Tonelada

A tonelada (t) ou megagramo (Mg) é unha unidade de masa do sistema métrico decimal e do Sistema Internacional de Unidades. O seu nome deriva de tonel, que provén do diminutivo do francés antigo tonne, tonel grande.

Sistema internacional

A tonelada métrica é o terceiro múltiplo do quilogramo e o sexto do gramo. Tamén se chama megagramo.

1 t = 1.000 kg = 103 kg
1 t = 1.000.000 g = 106 g

Múltiplos e submúltiplos

Múltiplo Nome Símbolo Múltiplo Nome Símbolo
100 gramo g      
101 decagramo dag 10−1 decigramo dg
102 hectogramo hg 10−2 centigramo cg
103 quilogramo kg 10−3 miligramo mg
106 tonelada/megagramo t/Mg 10−6 microgramo µg
109 xigagramo Gg 10−9 nanogramo ng
1012 teragramo Tg 10−12 picogramo pg
1015 petagramo Pg 10−15 femtogramo fg
1018 exagramo Eg 10−18 attogramo ag
1021 zettagramo Zg 10−21 zeptogramo zg
1024 yottagramo Yg 10−24 yoctogramo yg

Outras toneladas

Na náutica española, a tonelada era unha medida de capacidade igual a oito cóbados de ribeira cúbicos; é dicir, 0,1891 m³, ou 189,11 L.

Tamén se empregaba a tonelada de arqueo (ou tonelada Moorsom), para medir a cabida dunha embarcación, e que equivalía a 2,83 m³.

Actinio

O actinio é un elemento químico de símbolo Ac e número atómico 89. É unha das terras raras e dá nome a unha da series, a dos actínidos.

Arma nuclear

Unha arma nuclear é un explosivo de alto poder que utiliza a enerxía nuclear (esta arma xera unha gran cantidade de enerxía a partir dunha reacción de fisión ou de fusión nuclear, ambas reaccións liberan grandes cantidades de enerxía a partir de cantidades relativamente pequenas da materia), isto inclúe o vector transportador, como os mísiles balísticos intercontinentais, os mísiles balísticos de lanzamento submarino (en inglés Submarine-launched ballistic missiles) e parte da infraestrutura involucrada no seu manexo e operación.

Este tipo de armas teñen unha gran capacidade destrutiva, e son as máis potentes que se utilizaron nunca. Actualmente, só un grupo relativamente reducido de países recoñece que dispón de armas nucleares. As armas nucleares utilízanse principalmente para matar e crear danos humanos, materiais e económicos, tamén poden ter un uso secundario como demostración de superioridade e ameaza.

A primeira detonación nuclear experimental foi a denominada Trinity realizada na poboación de Alamogordo, Novo México, Estados Unidos, o 16 de xullo de 1945, como parte experimental do Proxecto Manhattan. En tempo de guerra só foron utilizadas en dúas ocasións: en Hiroshima o 6 de agosto de 1945 e Nagasaki tres días despois. Os tipos de bomba utilizados foron respectivamente unha bomba de uranio e unha de plutonio (ambas eran bombas A). Unhas cento vinte mil persoas morreron de inmediato e outras duascentas corenta mil debido aos efectos a medio e longo prazo destas armas fundamentalmente como consecuencia de enfermidades provocadas pola exposición á radiación. En ambas as cidades, a maioría dos mortos foron civís. Estes son os únicos bombardeos nucleares que ocorreron en tempos de guerra. Este evento deu inicio ao que se denominou como "a era nuclear". Desde entón explotaron unhas dúas mil bombas nucleares, a maioría como parte de investigacións para o desenvolvemento armamentístico nuclear, por parte de sete países: Estados Unidos, Unión Soviética, Francia, Reino Unido, China, India e Paquistán. Sospéitase que outros países teñen capacidade nuclear, manténdoo en segredo; crese que Israel posúe armas nucleares, aínda que non o recoñece. Un estado, Suráfrica, admitiu fabricar armas nucleares no pasado, pero desde entón desmontou o seu arsenal e sometio a inspección internacional. A primeira bomba atómica probada, liberou unha cantidade de enerxía de aproximadamente 20 millóns de toneladas de TNT. Un arma atómica moderna, como a bomba atómica B83 de pouco máis de 1.100 kg, pode producir unha forza explosiva comparable á detonación de máis de 1,2 millóns de toneladas (1,1 millóns de toneladas métricas) de TNT. Divídense en dous tipos segundo o seu mecanismo de actuación:

As chamadas bombas atómicas ou bombas A son as que utilizan unha reacción nuclear de fisión.

