Toledo

Toledo é unha cidade que se atopa na España central, e é a capital da provincia de Toledo e da comunidade autónoma de Castela-A Mancha.

Toledo é coñecida como «A cidade Imperial» por ser a sede principal da corte de Carlos I e tamén como «a cidade das tres culturas», por ter sido habitada durante séculos por cristiáns, xudeus e musulmáns.

A cidade está situada na marxe dereita do Texo, nun outeiro de cen metros de altura sobre o río, o cal cínguea pola súa base, formando un pronunciado meandro coñecido como Torno do Texo. Ten unha configuración dispersa con barrios moi separados do núcleo principal: o de Azucaica, na beira dereita do río e que ten a súa orixe nunha antiga pedanía da cidade, dista uns 7 km do centro da cidade, mentres que o de Santa María de Benquerencia, situado practicamente enfronte do anterior na marxe esquerda do Texo, sitúa o seu centro a uns 8 km do da cidade.

Coordenadas: 39°52′0.8″N 4°1′45.9″O / 39.866889, -4.029417

Toledo
Bandera de Toledo
Escudo de la ciudad de Toledo
Toledo Skyline Panorama, Spain - Dec 2006
Toledo-Espania-August-2006 Toledo PuertaBisagra
Localización
Toledo en España

Toledo
Toledo
Toledo en Provincia de Toledo

Toledo
Toledo
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCastela-A Mancha Castela-A Mancha
ProvinciaToledo
Xeografía
Altitude454 msnm
Superficie232,1 km²
Demografía
Poboación83.108 hab. (2011)
Densidade325,4 hab./km²
XentilicioToledano
Outros datos
Código postal45001-45009
AlcaldeEmiliano García-Page (PSOE)
www.ayto-toledo.org

Historia

O primeiro asentamento fixo que se coñece na cidade é unha serie de castros, sobre os que despois se levantou a cidade celtibérica amurallada, un dos máis importantes centros dos carpetanos. Un destes primeiros asentamentos sitúase no «Cerro del Bú», do que se obtiveron numerosos restos en escavacións realizadas, e que se poden observar no actual Museo de Santa Cruz, en Toledo.

No ano 192 a.C., e tras unha gran resistencia, Marco Fulvio Nobilior conquistou a cidade. Os romanos reconstruírona e denominárona Toletum, na provincia Cartaxinense. A cidade desenvolveu unha importante industria do ferro que a levou a cuñar moeda. A zona onde se asentaba a cidade sufriu un profundo proceso de romanización, como testemuñan os numerosos restos de vilas romanas, especialmente na ribeira do Texo. Os romanos deixaron numerosos vestixios na face toledá, entre eles un impoñente acueduto, destruído na súa totalidade actualmente.

Tras as primeiras incursións bárbaras reedificáronse a antigas murallas con obxectivos defensivos; a pesar diso no ano 411 foi conquistada polos alanos, quen foron á súa vez derrotados polos visigodos no ano 418. Unha vez vencido o seu rival Akhila, Atanaxildo estableceu a súa corte na cidade e, posteriormente, con Leovixildo, converteuse en capital do reino hispanogodo e en arcebispado, co que adquiriu grande importancia civil e relixiosa (como proban os Concilios de Toledo).

No ano 711 foi conquistada por Tariq e sometida ao dominio musulmán, perdendo a capitalidade (relación con lenda de A Cava). Os árabes chamárona Ṭulayṭulah (en árabe طليطلة).

O predominio de gran poboación mozárabe converteuna deseguida nun foco de continua preocupación para Córdoba. En 797 (segundo Claudio Sánchez Albornoz en 807), durante o emirato de Al-Hakam I, estoupou unha sublevación contra Córdoba. O emir enviou ao muladí oscense Amrús ben Yusuf (chamado Amorroz nas crónicas cristiás) para someter a cidade. Amrús decimou aos mulades locais mediante unha cruel artimaña. Trátase do suceso coñecido como a xornada do foxo. Amrús organizou un banquete no palacio do gobernador e invitou a comer aos mulades principais da cidade. Ás portas da residencia, fixo apostar uns verdugos e, a medida que ían chegando os invitados, cortábaselles o pescozo, guindando o cadáver a unha gabia (de aquí o nome con que é coñecido o episodio). Deste xeito, o emir conseguiu someter por un tempo o espírito submiso dos toledáns. Así e todo, estes volveron a rebelarse no 811 e no 829, despois da súa morte.

