Tomar

Tomar (en portugués arcaico Thomar), é unha cidade portuguesa con máis de 40.000 habitantes, pertencente ao Distrito de Santarém, rexión Centro e subrexión do Medio Texo. Pertencía aínda á antiga provincia do Ribatejo, hoxe porén sen significado político-administrativo.

O concello está limitado ao norte polo concello de Ferreira do Zêzere, ao leste por Abrantes, ao sur por Vila Nova da Barquinha, ao oeste por Torres Novas e a noroeste por Ourém.

Coordenadas: 39°36′N 8°25′O / 39.600, -8.417

Tomar
Pt-tmr1
TMR
Vista de Tomar
Vista da cidade.
Localización
Tomar en Portugal

Tomar
Tomar
PaísPortugal Portugal
RexiónRexión Centro
SubrexiónMédio Tejo
DistritoSantarém
Xeografía
Superficie351,20 km²
Demografía
Poboación40 677 hab. (2011)
Densidade120 hab/km²
XentilicioNabantino, Tomarense
Outros datos
Código postal2300-000
AlcaldeAnabela Freitas (PS)
www.cm-tomar.pt

Xeografía

A cidade está atravesada polo río Nabão, que é afluente do río Zêzere. Sitúase na talvez rexión máis fértil de Portugal e unha das máis férteis da Península Ibérica, a lezíria (mesopotamia) ribatexana.

Freguesías do concello

As freguesías de Tomar son as seguintes:

  • Além da Ribeira
  • Alviobeira
  • Asseiceira
  • Beselga
  • Carregueiros
  • Casais
  • Junceira
  • Madalena
  • Olalhas
  • Paialvo
  • Pedreira
  • Sabacheira
  • Santa Maria dos Olivais (Tomar)
  • São João Baptista (Tomar)
  • São Pedro de Tomar (Tomar) (antes S. Pedro da Beberriqueira)
  • Serra

Economía

O turismo é hoxe unha actividade de primeira importancia, xa que o Convento de Cristo, principal monumento da cidade foi declarado Patrimonio Mundial pola UNESCO en 1983. É centro industrial, con fábricas de papel, derivados da madeira e outras; e comercial. A terra é fértil e produce froitas, aceite e viño

Patrimonio de interese cultural

  • Castelo e Convento da Orde de Cristo: magnífico conxunto dos séculos XII a XVI. É o principal monumento da cidade e un dos máis importantes de Portugal. Declarado pola Unesco Patrimonio Mundial
  • Igrexa de Santa Maria do Olival: este templo gótico (século XIII) foi necrópole dos Cabaleiros Templarios.
  • Sinagoga de Tomar: Tomar posúe a sinagoga medieval mellor conservada de Portugal. Foi edificada a mediados do século XV e goza dun interesante interior con bóvedas góticas e interesantes capiteis clasicistas. É de salientar o sorprendente sistema acústico con ánforas invertidas incrustadas nas esquinas. Desde 1939 acolle o pequeno Museo Xudeu Abraão Zacuto, con pezas relativas á historia xudía en Portugal.
  • Igrexa de San Xoán Bautista (São João Baptista): a igrexa máis importante de Tomar érguese na praza principal da cidade, fronte ó Pazo Municipal (século XVII). A igrexa foi erguida entre os séculos XV e XVI, e mostra moi interesantes detalles artísticos, como o portal gótico flamíxero; a torre manuelina con sino do XVI, os capiteis historiados, e varios paneis pintados, en 1530, por un dos pintores portugueses renacentistas de maior calidade, Gregorio Lopes.
  • Capela de Nosa Señora da Concepción (Nossa Senhora da Conceição): contruída entre 1532 e 1540, en estilo renacentista puro, foi comezada por João de Castilho e rematada por Diogo de Torralva. Foi dedicada como capela funeraria do rei Xoán III.
  • Igrexa e Convento de Santa Iria: localizable preto do río Nabão, este conxunto do século XVI mostra unha fermosa portada e un altar renacentistas, así como detalles de estilo manuelino.

