Toques

Toques é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Terra de Melide. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.248 habitantes (1.387 no 2010, 1.485 no 2006, 1.512 no 2005, 1.530 no 2004, 1.550 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é toquense.

Coordenadas: 42°58′4.08″N 7°59′17.16″O / 42.9678000, -7.9881000

Toques
Escudo de Toques
Igrexa parroquial de Santa Eufemia do Monte, Toques
Situacion Toques
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca da Terra de Melide
Poboación1.151 hab. (2018)
Área77,9 km²
Densidade14,78 hab./km²
Entidades de poboación10 parroquias
Capital do concelloSouto
Política (2019[2])
AlcaldeMiguel Ángel Buján Varela (PSdeG-PSOE)
ConcelleirosBNG: 4
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 2
Eleccións municipais en Toques
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes97,20%
Na rede
toques.es
alcaldia@toques.dicoruna.es

Demografía

Censo total 2014 1.248 habitantes
Menores de 15 anos 85 (6.81 %)
Entre 15 e 64 anos 759 (60.82 %)
Maiores de 65 anos 404 (32.37 %)
Evolución da poboación de Toques   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
2.940 3.131 3.264 2.454 1.530 1.405 1.343 1.302 1.265 1.248 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello, de 77,9 km², abrangue dez parroquias. Limita ao norte co concello de Sobrado a través dos montes de Bocelo, ao suroeste co concello de Melide e ao leste cos concellos de Palas de Rei e Friol a través da serra do Careón e os montes de Corno do Boi.

O río Furelos, afluente do Ulla, percorre o concello de norte a sur desde o nacemento nas brañas do Porto Salgueiro até Furelos, xa no concello de Melide. Entre os seus afluentes están o río da Toca e o río Pequeno ou Montelén.

Patrimonio

A mámoa do Forno dos Mouros é un monumento megalítico ben conservado, situado preto de Muruxosa e rehabilitado en 2009. O castro da Graña é un poboado castrexo, escavado na década de 1990.

A igrexa de Santo Antoniño de Toques é un templo románico do século XII.

O concello está atravesado pola vía primitiva do Camiño de Santiago, que pasa polas parroquias de Vilouriz e Vilamor, uníndose en Melide ao camiño francés.

Economía

A economía do concello de Toques céntrase na gandaría vacún e no sector forestal.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Toques.
Iglesia de San Antoniño de Toques6

Vista do conxunto.

Dolmen da Muruxosa forno dos mouros Toques A Coruña

Forno dos Mouros, vista xeral. En primeiro termo o Camiño Real.

2 Casa do Concello de Toques (2)

Casa do concello

Lugares de Toques

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Toques vexa: Lugares de Toques.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Capela, Toques

Santa María da Capela é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Toques. Segundo o IGE en 2013 tiña 167 habitantes (83 mulleres e 84 homes) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 225 habitantes.

Comarca da Terra de Melide

A comarca da Terra de Melide é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Melide. Pertencen a esta comarca os concellos de Melide, Santiso, Sobrado e Toques.

Commonplace

Commonplace é o sexto álbum do grupo de J-Pop chamado Every Little Thing, lanzado ó mercado o 10 de marzo do ano 2004 baixo o selo avex trax e producido por Max Matsuura. O álbum alcanzou a primeira posición nas listas de Oricon. O álbum consta en xeral de ritmos acústicos, aínda que hai algunhas con toques de rock. Ichiro Ito toca a guitarra en tódalas cancións e tamén participa nos arranxos de algunhas delas. Tódalas letras foron escritas por Kaori Mochida, aínda que tivo que recibir axuda na canción "country road", que esta completamente en inglés.

Edificio da Equitativa

O Edificio da Equitativa (La Equitativa) é un inmoble senlleiro que se atopa no chafrán das rúas Marqués de Valladares e Reconquista, no centro da cidade de Vigo. O edificio proxectouno en 1948 o arquitecto asturiano Manuel Cabanyes Mata nun estilo academicista monumentalista, con toques clasicistas, mantendo unha linguaxe característica desta etapa de posguerra con ornamentación que lembra o eclecticismo. O edificio foi deseñado para acoller a sede dunha compañía aseguradora (hoxe integrada en AXA) e vivendas.

La Equitativa era unha filial española da compañía de seguros estadounidense The Equitable Life Assurance Society of the United States. No século XIX a compañía coñecíase en España co nome La Equitativa de los Estados Unidos, porén o nome veuse acurtado a La Equitativa logo de que en 1898 o pobo arrincase o escudo dos EUA que decoraba o pazo madrileño da empresa por mor da guerra de Cuba.

Trátase dun edificio simétrico no cruzamento das rúas Marqués de Valladares e Reconquista, que forman un chafrán arredondado, onde o edificio ten a súa entrada principal. A fachada é de cantaría de granito galego, e conta con soto na baixada da rúa, planta terrea, un elevado entresollado, cinco andares e un andar adicional no chafrán a xeito de corpo torreado de decoración clasicista e rematado cun pavillón circular con columnas toscanas pareadas e unha fornela da deusa da xustiza, coa balanza na man e a verba Equitas gravada na peaña, símbolo da compañía aseguradora. Cómpre salientar as cornixas sobrevoadas,a primeira separa o entresollado do resto dos andares e a segunda rematando os andares antes de se elevar a torre. O segundo andar do chafrán ten un balcón corrido sustentado sobre canzorros. O entresollado ten unhas pilastras decorativas e grandes columnas par da porta principal que resaltan o uso comercial desta parte do edificio.