Toledo Skyline Panorama, Spain - Dec 2006
Panorámica de Toledo

Finalmente, Abd al-Rahman III esmagou a endémica rebelión da cidade en xullo de 932, tras un asedio de dous anos, someténdoa ao califato cordobés. Ao se desintegrar o califato (século XI), Toledo converteuse nun importante reino de taifa, que, non obstante, tivo que pagar parias aos reis de Castela para manter a súa independencia.

O 25 de maio de 1085, Afonso VI de Castela entra en Toledo, mediante un acordo previo co Taifa que a gobernaba. Mediante o acordo de capitulación, o rei castelán somete o reino garantindo aos poboadores musulmáns a seguridade das súas persoas e bens. O rei concedeu foros propios a cada unha das minorías existentes: mozárabes (Toledo era un importante centro mozárabe, con liturxia propia, a hispano-mozárabe, que aínda se conserva), musulmáns e xudeus, posteriormente refundidos por Afonso VII de Castela no Foro de 1118. Tras a conquista da cidade, sobreveu o período de maior esplendor de Toledo, dunha grande intensidade cultural, social e política. A Escola de Tradutores de Toledo, florecente durante os séculos XII e XIII, así as numerosas obras de arte civís e relixiosas, as cales deixaron unha importante pegada na cidade.

Río Teixo, ao paso por Toledo, España
Río Texo ao seu paso pola cidade de Toledo.

Tras a conquista, tolerouse a práctica relixiosa das comunidades xudía e musulmá, mais esta actitude tolerante non durou moito tempo. Os cristiáns construíron a nova catedral sobre a mesquita maior, que á súa vez se levantaba sobre a antiga catedral visigoda.

Durante a guerra civil castelá Toledo loitou ao lado de Pedro I e, tras sufrir un longo asedio, foi tomada en xaneiro de 1369. Ao longo de toda a Idade Media a cidade foi crecendo: no século XIV recibiu privilexio feiral, e no XV converteuse nun dos principais produtores paneiros casteláns, actividade que se sumou ás xa existentes de cuñaxe de moedas, fabricación de armas, industria sedeira etc. Nesta expansión participou de xeito activa a poboación xudía, ata a súa expulsión en 1492. Os Reis Católicos urbanizaron e engrandeceron a cidade, e na catedral toledá proclamouse a Xoana e Filipe o Fermoso como herdeiros da coroa castelá (1502).

Foi unha das primeiras cidades que se uniu á Guerra das Comunidades (1520), con dirixentes comuneiros como Lasso de Vega e Padilla. Trala derrota comuneira en Villalar, os comuneiros toledáns, dirixidos por María Pacheco, a viúva de Padilla, foron os que máis resistencia opuxeron aos designios de Carlos V, ata a súa rendición en 1522. Toledo converteuse nunha das capitais do imperio.

Posteriormente, coa decisión de trasladar a corte a Madrid, adoptada polo seu fillo Filipe II, no ano 1563, a cidade perdeu gran parte do seu peso político e social. O declive da industria téxtil acentuou a decadencia de Toledo, que segue á da propia historia de España.

A constitución da Real Compañía de Comercio e Fábricas, en 1748, no marco de renovacións borbónicas inspiradas pola Ilustración, trouxo un breve rexurdir da cidade, mais a mediados do século XVIII estaba novamente arruinada, e reducida a funcións simplemente administrativas.

Ao estoupar a guerra civil española, a cidade quedou na zona republicana. No Alcázar, sede da Academia de Infantaría, refuxiouse un grupo de sublevados ao mando do Coronel Moscardó, que resistiu desde o 21 de xullo ata a chegada das tropas do xeneral Varela (28 de setembro de 1936). Este episodio, de resonancia mundial, foi amplamente utilizado pola propaganda franquista. O alcázar, case completamente destruído no asedio, foi posteriormente reconstruído na súa totalidade.

Foi elixida capital da Comunidade Autónoma de Castela-A Mancha en 1981.