As chamadas bombas de hidróxeno ou bombas H utilizan unha reacción nuclear de fusión e son moito máis potentes que as anteriores.

BTU

A BTU ou BTu é a unidade de enerxía inglesa. É a abreviatura de British Thermal Unit. Emprégase principalmente nos Estados Unidos e ocasionalmente tamén se pode encontrar en documentación ou equipos antigos de orixe británica. Na maior parte dos ámbitos da técnica e da física foi substituída polo joule, que é a unidade correspondente do sistema internacional.

Unha BTU representa a cantidade de enerxía precisa para elevar un grao Fahrenheit a temperatura dunha libra de auga en condicións atmosféricas normais. Un pé cúbico de gas natural despide unha media de 1 000 BTU, cun intervalo de valores de entre 500 e 1 500 BTU.

Equivale aproximadamente a:

252 cal

1 055,056 J

12 000 BTU/h = 1 Tonelada de refrixeración = 3 000 frigorías/h.

Cloro

O cloro é un elemento químico de número atómico 17 situado no grupo dos halóxenos (grupo VII A) da táboa periódica dos elementos. O seu símbolo é Cl (do grego chloros, amarelo verdoso). En condicións normais e en estado puro é un gas amarelo-verdoso formado por moléculas diatómicas, Cl2, unhas 2,5 veces máis pesado que o aire, de cheiro desagradable e velenoso. É un elemento abundante na natureza e trátase dun elemento químico esencial para moitas formas de vida.

Desprazamento (náutica)

O desprazamento dun buque é o peso da auga desaloxada na súa flotabilidade segundo o Principio de Arquímedes. Equivale ó volume somerxido polo peso específico da auga na que flota.

A unidade utilizada para expresar o desprazamento é a tonelada (no sistema anglosaxón, toneladas largas; en inglés, long tons).

Debe distinguirse entre varios conceptos:

Desprazamento en rosca (en inglés, lightweight displacement): o peso do buque tal como o entrega o estaleiro, quere dicirse, sen combustible, equipos, víveres nin tripulantes.

Desprazamento en estándar (ou desprazamento livián): o peso do buque completo, comprendendo o dos equipos (botes, instrumentos de navegación etc.) máis tripulación coa súa equipaxe, víveres, munición (no caso dos buques de guerra), auga doce, aceite lubricante etc. Quedarían excluídos o combustible máis a auga de reserva para as caldeiras.

Desprazamiento en lastre: o peso do buque en rosca máis todo o necesario para que poida navegar (combustible, auga potable, provisións e equipos), pero sen carga.

Desprazamiento máximo: o peso que alcanza cando está somerxido ata a liña de máxima carga. Se non se especifica outra cousa, o concepto de desprazamento dun buque corresponde ó desprazamento máximo.A diferenza entre o desprazamento máximo e o desprazamento en rosca denomínase tonelaxe de porte bruto ou tonelaxe de peso morto, TPM, (en inglés, deadweight tonnage). Así, a tonelaxe de peso morto inclúe o peso da carga, o dos pasaxeiros e tripulación, e mais o dos consumibles (combustible, víveres, auga potable etc.).

A diferenza entre o desprazamiento máximo e o desprazamento en lastre coñécese como capacidade de carga, e indica o peso da carga que se pode transportar nese buque. Non é utilizado habitualmente polos operadores de transporte marítimo.

A medida que aumenta a carga -como elemento de maior variabilidade nun barco- o casco somérxese cada vez máis e modifícanse distintos valores como o propio desprazamento, o calado, a área do plano de flotación, a posición do centro de flotación etc.

Cómpre destacar que, para unha mesma condición de carga, un buque ten un único desprazamento, outros parámetros, coma o calado, dependerán de que o barco flote en augas doces (cunha densidade de 1,000 t/m3) ou en auga salgada (1,025 t/m3).

Dunkleosteus

Dunkleosteus (do alemán: Dunkle «escuro» e do grego antigo: osteos «óso») é un xénero de peixes placodermos artródiros que existiron a finais do período devoniano, dende hai preto de 380 até 360 millóns de anos, no Frasniense e Fameniense. Foron descritas algunhas especies e atopáronse numerosos fósiles en Norteamérica, Polonia, Bélxica e Marrocos.