A parte antiga da cidade está organizada consonte un plano en dameiro, o que constitúe unha raraeza medieval (mais débese ter en conta que trazas semellantes se utilizaran pola mesma época no hispano reino de Valencia). O casco posúe interesantes casas con atractivas fachadas renacentistas, barrocas e románticas. O parque sito cerca da ponte sobre o río Nabão, ofrece pintorescas vistas da cidade e arredores.

Galería de imaxes

Igreja Sao Joao Baptista Tomar

S. Xoán Bautista.

Tomar, Janela Manuelina (06)

Fiestra manuelina no Castelo.

Tomar Burg Innenhof 0

Castelo, Patio interno.

Tomar Aquadukt 0

Vista do Castelo de Tomar.

Convento Cristo December 2008-2a

Escaleira en espiral en sentido contrario ás agullas do reloxo, situada no Convento da Orde de Cristo.

Véxase tamén

Ligazóns externas

1948

1948 foi Ano Santo Xacobeo.

1 de maio

O 1 de maio é o 121º día do ano do calendario gregoriano e o 122º nos anos bisestos. Quedan 244 días para finalizar o ano.

Altitude

A altitude é a distancia vertical dun obxecto respecto dun punto de orixe dado, considerado como o nivel cero, para o que se adoita tomar o nivel absoluto do mar.

Na meteoroloxía a altitude é un factor de cambios da temperatura, provocando que diminúa a temperatura aproximadamente 1 °C cada 180 m.

En xeografía a altitude é a distancia vertical dun punto da terra respecto o nivel do mar.

En aviación, o termo altitude utilízase para describir a elevación sobre o nivel medio do mar, en contraste coa altura que se refere á elevación sobre un punto de referencia da superficie; e o nivel de voo que é a elevación respecto á presión estándar medida mediante un altímetro.

En Europa continental, case toda Iberoamérica e noutras partes do mundo a altitude mídese en metros. En Norteamérica e o Reino Unido mídese xeralmente en pés; pero ambos países acordaron ir cambiando eses sistemas de medición polo Sistema Internacional de Unidades (SI). En aviación, xeralmente utilízanse os pés como unidade para a navegación.

Arquidiocese católica latina de Santiago de Compostela

A arquidiocese de Santiago de Compostela é a diocese ou bispado (territorio eclesiástico da Igrexa católica rexido por un bispo) cuxa sé eclesiástica é a catedral de Santiago de Compostela en Santiago de Compostela.

Balea

As baleas son un diverso grupo de mamíferos mariños placentarios. Son un grupo informal dentro da infraorde dos cetáceos, usualmente excluíndo ós golfiños e focénidos. As baleas, golfiños e focénidos pertencen á orde dos artiodáctilos e os seus parentes máis achegados son os Hippopotamidae, diverxendo hai 40 millóns de anos. Crese que as dúas subordes de baleas, os misticetos e os odontocetos, se separaron hai 34 millóns de anos. As baleas abranguen oito familias existentes: Balaenopteridae (os rorcuais), Balaenidae (baleas verdadeiras), Cetotheriidae (balea pigmea), Eschrichtiidae (balea gris), Monodontidae (belugas e narvais), Physeteridae (o cachalote), Kogiidae (balea anana) e Ziphiidae (zifios).

As baleas son criaturas de mar aberto, onde realizan tódalas fases do seu ciclo biolóxico. A súa adaptación á vida baixo a auga é tan extrema que non son quen de sobrevivir en terra. O seu tamaño varía dende os 2,6 m e 135 kg dun cachalote anano até os 29,9 m e 190 toneladas da balea azul, que é a meirande criatura que xamais existiu. O cachalote é o meirande depredador dentado da terra. Varias especies amosa dimorfismo sexual, no que as femias son meirandes que os machos. Os misticetos non teñen dentes, e no seu canto teñen barbas, unhas estruturas como pelos que expelen a auga e reteñen o krill e o plancto do que se alimentan. Empregan os pregues da gorxa para expandir a boca e botar un gran grolo de auga. Os balénidos teñen testas que poden representar até o 40% da súa masa corporal para tomar auga. Por outra banda, os odontocetos, teñen dentes cónicos deseñados para capturar peixes ou téutidos. Os misticetos teñen un desenvolvido sentido do "olfacto", mentres que os odontocetos teñen un ben desenvolvido sistema de audición. O seu oído, que está adaptado tanto para a auga como o aire, está tan ben desenvolvido que poden sobrevivir mesmo se son cegos. Algunhas especies, como os cachalotes, están moi adaptados a vivir a grandes profundidades e capturar luras, as súas presas favoritas.