Demografía

Factores como o aumento do prezo da vivenda en Madrid e a mellora das comunicacións, que sitúan a Toledo a tan só trinta minutos da estación de Atocha de Madrid grazas ao tren de Alta Velocidade, provocaron un aumento da poboación toledana de algo máis dun 20% na última década.

Economía

Souvenirs from Toledo
Espadas e outras armas fabricadas en Toledo.

A industria metalúrxica foi historicamente a base económica de Toledo, especialmente pola súa produción de aceiro. Conta cunha gran tradición na fabricación de espadas e coitelos e unha importante produción de follas de afeitar, instrumental sanitario e produtos eléctricos. Tamén destacaron as fábricas de xabóns, fariñas, vidro e cerámica. Na actualidade Toledo converteuse nunha cidade na que o sector terciario (servizos) domina a actividade econónomica, como se ve nos datos do Instituto de Estatística de Castela-A Mancha, en 2008 da distribución de afiliados á Seguridade Social por sectores de ocupación: 87,6% da poboación dedicada aos servizos, o 5,3% á construción, o 5,5% á industria e o 1,6% restante á agricultura e gandería.

Nos anos 60 do pasado século XX o Ministerio da Vivenda comeza a urbanización sobre a marxe esquerda do río Texo dunha zona, a uns 8 Km. cara ao leste do centro urbano, para a construción dun polígono industrial-residencial de desconxestionamento de Madrid, que hoxe se converteu na barrio de Santa María de Benquerencia; aínda que nun principio contou coa presenza dalgunhas grandes empresas (como a multinacional estadounidense ITT-Standard Eléctrica, logo comprada pola francesa Alcaltel), as sucesivas crises sufridas ao longo de todos estes anos fixeron desaparecer moitas das grandes empresas que no seu día se instalaron.

Transporte

Estradas

Desde Toledo parte a N-400, que une esta cidade con Cuenca por Ocaña e Tarancón. Na actualidade está en proceso de transformación na futura A-40 Autovía de Castela-A Mancha, que unirá Ávila con Maqueda (onde enlaza coa Autovía de Estremadura), Toledo, Ocaña (onde se une á Autovía de Andalucía), Tarancón (onde conecta coa Autovía de Levante), Cuenca e Teruel.

A antiga estrada nacional 401 Madrid-Toledo-Cidade Real transformouse a finais da década dos 80 na actual A-42 como resultado do desdobramento daquela e eliminando do trazado as diversas travesías con que contaba (Illescas, Yuncos etc.).

O trazado desdobrado prolóngase ata 7 km ao sur de Toledo, en sentido Cidade Real, desde onde continúa como estrada convencional. Neste punto, na próximidad de Burguillos de Toledo, a A-42 enlaza coa Autovía dos Viñedos que chega ata Tomelloso.

Train station of Toledo, Spain 01
Estación de tren de Toledo.

A comezos do século XXI foi construída, co obxectivo de desconxestionar os accesos de Madrid, a autoestrada de peaxe AP-41, que debría ser prolongada cara a Andalucía (Cidade Real e Xaén) como alternativa á A-4; este proxecto atópase conxelado como consecuencia da actual crise.

Outra vía da Rede de Estradas do Estado que parte de Toledo é a N-403, Toledo-Maqueda-Ávila-Adanero. Parte do trazado desta estrada verase substituído polo da xa citada Autovía de Castela A Mancha.

Ademais destas estradas, desde Toledo parten varias de categoría autonómica e provincial que unen a capital coas comarcas dos Montes de Toledo, La Jara ou A Mancha.

Transporte público

Tras moitos anos de proxectos e ideas, o 17 de maio de 2010 a Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha[1] pon en marcha a área Supramunicipal de Transportes (ASTRA) de Toledo. Cun orzamento inicial de 620.000 euros conecta a capital cos municipios lindeiros (Nambroca, Burguillos, Mocejón, Bargas, Olías del Rey, Argés e Cobisa) mediante seis liñas de autobuses; búscase desconxestionar a cidade facendo que accedan a ela menos vehículos particulares.

Ferrocarril

A mediados do século XIX Toledo foi unha das primeiras cidades españolas que contou con ferrocarril, quedando unida a Madrid por Aranjuez e sendo inaugurada a liña por Isabel II o 12 de xuño de 1858. A actual estación, de estilo neomudéxar, foi inaugurada o 24 de abril de 1919 e é un edificio de notable beleza, especialmente os artesoados da sala principal da mesma.

