Torre da homenaxe

A torre da homenaxe é a parte da estrutura central do castelo medieval na que se concentran os dormitorios e principais salas e constitúe o principal punto de poder e último reduto de defensa. Esta torre é mais alta do que a cerca de muralla, permitindo o tiro directo para fora desta. É frecuentemente de planta cuadrangular, coa entrada no primeiro piso, sendo o acceso apenas posíbel por unha escada de madeira, facilmente removíbel ou eliminada se fose o caso de perda do resto das estruturas. Nela están a armería e o pozo principal.

Tamén pode ter planta circular, hexagonal, octogonal ou en forma de polígono irregular. De feito, moitos castelos son pouco máis que unha torre da homenaxe.

As máis antigas consistían nunha simple torre cadrada con muros anchos e cara o século XI adquiriran xa as características típicas. A súa forma e función mudaron co tempo e variaban coa rexión.

Castelo Almourol Portugal 3
Torre da homenaxe do Castelo de Almourol, en Portugal, destacada no interior da cintura de murallas.
Pontedeume. Torreón de Andrade
O "torreón dos Andrade", en Pontedeume.
TorreVilalba
Esta torre da homenaxe dos Andrade hoxe fai parte do Parador de Vilalba.
Belmonte de Campos

Belmonte de Campos é un concello español da provincia de Palencia (Castela e León). A súa poboación é de 32 habitantes (INE 2012).

Calatañazor

Calatañazor é un concello español da provincia de Soria. A súa poboación é de 66 habitantes (INE 2012) e ocupa unha superficie de 64,82 km².

Castelo (fortificación)

Un castelo (diminutivo de castro) é un tipo de fortificación permanente medieval, xeralmente erguido en posición dominante no terreo, próximo das vías de comunicación, o que facilitaba o avistamento das tropas inimigas a gran distancia.

Pódese afirmar que un castelo é a estrutura máis emblemática da Idade Media, pois coa localización das estruturas castelares ao longo da súa propia evolución, posuímos datos para estabelecer toda unha perspectiva administrativa e habitacional dun territorio.

Na Idade Media dicíase facer vila para o acto de cercar de murallas unha poboación; aínda hoxe, en Castelo de Vide, distínguense a vila da aldea polo sitio da antiga muralla. Hai en Portugal un castelo no centro da poboación, o Castelo de Évora Monte, mais a súa construción efectuouse en tempo de paz, e dous séculos despois da muralla. A organización defensiva do castelo era semellante á da vila e tiña poder sobre ela debido á posición máis alta e ás murallas máis fortes.

Castelo de Castroverde

O castelo de Castroverde é unha fortaleza situada no concello de Castroverde. A antiga construción do século XIV, pertenceu a Alvaro Pérez Osorio, duque de Aguiar e conde de Villalobos por doazón de Henrique II de Castela. Un século máis tarde apoderouse do castelo Sancho Sánchez de Ulloa, conde de Monterrei, e trala súa morte herdouno a súa curmá Isabel de Castro. Xa no século XVI, Lope Osorio de Moscoso, da casa de Altamira, mercou o castelo, a vila e mailas terras. Actualmente é propiedade privada.

Deste antigo castelo, só quedan en pé as ruínas da antiga muralla, e a torre da homenaxe con planta rectangular de 12 por 10 metros, con 20 metros de altura en cinco andares con muros graníticos de 2 metros de espesor.

Situada no cumio dun outeiro sobre a que se levanta a vila, sobre as ruínas dun antigo castro. Destacan no lado norte, a porta de entrada con lintel semicircular, adornado coa figura en relevo dun guerreiro (gaiteiro?). Na cara oeste, ventá con arco e tímpano e escudo de seis roeles. No lateral sur, unha ventá con dobre aspilleira, en arco.

Castelo de Fornelos

O castelo de Fornelos ou torre de Fornelos é unha fortificación situada na parroquia de Ribeira (Crecente), nun outeiro á beira do río Ribadil, moi próximo á fronteira con Portugal, fronte ao castelo de Melgaço.

Castelo de Monterrei

O castelo de Monterrei é unha fortificación medieval, situada no concello de Monterrei, nun outeiro sobre o val do río Támega, na confluencia entre os camiños de Pobra de Seabra e Ourense. É unha das fortalezas mellor conservadas de Galiza. Foi declarada Monumento Nacional o 3 de xuño de 1931, e na actualidade é un Ben de Interese Cultural.

Castelo de Naraío

O Castelo de Naraío é un castelo medieval situado ao pé do río Castro, na parroquia de Santa María de Naraío (San Sadurniño). Tralo seu abandono no século XVII foise irmandando co hábitat que o rodea, chegando aos nosos días como unha romántica e florida ruína ao pe do río Castro, afluente do río Grande de Xuvia. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.

Castelo de Pambre

O castelo de Pambre é unha fortaleza que se alza a 44 m de altitude nun penedo á beira do río Pambre, situada na parroquia de Pambre (Palas de Rei).

O castelo é unha das mellores mostras da arquitectura medieval militar que existe en Galicia, e das poucas que quedaron en pé tras a revolta irmandiña. Atópase en bo estado de conservación. A capela románica contida nas súas murallas é anterior á súa construción e foi durante séculos igrexa parroquial de Pambre baixo a advocación de San Pedro, patrón da parroquia de Pambre.

