Tomiño

Tomiño é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE a súa poboación no ano 2016 era de 13 548 habitantes (6813 homes e 6735 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é tomiñés/tomiñesa.

Coordenadas: 41°59′46″N 08°43′53″O / 41.99611, -8.73139

Tomiño
Escudo de Tomiño
Casa do Concello de Tomiño
Casa do concello.
Situacion Tomiño
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca do Baixo Miño
Poboación13.464 hab. (2018)
Área106,6 km²
Densidade126,3 hab./km²
Entidades de poboación15 parroquias
Capital do concelloO Seixo
Política (2019[2])
AlcaldesaSandra González (BNG[3])
ConcelleirosBNG: 11
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 1
Eleccións municipais en Tomiño
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes51,93%
Na rede
tomino.gal
comunicacion@tomino.gal

Demografía

Censo total (2014) 13 707 habitantes
Menores de 15 anos 1 980 (14,44 %)
Entre 15 e 64 anos 9055 (66,06 %)
Maiores de 65 anos 2672 (19,49 %)
Evolución da poboación de Tomiño   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
10 186 10 201 9817 10 603 11 776 13 315 13 604 13 738 13 740 13 707 13 662 13 548 13 585 {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

Ten unha superficie de 106,6 km², e sitúase no antigo territorio de Turonio. A súa densidade de poboación é de 124,91 hab./km².

O municipio, limitado por montañas, forma parte do val do Miño e fai fronteira con Portugal. De forma natural, encóntrase enmarcado pola serra do Argallo ó oeste, que o separa do municipio do Rosal e de Oia; ó norte, a prolongación dos montes de A Groba e do Galiñeiro, limítao dos municipios de Baiona e Gondomar; ó leste continúan as estribacións desta serra, que vai perdendo altitude a medida que se vai acercando as terrazas fluviais do Miño, relevo que o separa do municipio de Tui; e ó sur, separado tamén polo río Miño, limita con Portugal.

O concello está conectado a través da estrada PO-552 (Tui - A Guarda) coa autoestrada do Atlántico.[5]

Clima

O concello ten temperaturas medias suaves, con precipitacións abondosas (1 500 mm anuais) e veráns secos.

Eleccións municipais

Artigo principal: Eleccións municipais en Tomiño.

En 1936, logo do Alzamento Nacional, foi detido o alcalde Manuel Vicente Alonso. Foi condenado a morte, mais conmutóuselle a pena por cadea perpetua.

Desde o ano 2007 a alcaldesa do concello é Sandra González Álvarez, quen substituíu no cargo a José Luis Fernández Lorenzo (1983-2007).

Economía

É salientábel a agricultura tradicional e de novos cultivos (flor e kiwi), pesca fluvial (lamprea e meixón).

Patrimonio

  • Igrexa de Santa María de Tomiño (século XII).
  • Igrexa de San Salvador de Tebra (século XII).
  • Torres de Goián (século XVII).

Centros educativos

  • IES Antón Alonso Ríos.
  • CEIP Pintor Antonio Fernández.
  • CEIP de Sobrada.
  • CEP Pedro Caselles Beltrán.
  • CRA Mestre Manuel Garcés.
  • CEIP de Tebra.
  • CEIP de Barrantes.

Deportes

Tomiño na cultura popular

Na parroquia de Figueiró levántase o Santuario de San Campio de Lonxe (ou San Campio do Monte), ó que van as persoas que sospeitan padecer un mal de ollo. Para expulsar o meigallo deben ir, na romaría do santo, para dar nove voltas ó redor dos dous cruceiros que hai no adro da igrexa [6].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Tomiño.
Iglesia de San Vicente de Barrantes

Igrexa de San Vicente de Barrantes

Lugares de Tomiño

Tomiño ten 134 lugares, agrupados en 15 parroquias. Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Tomiño vexa: Lugares de Tomiño.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Tomiño". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Como chegar? Arquivado 24 de abril de 2013 en Wayback Machine., na web do concello.
  6. Antón Fraguas, 84

Véxase tamén

Bibliografía

  • Fraguas Fraguas, Antón (1990). La Galicia insólita. Tradiciones gallegas. Col. Cuadernos do Seminario de Sargadelos nº 51. Sada: Ed. do Castro.
Amorín, Tomiño

San Xoán de Amorín é unha parroquia do concello de Tomiño na provincia de Pontevedra. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.265 habitantes (671 homes e 594 mulleres), o que supón un aumento respecto do ano 1999 cando tiña 729 habitantes. Pertence ó arciprestado da Guarda-Tebra, na diocese de Tui-Vigo.

Barrantes, Tomiño

Barrantes é unha parroquia do concello de Tomiño na provincia de Pontevedra. No ano 2014 tiña 928 habitantes (457 homes e 471 mulleres) segundo o IGE. Pertence ó arciprestado da Guarda-Tebra, na diocese de Tui-Vigo.

Castelo de Tebra

O castelo de Tebra ou torre de Tebra é un castelo medieval situado no lugar do Outeiro da parroquia de Santa María de Tebra, no concello de Tomiño, no val do Tebra afluente do río Miño.

Comarca do Baixo Miño

A comarca do Baixo Miño é unha comarca galega situada no suroeste da provincia de Pontevedra e a súa capital é Tui. Pertencen a ela os concellos de A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui.

