Tiranía

Denomínase tiranía ao goberno exercido por un tirano. A orixe desta forma de goberno está na antiga Grecia, onde os tiranos realizaron reformas sociais en favor dos máis desfavorecidos e impulsaron as obras públicas.

Eurípides falaba da "tiranía que nos iguala aos deuses", pero nas Suplicantes sinalaba que

Con todo a longo prazo o sistema fracasou porque se baseaba no prestixio persoal dun individuo cuxos sucesores adoitaban recorrer á violencia para manterse no seu poder.

Na actualidade, a tiranía evoca un réxime de goberno no que se dan estes trazos:

  1. Non existe unha verdadeira orde xurídica.
  2. Existe unha servidume imposta aos servos.
  3. É un goberno que usa a forza porque non ten poder nin autoridade.
  4. Hoxe en día, mestúrase a ideoloxía e a demagoxia.

A tiranía implica un dominio directo de homes por homes onde as leis son utilizadas coma ordes pois non existe un auténtico ordenamento xurídico. Pode definirse coma unha situación política inestábel sostida polo temor, o goberno do tirano adoita estar rexido pola desmesura, a falta de medida, a subxectividade, e a ausencia de equidade. O seu piar principal é o medo que inspira o uso irracional e permanente da forza sen autoridade.

A tiranía caracterízase por ser unha seudoforma de goberno onde o tirano e os seus achegados obteñen beneficios económicos pola súa posición, carecendo de todo tipo de fundamentacións éticas e sen o consentimento popular, onde a xustiza non existe e o pobo obedece pasivamente, sométese podendo ser considerados case como servos e non como cidadáns.

Baixo a tiranía o Dereito só é unha aparencia nas mans do tirano, pois o recoñecemento ou privación dos dereitos está suxeito o arbitrio ou vontade do tirano. Porén, os usos e costumes tamén están suxeitos ao arbitrio do tirano que poden e acostuman ser suplantados pola forza chegando a facer desaparecer ata a opinión pública. Por iso se pode afirmar que coa tiranía non hai liberdades nin individuais nin colectivas (tanto civís como políticas).

A doutrina do tiranicidio e o dereito de resistencia

  • Segundo os gregos e os romanos, o poder era un feito natural consecuencia da forza; e polo tanto, opoñíanse ao mando dun só porque doadamente dexeneraba na tiranía (rexeitada por ser un goberno contranatural incompatíbel coa liberdade do cidadán).
  • Na época medieval, o cristianismo entendeu que o poder tiña unha orixe divina e polo tanto, ten un carácter moral polo que o poder político pertence ao pobo no seu conxunto. O iniciador da doutrina da tiranía foi Santo Isidoro.
  • Segundo Hobbes "como toda insurrección vai en contra do Dereito establecido, é ilegal, e, polo tanto, ilexítima, pero si triunfa, implanta o seu propio dereito, e se lexitima".
  • Xoan de Salisbury no século XII consideraba ao tirano un gobernante contra a lei e xustificaba o tiranicidio pola "desorde que introduce o tirano na sociedade".
  • San Tomé de Aquino no século XIII, tamén recollía a posibilidade do tiranicidio pero apelando a paciencia dos súbditos ou á intervención dun poder superior.
  • Na Época Moderna, a Reforma de Lutero e as Guerras de Relixión reavivan o dereito de resistencia fronte a dous tipos de tiranía:
  1. Tiranía de dereito: Cando o tirano é un usurpador que se apodera do goberno sen título para elo.
  2. Tiranía de feito: Cando un gobernante lexítimo abusa do seu poder, e remata por converterse nun tirano. Dentro deste tipo, podemos diferenciar dous subtipos:
  • Tiranía por omisión: Cando o gobernante non procura o ben común.
  • Tiranía a través de leis inxustas contra as persoas e os bens.

Véxase tamén

Outros artigos

Absolutismo

O absolutismo é unha forma de goberno na que o poder reside nunha única persoa, xeralmente un monarca, á que deben obedecer tódalas demais e sen que ningunha lei constitucional limite o seu poder. Abrangueu os séculos XVI, XVII, e XVIII, cando a influencia política da nobreza declinou. A teoría do dereito divino do poder real ou do absolutismo teolóxico naceu en Francia no último cuarto do século XVI e no ambiente das guerras de relixión. As catro características esenciais da autoridade real eran a de ser sagrada, paternal, absoluta e racional.

Activismo

O activismo e a actividade a favor dunha doutrina ou organización que implique un cambio social ou político.

O termo apareceu pola primeira vez na prensa belga en 1916 para facer referencia ó movemento nacionalista flamengo.