Con diferentes altibaixos en canto a dotacións técnicas e servizos esta é a liña que prestou servizo ata principios do século XXI: o 2 de xullo de 2003 circula o último tren convencional entre ambas as capitais e comezan as obras do enlace de alta velocidade, LAV Madrid-Toledo, que entra en servizo o 16 de novembro de 2005, grazas ao cal o tempo de viaxe a Madrid reduciuse a 33 minutos.

Arte e cultura

Toledo Santa Maria la Blanca.Retocada
Sinagoga de Santa María la Blanca, ilustración da tolerancia relixiosa no pasado de Toledo

O casco vello atópase no cume dunha montaña e contén numerosas vistas históricas, incluíndo o Alcázar, a catedral e o Zocodover (o mercado central). Toledo foi coñecida pola súa tolerancia relixiosa durante o período en que formou parte de Al-Andalus e comunidades de xudeus, musulmáns e cristiáns convivían. Isto cambiou despois da reconquista, cando foron expulsados de España os musulmáns e xudeus que se negaron a converterse. Lembranza desa pasada tolerancia Toledo ten importantes monumentos relixiosos como a sinagoga de Santa María la Blanca, a sinagoga de El Tránsito e a mesquita de El Cristo de la Luz.

Toledo acolleu o pintor El Greco durante a última parte da súa vida, e é o tema de varias das súas pinturas máis sonadas, incluíndo O enterro do Conde de Orgaz, exhibido na igrexa de Santo Tomé.

Patrimonio

Cidade vella de Toledo
Toledo alcazar bridge flickr
O alcázar de Toledo e a ponte de Alcántara sobre o río Texo
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísEspaña España
Localización39°51′24″N 4°1′28″O / 39.85667, -4.02444
TipoCultural
CriteriosI, II, III, IV
Inscrición1986 (10ª Sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador379
El Greco house toledo
Casa de El Greco.
Toledo - Sinagoga El Transito 01
A Sinagoga del Tránsito.
Puerta del Cambrón (Toledo). Exterior
Puerta del Cambron.

A cidade histórica de Toledo foi declarada Conxunto histórico-artístico en 1940, posteriormente a Unesco concedeulle o título de Patrimonio da Humanidade en 1986.

  • Castelo de San Servando. Castelo medieval xunto á ribeira do río Texo e á Academia de Infantería.
  • Catedral de Santa María. De estilo gótico, data do século XIII. No seu interior atópase O Transparente de Narciso Tomé, barroco.
  • Mosteiro de San Juan dos Reis. De estilo gótico isabelino, data do século XV.
  • Museo-Hospital de Santa Cruz. De estilo renacentista, data do século XVI.
  • Museo do Greco. Casa-museo pensada como recreación do domicilio do artista, que se perdeu séculos atrás. Alberga diversas pinturas relevantes.
  • Santa María a Branca. En principio foi unha sinagoga e máis tarde pasou a ser unha igrexa cristiá. É de estilo mudéxar e data do século XII.
  • Sinagoga do Tránsito. Situada no barrio xudeu, contén o Museo Sefardí.
  • Hospital de Tavera-Museo Duque de Lerma. De estilo renacentista, data do século XVI. Influíu no deseño de El Escorial.
  • Igrexa de San Ildefonso. De estilo barroco, as súas torres son un dos lugares máis elevados da cidade.
  • Igrexa de San Román. De estilo mozárabe mudéxar, hoxe 'Museo dos Concilios e a Cultura Visigoda', con pinturas románicas do s. XIII e unha importante colección, orixinal e réplicas, de orfebrería visigótica, xunto a outros fondos arqueolóxicos datados entre os séculos VI ao VIII.
  • Igrexa de Santiago do Arrabal. De estilo mudéxar.
  • Igrexa de Santo Tomé. De estilo mudéxar, do século XIV, alberga o famoso O enterro do Conde de Orgaz, de O Greco.
  • O Cristo da Luz, pequena mesquita-oratorio feita no ano 999, posteriormente ampliada con ábsida mudéxar para a súa conversión en igrexa.
  • Palacio de Galiana data do século XIII de estilo mudéxar.
  • Mesquita das Tornerías: Mesquita construída seguindo a tradición califal da Mesquita do Cristo da Luz, realizada durante a segunda metade do século XI sobre cimentos de orixe romana e coa peculiaridade de estar construída en dous pisos.
  • Alcázar, é unha fortificación sobre rocas, situada na parte máis alta da cidade, dominando toda a cidade. É dos séculos XVI-XX. Desde xuño de 2010 alberga os fondos do Museo do Exército.
  • Porta do Sol. De estilo mudéxar e construída polos Cabaleiros Hospitalarios no século XIV.
  • Porta Nova de Bisagra. De Alonso de Covarrubias, do século XVI, sobre base árabe.
  • Porta Vella de Bisagra ou Porta de Alfonso VI.
  • Porta do Cambrón. De orixe musulmá e do século XVI.
  • Ermida do Cristo da Veiga. De estilo mudéxar e do século XI, a imaxe que preside o altar foi popularizada na obra A buen juez, mejor testigo de José Zorrilla.
  • Ponte de Alcántara.
  • Ponte de San Martín.
  • Posada de la Hermandade.
  • Porta do Vado.
  • Palacio de Fuensalida
  • Teatro Vermellas.
  • Praza de Zocodover.
  • Convento de Santo Domingo o Antigo.
  • Circo romano.
  • Casa do Temple.
  • Casa do Nuncio.
  • Torre da Almofala.
  • Convento da Nai de Deus.
  • Palacio de Amusco.
  • Palacio Arzobispal de Toledo.
  • Convento de San Pedro Mártir.
  • Real Academia de Belas Artes e Ciencias Históricas.