Como outros diníctidos, os Dunkleosteus caracterizábase por ter unha cabeza acoirazada provista de mandíbulas con coitelas dentais pouco usuais. Aínda que outros placodermos rivalizaban con el en tamaño, Dunkleosteus é considerado un dos depredadores mariños máis feros e mortais que existiron. Con até seis metros de longo e unha tonelada de peso, este cazador estivo no cumio da cadea alimentaria do seu ambiente, e probablemente depredaba toda clase de fauna.

Novos estudos revelaron varios trazos tanto na súa alimentación e biomecánica como na súa ecoloxía e fisioloxía. Nas últimas décadas, Dunkleosteus logrou ser recoñecido na cultura popular, cunha gran cantidade de especímenes en exposición, e notables aparicións en medios de entretemento.

Ence

Ence Enerxía e Celulosa (BME: ENCE) é unha empresa española dedicada á transformación de madeira procedente de cultivos forestais para uso industrial. A produción de pasta de papel -pasta de celulosa- das súas fábricas de Pontevedra (Galicia) e Navia (Asturias) convértea en líder europeo en fabricación de celulosa de eucalipto. Ademais, é a primeira empresa española en produción de enerxía renovable con biomasa agroforestal. Xera esta enerxía desde as súas plantas de Huelva, Mérida, Cidade Real, Xaén e Lucena. Ence tamén é o principal xestor forestal privado de EspañaEntre os anos 1950 e a súa saída a Bolsa en 1990, foi unha compañía de carácter público e vinculada ao antigo Instituto Nacional de Industria (INI). Denominábase Empresa Nacional de Celulosa. Cambia o seu nome a Grupo Ence tras a súa saída a bolsa en 1990. Privatizouse primeiro o 49%, e en 2001 o 51% restante. En decembro de 2018 a empresa regresou ao IBEX 35 tras 21 anos fóra del.A sede central da compañía atópase en Madrid. En conxunto, a súa produción anual de celulosa é de 957.000 toneladas anuais de pasta de celulosa, das que en 2017 preto do 85% exportáronse a países do norte de Europa. A empresa xera, ademais, 1.671.000 millóns de kWh/ano (en 2017). Esta enerxía eléctrica procede da combustión da biomasa, non de combustibles fósiles. Desde o ano 2006, Juan Luis Arregui é presidente da compañía, e Ignacio de Colmenares e Brunet ocupa o cargo de vicepresidente e conselleiro delegado desde o ano 2010.

As instalacións industriais de Ence en Pontevedra xeraron graves impactos ambientais por verteduras ilegais realizadas á ría ata o ano 1994, dos que a práctica totalidade da súa Xunta Directiva resultou condenada por Delito ecolóxico. Entre 2010 e 2014, Ence Enerxía e Celulosa destinou máis de 40 millóns de euros tan só a melloras ambientais nas súas fábricas de celulosa de Pontevedra e Navia, aínda que a día de hoxe a súa planta de Lourizán atópase entre as industrias máis contaminantes de Galicia causando grandes emisións de Óxido de nitróxeno e Óxido sulfúrico á atmosfera e de fósforo, cobre, mercurio e zinc na ría4​ e aínda en 2017 a planta de Navia resultou investigada por non advertir ás autoridades das súas verteduras.

A partir de 2006 e ata a data, tras a entrada dun novo accionariado na compañía, Ence Enerxía e Celulosa realizou un gran esforzo investidor para acometer distintos proxectos de mellora ambiental, para o que destinou máis de 40 millóns de euros tan só a este fin nas súas fábricas de celulosa de Pontevedra e Navia. Os fortes investimentos postos en marcha pola compañía lograron que os parámetros ambientais de ambas as plantas superen amplamente as esixencias da súa Autorización Ambiental Integrada (AAI), así como as recomendacións ambientais de mellores prácticas BREF da Unión Europea do sector da celulosa​, como se pode consultar nas Declaracións Ambientais de ambos os centros revisadas e certificadas por AENOR, e que se publican cada ano na páxina web da empresaAdemais, un estudo comparativo dos efluentes líquidos de 15 fábricas europeas do sector da celulosa realizado en 2015 pola empresa a partir dos indicadores publicados nas páxinas web de cada unha das compañías, reflicte que a fábrica de Ence en Pontevedra é a fábrica líder do sector en canto a respecto polo medioambiente, cunha Demanda química de osíxeno en 2014 —indicador máis importante a ter en conta á hora de analizar un efluente líquido — de 4.47 quilos por tonelada, cando a normativa europea permite que sexa de ata 20 quilogramos por toneladaEntre os proxectos máis destacados neste programa de investimentos ambientais están o denominado “Cheiro Cero”, que persegue a erradicación de calquera impacto oloroso nas dúas factorías. Tamén se inaugurou en 2013, na fábrica de Navia, unha nova planta depuradora que modificou radicalmente a composición do efluente líquido da factoría. En setembro de 2015, Ence anunciou o proxecto denominado “Novo Ciclo da auga” para a súa fábrica de Pontevedra. O obxectivo da compañía, de acordo ao exposto pola empresa, é poder depurar a súa reutilización a auga que consome reducindo nun 90% tanto a súa demanda de auga como o volume do seu efluente líquido.