O activismo pode consistir en realizar múltiples tarefas como escribir cartas ós xornais, poñer mensaxes en foros de internet, participar en campañas políticas, boicots, manifestacións ou folgas e mesmo nalgúns casos tode asumir tácticas de guerrilla, o que pode levar a que sexa considerado terrorista por uns e liberador por outros.

En especial, o activismo de carácter relixioso, feminista ou ecoloxista pode tratar de convencer á xente para cambiar os seus hábitos no canto de dirixirse ós gobernos.

Autocracia

Autocracia (do grego αυτός autós 'un mesmo' e κράτος krátos 'goberno, poder') é un sistema de goberno autoritario, no que a vontade dunha soa persoa é a suprema lei. Refírese xeralmente á monarquía absoluta, pero especialmente ó réxime tsarista ruso, cuxo dirixente asumía o título de "Autócrata de Todas as Rusias".

Na actualidade o uso do cualificativo de "autocracia", polos políticos como sinónimo de monarquía caeu en desuso (pola aparición das monarquías constitucionais ou limitadas) e aumentou o uso como sinónimo de tiranía (dexeneración da monarquía segundo os filósofos da Grecia antiga) ou mesmo o de ditadura. O seu uso máis habitual é para establecer un parámetro de poder, por exemplo a oligarquía é o exercicio de poder por poucos, a autocracia diferénciase desta porque o poder é exercido por unha soa persoa, en vez de poucas.

Sen importar o grao ou precisión como se queira clasificar ou definir, a autocracia sempre é un sistema político diametralmente oposto á democracia.

Esta é a oposición á democracia esta constituída pola servidume implícita na autocracia.

Un exemplo de autocracia é o da Rusia tsarista, a súa constitución de 1905 e a continua dominación do tsar, que levou á fin do seu propio sistema.

Autoritarismo

O autoritarismo é un réxime político no que é postulado o principio da autoridade. Esta é aplicada con frecuencia en detrimento das liberdades individuais.

Carlos I de Inglaterra

Carlos I de Inglaterra, en inglés Charles I of England, nado no Palacio de Dunfermline (Escocia) o 19 de novembro de 1600 e finado no Palacio de Whitehall, Londres, o 30 de xaneiro de 1649, foi Rei de Inglaterra, Escocia, e Irlanda, desde o 27 de marzo de 1625 ata a súa execución en 1649.

Clientelismo

O Clientelismo é un subsistema de relación política - en xeral ligado ao coronelismo, onde se reedita unha relación análoga a aquela entre soberano e vasalo do Sistema Feudal, cunha persoa recibindo doutra a protección en troca do apoio político.

Como nota característica o cliente fica en total submisión ao patrón, independentemente de que exista relación familiar ou empregaticia.

No Brasil e nalgúns países da América Latina, as súas raíces remontan ás orixes patriarcais destas sociedades.

A terminoloxía podería ter a súa orixe na Roma Antiga onde había situacións moi parecidas: a dependencia de plebeos en relación aos patricios, e que tiñan exactamente o nome de "Clientelismo".

Demagoxia

Demagoxia (do grego, dmaggos, líder popular; dmos, pobo) é unha estratexia política que consiste en apelar a emocións (sentimentos, amores, xenreiras, medos, desexos) para gañar o apoio popular, frecuentemente mediante o emprego da retórica e da propaganda.

Despotismo

O despotismo é unha forma de goberno na que o poder se atopa nas mans dun só gobernante. Nesta, os súbditos son trátados como escravos. A diferenza da ditadura ou da tiranía, neste caso non depende de se o gobernante tiver condicións para se impor ao pobo, senón de que pobo non tiver condicións de se expresar e gobernarse, deixando o poder nas mans dun só, por medo ou por non saber o que facer. No despotismo, segundo Montesquieu, só un só goberna, sen leis e sen regras, ficando todo somentido á súa vontade e o seu capricho.

O despotismo é, sen dúbida, a forma máis simple de goberno. Está baseado nun concepto simple: o poder ten a razón. Nunha sociedade despótica, o poder é mantido incuestionabelmente polos que ostentan o poder co apoio das forzas armadas. Por causa da opresión experimentada neste tipo de réxime, os déspotas frecuentemente perciben que a súa capacidade de controlar a poboación precisa do uso de forzas armadas para tal control, especialmente nas cidades.

Alén diso, por ser unha forma de goberno tan centralizada, o despotismo ten dificultades para a xestión eficaz, tal como combater eficazmente a corrupción.

