Tordoia

Tordoia é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ordes. Ten unha extensión de 124,5 km² distribuídos en dez parroquias.

Coordenadas: 43°5′23.41″N 8°33′2.12″O / 43.0898361, -8.5505889

Tordoia
Escudo de Tordoia
Casa do Concello de Tordoia
Casa do Concello.
Situacion Tordoia
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Ordes
Poboación3.361 hab. (2018)
Área124,5 km²
Densidade27 hab./km²
Entidades de poboación10 parroquias
Capital do concelloPontepedra
Política (2019[2])
AlcaldeEduardo Antonio Pereiro Liñares (PPdeG)
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 2
Outros: ESCO 1
Eleccións municipais en Tordoia
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes94,87%
Na rede
www.tordoia.es
correo@tordoia.dicoruna.es

Demografía

Segundo o Padrón municipal de habitantes, en 2014 a súa poboación era de 3.706 persoas (1.749 homes e 1.957 mulleres) (4.339 no 2009, 4.548 no 2006, 4.617 no 2005, 4.713 no 2004, 4.841 en 2003). O seu xentilicio é «tordoiés/tordoiesa».

Censo total 2014 3.706 habitantes
Menores de 15 anos 229 (6.18 %)
Entre 15 e 64 anos 2.127 (57.39 %)
Maiores de 65 anos 1.350 (36.43 %)
Evolución da poboación de Tordoia   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
3.707 4.459 6.220 6.220 4.713 4.339 4.168 3.924 3.817 3.706 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Escudo

As orixes do escudo remóntanse a 1846. A composición é de prata, cunha árbore sinople de dúas copas, sostido de tres ondas de azur e prata, e coa Coroa Real de España pechada e engastada de pedras preciosas, composto de oito floróns de follas de acanto, interpoladas de perlas e de cuxas follas saen outros tantos diademas de perlas que converxen nun mundo de azur co corpo en ouro e acabando nunha cruz de ouro e todo iso forrado de goles.

Enténdese que a árbore de dúas copas facía referencia á multitude de castiñeiros que había na zona, xa que hai poucos exemplos como este en heráldica. As ondas azuis e prata fan referencia aos numerosos ríos, fontes e regos que fertilizan e regan o concello.

Patrimonio

Festas

Anxeriz

  • Santa Mariña, 18 e 19 de xullo.
  • Virxe do Rosario, primeiro domingo de outubro.

Andoio

  • Samede, 7 e 8 de agosto.

Bardaos

  • Bardaos, 15 e 16 de agosto.

Castenda

  • Santa María, 15 e 16 de agosto.
  • Festa de Campo na ermida do Carme, terceiro domingo de xullo.
  • San Ramón, 30 de agosto.
  • Festa do Sacramento, en agosto.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Tordoia.
Muiño de Xan

Muíño de Xan

Lugares de Tordoia

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Tordoia vexa: Lugares de Tordoia.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Torre, Anxeriz, Tordoia

A Torre é un lugar da parroquia de Anxeriz, no concello coruñés de Tordoia da comarca de Ordes. Segundo o IGE, en 2013 tiña 12 habitantes (5 homes e 7 mulleres).

A Vila de Abade, Tordoia

San Cibrán da Vila de Abade é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Tordoia. Segundo o IGE en 2014 tiña 464 habitantes (246 mulleres e 218 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 669 habitantes.

Andoio, Tordoia

San Mamede de Andoio é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Tordoia. Segundo o IGE en 2014 tiña 283 habitantes (140 mulleres e 143 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 424 habitantes.

Anxeriz, Tordoia

Santa Mariña de Anxeriz é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Tordoia. Segundo o IGE en 2014 tiña 490 habitantes (259 mulleres e 231 homes) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 685 habitantes.

Bardaos, Tordoia

Santa María de Bardaos é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Tordoia. Segundo o IGE en 2014 tiña 502 habitantes (273 mulleres e 229 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 700 habitantes.

