Tomeza, Pontevedra

San Pedro de Tomeza é unha parroquia situada no suroeste do concello de Pontevedra. Segundo o padrón municipal de 2017 tiña 1.000 habitantes (472 homes e 528 mulleres), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminuación en relación ao ano 1999 cando tiña 1.104 habitantes.

Coordenadas: 42°24′08″N 08°37′32″O / 42.40222, -8.62556

Tomeza
Tomeza
Igrexa de San Pedro de Tomeza.
ConcelloPontevedra
Área4,23 km²
Poboación1.000 hab. (2017)
Densidade236,41 hab./km²
Entidades de poboación11

Xeografía

Limita coas parroquias de Salcedo, Marcón, Mourente e A Canicouva, á que pertenceu cando era concello de seu.

A parroquia está atravesada pola ruta portuguesa do camiño de Santiago, que transcorre paralela ao río dos Gafos.

Historia

No seu momento pertenceu ao concello de Mourente.

Festas e Romarías

A ermida de San Cibrán está situada no monte do mesmo nome. O luns de Pascua celébrase unha romaría na honra do santo. Segundo a tradición, para afastar o meigallo cómpre dar sete voltas á capela tirando sete pedras no seu tellado. No templo hai unha imaxe da Virxe da Peregrina.

As festas parroquiais de San Pedro celébranse o 28 e 29 de xuño no lugar de Lusquiños.

A parroquia é terra de canteiros, sendo o de maior sona o mestre Daniel, o célebre canteiro de Tomeza, autor entre outras pezas das escaleiras da Casa do Concello de Pontevedra.

O primeiro domingo de agosto celébrase a Festa do Canteiro, homenaxeando cada ano o labor dun escultor da pedra. Entre outros, un dos homenaxeados foi Sebastián Casalderrey, autor da imaxe da Virxe da Peregrina do Albergue dos Peregrinos e das figuras representadas na fonte da praza de Compostela, en Pontevedra.

Galería de imaxes

SCibrán

Capela de San Cibrán.

CTomeza

Monumento aos canteiros.

Tomeza, Pontevedra-Lavadoiro

Lavadoiro.

Lugares e parroquias

Parroquias de Pontevedra

Véxase tamén

Outros artigos

Carlos Velasco

Carlos Francisco Velasco Souto, nado en Tomeza (Pontevedra) en 1958, é un historiador galego.

Galería de imaxes de Pontevedra

Imaxes do concello de Pontevedra na provincia de Pontevedra.

Luns de Pascua

O luns de Pascua é o día seguinte (luns) á Pascua católica (domingo). É o primeiro día da Oitava de Pascua (popularmente coñecida como semana de Pascua).

É festivo local no concello de Rois, e neste día celébrase a romaría de San Cibrán na parroquia de Tomeza (Pontevedra), a romaría da Virxe de Chamorro en Serantes (Ferrol), o Lance da Cruz en Sobrada (Tomiño), a romaría da Virxe dos Desamparados nos Vilares (Guitiriz), a romaría na capela da Virxe das Neves no monte da Peneda (Redondela), a romaría do San Bieito da Uceira en Cerredelo (Sandiás), e a festa de San Bieito en San Salvador de Asma (Chantada) e Penouta (Vilamartín de Valdeorras). Tamén se festexa en Esposende (Cenlle) e Circes (Touro).

En España é tamén festivo en Cataluña, Illas Baleares, Comunidade Valenciana, Navarra, País Vasco. Cantabria e A Rioxa, nalgunhas localidades da zona oriental de Aragón, de Asturias e de Estremadura.

Lusquiños, Tomeza, Pontevedra

Lusquiños é un lugar da parroquia de Tomeza no concello de Pontevedra na comarca homónima. Tiña unha poboación censada de 457 habitantes no ano 2013 segundo datos do IGE, dos cales 207 eran homes e 250 mulleres, o que representa un mínimo aumento en relación ó ano 2010, cando tiña 453 veciños, pero un descenso respecto ó ano 2004, cando eran 489 veciños.

O Casal do Río, Tomeza, Pontevedra

O Casal do Río é un lugar da parroquia de Tomeza no concello de Pontevedra na comarca homónima. Segundo o IGE en 2013 tiña 77 habitantes (35 homes e 42 mulleres), sete máis ca en 2010 e dez máis ca en 2004.

O Ciprianillo

O Ciprianillo é o nome dun libro máxico, publicado baixo diversos títulos, que describe distintos procedementos (ensalmos e rituais) para atopar os tesouros que os mouros agocharon en covas, castelos ou castros. Secundariamente, o libro ensina tamén a chamar e esconxurar o demo, combater o mal de ollo, adiviñar o oculto e diversos remedios máxicos de todo tipo, feitizos de amor (e de desamor) e outros.

Non se pode falar, realmente, dun Libro de San Cibrán senón dunha colección de versións ou traducións de contidos diferentes e atribuídos a mans diferentes. Todos eles arróganse o carácter de auténtico, o verdadeiro, o único, sen base ningunha que xustifique tal mérito.

O Marco, Tomeza, Pontevedra

O Marco é un lugar da parroquia de Tomeza no concello de Pontevedra na comarca homónima. Tiña unha poboación censada de 35 habitantes no ano 2013 segundo datos do IGE, dos cales 16 eran homes e 19 mulleres, o que representa un descenso en relación ó ano 2010, cando tiña 42 veciños, a mesma poboación que tiña no ano 2004.

O Pobo, Tomeza, Pontevedra

O Pobo é un lugar da parroquia de Tomeza no concello de Pontevedra na comarca homónima. Tiña unha poboación censada de 148 habitantes no ano 2013 segundo datos do IGE, dos cales 81 eran homes e 67 mulleres, o que representa un leve aumento en relación ó ano 2010, cando tiña 143 veciños, pero un descenso respecto ó ano 2004, cando eran 161 veciños.

Pía

Unha pía é un recipiente cóncavo de pedra ou doutro material, para conter líquidos, de diversas formas e tamaños segundo o uso que se lle dá. Se é moi grande e de pedra adoita chamarse pío.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.