Torás, A Laracha

San María de Torás é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2015 tiña 3 659 habitantes (1 801 homes e 1 858 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 2 746 habitantes (1 416 mulleres e 1 330 homes).

Coordenadas: 43°14′55″N 8°34′35″O / 43.24872, -8.57644

Torás
Capela de San Roque e San Antón en Cillobre
Capela de San Roque.
ConcelloA Laracha
Área5 km²
Poboación3659 hab. (2015)
Densidade731,8 hab./km²
Entidades de poboación20

Xeografía

Nesta parroquia atópase a capital municipal, A Laracha. Está situada entre os dous núcleos industriais da zona, Arteixo e Carballo; ademais está próxima á cidade da Coruña e ben comunicada a través da AG-55 e da AC-552.

Estas circunstancias fixeron que experimentase un aumento nos últimos 10 anos, tanto no terreo económico como no poboacional. O crecemento vese reflectido no nivel de servizos dos que dispón: culturais (Casa da Cultura, Biblioteca, Servizos Múltiples...), instalacións deportivas (Polideportivo municipal, Polideportivo IES Agra de Leborís, Piscina Municipal climatizada, Campo de fútbol...), zonas verdes (Área de Ocio Maximino Canedo, O Recreo, Prazas e parques...) e áreas de recreo (Área de Recreo e Praia Fluvial de Gabenlle, Paseo Fluvial de Gabenlle).

Patrimonio

A parroquia ten dúas igrexas: a de Santa María de Torás, do século XIX e a igrexa parroquial de Torás, do século XX, ademais da capela de San Roque e Santo Antóno, na torre de Cillobre, situada no lugar das Torres de Cillobre.

Lugares e parroquias

Parroquias da Laracha

Véxase tamén

Outros artigos

A Barreira, Torás, A Laracha

A Barreira é un lugar da parroquia de Torás no concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Tiña 123 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 59 homes e 64 mulleres.

A Ganduma, Torás, A Laracha

A Ganduma é un lugar da parroquia de Torás no concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Tiña 7 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 3 homes e 4 mulleres.

A Gándara, Torás, A Laracha

A Gándara é un lugar da parroquia de Torás no concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Tiña 21 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 12 homes e 9 mulleres.

A Laracha, Torás, A Laracha

A Laracha é unha vila da parroquia de Torás no concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2009 tiña 2580 habitantes (1275 homes e 1305 mulleres).

É a capital do concello ao que dá nome.

As Torres de Cillobre, Torás, A Laracha

As Torres de Cillobre é un lugar da parroquia de Torás no concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Tiña 64 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 30 homes e 34 mulleres.

Estramil, Torás, A Laracha

Estramil é un lugar da parroquia de Torás no concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Tiña 230 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 117 homes e 113 mulleres.

Gabenlle, Torás, A Laracha

Gabenlle é un lugar da parroquia de Torás no concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Tiña 78 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 35 homes e 43 mulleres.

Leborís, Torás, A Laracha

Leborís é un lugar da parroquia de Torás no concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2009 tiña 27 habitantes (11 homes e 16 mulleres).

Mirón, Torás, A Laracha

Mirón é un lugar da parroquia de Torás no concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Tiña 12 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 6 homes e 6 mulleres.

Nunca Máis

Nunca Máis é unha plataforma creada en 2003 poucos días despois de se afundir o petroleiro Prestige fronte ás costas galegas. Esta organización aglutinou dende entón a resposta cidadá ao desastre ecolóxico e á xestión levada a cabo polos diferentes gobernos responsables.

Con múltiplas manifestacións de variado carácter esixiu a declaración de Galiza como zona catastrófica e a inmediata dotación de recursos de todo tipo para reparar as graves consecuencias económicas, sociais, medioambientais e para a saúde provocadas polo sinistro. Tamén reclamou a posta en marcha de mecanismos de prevención que impedisen que feitos coma este se volvan a repetir no futuro.

Xosé María Torné fixo o deseño da súa bandeira.

O Campo, Torás, A Laracha

O Campo é un lugar da parroquia de Torás no concello coruñés da Laracha na Comarca de Bergantiños. Tiña 84 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 42 homes e 42 mulleres.

Riotorto, Torás, A Laracha

Riotorto é un lugar da parroquia de Torás no concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Tiña 24 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 8 homes e 16 mulleres.

Torás, Torás, A Laracha

Torás é un lugar da parroquia de Torás no concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Tiña 1 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran homes e 1 muller.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.