Ditador

Un ditador é un gobernante que exerce a autoridade absoluta ou autocrática e que asume solitariamente o poder sobre o Estado (a pesar do termo non se aplica as monarquías absolutistas). Un estado gobernado por un ditador chámase ditadura. A palabra ditador proben do título dun maxistrado da Roma Antiga proposto polo senado romano para gobernar o estado en tempo de emerxencias.Do mesmo xeito que o termo "tirano" (que orixinalmente era un título respectable do grego antigo), e en menor grao "autócrata", "ditador" chegou a ser usado case exclusivamente como un termo non nominal para o dominio opresivo, mesmo abusivo, con todo era raro o uso coa acepción moderna de ditador.

Ditadura

A ditadura é un réxime político no que unha soa persoa, ou ás veces un grupo de individuos máis ou menos extenso (partido, casta, exército, grupo relixioso,...) exerce o poder, polo xeral sen límite legal ou constitucional, ora porque a lei ou a constitución non lle impón límite, ora porque non o respecta.

Forma de goberno

Forma de goberno, sistema de goberno ou réxime político son diferentes termos, que en ocasións se utilizan con matices diferentes, pero que son comunmente utilizados para referirse ao conxunto das institucións políticas mediante as cales un estado se organiza para exercer os seus poderes sobre unha comunidade política. Esta definición é válida aínda que o goberno sexa ilexítimo ou estea incapacitado para exercer os seus poderes.

Moi habitualmente emprégase de forma sinónima a expresión forma de estado, que tamén se utiliza, ás veces, limitada á contraposición monarquía-república, aínda que a súa definición pode ser máis complexa.

Un concepto confluente é o de sistema político, que pode entenderse coa simplificación do espectro político esquerda-dereita, co que é un concepto máis efémero e cambiante, mentres que a forma de goberno é máis estable no tempo, aínda que tamén suxeita a cambios e ata a transformacións revolucionarias. O sistema político adoita incorporarse ao nome oficial do estado, como no caso da República Arxentina, os Estados Unidos Mexicanos, o Reino de España, a Federación Rusa ou a Gran Jamahiriya Árabe Libia Popular e Socialista. Só hai dezaoito países que non o fan así, como Xamaica, mentres que once só indican que son "estados". A forma máis común é "república", con 132 casos de moi distinto tipo. As monarquías son 33, 18 delas "reinos".

Goberno

Goberno é un corpo ou un ente que ten a autoridade e a potestade administrativa para facer e o poder para executar as leis dentro dun grupo ou organización civil, corporativo, relixioso ou académico. Nun sentido amplo, gobernar significa administrar ou supervisar, xa sexa un estado, un grupo de persoas, ou un conxunto de activos; é dicir, é a forma política coa que un estado é gobernado. A palabra galega "goberno" deriva do grego Κυβερνήτης (kyvernites). O goberno ou gabinete é a instancia máxima de administración executiva e é o centro desde o que o poder político é exercido sobre a sociedade. Está constituído por un órgano colexiado (por iso tamén se chama Consello de Ministros), formado por un presidente ou primeiro ministro e uns ministros ó que a Constitución ou a norma fundamental dun Estado atribúe o poder executivo.

O Goberno constitúe o centro dende o cal se exerce o poder político sobre unha sociedade. Podería dicirse que ten unha función identificadora da actividade política, é o núcleo irredutible, sen o cal parece difícil pensar na dimensión da propia política. Este pode ser analizado dende tres puntos de vista, segundo os seus actores, como un conxunto de funcións, ou polas súas institucións.

Independencia

A independencia, termos políticos, é a situación dun país que detenta e goza, ademais do dereito de autodeterminación, o de soberanía.

Oclocracia

Oclocracia ou goberno do xentío (do grego ὀχλοκρατία, do latín ochlocratia) segundo a visión aristotélica clásica é unha das tres formas específicas de dexeneración das formas puras de goberno, en concreto da politeia. Ás veces o termo confúndese con tiranía da maioría dado que están intimamente relacionados.

Non hai que confundir o concepto de «xentío» coa noción de «multitude» promovida fundamentalmente por Spinoza, que durante a Idade Media diferenciouse da distinción de «pobo» e «xentío» promovido por Hobbes e imperante ata os nosos días. A diferenza básica é que baixo a distinción de Hobbes o conxunto de cidadáns queda simplificada nunha unidade como corpo único con vontade única (xa sexa que un mero xentío reúna os requisitos necesarios para ser considerada como pobo), mentres que o concepto de multitude refusa desa unidade conservando a súa natureza múltiple. A partir desta distinción, etimolóxicamente, a democracia é o goberno do pobo que coa vontade xeral lexitima ao poder estatal, e a oclocracia é o goberno do xentío, é dicir, o xentío, masa ou gentío é un axente de produción biopolítica que á hora de abordar asuntos políticos presenta unha vontade viciada, evicciosa, confusa, injuiciosa ou irracional, polo que carece de capacidade de autogoberno e polo tanto non conserva os requisitos necesarios para ser considerada como «pobo».

