Tiziano

Tiziano Vecelli (c. 1488-90 – 27 de agosto, 1576) foi o principal pintor da escola veneciana do Renacemento italiano do século XVI.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Tiziano
Tizian 090
Autorretrato, c. 1567. Museo do Prado, Madrid.
NomeTiziano Vecelli or Tiziano Vecellio
Nacemento1488, c. 1490 e século XIVxuliano
 Pieve di Cadore
Falecemento10 de setembro de 1576 e 27 de agosto de 1576
 Venecia
NacionalidadeRepública de Venecia
Cónxuxe(s)Cecilia Soldano
FillosOrazio Vecellio, Tizianello e Lavinia Vecellio

Traxectoria

Carlos V en Mühlberg, by Titian, from Prado in Google Earth
Carlos V a cabalo en Mühlberg, 1548, Museo do Prado. Pintado como conmemoración da batalla de Mülhlberg.
Frari (Venice) nave right - Monument of Titian
Túmulo de Tiziano en Venecia.

Naceu en Pieve di Cadore, preto de Belluno, na República de Venecia e morreu en Venecia. Foi coñecido como Da Cadore durante a súa vida.

Discípulo de Giovanni Bellini e coincidiu tamén con Giorgione, xa nas súas primeiras obras aínda recollendo os valores cromáticos e luminosos do seu mestre, Tiziano afástase del polo seu dramatismo e a expresión de contrastes que se poden ver nunha das súas primeiras obras mestras, Asunción (1518), maxistral tanto en retratos, heroicos, suntuosos, solemnes, refinados e cunha alta penetración psicolóxica, e paisaxes, como os temas relixiosos, cheos de sentimentalismo, e mitolóxicos, cheos de gozosa sensualidade.

A partir de 1550 a pincelada faise máis ampla e o toque desunido ata chegar a constituír manchas fluídas e incandescentes por efecto da luz e a cor.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Gould, Cecil, The Sixteenth Century Italian Schools, National Gallery Catalogues, Londres 1975, ISBN 0-947645-22-5
  • Jaffé, David (ed), Titian, The National Gallery Company/Yale, Londres 2003, ISBN 1-85709-903-6
  • Landau, David, in Jane Martineau (ed), The Genius of Venice, 1500–1600, 1983, Royal Academy of Arts, Londres.
  • Penny, Nicholas, National Gallery Catalogues (new series): The Sixteenth Century Italian Paintings, Volume II, Venice 1540–1600, 2008, National Gallery Publications Ltd, ISBN 1-85709-913-3
  • Ridolfi, Carlo (1594–1658); The Life of Titian, translated by Julia Conaway Bondanella and Peter E. Bondanella, Penn State Press, 1996, ISBN 0-271-01627-2, ISBN 978-0-271-01627-6 Google Books

Outros artigos

A bacanal dos andrios

A bacanal dos andrios (en italiano: Il Baccanale degli Andrii) é un cadro do pintor italiano Tiziano. Está realizado en óleo sobre lenzo, e foi pintado contra o 1518-1519, atopándose no presente no Museo do Prado, en Madrid, España.

Anton van Dyck

Anton van Dyck, nado en Antuerpen o 22 de marzo de 1599 e finado en Londres o 9 de decembro de 1641, foi un pintor flamengo especialmente dedicado á elaboración de retratos. Na súa lingua materna, o neerlandés, o seu nome é Antoon van Dijck (a palabra dijck significa 'carballo' ou 'aciñeira'). Chegou a ser o primeiro pintor de corte en Inglaterra tras unha longa estancia en Italia. É universalmente coñecido polos seus retratos da nobreza xenovesa e de Carlos I, rei de Inglaterra, dos membros da súa familia e da súa corte. Co seu método de pintura dunha elegancia relaxada, influíu nos retratistas ingleses, como Peter Lely ou Mary Beale. Ademais de retratos, polos cales foi bastante apreciado, ocupouse tamén de temas bíblicos e mitolóxicos, introducindo algunhas notables innovacións pictóricas.

En Antuerpen foi discípulo de Hendrick van Balen, con quen permaneceu entre 1609 e 1610. Máis adiante foi tamén alumno e asistente de Rubens, do que asimilou a técnica e en parte tamén o estilo, e en 1618 foi admitido como mestre no gremio de San Lucas.

