Torre da Penela

O Castelo da Penela, ou Torre da Penela sitúase no lugar da Penela na parroquia de Silvarredonda, no concello coruñés de Cabana de Bergantiños, en Galicia.

Torre da Penela
Torre da Penela
ConcelloCabana de Bergantiños
ProvinciaA Coruña
Comunidade
autónoma
Galicia
Coordenadas43°11′09″N 8°51′30″O / 43.18597222, -8.85841667Coordenadas: 43°11′09″N 8°51′30″O / 43.18597222, -8.85841667
Estilo arquitectónico
Estilo actual(século XVII)
Estado actualen ruínas
Véxase tamén
Castelos de Galicia

Historia

O antigo castelo foi fundado por Lope Bermúdez, que emparentou coa liñaxe dos Altamira casando con Urraca de Moscoso.[1], descendente da liñaxe dos Bermúdez de Traba, era parte dunha rede de fortificacións fronteirizas para a defensa da comarca de Bergantiños. Con posterioridade pasou a ser patrimonio dos condes de Priegue, donos da Torre de Celas de Peiro.

As reformas levadas a cabo durante o século XVII configuraron a súa actual tipoloxía de residencia palaciana.

Conta a lenda que un cruceiro, hoxe situado preto da torre, atopábase antes á entrada da fortificación de xeito que todo o que pasase por diante quedaba ceibe dos seus perseguidores. Segundo a lenda, unha muller achegouse ao cruceiro, sendo apreixada xusto antes e decapitada; os veciños sentiron mágoa por ela, “Pena dela”. Así, conforme a lenda, se orixinou o nome, Penela.

Heráldica

Escudo Penela
Escudo da Torre da Penela.

A liñaxe dos Riobó representa no escudo de armas como armas sobre campo de sinople unha torre de prata cunha silva envolvéndoa.

Características

A torre é de planta cadrada distribuída en dous andares e un soto no cal se abre unha porta con arco de volta perfecta composto por doelas de bo tamaño. No alto remátase cunha terraza con ameas en toda a súa volta. Algunhas das xanelas foron abertas en tempos posteriores.

Na fachada conserva escudos de armas dos Castro, Rioboo e Bermúdez. Na fachada posterior existe un acceso directo á terceira planta debido ao desnivel do terreo.

Hoxe en día é usado como celeiro e no seu interior consérvase a estrutura dunha escaleira de caracol.

Encaixado nun lavadoiro consérvase outro escudo moi gastado. Detrás da torre atópase unha fonte con pia e forma de cadaleito.

Galería de imaxes

Torre da Penela 2

Torre da Penela.

Notas

  1. BOGA MOSCOSO, R. (2003): Guía dos castelos medievais de Galicia. Vigo, Edicións Xerais de Galicia, páx. 48. ISBN 84-9782-035-5.

Véxase tamén

Ligazóns externas

A Penela

O topónimo A Penela pode referirse a:

A Penela, parroquia do concello de Monforte de Lemos, na comarca da Terra de Lemos;

A Penela, lugar da parroquia de Esperante no concello de Agolada;

A Penela, lugar da parroquia de Guilfrei no concello de Becerreá;

A Penela, lugar da parroquia de Astureses no concello de Boborás;

A Penela, lugar da parroquia da Silvarredonda no concello de Cabana de Bergantiños;

A Penela, lugar da parroquia da Capela no concello da Capela;

A Penela, lugar da parroquia de Montoxo no concello de Cedeira;

A Penela, lugar da parroquia de Cequeril no concello de Cuntis;

A Penela, lugar da parroquia de Arca no concello da Estrada;

A Penela, lugar da parroquia da Cervela no concello do Incio;

A Penela, lugar da parroquia de Donramiro no concello de Lalín;

A Penela, lugar da parroquia de Vilastose no concello de Muxía;

A Penela, lugar da parroquia de Pedroso no concello de Rodeiro;

A Penela, lugar da parroquia de San Sadurniño no concello de San Sadurniño;

A Penela, lugar da parroquia de Valdoviño no concello de Valdoviño;

A Penela, lugar da parroquia de Oirós no concello de Vila de Cruces;

A Penela, A Silvarredonda, Cabana de Bergantiños

A Penela é un lugar da parroquia da Silvarredonda no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Tiña 11 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 5 homes e 6 mulleres.

Neste lugar atopase a Torre da Penela.

A Silvarredonda, Cabana de Bergantiños

San Pedro da Silvarredonda é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 86 habitantes (45 mulleres e 41 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 117 habitantes.

Cabana de Bergantiños

Cabana de Bergantiños é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños no Partido xudicial de Carballo.

Segundo o INE a súa poboación no ano 2018 era de 4.337 habitantes dos cales 2.091 eran homes e 2.246 eran mulleres (4.347 no ano 2017, 4.446 no ano 2016, 4.552 no 2015, 4.623 no 2014, 4.716 no 2013, 4.759 no 2012, 4.865 no 2011, 4.909 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cabanés ou bergantiñán .

Castelos de Galicia

Esta é unha lista dos castelos, torres e fortalezas de Galicia divididos en provincias.

Comarca de Bergantiños

A comarca de Bergantiños é unha das 53 comarcas galegas e esta situada na provincia da Coruña e a súa capital é Carballo. Pertencen a esta comarca os concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños e Ponteceso. Ten unha superficie de 742 km² e tiña 68.928 habitantes no ano 2014.

Gándara, Zas

Santa María de Gándara é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Zas na comarca da Terra de Soneira. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 503 habitantes (269 homes e 234 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 545 habitantes. Segundo o IGE, no 2018 a súa poboación descendera ata os 365 habitantes, sendo 182 homes e 183 mulleres.

Lista de monumentos da provincia da Coruña

Esta é unha lista dos monumentos da provincia de Coruña que están declarados como BIC polo Ministerio de Cultura ou pola Xunta de Galicia.

Torres do Allo

O pazo das Torres do Allo é unha construción civil do século XVI de estilo gótico-renacentista, na parroquia do Allo, no concello coruñés de Zas. Foi mandado construír polo fidalgo Gomes de Rioboo Vilardefrancos na primeira metade do século XVI nunha antiga propiedade da familia Rioboo (procedentes de Riobó), no lugar onde se atopaba noutrora unha fortaleza medieval destruída polos Reis Católicos. O seu arquitecto, descoñecido, foi o mesmo que deseñou a fachada do Hospital Real de Santiago de Compostela. Salientan a fachada e as dúas torres. É un dos pazos máis antigos de Galicia.

Hoxe o pazo é propiedade da Deputación da Coruña e converteuse en museo visitábel.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.