Tora

A Tora[1] (en hebreo: תורה) é unha verba hebrea que significa ensinanza, instrución, ou especificamente lei. Refírese principalmente aos primeiros cinco libros da Tanagh (a Biblia Hebrea) que corresponde ao Antigo Testamento cristián, coñecidos tamén como Os cinco libros de Moisés, e na tradución do hebreo ao grego na Septuaginta, como o Pentateuco (do grego πεντε, pente, ‘cinco’, o τευχος, teughós, ‘funda para libros’, facendo referencia ás fundas nas que se conservaban os pergamiños). Porén, con frecuencia os xudeus tamén se refiren a toda a revelación e ensinanzas xudías como a Tora.

Os cinco libros son: Xénese (Bereishit בראשית), Éxodo (Shemot שמות), Levítico (Vaiicra ויקרא), Números (Bemidbar במדבר) e Deuteronomio (Devarim דברים). Na versión grega da Tora, estes cinco libros conforman o Pentateuco, Hamisha Humshei Tora (חמשה חומשי תורה que en hebreo quere dicir "As cinco partes da Tora"), ou simplemente Humash (חומש "quinto").

Köln-Tora-und-Innenansicht-Synagoge-Glockengasse-040
Sefer Tora na vella Sinagoga Glockengasse (reconstrución), Colonia.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tora.
43ª edición dos Óscar

A 43.ª entrega dos premios Óscar tivo lugar o día 15 de abril de 1971 no Dorothy Chandler Pavilion dos Ánxeles (Estados Unidos). Nesta edición non houbo mestre de cerimonias.

Alcelaphus

Alcelaphus é un xénero de mamíferos artiodáctilos da familia dos bóvidos, que é o tipo da subfamilia dos alcelafinos.As súas especies habitan nas sabanas africanas e son coñecidas vulgarmente na bibliografía como alcélafos ou búbalos.

Balac

Balac (en hebreo: בָּלָק‎; trad: “destrutor”) é un personaxe bíblico, rei dos moabitas, pobo inimigo de Israel. Balac é un personaxe menor que aparece no libro dos Números, relacionado co profeta Balaam, ao que consulta sobre a chegada dos israelitas ás súas fronteiras, incomódase cando Balaam lle recomenda que os respecte.

Biblia hebrea

As expresións Biblia hebrea ou Biblia hebraica (latín: Biblia hebraica) son usadas para referirse de modo xenérico ós libros da Biblia escritos orixinalmente en hebreo e arameo antigos e que forman parte do canon xudeu chamado Tanak. Tamén pode referirse ó conxunto de libros chamado de antigo testamento, usado por algunhas denominacións cristiáns evanxélicas, mais que non inclúen as partes deuterocanónicas do Antigo Testamento e o Anagignoskomena ortodoxo). O termo non implica ningún xénero de denominación, numeración ou ordenación de libros, que é moi variable. (Véxase Canon bíblico).No estudo erudito contemporáneo, é común referirse polo termo a unha das tres edicións da obra publicada por Rudolf Kittel. Neste contexto é frecuente a abreviatura BH, ou BHK (K por Kittel), ou (onde se refiren ás distintas edicións), BH1, BH2 e BH3. As primeiras dúas edicións apareceron entre 1906 e 1913, respectivamente; a diferenza entre elas é leve, salvo por unha lista de pequenas rectificacións na segunda. Esta segunda edición foi reimpresa varias veces. Vense tamén notas que engaden extractos da Tora samaritana, da Septuaxinta, da Vulgata e da Peshitta. Na terceira edición reproduciuse o texto hebreo atopado no Códice de Leningrado, o cal é o mesmo que serviu de fonte para a Biblia Hebraica Stuttgartensia.Ó lado da tradición, algúns estudos apuntan que os libros que compoñen a Biblia hebrea desenvolveranse ó longo de aproximadamente un milenio, e os textos máis antigos parecen vir do século XI a.e.c. ou do século X a.e.c., restando que os demais parecen ter orixe un pouco máis nova. Esas obras foron compostas pola compilación de escrituras intricadas e coidadosamente postas en conxunto e secuencia.Dende o século XIX, a maioría dos estudosos coinciden afirmar que o Pentateuco ou Torá, os cinco primeiros libros, foi composto por catro fontes, J (Iavista), D (Deuteronomista), E (Eloísta) e P (Sacerdotal), que foron combinados para formar tal grupo nalgún período ó redor do século VI a.e.c. Esta teoría é agora coñecida como a hipótese documentaría, e foi a teoría dominante nos últimos douscentos anos. Do autor deuteronomista queda acreditada a autoría do libro de Deuteronomio, e tamén díxose que é o autor ou fonte dos libros de Xosué, Xuíces, Samuel e Reis (a historia deuteronomista, ou DtrH) e tamén no libro de Xeremías.