Tras pasar a mocidade en Antuerpen, trasladouse a Italia onde realizou a viaxe ritual de formación característica de todos os grandes pintores flamengos. Alí tivo a oportunidade de ver e copiar algunhas grandes obras renacentistas, especialmente do seu pintor favorito, Tiziano. Ao volver de Italia, pasou a Inglaterra, á corte de Carlos I, onde se ocupou case exclusivamente de retratos. Morreu en Londres á idade de 42 anos e foi enterrado na Catedral de San Paulo.

Asunción de María

Asunción de María ou Asunción da Virxe é a crenza, de acordo á tradición e teoloxía da Igrexa Católica, de que o corpo e alma da Virxe María foron levados ao ceo logo de terminar os seus días na terra.

Este traslado é chamado Assumptio Beatæ Mariæ Virginis (Asunción da Benaventurada Virxe María) polos católicos romanos, cuxa doutrina foi definida como dogma (verdade da que non pode dubidarse) polo Papa Pío XII na Constitución Apostólica "Munificentissimus Deus" o 1 de novembro de 1950.

A Igrexa Católica celebrou esta festa en honra da Virxe María en Oriente desde o século VI e en Roma desde o século VII, celebrándose o 15 de agosto.

Carlos V dacabalo en Mühlberg

O retrato ecuestre de Carlos V en Mühlberg é un cadro pintado ó óleo sobre lenzo polo pintor veneciano Tiziano Vecellio en 1548. Mide 335 cm de alto e 283 cm de ancho. Exhíbese no Museo do Prado de Madrid que o mercou en 1827.

Foi realizado entre abril e setembro de 1548, mentres o artista estaba na corte imperial de Augsburgo. O artista veneciano realizouno para representar ó emperador do Sacro Imperio Romano e rei de España, Carlos V, como triunfador na batalla de Mühlberg (24 de abril de 1547) contra os exércitos protestantes da Liga de Esmalcalda. Tanto a armadura como o arnés están gardados na Real Armería de Madrid.É un cadro de extraordinario valor histórico e que se converteu nun modelo da iconografía ecuestre dos Austria exercendo unha grande influencia na época barroca. Panofski o caracteriza como "o primeiro retrato ecuestre autónomo -nin alegórico nin cerimonial- da historia da pintura".

Dánae recibindo a choiva de ouro

Dánae recibindo a choiva de ouro é un cadro pintado no século XVI por Tiziano, e agora exposto no Museo do Prado.

EMI

EMI Group Ltd. (siglas de Electric and Musical Industries, tamén coñecida como EMI Records Ltd. ou simplemente EMI) foi unha compañía discográfica multinacional que incluía ao selo EMI Music, con sede en Brook Green, no distrito londinense de Hammersmith e Fulham, e a EMI Music Publishing, con sede en Charing Cross Road, tamén na cidade de Londres. EMI Music foi un dos catro grandes selos discográficos do mundo e EMI Music Publishing foi o maior produtor musical do mundo.

El Greco

Doménikos Theotokópoulos (do grego Δομήνικος Θεοτοκόπουλος), coñecido universalmente como El Greco ("O Grego"), naceu en Candia (Creta) en 1541 e finado en Toledo o 7 de abril de 1614, foi un pintor, escultor e arquitecto do final do Renacemento que desenvolveu un estilo moi persoal nas súas obras de madurez, de orixe grega e que traballou principalmente en España. As súas obras, xunto coas de Velázquez, Goya, Picasso e Dalí constitúen o epítome da pintura española de tódolos tempos.

Ata os 26 anos viviu en Creta (Creta formaba parte naquel tempo da República de Venecia), onde foi un apreciado mestre de iconas no estilo posbizantino vixente na illa. Despois residiu dez anos en Italia, onde se transformou nun pintor renacentista, primeiro en Venecia, asumindo plenamente o estilo de Tiziano e Tintoretto, e despois en Roma, estudando o manierismo de Michelangelo. En 1577 estableceuse en Toledo (España), onde viviu e traballou o resto da súa vida.

