Tinian

Tinian é unha das tres illas principais da Mancomunidade das Illas Marianas do Norte, actualmente baixo soberanía estadounidense. Ten unha extensión de 101 km² e a súa principal localidade é o pobo de San José. A oito quilómetros en dirección nordés atópase a veciña illa de Saipan, que acolle a capital do arquipélago, e a sete a deshabitada Aguillan.

Tinian
Coats of arms of None
Bandeira Escudo
Localización
Localización de Tinian

Datos
Capital San José
País Estados Unidos
Linguas
Poboación (2007) 3.540 hab.
Superficie 101´01 km²
Densidade
Coordenadas 15°00′N 145°38′L / 15.000, -145.633
Maior Altura 210 m.
SaipanTinianAquijan
As illas Saipan, Tinian e Aquijan

Historia

A illa, que sempre estivo moi pouco poboada, foi reclamada por España xunto co resto das Illas Marianas en 1667, chegando a partir de entón algúns misioneiros. En 1741 o almirante británico George Anson recalou en Tinian durante a Guerra da Orella de Jenkins, pero se retirou pouco despois. O dominio español duraría ata 1899, ano en que España, incapaz de manter o control sobre as súas posesións en Oceanía tras a perda das Filipinas durante a Guerra Hispano-Estadounidense accedeu a venderllas ao Imperio Alemán.

Durante o breve período que durou a administración alemá a illa permaneceu practicamente baleira, sendo ocupada polos xaponeses tras a Primeira Guerra Mundial. Estes construíron plantacións de cana de azucre e 3 pequenas pistas para avións, ademais de despregar unha gran guarnición defensiva que perduraría ata a conquista da illa por Estados Unidos en xullo de 1944. Tras a vitoria os norteamericanos converteron Tinian nunha gran base aérea capaz de acoller bombardeiros, dispoñendo as pistas e instalacións de forma que recordaban o plano urbano da illa de Manhattan e bautizáronas en consecuencia: o hospital militar, por exemplo, foi chamado "Central Park", e a área onde se atopaba a antiga base xaponesa "The Village", en referencia a Greenwich Village. Durante o restante ano de guerra Tinian converteuse na base aérea no Pacífico con maior actividade, acollendo a engalaxe da gran maioría de avións destinados a bombardear as principais cidades xaponesas. Entre estes avións atopábanse os que lanzaron as dúas bombas atómicas sobre Hiroshima e Nagasaki, Fat Man e Little Boy.

Estado actual

Tras o fin da Segunda Guerra Mundial a illa retornou a un estado de subdesenvolvemento no que aínda se atopa. As vellas instalacións militares permanecen abandonadas á natureza, coa única excepción dun monumento situado no lugar onde estiveron as bombas e un pequeno aeroporto que só ten tráfico con Saipán, un traxecto duns cinco minutos. A viaxe tamén se pode facer en barco, aínda que só hai unha saída e unha chegada por día. Os principais negocios son dúas gasolineiras e un casino, aínda que o goberno local ten a intención de construír catro máis coa intención de atraer máis turismo.

En 2000, o censo de poboación efectuado polo goberno de Estados Unidos contabilizaba un total de 3.540 habitantes na illa.

Aguijan

Aguijan é unha pequena illa das Illas Marianas do Norte situada a 8 km de Tinian, illa separada polo Canle de Tinian. Ten 7´09 km² de tamaño e é alcumada Goat Island, debido á gran cantidade de cabras salvaxes presentes alí. Gran parte da vexetación nativa en Aguijan foi destruída polas cabras.

Aguillan está deshabitada e é visitada raramente, xa que está rodeada de abruptos cantiis. Con todo, unha expedición en 2002 na illa atopou un puñado de especies nativas, incluíndo o varias especies de morcegos.

Durante a Segunda Guerra Mundial, o xaponés mantivo unha guarnición en Aguijan.

Aguijan e súa veciña Tinian forman o municipio de Tinian, unha das catro principais divisións políticas que conforman a Illas Marianas do Norte.

Farallón de Paxaros

Farallón de Paxaros ou Urracas é a illa máis occidental das Illas Marianas do Norte e esta deshabitada. É tamén o punto máis occidental nos Estados Unidos se se inclúen as áreas insulares e excluíndo a liña internacional de cambio de data.

A súa altura máxima é de 360 m sobre o nivel do mar. Ten un diámetro de 1.2 millas, e é unha illa volcánica que tivo varias erupcións, a última do 27 marzo ao 10 abril de 1967. As illas máis veciñas son as de Saipán e Tinian.