Con motivo do Cuarto Centenario da publicación da primeira parte do Quixote (O enxeñoso fidalgo Don Quixote da Mancha), a Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha deseñou unha serie de rutas a través da rexión percorrendo os diversos puntos que cítanse na novela. É a coñecida como Ruta de Don Quixote e dous dos traxectos deseñados, tramos 1 e 8, teñen a súa orixe a cidade de Toledo: os que unen á cidade castelá coa Mancha e os Montes de Toledo aproveitando a ruta natural que atravesa os Cigarrales e encamíñase a Cobisa, Burguillos de Toledo e Nambroca onde toma o Camiño Real de Sevilla para pronto virar en dirección a Almonacid de Toledo e Mascaraque, penetrando nas súas inmediacións, preto de Mora, na Mancha.

Este tramo Mascaraque-Toledo da Ruta de Don Quixote foi recentemente incluído de modo oficial no Camiño de Santiago no seu ramal levantino con orixes en Cartaxena, Alacante e Valencia, polo que ambas rutas declaradas Itinerario Cultural Europeo comparten percorrido neste tramo.

Arquitectura contemporánea

A finais do século XX e principios do XXI, a cidade de Toledo ábrese ás novas tendencias arquitectónicas. A isto contribúen novas edificacións e proxectos deseñados por algúns dos máis importantes arquitectos a nivel internacional como Jean Nouvel e Álvaro Siza (ambos Premio Pritzker) ou outros nacionais como Burgos

Festas

  • Virgen del Valle, romaría que se celebra o 1 de maio.
  • Semana Santa, declarada de Interese Turístico Nacional.
  • Corpus Christi, declarada de Interese Turístico Internacional.
  • Virgen del Sagrario, o 15 de agosto.

Cidades irmandadas

Notas

  1. "Área Supramunicipal de Transportes de Toledo (ASTRA)". Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2010. Consultado o 23 de agosto de 2010.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Abel Resino

Abel Resino Gómez, nado en Velada (Toledo) o 2 de febreiro de 1960, é un ex futbolista español e actual adestrador do Granada Club de Fútbol.

Xogaba de porteiro e foi internacional coa selección española. Foi adestrador do Celta de Vigo.

Afonso VI de León

Afonso VI, nado contra 1040, e finado entre o 29 de xuño e o 1 de xullo de 1109, foi un nobre do Reino de León.