A súa formación pictórica foi complexa, obtida en tres focos culturais moi distintos: a súa primeira formación bizantina foi a causante de importantes aspectos do seu estilo que floreceron na súa madurez; a segunda obtívoa en Venecia dos pintores do alto renacemento, especialmente de Tiziano, aprendendo a pintura ó óleo e a súa gama de cores –el sempre se considerou parte da escola veneciana–; para rematar, a súa estancia en Roma permitiulle coñecer a obra de Michelangelo e o manierismo, que se converteu no seu estilo vital, interpretado dunha forma autónoma.A súa obra componse de grandes lenzos para retablos de igrexas, numerosos cadros de devoción para institucións relixiosas –nos que a miúdo participou o seu taller– e un grupo de retratos considerados do máximo nivel. Nas súas primeiras obras mestras españolas apréciase a influencia dos seus mestres italianos. Con todo, pronto evolucionou cara a un estilo persoal caracterizado polas súas figuras manieristas extraordinariamente alargadas con iluminación propia, delgadas, fantasmais, moi expresivas, en ambientes indefinidos e unha gama de cores buscando os contrastes, casando as tradicións bizantinas coas da civilización occidental. Este estilo identificouse co espírito da Contrarreforma e foise extremando nos seus últimos anos.

Actualmente está considerado un dos artistas máis grandes da civilización occidental. Esta alta consideración é recente e foise formando nos últimos cen anos, cambiando a apreciación sobre a súa pintura formada nos dous séculos e medio que seguiron á súa morte, en que chegou a considerarse un pintor excéntrico e marxinal na historia da arte.El Greco adoitaba asinar as súas pinturas con letras gregas co seu nome completo, Doménicos Theotokópoulos subliñando así a súa ascendencia grega.

Giovanni Bellini

Giovanni Bellini, tamén chamado Giambellino, nado en Venecia arredor de 1430 e finado na mesma cidade en 1516) foi un pintor do Renacemento. O máis famoso dunha familia de pintores do mesmo sobrenome, era cuñado e amigo de Mantegna, e tivo a Tiziano entre os seus aprendices. Está considerado como renovador da pintura da escola veneciana, movéndoa cara a un estilo máis sensual e policromático. Polo uso de cores claras de secado lento, Bellini creou sombras detalladas, profundidade e ricos coloridos. As súas fluídas paisaxes con cores tiveron un grande efecto no o seu tempo.

Lista de directores do Museo do Prado

Lista de directores do Museo do Prado dende 1817 até o presente.

O Museo do Prado é unha das grandes pinacotecas a nivel mundial, especialmente da pintura entre os séculos XVI e XIX. Contén, entre outras, a maior parte das obras de Velázquez, Goya, O Greco ou Tiziano. O edificio que o alberga, que xa tivo varias remodelacións e ampliacións, proxectouse no reinado de Carlos III e comezouno o seu arquitecto predilecto Juan de Villanueva, cuxo proxecto foi aprobado en 1786. Por mor de diferentes sucesos, non se chegou a inaugurar como Museo Real de Pinturas até o 19 de novembro de 1819.

Lista de obras de Tiziano

Esta páxina contén unha táboa coas principais obras de Tiziano, seguido por unha lista onde se pode atopar, en orde cronolóxica, un crecente número de obras do pintor. A produción de Tiziano desenvólvese en preto de setenta anos de historia, de 1506 a 1576, e foi moi abondosa, case sempre por encargas. Neste artista, pódese observar o cambio que se produce no concepto de artista durante o Renacemento, que pasan de ser simples artesáns a figuras con gran recoñecemento social.

A temática da súas obras é moi ampla e variada pois retrata as principais figuras da época (reis, nobres etc.), realiza encargos para estamento eclesiástico (igrexas e mosteiros) e para a nobreza, pinta paisaxes ou escenas mitolóxicas onde amosa o clasicismo renacentista e anuncia algúns dos elementos do Barroco. A súa obra condénsase en tres temas xenéricos: os retratos, as escenas mitolóxicas e as representacións de temas relixiosos. Porén, estas categorías non son compartimentos estancos posto que, en múltiples ocasións, víronse mesturadas como nos casos dos retratos de personaxes recoñecibles dentro de escenas mitolóxicas ou relixiosas.

Case toda a súa obra consérvase nos grandes museos do mundo: no Museo do Prado (quizais colección máis importante polo número e calidade das obras), Museo do Louvre, Galería Uffizi, Mosteiro do Escorial e National Gallery de Londres.

Manierismo

O manierismo é un estilo artístico que predominou en Italia dende o final do Alto Renacemento (cara a 1520) ata os comezos do período Barroco, cara ó ano 1590.