Hoxe coñecido como "Castelo de Pambre", tal denominación popularízase en Galicia, máis que debido á súa cualidade de tal, a partir da publicación no ano 1895 da novela O Castelo de Pambre, de Antonio López Ferreiro. Con anterioridade era coñecido como Fortaleza ou Torre de Pambre, e así aparece citada na cartografía e outra documentación dos séculos anteriores. Esta denominación aínda é habitual entre as xentes da Ulloa.

Castelo de Sobroso

O castelo de Sobroso é un castelo medieval restaurado no século XX situado dentro do territorio da entidade local menor en Vilasobroso (Mondariz), no sur da provincia de Pontevedra. Encarámase no alto da Pena do outeiro de Landín, con vistas sobre o territorio de Vilasobroso e o val do Condado ata a fronteira de Portugal.

Castelo de Soutomaior

O castelo de Soutomaior é un castelo medieval do século XII, lugar de orixe e centro de poder dunha das liñaxes máis significativas da Galicia medieval, os Soutomaior.

Castelo de Vimianzo

O castelo de Vimianzo, tamén chamado torres de Martelo, é unha fortificación de orixe medieval situada na entrada da vila de Vimianzo, no concello coruñés do mesmo nome. Na actualidade acolle unha mostra permanente de artesanía popular.

Cira, Silleda

Santa Baia de Cira é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda na comarca do Deza. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 241 habitantes (113 mulleres e 128 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 312 habitantes.

Mosteiro de San Vicente do Pino

O mosteiro de San Vicente do Pino é un conxunto monumental situado en Monforte de Lemos, Lugo, flanqueado polos restos do castelo, do que se conserva parte da muralla e mailos cubos defensivos, a torre da homenaxe, dende a cal se pode contemplar todo o Val de Lemos, e os restos do palacio dos condes de Lemos, edificio perdido en grande parte nun devastador incendio a principios do século. O mosteiro e mailos restos do palacio constitúen actualmente o Parador Nacional de Monforte de Lemos.

Pazo de Fefiñáns

O Pazo de Fefiñáns é unha construción civil situada no barrio de Fefiñáns, en Cambados, na comarca do Salnés. Pecha polo sur e o leste a praza máis destacada desta vila, a praza de Fefiñáns. De aire clásico, integra un harmonioso conxunto coa súa arcada, torre da homenaxe e a veciña igrexa de San Bieito, ó norte.

Torre (construción)

Na construción, unha torre é unha estrutura elevada construída polo ser humano. Inicialmente a palabra aplicábase a estruturas cun fin tecnolóxico, aínda que adoita empregarse como sinónimo de rañaceos e para designar edificios con numerosas plantas.

O aspecto pricipal que ten que ter unha torre (para ser tal), é as súas proporcións: hoxe en día chámaselle torre a calquera edificio de máis de 10 pisos, pero unha torre parécese máis a un prisma ou un cilindro, no que a relación dos seus lados en planta (X e E) achégase a 1, mentres que a relación da base e a altura deberían achegarse a 5:1.

Algunhas torres famosas son a Torre de Pisa, a Torre Eiffel, a Torre de Babel, a Torre de Londres e as desaparecidas Torres xemelgas de Nova York. En Galiza a torre máis característica é a Torre de Hércules na Coruña, ou as torres da Catedral de Santiago en Compostela.

Torre de Friol

A torre de Friol é unha fortaleza medieval situada no concello de Friol.

Torre do Bolo

A Torre do Bolo sitúase no concello ourensán do Bolo, preto da Serra do Eixo, en Galiza.

Vilalba

Vilalba é un concello da provincia de Lugo, capital da comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2015 tiña 14.645 habitantes, dos que máis dun terzo viven no núcleo urbano. O seu xentilicio é «vilalbés» ou tamén «chairego».

Vilalba é a vila principal da súa comarca e a cuarta na provincia, xusto despois de Viveiro. O concello posúe unha densidade de poboación de 38,64 hab./km², e unha superficie de 379 km², o que o converte no segundo maior dos concellos galegos en canto a superficie despois da Fonsagrada.

O concello de Vilalba atópase na metade norte da provincia de Lugo; limita polo norte cos concellos de Abadín, Muras e Xermade, polo sur, con Cospeito, Begonte e Guitiriz, polo leste, con Abadín e Cospeito e polo oeste, con Xermade e Guitiriz. A poboación de Vilalba distribúese nas 29 parroquias do concello, ademais do núcleo urbano da vila.

Vilalba (do latín Villam Albam, 'vila branca'), posúe un rico patrimonio arqueolóxico e cultural. O concello conserva un bo número de mostras de castros galaicos, entre os que destacan os castros de Gondaísque e Belesar. Dentro do seu patrimonio cultural destaca a Torre da homenaxe do desaparecido castelo de Vilalba, vencellada historicamente á casa dos Andrade, e convertida no século XX en parador de turismo.

Con respecto á industria, o concello caracterízase pola súa escasa industrialización, sendo as escasas industrias existentes derivadas do sector primario, é dicir a agroalimentaria, representada por unha empresa multinacional de produtos lácteos, e algunhas pequenas industrias de embutidos, xamóns e de elaboración do queixo D.O. de San Simón.

A gastronomía é un dos meirandes atractivos da vila na que hai que destacar o queixo de San Simón da Costa, o roscón de améndoas e os célebres capóns de Vilalba que se comercializan nunha feira anual, que ten lugar o 21 de decembro.

Vilanova dos Infantes, Celanova

San Salvador de Vilanova dos Infantes é unha das 19 parroquias do concello ourensán de Celanova. En 2017 tiña 222 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.