Era fillo de Fernando I de Castela, o Magno, (1035-1065) e de Sancha I de Galicia, e foi rei de León desde o 27 de decembro de 1065, e de Galicia e de Castela a partir do 6 de outubro de 1072.Así, a partir de 1072 intitulouse rex Adefonsus in Castella et in Legione et in Gallecia (rei Afonso en Castela, en León e en Galicia) ou simplemente en tota Gallecie (toda Galicia). Despois da conquista de Toledo en 1085 autoproclamouse Victoriosissimo rege in Toleto, et in Hispania et Gallecia (Vitoriosísmo rei de Toledo, e de Hispania e Galicia). O papa Urbano II, personaxe perfectamente informado, dirixíuselle nunha carta de 1088 como Regi Ildefonso Gallitia e, na primeira metade do século XII, as crónicas anglo-normandas de Guillerme de Malmesbury titulárono Gallicae Regie mentres a Historia Ecclesiástica de Orderico Vital denominouno rex Galliciae.Os historiadores alcumárono como O Bravo.

Afonso X o Sabio

Afonso X, nado en Toledo o 23 de novembro de 1221 e finado en Sevilla o 4 de abril de 1284, foi rei de Castela e León.Á morte de seu pai, Fernando III o Santo, retomou a ofensiva contra os musulmáns, e ocupou Xerez (1253), arrasou Salé, o porto de Rabat (1260) e conquistou Cádiz (contra 1262). En 1264 tivo que facer fronte a unha importante revolta dos mudéxares de Murcia e do val do Guadalquivir.

Como fillo de Beatriz de Suabia, da casa de Hohenstaufen, aspirou á coroa do Sacro Imperio Romano Xermánico, proxecto ao que dedicou máis da metade do seu reinado sen obter éxito.

Os últimos anos do seu reinado foron especialmente sombríos, debido ao conflito sucesorio provocado pola morte prematura do seu primoxénito, Fernando de la Cerda, e a minoría de idade dos outros fillos, o que desembocou na rebelión aberta do infante Sancho e de gran parte da nobreza e das cidades do reino. Afonso morreu en Sevilla durante o transcurso desta revolta, non sen antes desherdar ao seu fillo Sancho.

Levou a cabo unha activa e beneficiosa política económica, reformando a moeda e a facenda, concedendo numerosas feiras e recoñecendo en 1273 ao Honrado Consejo de la Mesta.

Tamén é recoñecido pola súa obra literaria, científica, histórica e xurídica realizada polo seu escritorio real. Afonso X patrocinou, supervisou e, moitas veces, participou coa súa propia escritura e en colaboración cun conxunto de intelectuais latinos, hebreos e islámicos coñecido como Escola de Tradutores de Toledo, na composición dunha inxente obra literaria que iniciou en boa medida a prosa en castelán. Destacan as Sete Partidas (Las Siete Partidas), unha recompilación xurídica e de principios do dereito, e algúns tratados de xadrez e de astronomía. Ademais escribiu poesía en galego-portugués, como as Cantigas de Santa María, realizando unha grande achega á lingua culta do momento na corte do reino, a lingua galego-portuguesa. Tamén escribiu poemas trobadorescos. Por todo isto foi alcumado o Sabio.

En 1935 recoñeceuse como astrónomo nomeándose no seu honor o cráter lunar "Alphonsus".

Arquidiocese católica latina de Toledo

A arquidiocese de Toledo (en latín: Archidioecesis Toletana) é unha sé metropolitana católica de rito latino. En 2010 tiña 636.477 bautizados sobre unha poboación total de 719.482 habitantes. En 2009 foi nomeado arcebispo Braulio Rodríguez Plaza.

Castela-A Mancha

Castela-A Mancha (en castelán: Castilla-La Mancha) é unha comunidade autónoma española que abrangue parte das rexións xeográficas de Castela e A Mancha, e está formada por cinco provincias: Albacete, Cidade Real, Cuenca, Guadalaxara e Toledo. A capital da comunidade autónoma é Toledo. Limita con Castela e León, Comunidade de Madrid, Aragón, Comunidade Valenciana, Rexión de Murcia, Andalucía e Estremadura.

É a herdeira da rexión histórica de Castela a Nova, exceptuando a provincia de Madrid, que se decidiu que constituíse unha comunidade autónoma uniprovincial tras a división territorial de España posterior á promulgación da Constitución de 1978, e inclúe a totalidade da comarca ou rexión natural da Mancha, ao incorporarse a provincia de Albacete, que antes formaba parte da rexión de Murcia.