Poder lexislativo

O poder lexislativo é un dos tres poderes do Estado moderno. A súa función específica é a aprobación das leis. Xeralmente, está a cargo dun corpo deliberativo (congreso, parlamento ou asemblea de representantes).

Montesquieu propuxo no seu soado libro O Espírito das Leis, que era necesario que as funcións do Estado se dividisen entre distintos poderes (lexislativo, executivo e xudicial), para que mediante diversos mecanismos o poder controle o poder, a fin de evitar a tiranía.

Moitas constitucións modernas, seguindo o modelo que establece o Artigo Primeiro da Constitución dos Estados Unidos, establecen un poder lexislativo bicameral (isto é: composto de dous cámaras, por exemplo o senado e o congreso do deputados. En moitos outros países, ao contrario, hai un sistema unicameral.

Poder xudicial

O Poder xudicial é aquel que, de conformidade coa lexislación vixente, é o encargado da aplicación das normas xurídicas na resolución de conflitos.

Segundo a teoría clásica de Montesquieu, a división de poderes garante a liberdade do cidadán. Montesquieu compuxo a súa teoría logo dunha viaxe a Inglaterra onde interpretou que un poder xudicial independente pode ser un freo eficaz do executivo.

Baixo esta separación de poderes, nace o chamado estado de dereito, no cal os poderes públicos están igualmente sometidos ao imperio da Lei. O Poder xudicial debe ser independente para poder someter aos restantes poderes, en especial o executivo, cando estes contraveñan o ordenamento xurídico.

O poder executivo e o lexislativo son dous poderes que en ocasións tamén se enfrontan, as loitas de poder dos integrantes do lexislativo fornecen periodicamente aos novos integrantes do executivo.

Así a todo, o papel arbitral entrambos require dun poder xudicial forte e respectado como un dos poderes fundamentais do estado cuxa independencia é un valor a preservar porque dela depende que o sistema non deixe de funcionar e a democracia dea paso á tiranía.

A estrutura do poder xudicial varía de país en país, así como os mecanismos usados no seu nomeamento. Xeralmente existen varios niveis de tribunais, ou xulgados, coas decisións dos tribunais inferiores sendo apelables ante tribunais superiores. Con frecuencia existe unha Corte Suprema ou Tribunal Supremo que ten a última palabra. Nalgúns países existe tamén un Tribunal ou Corte Constitucional.

Protectorado

Denomínase protectorado á soberanía parcial que un Estado exerce, especialmente no referido ás relacións exteriores, nun territorio que non foi incorporado plenamente ao da súa nación e no cal existen autoridades autóctonas propias.

Como exemplo, podemos citar o protectorado que no seu día exerceron España e Francia sobre Marrocos, onde a autoridade sobre a poboación nativa era exercida polo Sultán, existindo forzas militares e policiais autóctonas, pero tuteladas polos exércitos dos países protectores.

Os gobernos destes países estaban representados, no caso da zona controlada por España, polo Alto Comisario, normalmente un xeneral, e no da zona francesa polo Residente Xeral.

Provincia

Unha provincia é un tipo de división administrativa, que confire certas funcións, a nivel administrativo, ó territorio que representa. Tamén se chama provincia ao territorio limitado pola división administrativa antedita.

Este termo utilizase con características diferentes seguindo os países e as épocas históricas. Polo tanto unha provincia abarca realidades de organización territorial diversas.

Rexencia

A rexencia (do latín regentia) é un período transitorio durante o cal unha personalidade (xeralmente da familia real) exerce o poder en nome do monarca titular xa sexa porque este é demasiado novo ou vello, por ausencia do mesmo, ou pola súa incapacidade para gobernar por si mesmo.

A rexencia cesa cando desaparece a causa que a motivou. A rexencia pode ser individual ou colectiva. Xeralmente exercen a rexencia persoas achegadas á Coroa como o pai ou a nai do rei, tamén o príncipe herdeiro no suposto caso de ausencia ou incapacidade do rei.

Réximes de forza
Poderes
Formas de goberno
Réximes e sistemas
Tipos de poder
Clases de estado
Conceptos
Procesos
Divisións administrativas
Cargos
Disciplinas
Ideoloxías
Actitudes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.