Museo do Prado

O Museo do Prado (oficialmente Museo Nacional del Prado) situado en Madrid, é unha das pinacotecas máis importantes do mundo, singularmente rica en cadros de mestres dos séculos XVI ao XIX. O seu principal atractivo radica na ampla presenza de obras de Velázquez, Goya, Tiziano e Rubens, dos que posúe as mellores coleccións que existen a nivel mundial, ao que hai que sumar as coleccións de autores como El Greco, Murillo, José de Ribera, Zurbarán, Rafael, Veronese, Tintoretto, van Dyck ou Hieronymus Bosch, entre outros. As habituais limitacións de espazo explican que o museo exhiba unha selección de obras de máxima calidade (unhas 900 pinturas), do total de 7800 que ten no seu inventario.

Tamén é destacable a súa colección de escultura grega e romana que provén das coleccións reais españolas e de sitios como Pompeia.

Peter Paul Rubens

Peter Paul Rubens, nado o 28 de xuño de 1577 en Siegen, Sacro Imperio Romano Xermánico, actual Alemaña e finado o 30 de maio de 1640 en Antuerpen, Flandres (Países Baixos españois), actual Bélxica, foi o máis popular e prolífico dos pintores flamengos e europeos do século XVII; as súas obras zumegan un estilo barroco exuberante que enfatiza o movemento, a cor e a sensualidade. As súas principais influencias procedían da arte da Antiga Grecia, a Antiga Roma e a pintura renacentista, en especial Leonardo da Vinci, Tiziano e Miguel Anxo, do que admiraba a súa representación da anatomía. Tratou unha ampla variedade de temas pictóricos: relixiosos, históricos, de mitoloxía clásica, escenas de caza, paisaxes, retratos, así como debuxos, ilustracións para libros e deseños para tapices. Consérvanse arredor de mil cincocentos cadros seus. Unha produción tan elevada foi posible grazas, en parte, ós membros do seu taller que, ó parecer, traballaban en cadea. Foron discípulos ou axudantes seus, entre outros, Jacob Jordaens, Gaspar de Crayer, Theodor van Thulden, Erasmus Quellinus o Novo, Cornelis de Vos e Anton van Dyck, que traballaron completando varios encargos para a Corte Española en Madrid. Por outra banda, consérvanse case nove mil debuxos da súa propia man.Foi o pintor favorito do rei Filipe IV de España, o seu principal cliente, que lle encargou ducias de obras para decorar os seus palacios madrileños e foi o maior comprador na almoeda dos bens do artista que se realizou tralo seu pasamento. O Rei Planeta é por iso a principal causa de que a maior colección das súas pinturas que existe hoxe en día sexa a do Museo do Prado, cuns noventa cadros (a cifra concreta varía segundo as fontes posto que a autoría dalgunhas das obras están en discusión), a gran maioría procedentes da Colección Real. Tamén teñen unha importante representación da súa arte o Museo Real de Belas Artes de Antuerpen (Koninklijk Museum voor Schone Kunsten Antwerpen), a National Gallery de Londres, a Alte Pinakothek (Pinacoteca Antiga) de Múnic e o Kunsthistorisches Museum (Museo de Historia da Arte) de Viena.

Posuía unha ampla formación humanista e tivo sempre un fondo interese pola Antigüidade clásica. "Estou certo de que para acadar a maior perfección na pintura é preciso comprender os antigos", afirmaba. Dominaba diversas linguas, incluído o latín, e chegou a exercer como diplomático entre distintas cortes europeas. Foi ademais ennobrecido tanto por Filipe IV de España como por Carlos I de Inglaterra. O tamén pintor Eugène Delacroix, grande admirador seu, calificouno como o "Homero da pintura", alcume co que é citado en ocasións.

Pintura ó óleo

A pintura ó óleo é a técnica pictórica con cores disoltas en aceite.

A palabra óleo vén do latín oleum, que significa aceite. Así chamaban ó aceite sacado da oliva. Existe como sinónimo a palabra aceite, que é un legado da lingua árabe.

En arte coñécese como óleo ós aceites que se usaban para combinar con outras substancias e obter así un produto idóneo para a pintura e como extensión, deuse en chamar óleo á mesma pintura en si.

