Tileiro

Os tileiros son as arbores do xénero Tilia, pertencentes á familia das malváceas (anteriormente clasificados na súa propia familia, as tiliáceas), nativos das rexións temperadas do hemisferio norte. Abrangue unha trintena de especies; existindo ademais numerosos híbridos espontáneos e artificiais, un factor que dificulta a elaboración dunha taxonomía precisa para a especie. En Galicia aparecen cultivados en parques e xardíns das principais vilas.

Tileiros (xénero Tilia)
Tilia cordata in Franz Eugen Köhler, 1897

Tilia cordata in Franz Eugen Köhler, 1897
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Malvales
Familia: Malvaceae
Subfamilia: Tilioideae
Xénero: Tilia
L.
Especies

Ver a listaxe de especies debaixo

Distribución

Bombus terrestris queen - Tilia cordata - Keila

Os tileiros están espallados por Asia, Europa e o leste de América do Norte; cultívanse tamén no hemisferio sur coma ornamentais.
Poden atoparse bravos en fragas do norte da península ibérica, especialmente as especies Tilia platyphyllos (tileiro de folla grande) e Tilia cordata (tileiro de folla miúda), porén a súa distribución non chega a Galicia, atopándoos só coma especies ornamentais en parques e xardíns urbanos.

Descrición

Son árbores cun bo volume de crecemento e que acadan os 900 anos de idade, cunha altura entre 20 e 40 m, con fustes rectos de até un metro de diámetro, caducifolio coas follas cordiformes, co bordo serrado, de até 20 cm de largo, de cor verde escura na face superior e verde claro prateado na cara posterior, cun cheiro forte especial. As flores, chamadas tilas, teñen tamén un recendo característico, en forma de acios miúdos amarelos cunha bráctea alongada.

Usos

Medicinais

Son coñecidas polas súas propiedades medicinais para combater catarreiras, arrefriados, ou outras afeccións.[1] Tamén úsanse coma tranquilizantes ou somníferos preparándose a xeito de cocemento ou infusión chamada tila.[2] Algúns estudos recentes descubriron nas súas flores efectos hepatoprotectores.[3]

Paisaxismo

Tilia. Flowers
Flores do tileiro europeo.

Os tileiros dan boa sombra e a follaxe colle unha fermosa cor dourada no outono polo que frecuentemente se empregan para xardinaxe urbana de rúas, parques e prazas.

Ecoloxía

Son moi visitadas polas abellas para obter pole. As follas que caen do tileiro, ao se descompor, fornecen un humus de alto contido mineral e de nutrientes, que resulta moi útil para mellorar solos pobre en minerais e outros nutrientes.

Madeireiro

Pola súa levidade e outras características, a madeira de tileiro é utilizada na construción de corpos de guitarras macizas, e na construción de baterías. Innumerábeis artistas utilizan instrumentos feitos en tileiro (basswood en inglés), entre eles Van Halen, Joe Satriani e Steve Vai.

Clasificación

A listaxe a seguir acolle os taxons específicos e infraespecíficos máis aceptados entre o case medio milleiro descritos[4]

  • Tilia alba (Aiton) Waldst. & Kit.
  • Tilia americana L. - Tileiro americano
  • Tilia amurensis (Rupr.) Kom. - Tileiro do río Amur
  • Tilia argentea
  • Tilia begonifolia Steven
  • Tilia begoniifolia Chun & Wong sin. T. dasystyla subsp. caucasica
  • Tilia caroliniana
  • Tilia chinensis - Tileiro chinés
  • Tilia chingiana
  • Tilia cordataTileiro de folla miúda
  • Tilia dasystyla
  • Tilia euchlora
  • Tilia henryana - Tileiro de Henry
  • Tilia heterophylla
  • Tilia hupehensis
  • Tilia insularis
  • Tilia intonsa
  • Tilia japonica - Tileiro do Xapón
  • Tilia johnsoni - Eoceno; Washington e Columbia Británica
  • Tilia kiusiana
  • Tilia mandshurica - Tileiro da Manchuria
  • Tilia maximowicziana
  • Tilia mexicana (T. americana var. mexicana)
  • Tilia miqueliana
  • Tilia mongolica - Tileiro de Mongolia
  • Tilia nobilis - Tileiro nobre
  • Tilia occidentalis - Tileiro occidental
  • Tilia oliveri - Tileiro de Oliver
  • Tilia paucicostata
  • Tilia platyphyllosTileiro de folla grande.
  • Tilia rubra; sin. T. platyphyllos var. rubra — Tileiro rubio ou tileiro do Cáucaso
  • Tilia tomentosa; sin. Tilia alba; sin. Tilia argentea - Tileiro prateado
  • Tilia tuan Szyszył.