Body/Head

Body/Head é un dúo experimental estadounidense formado por Kim Gordon e Bill Nace. Comezaron a traballar xuntos no ano 2011 en Massachusetts,pero o concepto de Body/Head comezou a tomar forma a principios de 2012. O seu álbum de estrea, Coming Apart, foi publicado a través do selo Matador Records o 10 de setembro de 2013.

Bragi

Bragi é unha deidade do panteón nórdico, fillo de Odín e a xigante Gunnlod (ou de Odín e Frigg segundo outras versións). É o deus da poesía e os bardos, era o poeta persoal de Odín e tamén era un dos Ases máis sabios; foi o primeiro que soubo versificar e o que mellor o fixo. Dende entón, ás persoas que sobresaían na arte da poesía, alcumábaselles Bragi. Tamén é coñecido como o deus da barba oblicua.

Bragi é o encargado no Valhalla de entregar a copa de benvida aos recentemente chegados e de acollelos con palabras corteses, ademais el ameniza o Valhalla recitando versos.

É o esposo de Iðunn, unha das deusas máis importantes do panteón nórdico, pois posúe as mazás da mocidade, que son de grande importancia para Asgard, xa que os Ases deben tomar este froito para non envellecer.

British Board of Film Classification

O British Board of Film Classification («Consello Británico de Clasificación de Filmes», coñecido tamén polas súas siglas BBFC), é a organización responsable da clasificación e censura de filmes, vídeos e algúns videoxogos (por exemplo a saga GTA) dentro do Reino Unido.

Budismo

O budismo é unha das grandes filosofías e relixións orientais, considerada ás veces como unha relixión non teística. O budismo engloba unha gran variedade de tradicións, crenzas e prácticas baseadas un gran medida nas ensinanzas atribuídas a Siddhartha Gautama, que é comunmente coñecido como Buda, que significa "o iluminado". De acordo coa tradición budista, Buda viviu e ensinou na parte oriental do subcontinente indio nalgún momento entre os séculos VI a.C. e IV a.C.. El é recoñecido polos budistas como un mestre esperto ou iluminado que compartiu as súas revelacións para axudar aos seres sensibles a poñer fin ao seu sufrimento a través da eliminación do desexo e a ignorancia por medio do coñecemento e a visión da orixinación dependente, coa meta final de acadar o estado sublime do nirvana. O budismo está fundado sobre as chamadas Tres Xoias : os budistas declaran tomar refuxio no Buda (o fundador do budismo), no Dharma (a doutrina do Buda) e na Saṅgha (a comunidade dos crentes).

Xeralmente son recoñecidas dúas grandes ramas do budismo: Theravada ("A Escola dos Anciáns") e Mahayana ("O Gran Vehículo"). O Theravada ten un seguimento extenso en Sri Lanka e Sueste asiático (Camboxa, Laos, Tailandia, Myanmar etc). O Mahayana encóntrase pola Asia oriental (China, Corea, Xapón, Vietnam, Singapur, Taiwán etc) e inclúe as tradicións de Terra Pura, Zen, Budismo Nichiren, Budismo Tibetano, Budismo Shingon, e Tiantai (Tendai). Nalgunhas clasificacións, o Vajrayana —practicado principalmente en Tibet e Mongolia, e as partes adxacentes de China e Rusia— é recoñecido como unha terceira rama, mentres que outras o clasifican como unha parte do Mahayana.

Burguesía

Burguesía é un termo empregado en economía, política e socioloxía para describir de forma xeral unha parte da sociedade, que no seu conxunto é a posuidora da maior parte dos bens produtivos, o que a converte nunha forma importante do poder económico. A súa recente conformación de poder foi orixinada das ganancias do comercio na época feudal, pero diversificouse cando foron capaces de tomar o poder político en diversos lugares ou países.