Cabaleiros, Tordoia

San Xián de Cabaleiros é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Tordoia. Segundo o IGE en 2013 tiña 789 habitantes (402 mulleres e 387 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 990 habitantes.

Castenda da Torre, Tordoia

Santa María de Castenda da Torre é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Tordoia. Segundo o IGE en 2013 tiña 376 habitantes (202 mulleres e 174 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 498 habitantes.

Comarca de Ordes

A comarca de Ordes é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Ordes. A esta comarca pertencen os concellos de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo.

Coristanco

Coristanco é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños. Segundo o IGE no 2014 tiña 6706 habitantes (6974 no 2012, 7102 no 2011, 7165 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «coristanqués».

Eleccións municipais en Tordoia

Corporacións democráticas en Tordoia desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Andrés García Lamas — UCD

1983 Alcalde: Andrés García Lamas — CP

1987 Alcalde: Andrés García Lamas — AP

1991 Alcalde: Andrés García Lamas — PPdeG

1995 Alcalde: Andrés García Lamas — PPdeG

1999 Alcalde: Antonio Pereiro Liñares — PPdeG

2003 Alcalde: Antonio Pereiro Liñares — PPdeGModelo:Tordoia 2003

2007 Alcalde: Antonio Pereiro Liñares — PPdeGModelo:Tordoia 2007

2011 Alcalde: Antonio Pereiro Liñares — PPdeG

2015 Alcalde: Antonio Pereiro Liñares — PPCandidatos: Antonio Pereiro Liñares (PP), Carlos García Vázquez (PSdeG-PSOE) e María Pilar García Pereiro (BNG).

Estación de Gorgullos-Tordoia

Gorgullos-Tordoia é un apeadoiro de Adif, situado en Gorgullos, no concello de Tordoia, provincia da Coruña. Está situada na liña A Coruña-Vigo e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Estación de Ordes-A Pontraga

Ordes-A Pontraga foi unha estación de tren de Adif, situada na Pontraga, no concello de Tordoia, provincia da Coruña, no límite co concello de Ordes. Non ten servizos de viaxeiros e emprégase como escola obradoiro.

A estación inaugurouse o 14 de abril de 1943 dentro do trazado orixinal da liña que unía Zamora e A Coruña. Coa construción do Eixe atlántico de alta velocidade, esta estación foi substituída pola nova estación de Ordes en 2003.

Gorgullos, Tordoia

Santaia de Gorgullos é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Tordoia. Segundo o IGE en 2014 tiña 489 habitantes (259 mulleres e 230 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 651 habitantes.

Leobalde, Tordoia

San Cristovo de Leobalde é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Tordoia. Segundo o IGE en 2013 tiña 121 habitantes (63 mulleres e 58 homes) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 147 habitantes.

Lugares de Tordoia

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Tordoia

Numide, Tordoia

Santiago de Numide é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Tordoia. Segundo o IGE en 2013 tiña 131 habitantes (73 mulleres e 58 homes) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 215 habitantes.

O Empalme, Anxeriz, Tordoia

O Empalme é un lugar da parroquia de Anxeriz no concello coruñés de Tordoia da comarca de Ordes. Segundo o IGE, en 2013 tiña 32 habitantes (14 homes e 18 mulleres).

Debe o seu nome a ser o lugar onde se cruzan as estradas DP-1914 (Carballo-Portomouro) e AC-400 (Muros-Sigrás).

Ordes

Ordes é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ordes. Segundo o IGE en 2014 tiña 12.844 habitantes (12.868 no 2010, 12.294 no 2006, 12.272 no 2005, 12.287 no 2004, 12.266 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ordense».

Tordoia, Tordoia

San Xoán de Tordoia é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Tordoia. Segundo o IGE en 2014 tiña 90 habitantes (53 mulleres e 37 homes) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 127 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.