Réxese mediante un Estatuto, aprobado en 1983 e reformado por última vez en 2007. O estatuto establece que o poder rexional é exercido pola Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha, presidido na actualidade por Emiliano García-Page, do Partido Socialista.

Club Deportivo Toledo

O Club Deportivo Toledo é un club de fútbol español da cidade de Toledo, en Castela-A Mancha. Foi fundado en 1928 e compite na Terceira División, logo de descender na tempada 2011–12.

Comunidade autónoma

Unha comunidade autónoma é unha entidade territorial que, dentro do ordenamento constitucional do Estado español, está dotada de certa autonomía lexislativa e competencias executivas, así como da facultade de administrarse mediante os seus propios representantes.

Comunidade de Madrid

A Comunidade de Madrid (en español: Comunidad de Madrid) é unha comunidade autónoma de España uniprovincial situada no centro da Península Ibérica, no centro da Meseta Central. Limita coas provincias de Guadalaxara, Cuenca, Toledo, Ávila e Segovia. A súa capital, Madrid, é tamén a capital de España. Non existe a Deputación ao ser uniprovincial.

A súa poboación estimada é de 6 661 949 habitantes (INE 2019) e a maioría concéntrase na área metropolitana da cidade.

Coroa de Castela

A Coroa de Castela foi unha entidade histórica da Península Ibérica que desde o 1230 comprendía un conxunto de reinos asociados dinasticamente baixo a figura dun común monarca, que tiñan o seu centro de decisión no reino de Castela. A súa orixe remóntase ao ano 1230, cando Fernando III o Santo, rei de Castela e de Toledo desde 1217, usurpou o goberno dos reinos de Galicia e León ás súas medias-irmás e previsibles futuras raíñas Sancha e Aldonza..

Madrid

Madrid é a capital de España e da Comunidade de Madrid. Está situada no centro da Península Ibérica, ó sur da Serra de Guadarrama, no río Manzanares. Cunha poboación de 3.233.527 habitantes (INE 2012) é a cidade máis grande e poboada do país e da Península Ibérica, e a terceira da Unión Europea. A súa área metropolitana, de 6.043.031 habitantes, é a terceira área urbana máis poboada da Unión Europea, por detrás das de Londres e Berlín.

Como capital do Estado, Madrid alberga as sedes do Goberno, Cortes Xerais, Ministerios, Institucións e Organismos asociados, así como a residencia oficial dos reis de España. No plano económico, Madrid é a cuarta cidade máis rica de Europa, tras Londres, París e Moscova. É o principal centro financeiro e empresarial de España, actualmente, o 50,1% dos ingresos das 5.000 principais empresas españolas son xerados por sociedades con sede social en Madrid, as cales representan o 31,8% delas. É sede do principal mercado de valores do país, e de varias das máis grandes corporacións do mundo.

Nacida a partir do asentamento fortificado hispanomusulmán de Maǧrīţ, conquistado por Afonso VI de León e Castela en 1083, a vila foi designada en 1561 como sede da corte de Filipe II, sendo a primeira capital permanente da monarquía española. Desde entón, salvo un breve intervalo de tempo entre 1601 e 1606 no que a capitalidade pasou temporalmente a Valladolid, Madrid foi a capital de España e sede do Goberno da Nación.

Nápoles

Nápoles (Napoli en italiano e Napule en napolitano) é a cidade máis poboada do sur de Italia, capital da rexión de Campania e da provincia de Nápoles, situada a medio camiño entre o monte Vesuvio e outra área volcánica, os Campos Flégreos. A cidade de Nápoles administrativa ten pouco menos dun millón de habitantes, que, unidos aos da súa área metropolitana, chegan a 3,7 millóns. Os seus habitantes reciben o xentilicio de napolitanos. É o principal porto marítimo do sur Italia e esténdese por unha área de 243 km², cunha poboación de 984.242 (2005) habitantes (a meirande do sur e a terceira maior de Italia) e ten unha densidade de poboación de 8.457 hab/km².