George Anson

George Anson, nado o 23 de abril de 1697 e finado o 6 de xuño de 1762, foi un aristócrata e almirante británico, famoso por cincunnavegar a Terra.

Guam

O Territorio de Guam (Guåhån en chamorro, Guaján en castelán, Territory of Guam en inglés), é unha illa no Pacífico occidental, pertencente aos Estados Unidos como territorio non incorporado. Trátase da máis grande e meridional das Illas Marianas. A capital é Agaña.

Illa Rota

A illa Rota (Luta en chamorro) tamén coñecida como "a illa pacífica", está situada no Arquipélago das Marianas. É a máis meridional das illas que forman parte da Comunidade das Illas Marianas do Norte, á súa vez pertenencente aos Estados Unidos. Songsong é a maior poboación da illa, seguida por Sinapalo (Sinapalu). Rota ten unha flora e fauna diversa.

O primeiro europeo en chegar, foi en 1524, o navegante español Juan Sebastián Elcano, que toma posesión xunto co resto do Arquipélago das Marianas en nome da Coroa de España.

Illas Marianas

As Illas Marianas son un exemplo clásico dun arco volcánico, unha cadea de montañas ou illas volcánicas en arco, localizadas en zonas de subdución de placas tectónicas, neste caso, na rexión do Océano Pacífico occidental onde a Placa do Pacífico se atopa coa Placa das Filipinas.

Atópanse a norte das Illas Carolinas, que forman os Estados Federados de Micronesia, a preto de 2000 km a norte de Nova Guinea e aproximadamente á mesma distancia das Filipinas, a suroeste, e do Xapón, a noroeste.

Son 15 illas, cunha orientación aproximada norte-sur, das cales a que fica máis ao sur, Guam é un territorio dos Estados Unidos de América e as restantes 14 forman o “Estado Libre Asociado” (ou Commonwealth) das Marianas do Norte, tamén dependentes dos EUA.

Illas Marianas do Norte

As illas Marianas do Norte ou Marianas Setentrionais, designadas oficialmente Commonwealth of the Northern Mariana Islands ou (CNMI) son un "estado libremente asociado" aos Estados Unidos de América, situado na Micronesia, que comprende 14 illas do arquipélago das Marianas.

Fai divisa, ao norte coas Illas do Vulcán e de Minami Torishima e outros territorios do Xapón, ao sur coa dependencia estadounidense de Guam e cos Estados Federados de Micronesia.

Lingua castelá

O castelán ou español é unha lingua romance do grupo ibérico, orixinaria de Castela. É falada en toda España, e boa parte de América do Sur, América Central e América do Norte como lingua materna por uns 340 millóns de persoas e por 450 como segunda lingua (estimacións de 2004). É a segunda lingua do mundo en número de falantes, despois do mandarín e a segunda lingua máis estudada no mundo, despois do inglés.

Lista das maiores cidades dos estados dos EUA

Esta é unha lista das maiores cidades dos Estados dos Estados Unidos de América (as capitais están en cursiva)

Mar de Filipinas

O Mar de Filipinas é un mar marxinal ó leste e norte das Filipinas, que ocupa unha superficie estimada de 5 millón km², situado na parte norte e oeste do Océano Pacífico. Está delimitado polo arquipélago filipino (Luzón, Samar, Leyte e Mindanao) polo suroeste; por Palau, Yap e Ulithi (das Illas Carolinas) polo sueste; polas Illas Marianas, incluíndo Guam, Saipan e Tinian, polo leste; as Ogasawara e Iwo Jima polo nordeste; as illas xaponesas de Honshu, Shikoku e Kyūshū polo norte; as Illas Ryukyu polo noroeste; e Taiwan polo oeste.

Mitsubishi Ki-67

O Mitsubishi Ki-67 Hiryu (飛龍, dragón voador) foi un bombardeiro peado xaponés da Segunda Guerra Mundial. Foi deseñado en 1941 para substituír ao Ki-49 e voou por primeira vez en decembro de 1942. Foi o mellor bombardeiro pesado do Exercito Imperial do Xapón, pero só estivo en servizo os últimos 11 meses de guerra, entregándose 698 exemplares. Os aliados alcumárono "Peggy".