O uso do óleo coñécese dende a antigüidade e estaba xa estendido entre os artistas da Idade Media, sobre todo combinándoo coa pintura ó temple ou ó fresco. Con esta mestura retocaban as obras realizadas en xeso e conseguían así un secado máis rápido. Co avance e as investigacións da alquimia fóronse inventando mesturas favorables para os resultados da pintura. O aceite que máis se empregaba era o de liñaza que acostumaba a mesturarse cos pigmentos de minerais que son os que proporcionan a cor, pero cada artista no seu obradoiro tiña a súa propia fórmula que gardaba moi en segredo. Moitos seguiron os consellos e experiencias escritos no Tratado do monxe Teófilo que xa se coñece e se menciona no ano 1100.

Esta pintura obtida coa mestura de óleos ofrecía moitas vantaxes ó pintor, entre outras, o poder realizar a súa obra lentamente e sen présas de acabado (ó contrario do que ocorría na pintura ó fresco), o poder retocar a obra día a día, variar a composición, as cores etc.

As bases sobre as que se aplica o óleo son diversas, sen que por iso varíe o seu aspecto. O que si varía é a técnica de preparación destas bases pois é moi distinto pintar sobre lenzo, táboa, fresco ou cobre. A partir do século XVII coa arte barroca os pintores elixiron como soporte favorito das súas pinturas o óleo ou lenzo. De tal forma tomou importancia o material empregado polos artistas que se empezou a empregar a palabra lenzo ou óleo en lugar de cadro para designar as obras pictóricas. Os primeiros grandes artistas de pintura ó óleo foron os flamengos.

Van Eyck utilizaba o óleo con gran precisión e os venecianos (Tiziano) aproveitarán as posibilidades de textura da pintura con base de aceite. A perspectiva aérea desenvólvea Leonardo da Vinci (a Gioconda) O flamengo Rubens, pintor barroco parte dunha base escura. Estes pintores caracterizábanse por ser directos en grao extremo (capas con gran vitalidade e mínimas correccións). Rembrandt creará o "grisaille"; este converteuse no método académico no século XVIII. No Romanticismo hai maior liberdade técnica. No impresionismo os pintores usan unha técnica máis directa. No impresionismo abstracto hai un intento de primar a expresión en lugar da corrección técnica, igual ca nos neoexpresionistas.

O equipo que usan estes artistas son pinceis (serda branca ou marta vermella, tamén de pelo sintético, e diferentes tamaños), espátula, cabalete e paleta. As técnicas fundamentais son, traballar por capas, ou en directo "alla Prima".

Sabela de Portugal, emperatriz do Sacro Imperio Romano-Xermánico

Sabela de Portugal, nada en Lisboa o 24 de outubro de 1503 e finada en Toledo o 1 de maio de 1539, foi filla do rei Manuel I e da raíña María de Aragón. Alcumabana "belísima", como proba o retrato pintado por Tiziano. Morreu de sobreparto, no Palacio de Fuensalida, en Toledo, estando sepultada no Panteón do Escorial.

Era irmá de Xoán III e do Cardeal-Rei Henrique. Intelixente e culta, creada no esplendor da máis rica corte europea do seu tempo, en Lisboa, na educación da emperatriz participaron tamén, por influencia de súa nai, Beatriz Galindo, la Latina e o humanista Luis Vives. Foi longamente rexente en nome de Carlos V, entre 1528 e 1533, primeiro, e de 1535 a 1538 novamente, mentres o marido se ausentou, en guerra.

Alén diso, tivo moita importancia en relación á educación do seu primoxénito, que viría a ser Filipe II de Habsburgo, de lingua materna portuguesa, creado e educado polas damas portuguesa de súa nai durante a infancia.

Venus de Urbino

Venus de Urbino, tamén chamada A Venus do cadeliño, é unha célebre pintura ao óleo sobre lenzo cuxas dimensións son de 119 cm x 165 cm, realizada en 1538 polo pintor italiano Tiziano. A pintura, cuxo comitente foi Guidobaldo II della Rovere entón fillo do duque de Urbino e que a denominou simplemente "a muller espida", presenta un feixe de significados ocultos, aínda que a opinión máis común é que foi un agasallo para a súa esposa, Giulia Varano, e representa unha alegoría do matrimonio con finalidade didáctica na que se destacan valores como a fidelidade, o erotismo e a maternidade.

En 1631 este cadro atopábase na colección dos Médicis, e foi en 1736 cando chega á Galería Uffizi (Florencia), onde continúa.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.