Igrexa de Santo Antoniño de Toques

A Igrexa de Santo Antoniño de Toques é a actual igrexa parroquial de Santa María da Capela, no concello de Toques, que nas súas orixes foi templo monacal e que conserva elementos prerrománicos (segundo Ramón Yzquierdo Perrín datábeis na segunda metade do século VII) en diversos elementos da súa fábrica. Do antigo mosteiro beneditino posiblemente fundado no século X só se conserva o templo.

Trátase dun dos edificios máis complexos da Idade Media galega xa que conserva elementos e pezas de moi diferentes épocas. Foi declarado Ben de Interese Cultural coa categoría de monumento histórico e zona arqueolóxica polo Decreto 192/1994, do 10 de xuño.

Mangoeiro, Toques

San Tomé de Mangoeiro é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Toques. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 56 habitantes (32 homes e 34 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 71 habitantes.

Montes do Bocelo

Os montes do Bocelo son unha importante elevación situada nos concellos de Boimorto, Toques e Sobrado.

Ordes, Toques

Santa María de Ordes é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Toques. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 142 habitantes (74 homes e 68 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 208 habitantes.

Paradela, Toques

San Paio de Paradela é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Toques. Segundo o INE de 2010 tiña 267 habitantes (151 homes e 116 mulleres) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 318 habitantes.

No territorio desta parroquia atópase o Forno dos Mouros.

Ramón Rodríguez Varela

Ramón Rodríguez Varela, nado en Vilouriz (Toques) en 1904 e finado no Freixeiro (Palas de Rei) o 14 de maio de 1967, foi un mineiro e anarcosindicalista galego, guerrilleiro antifranquista tralo Alzamento Nacional co pseudónimo de Curuxás. Tomou este sobrenome do lugar de Curuxás, en Palas de Rei.

San Martiño de Oleiros, Toques

San Martiño de Oleiros é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Toques. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 122 habitantes (62 mulleres e 60 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 155 habitantes.

San Xiao do Monte, Toques

San Xiao do Monte é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Toques. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 22 habitantes (12 mulleres e 10 homes) distribuídos en 1 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 35 habitantes.

Santa Eufemia do Monte, Toques

Santa Eufemia do Monte é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Toques. Segundo o IGE en 2013 tiña 50 habitantes (23 homes e 27 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 60 habitantes.

Santa Mariña de Brañas, Toques

Santa Mariña de Brañas é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Toques. Segundo o IGE en 2013 tiña 218 habitantes (107 homes e 111 mulleres) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 261 habitantes.

Serra de Corno de Boi

A serra de Corno de Boi ou montes do Corno do Boi é unha serra galega pertencente á dorsal galega que está localizada entre os concellos de Friol, Toques e Sobrado. O monte de maior altura é o Campelo, con 811 metros sobre o nivel do mar. Na vertente occidental nace o río Mandeo e na oriental diversos afluentes do río Narla.

Serra do Careón

A serra do Careón é unha serra e espazo natural declarada como zona especial de conservación (ZEC) que abrangue as concas dos río Furelos e Seco ata que chegan ao río Tambre polo sur. Así é que a maior área do espazo está nos concellos de Toques, Melide e Santiso, na Terra de Melide. Ten parte na áreas próximas da comarca da Ulloa e de Lugo: en Friol e Palas de Rei.Como así o recoñece o Instituto Xeolóxico e Mineiro, este espazo destaca por ser o máis extenso afloramento de rochas ultrabásicas na península Ibérica, que vai desde Sobrado ata o sur de Melide, e catalogouse como o PIG C-17: Pregamentos tombados no complexo ultrabásico de Melide. Destacan tamén a súas extensas áreas de matogueiras, como nas Gándaras de Melide.

Vilamor, Toques

Santo Estevo de Vilamor é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Toques. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 157 habitantes (83 homes e 74 mulleres) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 200 habitantes.

Vilouriz, Toques

Santiago de Vilouriz é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Toques. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 76 habitantes (42 mulleres e 34 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 107 habitantes.

Voleibol

O voleibol ou balonvolea (do inglés: volleyball) é un deporte de balón xogado por 12 persoas en dous equipos de seis cada un. Neste deporte o balón pode ser tocado ou impulsado con golpes limpos, pero non pode ser parado, suxeitado, retido ou acompañado. Cada equipo dispón dun número limitado de toques para devolver o balón cara ó campo contraro. A esfera golpéase principalmente coas mans ou brazos, pero tamén pode golpearse con calquera outra parte do corpo. Unha das características do voleibol é que os xogadores teñen que ir rotando as súas posicións a medida que van conseguindo novos puntos.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.