Currás, Tomiño

San Martiño de Currás é unha parroquia do concello de Tomiño na provincia de Pontevedra. No ano 2014 tiña 400 habitantes (209 homes e 191 mulleres) segundo o IGE. Pertence ó arciprestado da Guarda-Tebra, na diocese de Tui-Vigo.

Domingo

O domingo é o sétimo día da semana. O nome "domingo" vén do latín Dominicus (dies) ou día do Señor, por causa da celebración cristiá da Resurrección de Xesús.

Cando o Instituto da Lingua Galega elaborou o Atlas Lingüístico Galego, tamén foi rexistrada localmente a forma arcaica primeira feira, soamente observada polo estudo nos lugares de Sistallo (en Cospeito) e Vilachán (en Tomiño) . O termo "primeira feira" procede do latín prima feria (ou feria prima).

Estás, Tomiño

Santiago de Estás é unha parroquia do concello de Tomiño na provincia de Pontevedra. Segundo o IGE en 2014 tiña 430 habitantes (231 homes e 199 mulleres), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 436 habitantes. Pertence ó arciprestado da Guarda-Tebra, na diocese de Tui-Vigo.

Figueiró, Tomiño

San Martiño e San Campio de Figueiró é unha parroquia do concello pontevedrés de Tomiño. No ano 2014 tiña 501 habitantes (256 mulleres e 245 homes). Pertence ó arciprestado da Guarda-Tebra, na diocese de Tui-Vigo.

Forcadela, Tomiño

Forcadela é unha parroquia do concello de Tomiño na provincia de Pontevedra. No ano 2014 tiña 713 habitantes (358 homes e 355 mulleres) segundo o IGE. Está situada á beira do río Miño. Pertence ó arciprestado da Guarda-Tebra, na diocese de Tui-Vigo.

Goián, Tomiño

San Cristovo de Goián é unha parroquia do concello de Tomiño. Segundo o IGE en 2014 tiña 2.069 habitantes (1.054 mulleres e 1.015 homes), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.560 habitantes. Pertence ó arciprestado da Guarda-Tebra, na diocese de Tui-Vigo.

Pinzás, Tomiño

Santa María de Pinzás é unha parroquia do concello de Tomiño, na Comarca do Baixo Miño, na provincia de Pontevedra. Segundo o IGE en 2014 tiña 173 habitantes (90 mulleres e 83 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 140 habitantes. Pertence á diocese de Tui-Vigo, e dentro dela, ó arciprestado da Guarda-Tebra.

Piñeiro, Tomiño

San Salvador de Piñeiro é unha parroquia do concello de Tomiño na provincia de Pontevedra. Segundo o IGE en 2014 tiña 345 habitantes (165 homes e 180 mulleres), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 329 habitantes. Pertence ó arciprestado da Guarda-Tebra, na diocese de Tui-Vigo.

San Salvador de Tebra, Tomiño

San Salvador de Tebra é unha parroquia do concello de Tomiño na provincia de Pontevedra. Segundo o IGE en 2014 tiña 343 habitantes (176 homes e 167 mulleres), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 317 habitantes. Pertence ó arciprestado da Guarda-Tebra, na diocese de Tui-Vigo.

Santa María de Tebra, Tomiño

Santa María de Tebra é unha parroquia do concello de Tomiño na provincia de Pontevedra. No ano 2014 tiña 823 habitantes (401 homes e 422 mulleres) segundo o IGE. Situada ó norte do concello de Tomiño, fai límite cos concellos de Gondomar e Tui. Pertence ó arciprestado da Guarda-Tebra, na diocese de Tui-Vigo.

Sobrada, Tomiño

San Salvador de Sobrada é unha parroquia do concello de Tomiño na provincia de Pontevedra. Segundo o IGE en 2009 tiña 939 habitantes (455 homes e 484 mulleres) o que supón un aumento respecto do ano 1999 canto tiña 768 habitantes.

Taborda, Tomiño

San Miguel de Taborda é unha parroquia do concello de Tomiño na provincia de Pontevedra. Segundo o IGE en 2014 tiña 535 habitantes (276 mulleres e 259 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 544 habitantes. Pertence á diocese de Tui-Vigo e nesta, ó arciprestado da Guarda-Tebra.

Tomiño, Tomiño

Santa María de Tomiño é unha parroquia do concello de Tomiño na provincia de Pontevedra. Segundo o IGE en 2014 tiña 3.766 habitantes (1.860 mulleres e 1.916 homes), distribuídos en 29 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 2.370 habitantes. Pertence ó arciprestado da Guarda-Tebra, na diocese de Tui-Vigo.

Vilameán, Tomiño

San Bieito de Vilameán é unha parroquia do concello de Tomiño na provincia de Pontevedra. Segundo o IGE en 2014 tiña 388 habitantes (192 mulleres e 196 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 410 habitantes. Pertence á diocese de Tui-Vigo, dentro dela, ó arciprestado da Guarda-Tebra.

Xosé Luís Franco Grande

Xosé Luís Franco Grande, nado en Tebra (Tomiño) o 17 de febreiro de 1936, é un escritor e avogado galego. Membro de número da Real Academia Galega dende o 1998.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.