Tona (leite)

A tona é a camada sólida formada sobre o leite, que se forma coa graxa deste cando se deixa en repouso[1]. É unha camada mesta e graxa que se forma cando o leite se quenta até ferver. Prodúcese por aglomeración de lactoalbúmina (unha proteína propia do leite), que se desnaturaliza coa calor.

Aínda que é semellante no aspecto, e ás veces se denomina «nata» a esta crema de leite cando flota, son quimicamente distintas, e incluso teñen sabores e texturas distintos.

Cómpre diferenciar a nata da tona, dado que a primeira se refire á coagulación de proteínas, mentres que a segunda se refire á separación do contido graxo do leite.

Snerk
Tona a preparar arroz con leite

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tona.

Véxase tamén

Outros artigos

Crema de leite

Este artigo trata sobre a materia graxa do leite, para a sobremesa véxase crema de ovo.

A nata ou crema de leite, é unha substancia graxa de consistencia espesa e tonalidade abrancazada ou amarelada, que se atopa de xeito emulsionado no leite.

Está constituída principalmente por glóbulos de materia graxa que se achan na tona do leite cru; por iso disque é unha emulsión de graxa en auga. Esta tona pódese apreciar deixando certa cantidade de leite, sen homoxeneizar nin descremar, nun cunco: pódese ollar como unha primeira camada colle forma na superficie. Esta tona de graxa sepárase mediante un proceso de centrifugación e envásase por separado para o seu uso en gastronomía.

Cómpre non confundirmos esta "nata fresca" coa tona que se forma cando se ferve o leite, e que se produce pola aglomeración da albumina do leite desnaturalizado pola calor. A tona que se forma na superficie do leite fervido, malia ter un aspecto semellar á "nata fresca" transformouse quimicamente por efecto da calor e ten un sabor e unha textura lixeiramente diferente.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.