmo, no que presenta dúas fachadas marítimas distintas: a portuaria (cara á ría da Coruña), de augas tranquilas, e outra de mar aberto, cara á enseada do Orzán, onde se atopan as praias urbanas de Riazor e o Orzán.

Unha das características máis notables que identifican A Coruña constitúena as múltiples e variadas galerías ou miradoiros que presentan nas súas fachadas numerosas casas do século XIX, que deron á Coruña o sobrenome de Cidade de Cristal, sen esquecer as súas numerosas praias, así como o contorno rural, que ofrece múltiples posibilidades de lecer.

Campo Municipal de Golf Torre de Hércules

O Campo Municipal de Golf Torre de Hércules é un campo de golf situado preto da Torre de Hércules, no concello de A Coruña. Foi inaugurado o 1 de xaneiro de 1999.

Campo da Rata

O Campo da Rata é unha extensión de terreo situada na cidade da Coruña, nas inmediacións do barrio de Adormideiras, cerca da Torre de Hércules.

Tralo triunfo do golpe de estado do 18 de xullo de 1936 e nos anos seguintes a esa data, foron fusilados na zona varios centos de presos, a meirande parte deles republicanos e sindicalistas.

Casa das Palabras

A Casa das Palabras é un recinto situado na zona de Adormideras, na Coruña, que durante a Guerra Civil foi un cemiterio musulmán e que foi rehabilitado para ser un punto de encontro entre culturas.

Está incluído na área Patrimonio Mundial da Humanidade da Torre de Hércules.

Cidade Deportiva Municipal da Torre

A Cidade Deportiva Municipal da Torre é un complexo polideportivo situado na cidade da Coruña empregado tanto por clubs e sociedades deportivas locais como por cidadáns a título particular. O seu propietario é o Concello da Coruña e o seu nome obedece á proximidade do recinto coa Torre de Hércules.

Algúns dos clubs de fútbol modesto coruñés que empregan ou empregaron acotío estes campos son o Club Atlético dos Castros, Club Torre SD, Maravillas SD, Batallador SD, Caixa Aforros, Deportivo Ciudad, CD Ciudad Jardín, Sporting María Pita, Marola FC, CD Marte, Orillamar SD, Orzán SD, Sporting Ciudad ou o Sporting Coruñés.

Galería de imaxes da Galicia romana

Galería de imaxes da Galicia romana.

Millenium

O Millenium é un monumento con forma de obelisco situado no Paseo Marítimo da Coruña. Ergueuse para conmemorar o inicio do século XXI e ten como referentes a Torre de Hércules e o Obelisco dos Cantóns. Ten 46 metros de altura e está feito en aceiro (2 toneladas) e 147 cristais de rocha traídos desde os Países Baixos.

O deseño dos cristais é do artista Gerardo Porto. Nos 13 primeiros metros cóntase a historia dos principais acontecementos e personaxes da Coruña, tallados nos cristais. Estes teñen 3 mm de espesor, foron tratados a 800 °C e pesan 3 toneladas.

De noite ilumínase mediante 142 focos de luz (53.100 vatios). O 1 de xaneiro de 2001 acendeuse por primeira vez en 12 tramos.

O proxecto inicial incluía baixo a súa base un miradoiro que tamén faría de cafetería que non chegou a abrir.

Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía

Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, tamén chamado MUNCYT ou Museo Nacional de Ciencia y Tecnología de España, é un museo dependente da Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación do Ministerio de Economía e Competitividade, xestionado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e dirixido por Ramón Núñez Centella. A súa sede principal está na Coruña e ten outra sede en Madrid.

Parque Punta Herminia

O Parque Punta Herminia é un parque da cidade da Coruña, situado na punta homónima, preto da Torre de Hércules. O parque está incluído na área Patrimonio Mundial da Humanidade.En xuño de 2017 solicitouse dende o concello a declaración como espazo natural de interese local xunto coa contorna da Torre de Hércules.

Parque escultórico da Torre de Hércules

O Parque escultórico da Torre de Hércules é un museo ao aire libre situado arredor do faro. O parque está incluído na área Patrimonio Mundial da Humanidade.

Paseo marítimo da Coruña

O Paseo marítimo da Coruña é o paseo marítimo urbano máis longo de Europa, cos seus máis de 13 quilómetros continuos á beira do mar. É unha obra feita por tramos, modificada e inconclusa.

A apertura do último tramo do Paseo Marítimo revelou unha cara descoñecida da cidade, que permite admirar camiñando a forza e inmensidade do Océano Atlántico.

Pazo dos Deportes de Riazor

O Pazo dos Deportes de Riazor é un pavillón polideportivo situado na cidade da Coruña (Galiza), situado á beira do paseo marítimo da capital coruñesa, na Rúa de Manuel Murguía, xusto ao carón do Estadio Municipal de Riazor. O edificio, obra de Santiago Rey Pedreira, foi inaugurado o 1 de agosto de 1970 e ten capacidade para 5.000 espectadores. Está catalogado como elemento patrimonial.

Praia das Lapas

A praia das Lapas, praia da Lagoa ou praia do Areal é unha pequena praia urbana situada ó pé da Torre de Hércules, no concello da Coruña. Conta con duchas, aseos, aparcadoiro e, durante o verán, servizo de vixilancia, primeiros auxilios e xestión ambiental ISO 14001.

Ata aló chegan as liñas de autobuses urbanos 3, 3A e 5.

Antes da súa rexeneración empregábase como canteira para obter area fina.

Praia de Riazor

A praia de Riazor é unha praia urbana da cidade da Coruña. Conta coa distinción de Bandeira Azul, como tamén a súa continuación cara ao nordés, a praia do Orzán.

Praia do Orzán

A praia do Orzán é unha praia urbana da cidade da Coruña situada na enseada do Orzán, xunto ao paseo marítimo.

Praza das Bárbaras

A praza das Bárbaras é unha praciña situada na Cidade Vella da Coruña na que se atopa un convento das clarisas. Confórmana dous muros exteriores do convento das Madres Clarisas, está adornada con acacias e conta cun cruceiro no centro. Foi declarada conxunto histórico-artístico o 11 de marzo de 1971.

Rúa da Torre (A Coruña)

A rúa da Torre é unha rúa da Coruña que recibe o seu nome por ser unha das vías que une o centro da cidade coa Torre de Hércules. Atravesa o barrio de Monte Alto.

Torre (construción)

Na construción, unha torre é unha estrutura elevada construída polo ser humano. Inicialmente a palabra aplicábase a estruturas cun fin tecnolóxico, aínda que adoita empregarse como sinónimo de rañaceos e para designar edificios con numerosas plantas.

O aspecto pricipal que ten que ter unha torre (para ser tal), é as súas proporcións: hoxe en día chámaselle torre a calquera edificio de máis de 10 pisos, pero unha torre parécese máis a un prisma ou un cilindro, no que a relación dos seus lados en planta (X e E) achégase a 1, mentres que a relación da base e a altura deberían achegarse a 5:1.

Algunhas torres famosas son a Torre de Pisa, a Torre Eiffel, a Torre de Babel, a Torre de Londres e as desaparecidas Torres xemelgas de Nova York. En Galiza a torre máis característica é a Torre de Hércules na Coruña, ou as torres da Catedral de Santiago en Compostela.

Lugares de interese da Coruña
Lugares senlleiros
Museos
Artes escénicas e da imaxe
Espazos naturais
Outros lugares

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.