O termo burguesía comezouse a utilizar na Idade Media para designar o conxunto de comerciantes que acumulaban riquezas provenientes dos seus negocios. Xurdiu a partir de que estes comerciantes instalábanse nas aforas das fortalezas feudais (burgos), e de aí procede bourgois (burgués, en francés). Co avance dos medios de produción, a burguesía foi desenvolvendo unha oposición de tipo político ós señores feudais, que comezaban a decaer, e cos anos desprazou do poder político o feudalismo coa Revolución francesa, dando paso a un novo sistema imperante, coñecido como capitalismo.

Democracia

A democracia (do grego demos, "pobo", e kratos, "goberno", é dicir, "goberno do pobo") é un réxime político no que a soberanía reside no pobo e é exercida por este de maneira directa ou indirecta.

Máis concretamente, a democracia é unha forma de goberno na que, en teoría, o poder para cambiar as leis e as estruturas de goberno, así como o poder de tomar todas as decisións de goberno reside na cidadanía. Nun sistema así, as decisións tanto lexislativas coma executivas son tomadas polos propios cidadáns (democracia directa) ou por representantes escollidos mediante eleccións libres, que actúan representando os intereses dos cidadáns (democracia representativa).

Na práctica, na historia inicial da democracia primou o compoñente directo, pero na actualidade todos os sistemas democráticos do mundo son principalmente de tipo representativo.

Esta definición xeral ten algúns matices. Non todos os habitantes dun determinado municipio, rexión ou estado democráticos participan na política, senón só aqueles que ostentan de pleno dereito a condición de cidadáns, e dentro destes, só aqueles que elixen participar, xeralmente mediante o voto nunhas eleccións ou calquera outro proceso electoral coma o referendo.

Gobernador

O gobernador é o xefe da administración gobernamental nalgúns dos estados, provincias ou dependencias administrativas que constitúen países con goberno republicano.

Información

En sentido xeral, a información é un conxunto organizado de datos, que constitúen unha mensaxe sobre un determinado ente ou fenómeno. Desta maneira, se por exemplo organizamos datos sobre un país (número de habitantes, densidade de poboación, nome do presidente etc.) e escribimos por exemplo, o capítulo dun libro, podemos dicir que ese capítulo constitúe información sobre ese país.

Cando temos que resolver un determinado problema ou temos que tomar unha decisión, empregamos diversas fontes de información (como podería ser o capítulo mencionado deste imaxinario libro), e construímos o que en xeral se denomina coñecemento ou información organizada que permite a resolución de problemas ou a toma de decisións (ver apartado sobre coñecemento).

Segundo outro punto de vista, a información é un fenómeno que proporciona significado ou sentido ás cousas, e indica mediante códigos e conxuntos de datos, os modelos do pensamento humano. A información, por tanto, procesa e xera o coñecemento humano. Aínda que moitos seres vivos se comunican transmitindo información para a súa supervivencia, a diferenza dos seres humanos radica na súa capacidade de xerar e perfeccionar tanto códigos como símbolos con significados que conformaron linguaxes comúns útiles para a convivencia en sociedade, a partir do establecemento de sistemas de sinais e linguaxes para a comunicación.

Os datos percíbense mediante os sentidos, estes os integran e xeran a información necesaria para producir o coñecemento que é o que finalmente permite tomar decisións para realizar as accións cotiás que aseguran a existencia social. A sabedoría consiste en xulgar correctamente cando, como, onde e con que obxectivo empregar o coñecemento adquirido.

O ser humano logrou simbolizar os datos en forma representativa (linguaxe) para posibilitar o coñecemento de algo concreto e creou as formas de almacenar e utilizar o coñecemento representado.

Existe unha relación indisoluble entre os datos, a información, o coñecemento, o pensamento e a linguaxe, polo que unha mellor comprensión dos conceptos sobre información redundará nun aumento do coñecemento, ampliando así as posibilidades do pensamento humano, que tamén emprega a linguaxe -oral, escrita, xesticular etc.-, e un sistema de sinais e símbolos interrelacionados.

Liberdade

A liberdade, do latín "libertas, -ātis" e do grego "ή ελευθερία", é a capacidade que ten o ser humano de obrar ou non segundo a súa intelixencia e sen unha obriga externa á propia persoa. Tamén se representa a liberdade como aquel estado no que o home non está sendo escravizado nin preso por outro, facendo alusión a aqueles aspectos relacionados coa independencia.