Covas, Viveiro

San Xoán de Covas é unha parroquia do concello lugués de Viveiro na comarca da Mariña Occidental. No ano 2007 tiña 3.684 habitantes (1.806 homes e 1.878 mulleres) distribuídos en 27 entidades de poboación, o que supón un aumento de 39 habitantes en relación ao ano 2000.

Grecia no Festival de Eurovisión Júnior

Grecia fixo a súa primeira participación no Festival de Eurovisión Júnior 2003, e decidiu non participar dende o 2009 por razóns de baixa audiencia e crise económica.

Hebreos

Os hebreos (do latín Hebraei e do grego antigo Hebraioi [Ἑϐραῖοι], e ambos á súa vez do hebreo ‘Ivrīm [עברים]) son un antigo pobo semita do Levante mediterráneo (Próximo Oriente) establecidos no ano 616 a. C, tamén son devanceiros dos israelitas e do pobo xudeu.A tradicional fonte de referencia para os hebreos é a Biblia, cuxo contido tamén se atopa nas escrituras hebreas da Tora. Segundo estas fontes os hebreos constitúen o grupo monoteísta inicial, que é descendente dos patriarcas posdiluvianos Abraham, Isaac e Xacob.

Segundo a Biblia e as tradicións hebraicas (orais e escritas), os hebreos foron orixinarios de Mesopotamia. Eran nómades, vivían en tendas, posuían rabaños de cabras e ovellas, utilizando asnos, mulas e camelos como portadores. Seguindo a Abraham, os hebreos emigraron cara a Canaán, a terra prometida por Deus aos descendentes do primeiro patriarca. Varias táboas descubertas en Mari certifican frecuentes migracións a través do Crecente Fértil.

Abraham é considerado o primeiro hebreo por deixar o seu Caldea natal, e atravesar "do outro lado do río" Éufrates. O patriarca e os seus asíntanse en Canaán: en Siquem (actual Nablus), Beerseba ou Hebrón. Aos poucos, mestúranse cos poboadores locais e convértense en agricultores sedentarios. O pobo de Israel era veciño doutros, como os edomitas, moabitas, amonitas e ismaelitas. O trazo distintivo dos hebreos foi a súa convicción na existencia dun único Deus (Yavé). Segundo os textos do Tanak, o pobo de Israel é elixido por Deus para a revelación de principios fundamentais (tales como o Dez Mandamentos contidos na Tora) e é co primeiro patriarca do pobo hebreo que Deus establece a súa Alianza ou Pacto, tamén coñecido como Convenio Abrahámico:

Na Biblia, Israel é o nome nacional dos hebreos. Inicialmente e na súa condición tribal, os hebreos non posuían un nome que os distinguise historicamente como grupo. O cambio do nome do terceiro patriarca, quen de "Xacob" pasa a chamarse "Israel" (Xénese 32:24 e 32:28) é reflexo o feito histórico coñecido como unión das tribos hebreas iniciais e do seu triunfo sobre os cananeos. Ou, dito doutro xeito, "hebreos" eran antes da conquista da terra de Canaán e "israelitas" chamarallos a partir de devandito acontecemento (século VI a.C.).Na actualidade, "hebreo" emprégase para designar a todo aquel que sexa membro ou descendente do pobo de Abraham, Isaac, e Xacob. Hebreo é hoxe ademais sinónimo de israelita e xudeu.Nalgúns idiomas modernos, entre eles o grego, italiano, romanés e moitas linguas eslavas, "hebreos" é empregado como etnónimo estándar de xudeus.

Jason Robards

Jason Nelson Robards, Jr., nado o 26 de xullo de 1922 en Chicago, e finado o 26 de decembro de 2000 en Bridgeport, Connecticut, foi un actor estadounidense.

Maimónides

Moshé ben Maimón ou Musa ibn Maymun (en hebreo משה בן מימון, e en árabe, موسى بن ميمون), tamén chamado dende o Renacemento Maimónides ("fillo de Maimon") ou RaMBaM (o acrónimo das súas iniciais en hebreo, רמב"ם) coñecido entre os cristiáns casteláns como Rabí Moisés o Exipcio, nado en Córdoba o 30 de marzo de 1135 e finado no 1204 en Fustat (Exipto), foi un médico, rabino e teólogo xudeu da Idade Media. Tivo importancia como filósofo no pensamento medieval.