Provincia de Badaxoz

Badaxoz (en castelán: Badajoz, en estremeño: Baajós) é unha das dúas provincias da Comunidade Autónoma de Estremadura, España. Pola súa área, 21.657 km2, é a provincia máis estensa de España. Polo norte limita coa outra provicia extremeña, Cáceres, con Cidade Real (enclave de Rincón de Anchuras) e con Toledo; polo leste confina con Cidade Real e Córdoba; polo sur con Sevilla e Huelva; e polo oeste linda coa antiga provincia do Alto Alentexo (Portugal). A súa capital é a cidade homónima.

Provincia de Cidade Real

A provincia de Cidade Real (en castelán: Ciudad Real) é unha provincia española, situada en Castela-A Mancha, que ten como capital a cidade do mesmo nome. Conta cunha poboación de 506.864 habitantes (2006), e ocupa unha superficie de 19.813 km², que se reparten entre 100 concellos. Limita polo norte coa provincia de Toledo, polo nordeste coa provincia de Cuenca, polo leste coa provincia de Albacete, polo sur coas provincias de Córdoba e Xaén (Andalucía), e polo oeste coa de Badaxoz (Estremadura).

Provincia de Cuenca

A provincia de Cuenca é unha provincia española situada na parte oriental de Castela-A Mancha. No ano 2006 estaban censadas na provincia 208.616 persoas, nunha área de 17.061 km², repartida entre 238 municipios. Unha cuarta parte da poboación residía na capital.

Limita ao sur coas provincias de Albacete e Cidade Real, ao norte coa provincia de Guadalaxara e máis a Comunidade Autónoma de Aragón, ao leste coa Comunidade Valenciana, e ao oeste coa provincia de Toledo e a Comunidade de Madrid.

Provincia de Cáceres

Cáceres (en estremeño: Caçris, na fala de Xálima: Cáciris) é unha provincia de España, na parte norte da comunidade autónoma de Estremadura. Limita coas provincias de Salamanca, Ávila, Toledo, e Badaxoz, e con Portugal.

A súa capital é a cidade de Cáceres.

A provincia de Cáceres ten unha poboación de 412.580 hab. (Padrón INE 2005) dos cales o 21,5% vive na capital.

Provincia de Toledo

A provincia de Toledo é unha provincia española, sita na parte occidental de Castela-A Mancha. A súa capital é a cidade de Toledo. Limita coas provincias de Madrid, Cuenca, Cidade Real, Badaxoz, Cáceres, e Ávila. O xentilicio que designa os seus habitantes é toledano.

A provincia conta cunha poboación de 615.618 habitantes (INE 2006), repartidos en 204 concellos, dos cales Talavera de la Reina é o máis poboado con 83.756 hab., o segundo municipio é Toledo (77.601 hab.), mentres que o menos populoso é Illán de Vacas, que, con 6 habitantes, tamén é o de menor poboación de España. A superficie provincial atinxe 15.370 km², sendo a 8ª máis extensa de España. A provincia comparte o Parque Nacional de Cabañeros coa de Cidade Real.

O río Texo é o máis importante da provincia e crúzaa de leste a oeste; pasa polas cidades de Talavera de la Reina e Toledo.

Rafael Yunta

Rafael Yunta Navarro, nado en Ocaña (Toledo) o 4 de abril de 1920 e finado en León o 18 de xullo de 2011, foi un futbolista e adestrador de fútbol español. Xogaba de centrocampista.

Século V

século IV < século V > século VI

Período de tempo dende o ano 401 ata o ano 500 da era cristiá.

Acontecementos importantes

400, Macrobio, vigairo de Hispania é multado polo seu uso fraudulento, sen causa xustificada, do cursus publicus.

400, I Concilio de Toledo.

411, establecemento dos Suevos na Gallaecia.

Invasións de pobos xermánicos en todo o Imperio romano de Occidente rematan por desface-la unidade política no 476.Personaxes destacadas

Atila o Huno.

Ricimer, magister militum do Imperio Romano Occidental (456-472).

Toledo, Ohio

Toledo é unha cidade do condado de Lucas no estado estadounidense de Ohio. Esta cidade universitaria é coñecida como a cidade de Cristal, grazas á súa larga tradición na innovación en todos os aspectos da industria do vidro, da que a cidade conta cun museo. O automóbil Jeep foi manufacturado en Toledo dende 1941.

Capitais de provincias de España

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.