Híbridos e cultivares

  • Tilia × euchlora (T. dasystyla × T. cordata)
  • Tilia × europaea – Tileiro común (T. cordata × T. platyphyllos; sin. T. × vulgaris)
  • Tilia × petiolaris (T. tomentosa × T.?)
  • Tilia 'Flavescens' (T. americana × T. cordata)
  • Tilia 'Moltkei' (T. americana × T. peteiolaris)
  • Tilia 'Orbicularis' (híbrido, orixe descoñecida)
  • Tilia 'Spectabilis' (híbrido, orixe descoñecida)

Véxase tamén

Referencias

  1. Bradley P., ed. 1992. British Herbal Compendium. Vol. 1: 142–144. British Herbal Medicine Association, Dorset (Gran Bretaña)
  2. Coleta, M., Campos, M. G., Cotrim, M. D., et al. (2001). Comparative evaluation of Melissa officinalis L., Tilia europaea L., Passiflora edulis Sims. and Hypericum perforatum L. in the elevated plus maze anxiety test. Pharmacopsychiatry 34 (suppl 1): S20–1
  3. Matsuda. H., Ninomiya, K., Shimoda, H., & Yoshikawa, M. 2002. Hepatoprotective principles from the flowers of Tilia argentea (linden): structure requirements of tiliroside and mechanisms of action. Bioorg Med Chem. 10 (30): 707–712.
  4. The Plant List
Alameda (xardinaxe)

Unha alameda é un lugar poboado de álamos, aínda que tamén se estende o uso do termo a outro tipo de árbores como o carballo, lodoeiro, tileiro, moreira ou plátano de sombra.

Cando crece na ribeira dun río e é espontánea forma parte da paisaxe natural. Pola contra se foi planificada, pensada e plantada polo ser humano forma parte da xardinaría, con frecuencia estes paseos ou parques arborados foron o tipo máis antigo de xardín público e popular.

Basicamente coñecemos dous tipos de alamedas: as plantadas con frecuencia nos bordos dos camiños, sinxela aliñación de árbores. As primeira aliñacións, como simples liñas nos bordos dos camiños comezaron a ser plantadas en torno ás murallas das cidades medievais europeas como aconteceu na cidade italiana de Lucca (Toscana).

Outro tipo de alamedas eran as formadas con numerosas aliñacións para crear un grande espazo de sombra, nos lugares nos que se realizaban concentracións de calquera tipo. Os grandes espazos sombreados con chopos estaban destinados aos mercados e a ser escenario das máis diversas actividades lúdicas entre elas, as romaxes, os bailes e o adestramento atlético, militar e hípico.

Na xardinaría centroeuropea, especialmente en Flandres e en Francia, ademais de en Italia, adornáronse tamén os camiños de acceso das grandes vilas nobiliarias e aristocráticas con aliñacións de árbores e así mesmo dispuxéronse como paseos principais dos xardíns. Dende o século XVI, co progreso dos novos coches de cabalos foron o escenario destinado aos pracenteiros paseos cos coches e carrozas. A máis antiga alameda plantada, e por iso xardín, e aberta a todo o mundo, e por iso pública, que se conserva en Europa na actualidade é a Alameda de Hércules de Sevilla (1574).

Benetice, Havlíčkův Brod

Benetice é unha pequena aldea preto de Svetlá nad Sázavou, República Checa. En 2011 tiña 30 habitantes.