Makedonía ksakustí

Makedonía ksakustí (en grego: Μακεδονία ξακουστή) é unha marcha militar, a miúdo considerada o himno nacional da rexión grega de Macedonia, e é usada polo Exército de Grecia dende as Guerras balcánicas.

Masaki Kobayashi

Masaki Kobayashi (小林 正樹, Kobayashi Masaki), nado o 14 de febreiro de 1916 e finado o 4 de outubro de 1996, foi un destacado director de cine xaponés.

Entre as súas películas está Kwaidan (1964), unha colección de catro historias sobre pantasmas extraídas do libro Kwaidan: Stories and Studies of Strange Things (1903) escrito por Lafcadio Hearn, cada unha das cales ten un sorprendente final.

Kobayashi tamén dirixiu A Condición Humana, unha triloxía acerca dos efectos da segunda guerra mundial sobre un xaponés pacifista e socialista. A duración total das tres películas é dunhas nove horas. Outras notables películas son Harakiri (1962) e Samurai Rebellion (1967). Harakiri deulle o premio do xurado no Festival Internacional de Cinema de Cannes.

Foi tamén candidato a dirixir as secuencias xaponesas de Tora! Tora! Tora! (1970), pero no seu lugar foron escollidos Kinji Fukasaku e Toshio Masuda.

Kobayashi, abertamente pacifista, foi recrutado polo exército imperial xaponés durante a segunda guerra mundial, mais negouse a combater ou a ser promovido a ningún rango maior que soldado.

Pentateuco samaritano

Chámase pentateuco samaritano, ou Tora samaritana (en hebreo: נוסח השומרונים לתורה, versión samaritana da Tora, ou נוסח שומרון) ó libro sagrado dos samaritanos, que é unha versión da Tora mais escrita co alfabeto samaritano, que é un abjad derivado do alfabeto hebreo antigo. É unha versión que amosa moitas diferenzas en relación á versión estándar, que foi preservada polo texto masorético. De feito, as maiores diferenzas son apenas de ortografía e pronuncia, pero hai outras que introducen conceptos ben distintos daqueles seguidos polas varias ramas da relixión xudaica, sendo a principal delas no que respecta ós dez mandamentos.

Richard Fleischer

Richard O. Fleischer, nado en Nova York o 8 de decembro de 1916 e finado nos Ánxeles o 25 de marzo de 2006, foi un cineasta estadounidense.

Stag

Stag é un álbum da banda estadounidense de sludge metal Melvins, editado o 15 de xullo de 1996 a través do selo Atlantic Records. A banda de sludge progresivo Mastodon adoita a tocar en directo o tema deste álbum "The Bit".

Stoner Witch

Stoner Witch é un álbum da banda estadounidense de sludge metal Melvins, editado en setembro de 1994 a través do selo Atlantic Records.

Suesca

Suesca é un concello colombiano de Cundinamarca, situado na provincia de Almeidas, a 59 km ó nordés de Bogotá. A altitude media do concello é de 2584 m s. n. m., e o clima é tépedo, cunha temperatura media anual de 14.3 °C.

Tora Tora Tora (EP)

Tora Tora Tora é un EP da banda estadounidense de sludge metal Melvins, editado en 1995 polo selo X-Mas. Relata as súas aventuras nalgunhas das súas xiras cos seareiros das grandes bandas coas que tocaban.

Xudaísmo caraíta

Xudaísmo caraíta, ou caraísmo, é a denominación do movemento xudaico que adopta os libros do Tanak, normalmente a Tora, como única fonte e autoridade sobre os asuntos relativos á doutrina e normas de conduta, diferente a maioría do pobo xudeu, que, alén dos libros orixinalmente escritos por Moisés e polos profetas, adoita seguir o contido no Talmud, que encerra a Tora Oral e rexistra asemade os debates dos sábios e posteriores explicacións dos costumes. Os caraítas sosteñen que a inspiración divina soamente está depositada nos escritos da Tora Escrita, rechazando tódolos escritos dos rabinos, como Midrash e Tosafot. A súa aceptación ten sido obxecto de disputa e retesía, a despeito de seren relativamente ben integrados no Estado de Israel.

Óscar ós mellores efectos visuais

O Óscar aos mellores efectos visuais (Academy Award for Visual Effects) é un premio entregado pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas como parte dos premios Óscar.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.