Mais a liberdade do home vese fundamentada polo feito da súa carencia de instintos. Deste xeito, a un estímulo externo o ser humano pode responder con múltiples opcións, entre as cales temos que escoller unha. Os animais non racionais, ó ter a resposta ós estímulos programada polos instintos, non poden escoller e polo tanto non son libres.

Polo tanto, alguén que obra en liberdade, é un ser humano libre. Esta facultade refírese tamén á incorporación do home á sociedade ao alcanzar a súa madurez sexual, para que comence a asumir responsabilidade, pois non se pode tomar decisións sen ter en conta as consecuencias correspondentes. Isto pode observarse no campo do dereito e da teoloxía no caso dos accidentes, crimes pasionais, homicidios e asasinatos.

Micronesia

A Micronesia é un grupo de arquipélagos de Oceanía sitos no Océano Pacífico, ó leste de Filipinas e ó norte de Papúa Nova Guinea. Esténdese dende os 140° ata os 180° leste e dende os 30°N ó ecuador. Ocupa en total aproximadamente uns 2.800 km² de superficie con menos de 200.000 habitantes. Os arquipélagos máis importantes son as Marianas, as Carolinas e Palau.

Ós seus habitantes chámanse micronesios e son mestizos de polinesios e melanesios. As construcións tradicionais son palafitas -casas construídas sobre estacas-. A economía baséase na agricultura (escasa) e na pesca, sendo dende moi antigo uns bos construtores de canoas. O primeiro europeo en tomar contacto cos micronesios foi Fernão de Magalhães en 1520.

Organización Mundial do Comercio

A Organización Mundial do Comercio, coñecida tamén polo acrónimo OMC, é unha organización internacional que supervisa un grande número de acordos sobre as "regras do comercio" entre os seus estados-membros. A OMC non forma parte do sistema das Nacións Unidas, e tampouco dos organismos de Bretton Woods como o Banco Mundial ou o FMI.A OMC comezou oficialmente o 1 de xaneiro de 1995 despois do acordo de Marrakesh, asinado por 123 nacións o 15 de abril de 1994, e que substituía o Acordo Xeral de Tarifas e Comercio (GATT), que comezara en 1948. É a maior organización económica do mundo.O corpo principal de decisións da OMC é a Conferencia Ministerial, que adoita reunirse cada dous anos. Reúne todo os membros da OMC e pode tomar decisións sobre calquera asunto baixo algún dos acordos de comercio. Algunhas das conferencias, como a inaugural de Singapur (1996) e a de Cancún (2003) provocaron discusións entre economías desenvolvidas e subdesenvolvidas, mentres outras, como a de Seattle (1999) deron lugar a grandes manifestacións.

Partido Liberal Fusionista

O Partido Liberal foi un partido político español creado en 1880 por Práxedes Mateo Sagasta e que, co Partido Conservador de Cánovas, constituiría o sistema bipartidista con alternancia no goberno que caracterizaría á Restauración española durante o tramo final do século XIX e o inicial do século XX.

Nacido como Partido Fusionista pasou a denominarse Partido Liberal Fusionista e por fin unicamente Partido Liberal. Agrupaba no seu seo aos sectores non republicanos do momento que aceptaban a nova legalidade reflectida na Constitución de 1876 e entre os que incluían monárquicos, membros do Partido Constitucional do xeneral Serrano, do Partido Radical de Ruiz Zorrilla, os “posibilistas” de Castelar e a algúns sectores militares.

O seu programa político incluía a consecución do sufraxio universal masculino (obxectivo que vería cumprido en 1890), a liberdade de asociación relixiosa e a separación de poderes; e aínda que cabería cualificalo como un partido dinástico, a principios do século XX algúns políticos que máis tarde serían republicanos militaron nas súas filas, como Niceto Alcalá Zamora.

O sistema de alternancia política característico da Restauración iníciase cando Cánovas cede o poder a Sagasta e este forma o primeiro goberno o 8 de febreiro de 1881 iniciando unha primeira etapa do sistema que coñecerá ata tres gobernos liberais (dous presididos polo propio Sagasta e un por Posada Herrera).