Castelo de Bojnice

O Castelo de Bojnice (en eslovaco Bojnický zámok, en húngaro: Bajmóci vár) é un castelo medieval da vila de Bojnice, en Eslovaquia. Trátase dun castelo construído no século XII, pero trala súa reconstrución no século XIX, actualmente presenta un estilo romántico conservando algúns elementos orixinais da arquitectura gótica e do Renacemento. En 1970 foi declarado como Monumento Cultural Nacional e é un dos castelos máis visitados de toda Eslovaquia, recibindo milleiros de visitantes cada ano. Tamén é un escenario moi popular para a rodaxe de filmes fantásticos e de contos de fadas.

Coroa checa

A koruna checa ou coroa checa (signo monetario : Kč; código: CZK ) é a moeda da República Checa dende 08 de febreiro de 1993 cando, xunto coa súa homóloga eslovaca, substituíu á coroa checoslovaca cunha taxa de cambio equivalente (1:1).

O nome oficial en checo é koruna česká (plural koruny české, aínda que a forma do xenitivo plural do ablaut indoeuropeo -korun českých- é usada en billetes e moedas cun valor facial de 5 Kč ou superior). O código ISO 4217 é CZK e o abreviatura da moeda é Kč, que é colocada despois do valor numérico (por exemplo, "50 Kč"). Unha coroa é igual a 100 haléřů (abreviado como "h", singular: haléř, plural nominativo: haléře, plural xenitivo: haléřů - usado con números maiores ou iguais a 5 - por exemplo,3 haléře, 8 haléřů).

Dictis Cretense

Dictis Cretense ou Dictis de Creta (grego antigo: Δίκτυς ὁ Κρής), supostamente oriúndo de Cnosos en Creta, foi o lendario compañeiro de Idomeneo durante a Guerra de Troia, e o presunto autor dun diario sobre os sucesos vividos, que desenvolve algúns dos mesmos materiais preparados por Homero para a Ilíada. Co auxe da credulidade na Antigüidade tardía, a historia do seu diario, dirixida a un público alexandrino erudito e sofisticado, chegou a ser considerada literalmente certa.

Filemón e Baucis

Filemón e Baucis foron dúas personaxes mitolóxicas, os habitantes máis compasivos do seu pobo. O poeta latino Ovidio cóntanos a historia da parella no libro VIII das súas Metamorfoses. Eles acolleron a Zeus e a Hermes disfrazados con farrapos e déronlles acubillo. Por iso Zeus permitiulles traballar para el e, no momento de morrer, fixérono os dous ao mesmo tempo para que ningún sufrise polo outro, transformados en árbores.

Flor de laranxeira

A flor de laranxeira ou azar é a flor dalgúns cítricos, especialmente da laranxeira, de cor branca e moi aromática, que se utiliza en infusión e produtos de perfumaría. Tamén adoita referirse ás flores do limoeiro e da cidreira. O nome azar procede do árabe hispánico azzahár, e este, do árabe clásico az-zahr (que significa flores). O nome asóciase popularmente coa flor de laranxeira, nome máis común en galego, a máis apreciada de todas pola súa beleza, recendo e propiedades, as cales son tradicionalmente consideradas terapéuticas.

O ingrediente esencial en varias infusións polas súas propiedades sedantes. Da flor de laranxeira destílase tamén aceite esencial, aceite de flores de laranxeira ou neroli.

Este tipo de flor pode observarse durante a época primaveral no só nas leiras das citadas especies, senón tamén nas rúas e prazas de moitas cidades mediterráneas (en Andalucía: Málaga, Sevilla e Córdoba; Valencia e Murcia) coma árbore ornamental e a súa agradábel fragrancia invade o ambiente urbano.

Isomaltosa

A isomaltosa é un disacárido formado por dúas unidades de glicosa unidas por enlace O-glicosídico alfa(1, 6) . É similar á maltosa, pero esta ten enlaces alfa(1, 4), e á celobiosa, a cal ten enlaces beta(1, 4).