Ence Enerxía e Celulosa tivo unha terceira fábrica de celulosa en Huelva ata outubro de 2014. A empresa anunciou en setembro de 2014 que se vía obrigada a cesar a produción de celulosa en Huelva, entre outros motivos polo impacto da reforma das enerxías renovables que impulsara nese ano o Goberno. Tamén se sinalaron entre as causas a escaseza do volume de madeira para a trasformación existente na contorna da factoría, unha circunstancia que afectaba á súa competitividade. O cesamento da produción de celulosa supuxo a supresión de preto de 2.500 empregos, entre directos e indirectos.

Ence proxectou nos primeiros anos do século XXI, cando Caixa Galicia era o seu accionista de referencia, a instalación dunha nova planta de produción de celulosa na marxe oriental do río Uruguai, nas proximidades das cidades de Frai Bentos en Uruguai e Gualeguaychú en Arxentina, xunto cunha similar da finlandesa Botnia. Defendidas por Uruguai, as plantas foron causas dun conflito diplomático que se desenvolveu entre os gobernos de Arxentina e Uruguai. Con todo, a empresa despois de anunciar a relocalización da planta de celulosa na localidade de Conchillas, próxima ás cidades de Nova Palmira e Colonia do Sacramento, coa aprobación do goberno arxentino, terminou vendendo o proxecto en 2009. Foi unha decisión estratéxica que lle permitiu fortalecer os seus plans de investimento e crecemento en España. Tanto o proxecto de Ence como o de Botnia propoñían a utilización do sistema de branqueo libre de cloro elemental (ECF) e esta foi unha das causas do malestar popular, que reclamaba a utilización do branqueo totalmente libre de cloro (TCF),13​ que a diferenza do anterior non produce dioxinas, furanos nin subprodutos contaminantes

Gramo

O gramo (g), é unha unidade de medida de masa do Sistema Internacional de Unidades.

Orixinalmente foi definido como a masa dun centímetro cúbico de auga a 3,98 °C. Actualmente considérase como un submúltiplo do quilogramo, exactamente a milésima parte.

1 g = 0,001 kg = 10-3 kg

Libra (masa)

A libra (lb) é unha unidade de masa usada desde a antiga Roma. A palabra (derivada do latín) significa "escala ou balanza", e aínda é o nome da principal unidade de masa usada agora nos Estados Unidos e nalgúns países de fala hispana.Existen moitas unidades chamadas libra, especialmente na antigüidade, aínda que a libra que se utiliza agora é a libra avoirdupois, polo que se se menciona a palabra "libra" referíndose á masa, enténdese que se está a falar da libra avoirdupois.Unha libra equivale a 0,45362 quilogramos e á súa vez un quilogramo é igual a 2,20462262 libras.

Monte de San Pedro, Visma, A Coruña

O Monte de San Pedro é un lugar da parroquia de Visma no concello da Coruña. Dende 1933 albergou unha batería de costa do exército, pero tralo abandono da mesma en 1996, o lugar foi convertido nun parque, aínda que se conservaron moitos elementos da antiga instalación militar, coma os canóns, algúns deles antiaéreos.

Onza (masa)

A onza (símbolo: oz) é unha unidade de masa usada desde a antiga Roma para pesar con maior precisión as mercadorías e outros artigos, especialmente se o seu peso era menor que unha libra romana. A onza aínda se usa frecuentemente nos países anglosaxóns, e antigamente o seu uso era máis estendido en toda Europa.

Partes por millón

Partes por millón (ppm) é unha unidade de medida coa que se avalía a concentración. Refírese á cantidade de unidades da substancia (axente, medicamento etc) que hai por cada millón de unidades do conxunto do que forma parte. Por exemplo, nun millón de grans de arroz, se se pintase un de negro, este gran representaría unha (1) parte por millón. Abréviase como "ppm".