Proxecto Manhattan

O Proxecto Manhattan (inglés: Manhattan Project) foi un proxecto de investigación e desenvolvemento levado a cabo durante a segunda guerra mundial que produciu as primeiras armas nucleares, liderado polos Estados Unidos co apoio do Reino Unido e do Canadá. Dende 1942 ata 1946 o proxecto estivo baixo a dirección do xeneral maior Leslie Groves do Corpo de Enxeñeiros do Exército dos Estados Unidos, mentres que o físico nuclear Robert Oppenheimer foi o director do Laboratorio de Los Alamos no que se deseñaron as propias bombas nucleares. A compoñente do exército deste proxecto recibiu a designación de Distrito Manhattan (inglés: Manhattan District), nome que gradualmente substituíu o nome en clave oficial, Desenvolvemento de Materiais Substitutos (inglés: Development of Substitute Materials). Durante o seu curso o proxecto absorbeu a súa contrapartida británica previa, o proxecto Tube Alloys. O Proxecto Manhattan comezou de forma modesta, medrando progresivamente ata ter máis de 130 000 empregados e acadar un custo de case 2 000 millóns de dólares. Máis do 90% do orzamento destinouse á construción de fábricas e á produción de materiais fisibles, con menos do 10% destinado ó desenvolvemento e produción de armas. A investigación e produción tivo lugar en máis de 30 localizacións por todos os Estados Unidos, Reino Unido e o Canadá.

Desenvolvéronse dous tipos de bombas atómicas de forma concorrente durante a guerra: unha arma de fisión de tipo balístico relativamente sinxela e unha arma nuclear de implosión de maior complexidade. O deseño de fisión da bomba Thin Man resultou ser pouco práctico para o seu uso con plutonio, polo que se desenvolveu unha arma máis sinxela denominada Little Boy que utilizaba uranio-235, un isótopo que constitúe só o 0,7% do uranio en estado natural. Os traballadores do proxecto tiveron dificultades para separar este isótopo do uranio-238 por mor das súas semellanzas químicas e de masa. Empregaron tres métodos para o enriquecemento de uranio: mediante o uso de calutróns, por difusión gasosa e por termoforese. A maioría destes traballos leváronse a cabo nas instalacións Clinton Engineer Works en Oak Ridge, Tennessee.

En paralelo co traballo no uranio o proxecto continuou os traballos de produción de plutonio. Tras quedar demostrada a viabilidade do primeiro reactor nuclear artificial do mundo en Chicago no Laboratorio Metalúrxico, deseñouse o reactor de grafito X-10 en Oak Ridge, e os reactores de produción nas instalacións de Hanford Engineer Works, nos que o uranio irradiábase e transmutábase en plutonio, para posteriormente separar quimicamente o plutonio do uranio. A arma nuclear de implosión Fat Man desenvolveuse por medio dun deseño e desenvolvemento concertado no Laboratorio de Los Alamos.

O proxecto realizou tamén tarefas de contraintelixencia sobre o proxecto alemán de armas nucleares. Por medio da operación Alsos varios membros do Proxecto Manhattan serviron en Europa, en ocasións tralas liñas inimigas, apoderándose de materiais nucleares e documentación e trasladando a científicos alemáns cara a países Aliados. Por outra banda, malia a férrea seguridade do proxecto, varios espías atómicos soviéticos conseguiron infiltrarse no programa.

O primeiro artefacto nuclear detonado foi unha bomba de implosión na proba Trinity, realizada no Campo de tiro e bombardeo de Alamogordo o 16 de xullo de 1945. Dúas outras bombas de tipo Little Boy e Fat Man utilizáronse respectivamente un mes despois no bombardeo atómico de Hiroshima e Nagasaki. Nos anos inmediatamente posteriores á guerra o Proxecto Manhattan levou a cabo varias probas de armamento no atol Bikini como parte da operación Crossroads, desenvolveu novas armas, promocionou o desenvolvemento da rede de laboratorios nacionais, apoiou a investigación médica sobre a radioloxía e cimentou as bases da armada nuclear. O proxecto mantivo o control sobre a investigación e produción de armas nucleares estadounidenses ata a formación da Comisión da Enerxía Atómica dos Estados Unidos en xaneiro de 1947.

Saipan

Saipán é a illa máis grande e a capital do territorio insular estadounidense das Illas Marianas do Norte, un arquipélago de 15 illas situado no Océano Pacífico occidental. Cunha extensión de 115,39 km², ten como poboación a 62.392 habitantes segundo o censo do ano 2000. Amais do inglés, ao redor dun 20% fala o chamorro.

A 200 km do norte de Guam, ten uns 20 km de longo e 9 de ancho. O seu punto máis alto é o monte Tapochau (474m), considerado por algúns un volcán extinguido.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.