A segunda etapa iníciase coa institucionalización do sistema en 1885 cando ambos os partidos asinan o Pacto do Pardo que establecía que ambos partidos se alternarían no poder á morte de Afonso XII, o cal foi garantido grazas ás redes caciquís con que ambos partidos contaban por toda España. Este pacto impedía o acceso ao poder de ideoloxías radicais naquel momento (anarquismo, socialismo, republicanismo) que podían pór en perigo o réxime monárquico.

En 1898 prodúcese un primeira escisión no Partido Liberal cando Germán Gamazo Calvo abandona o partido, encabezando un grupo disidente que terminaría uníndose ao Partido Conservador.

Tras a morte de Sagasta, en 1903, produciuse un enfrontamento entre Eugenio Montero Ríos e Segismundo Moret por tomar as rendas do Partido Liberal que ao cabo levaría a José Canalejas a dirixilo e aínda que intentou reformalo para achegalo á realidade do país, o seu asasinato truncou calquera evolución do partido.

A morte de Canalejas, en 1912, reabriu a loita polo poder con dous novos protagonistas: o Conde de Romanones e Manuel García Prieto e que levarían ao partido a unha profunda crise que unida á do propio sistema político que protagonizara a unha fase de disgregación que finalizou en 1931, logo da ditadura de Primo de Rivera e co final da monarquía de Afonso XIII.

Unión Astronómica Internacional

A Unión Astronómica Internacional (siglas en inglés: IAU, International Astronomical Union)é o organismo internacional que se encarga de promocionar e coordina-la investigación astronómica a nivel global. Está organizada en 12 divisións científicas, e dentro das 37 comisións máis especializadas, ademais de 90 grupos de traballo. O seu nacemento tivo lugar no 1919. A actual presidente (2019) é Ewine van Dishoeck.A UAI reúne a máis de 13 500 astrónomos profesionais de máis de 100 países do mundo. A súa misión é promover e salvagardar a astronomía en todos os seus aspectos, incluíndo investigación, comunicación, educación e desenvolvemento, a través da cooperación internacional. A UAI tamén serve como autoridade recoñecida internacionalmente para asignar designacións a corpos celestes e as características de superficie neles.

Os grupos de traballo son establecidos Polo Comité executivo, As Divisións ou Comisións, para tomar tarefas ben definidas por períodos limitados de tempo. Na actualidade (2019), un dos grupos, a Division B WG UV Astronomy (para o estudo das emisións ultravioleta) está dirixido pola española Ana I. Gomez de Castro ('Chair' do grupo).Asemade, desenvolve proxectos en conxunto con outras entidades, como o Galileo Teachers Training Program, en colaboración con HOU.

Viveiro

Viveiro é un concello e unha cidade, situada na provincia de Lugo, na comunidade autónoma de Galicia. O mesmo tempo, está situado dentro da comarca da Mariña Occidental, da cal é a súa capital. Nela tamén se atopa a sede do partido xudicial número 6 da provincia.

O seu termo municipal está situado na rexión costeira da Mariña, ocupando unha superficie de 109,3 km². Este territorio sitúase no val formado polo río Landro, que se estende polo sur dende os pedemontes da Serra do Xistral, e que desemboca ó norte na ría de Viveiro, que é unha das rías pertencentes á rexión das Rías Altas, que desembocan ó mar Cantábrico.

A fundación de Viveiro data da Idade de Ferro, como se pode ver nos numerosos sitios arqueolóxicos de asentamentos celtas. A partir dos séculos XII e XIII, Viveiro comezou a tomar especial relevancia, coa puxanza da vila medieval, da que hoxe aínda se conserva a súa zona vella.

Viveiro dispón dun variado catálogo patrimonial, no que destacan os seus monumentos históricos de tipo civil e relixioso, o seu patrimonio artístico-cultural e o seu patrimonio natural. Así mesmo, as súas diversas festividades de interese turístico atraen a numerosos visitantes a cidade, entre as que destacan a Semana Santa de Viveiro, a Rapa das Bestas de Candaoso e a Romaría do Naseiro, estando as tres consideradas como Festas de Interese Turístico Nacional.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.