Plancto

En ecoloxía denomínase plancto ao conxunto de organismos de moi pequeno tamaño, principalmente microscópicos, que viven nas augas salgadas ou doces e que, por seren incapaces de nadar contra a corrente, flotan e son arrastrados polas correntes.O plancto tipicamente flúe coas correntes de auga. Mentres que algunhas formas son capaces de realizar movementos independentes e poden nadar verticalmente centos de metros nun só día (comportamento denominado migración vertical diaria), a súa posición horizontal está determinada principalmente polas correntes.

Isto fai que se distinga do necto, o conxunto de organismos que son nadadores activos; do bentos, conxunto dos organismos que habitan o fondo dos ecosistemas acuáticos, e do neusto, conxunto dos organismos que viven na interface ou límite da auga co aire, é dicir, na superficie.

Os organismos que forman o plancto comprenden a todos os animais, plantas, archaea, algas, e bacterias que habitan na zona peláxica de océanos, mares, lagos, ríos ou outros corpos de auga. É dicir, o plancto defínese polo seu nicho ecolóxico, non pola clasificación taxonómica ou filoxenética.

Os organismos que o compoñen proporcionan unha fonte crucial de alimentos a moitos outros organismos acuáticos, grandes ou pequenos, como peixes e baleas, entre outros.

Proceso de Bessemer

O proceso de Bessemer foi o primeiro proceso industrial de baixo custo para a produción en masa de aceiro a partir de ferro gusa fundido. O proceso foi nomeado en homenaxe ao seu inventor, Henry Bessemer, que rexistrou unha patente do mesmo en 1855. O proceso é un adianto dunha práctica coñecida na China desde 200 d.C. O principio dese proceso é a remoción de impurezas do ferro pola oxidación con ar soprado a través do ferro fundido. A oxidación inclusive aumenta a temperatura da masa de ferro e a mantén en estado fundido.

Quilogramo

O quilogramo (comunmente quilo cando se usa para quilogramo-forza) é a unidade básica de masa do SI e o seu padrón, que se conserva na Oficina Internacional de Pesos e Medidas. O seu símbolo é kg.

Un quilogramo equivale a 1000 gramos pero, dado que no SI é a unidade fundamental de masa, non debe ser considerado como derivado do gramo.

Tamén é común que se utilice á vez como unidade de peso, aínda que se debería facer baixo o nome de quilogramo forza. O quilogramo-forza correspóndese, aproximadamente, co peso dunha masa de 1 quilogramo situada na superficie terrestre, a nivel do mar. A definición só é correcta na Terra, por canto intervén o valor da gravidade.

Segundo

O segundo (símbolo no SI: s) é o nome dunha unidade de tempo, e é a unidade básica no Sistema Internacional de Unidades para medilo. Tradicionalmente, o segundo é definido como unha das 86.400 partes nas que se divide o período de tempo que tarda a Terra en dar unha volta sobre o seu eixo imaxinario (período tamén chamado día), mais a definición oficial de segundo é a duración equivalente a 9 192 631 770 períodos de radiación correspondente á transición entre os dous niveis hiperfinos do estado fundamental do isótopo 133 do átomo de cesio, medidos a 0 kelvin.

A miúdo os prefixos do SI son combinados coa palabra segundo para denotar subdivisións do segundo, por exemplo, o milisegundo (unha milésima parte dun segundo) e o nanosegundo (unha mil millonésima parte dun segundo). Aínda que os prefixos do SI poden ser usados para formar múltiplos do segundo (tales como o «quilosegundo» ou mil segundos), estas unidades son rara vez usadas na práctica. As unidades máis usadas neste caso son outras non pertencentes ao SI: o minuto a hora e o día.

O segundo tamén ten a unidade base de tempo nos sistemas de unidades centímetro-gramo-segundo, metro-quilogramo-segundo, metro-tonelada-segundo e pé-libra-segundo.

Sogama

Sogama, a Sociedade galega do medio ambiente, é unha empresa pública da Xunta de Galicia ao 51% e o outro 49% de Gas Natural Fenosa. Foi creada en 1992 polo Decreto 111/1992 e depende da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Tigre

Os tigres (Panthera tigris) son mamíferos da familia Felidae, pertencentes a unha das catro especies de felinos do xénero Panthera. Os tigres son cazadores carnívoros.

O peso récord dun macho adulto é de máis dun terzo de tonelada. Coma os leopardos, os tigres comen principalmente de noite. A pesar do seu gran tamaño, poden axexar as súas presas en completo silencio, denantes de se abalanzar sobre elas a curta distancia. Apreixan as súas vítimas coas poutas dianteiras e mátanas trabándolles a gorxa. Os tigres son perigosos para as persoas; levan causadas moitas vítimas, especialmente alí onde os humanos alteran o seu hábitat natural.

Nos últimos anos, a poboación mundial de tigres descendeu, principalmente a causa da caza ilegal; na actualidade quedan probablemente menos de 7.000 exemplares en estado salvaxe.

Os tigres presentan unhas raias negras que os axudan a camuflarse. Os casos de tigres devoradores de homes son raros, malia a lenda que acompaña a figura do animal.

Os primeiros tigres auténticos orixináronse no sur de Siberia durante o Plistoceno. Desde alí iniciaron unha longa expansión que se concretou ao longo de dúas rotas distintas: unha cara ao leste, a través das estepas de Asia Central, que os levou ata Persia, Mesopotamia e máis o Cáucaso; e outra ao longo do litoral da China, que rematou na India e o Sueste asiático, a onde chegaron hai menos de dez mil anos. Xa en época histórica, a presión humana forzou a redución e extinción de moitas poboacións, malia que ata o século XIX aínda gozaban dunha distribución que aínda sendo irregular espallábase desde Xeorxia ata a illa indonesia de Bali.

Na actualidade sobreviven cinco subespecies de tigres: o de Bengala (Panthera tigris tigris), posiblemente o máis coñecido polo ser humano hoxe en día, habita no subcontinente indio; o de Siberia (P. t. althaica), o tigre máis alto e corpulento; o de Sumatra, do que quedan menos de 500 exemplares, unha subespecie de tigre de -relativamente- pequenas dimensións; o de Indochina (P. t. corbetti), e o tigre do sur de China (P. t. amoyensis), o que corre máis perigo de extinción na actualidade, xa que só quedan uns trinta exemplares. O famoso "tigre branco" é, en realidade, unha variedade de tigre bengalí orixinaria do estado indio de Madhya Pradesh (antigo reino de Rewa), na que a cor leonada da pelaxe foi substituída por branco debido a unha mutación; os ollos destes tigres son azuis.

Durante o s.XX extinguíronse outras tres subespecies por mor da caza e da deterioración do seu hábitat. O tigre do Caspio (P. t. virgata), un voluminoso tigre semellante ao de Bengala pero que podía superar os 400 quilos de peso, sufriu unha dura campaña de exterminio na Rusia zarista. O último exemplar ruso foi abatido no actual Acerbaixán en 1923, e a subespecie desapareceu definitivamente cando se cazou o derradeiro tigre iraniano en 1959. Unhas décadas antes, en 1937, o pequeno tigre de Bali (P. t. balica), unha raza de cor escura e menos de 100 quilos de peso máximo, foi exterminado, namentres que na veciña illa de Xava perdeuse a pista á subespecie local (P. t. sondaica) a mediados dos 70.

Frecuentemente en América ao xaguar chámaselle tigre, debido á semellanza de ambos os animais.

Tonelada de refrixeración

A tonelada de refrixeración (TRF) é a unidade nominal empregada nalgúns países, especialmente de Norteamérica, para referirse á capacidade de extracción de carga térmica (arrefriamento) dos equipos frigoríficos e de aire acondicionado. Pode definirse como a cantidade de calor latente absorbida pola fusión dunha tonelada de xeo sólido puro en 24 horas. Nos equipos, isto equivalería a unha potencia capaz de extraer 12.000 BTUs por hora, o que no Sistema Internacional de Unidades (SI) equivale a 3.517 W (3,517 kW).

Se partimos de que para converter unha libra de xeo nunha libra de auga líquida se precisan 144 BTU's, e de que unha tonelada equivale a 2.000 libras, ao multiplicar 144 por 2.000, temos que durante o proceso absorberanse 288.000 BTUs do ambiente (Ver Transmisión de calor). A efectos de converter esta valor nunha medida nominal, considerouse un período de 24 horas, polo que ao dividir os 288.000 BTUs polas 24 horas, o resultado é: 288.000/24 = 12.000 BTU/h.

Non obstante, aínda ser unha unidade chamada a desaparecer coa adopción global do SI, actualmente séguese empregando de maneira convencional. O cambio estase dando de forma gradual, pois os fabricantes e enxeñeiros agora especifican a capacidade dos equipos tanto en BTU/h como en Watts, mentres que algúns xa só o fan en Watts.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.