A isomaltosa está naturalmente presente na cervexa, urina, sangue, fígado, mel de abella (en certos meles como o mel de tileiro chega a haber dun 1,2 ao 1,6% ) e outras substancias. Pode obterse da hidrólise do amidón ou do glicóxeno. É un produto da caramelización da glicosa.A isomaltosa é un sólido branco con aspecto de azucre de cana. É soluble en auga e redutora e moi pouco higroscópica . A isomaltosa non fermenta e non produce carie.

Lista de especies de herbas aromáticas

A seguir aparece unha escolma das herbas aromáticas, especias e plantas medicinais máis comúns (as especies con nomes comúns galegos, son as que medran ou se cultivan en Galiza):

Abelia sinensis

Acacia spp. – Acacias

Acanthospermum hispidum

Achilleae millefollium – Herba dos carpinteiros, milfollas, herba da rula, herba do soldado.

Acorus calamus - Cana de cheiro

Aesculus hippocastanum – Castiñeiro de Indias

Allium sativum - Allo

Allium schoenoprasum - Ceboliño

Alpinia officinarum - Galanga

Alpinia galanga - Pitanga

Aloysia triphylla (A. citriodora, Lippia citriodora, Verbena citriodora) – Doce lima

Alyssum maritima

Amaryllis belladonna - Beladona

Anethum graveolens – Aneto

Agerantum conyzoides Herba de San Xoán (non confundir con Hypericum perforatum),

Angelica archangelica – Anxélica

Anthriscus cerefolium – Cerefolio

Artemisia absinthium – Asente, asento, absintio

Artemisia dracunculus – Estragón

Azadirachta indica – Árbore do nim

Beaumontia grandiflora - Trompeta de arauto

Bystropogon ssp.

Buddleja davidii - Flor de mel, arbusto das bolboretas

Calendula officinalis – Maravalla

Callistemon citrinus- Vasoira de botella

Callistemon lanceolatus

Calycanthus floridus - Carocha, pementa de Xamaica

Carissa grandiflora macrocarpa - Carisa, ameixa de nadal

Ceanothus thyrsiflorus

Cestrum nocturnum – Dama da noite

Chamaecyparis lawsoniana – Alcipreste de Lawson

Chamaemelum nobile (Anthemis nobilis) – Macela dourada

Choisya ternata – Laranxeira de México

Chrysanthemum spp.- Crisantemo

Cistus spp. - Carpazas

Citrus spp.

Citrus aurantifolia – Limeira

Citrus aurantium var. amara – Laranxeira amarga

Citrus aurantium var. sinensis- Laranxeira doce

Citrus bergamia – Bergamota

Citrus deliciosa – Clementina

Citrus limon – Limoeiro

Citrus paradisi – Toronxeira

Citrus reticulata – Mandarineiro

Clematis armandii

Clerodendrum fragans

Coriandrum sativum – Coandro

Coronilla glauca

Cupressus macrocarpa – Alcipreste de California

Cupressus sempervirens – Alcipreste común

Curcubita foetidissima – Cabaza

Cymbopogon citratus- Herba limón, herba limeira, herba príncipe

Cymbopogon flexuosus – Herba limón das Indias Orientais

Cymbopogon martinii var. martinii - Palmarosa

Cymbogon martinii var. sofia'

Cymbopogon nardus - Citronela

Cymbopogon winterianus – Citronela de Xava (repelente natural)

Cytisus x praecox

Datura suaveolens, Datura x insignis

Dianthus spp. Caraveleira

Digitalis purpurea – Estraloque

Dimorphotheca ecklonis - Margarida do cabo

Eleagnus angustifolia - Cinamomo ou oliveira do Paraíso

Eriobotrya japonica –Nespereira

Eucalyptus sp – Eucalipto

Eucalyptus globulus – Eucalipto azul

Eucalyptus citriodora

Eucalyptus camaldulensis – Eucalipto vermello

Eucalyptus hybrid

Euryops pectinatus

Feijoa sellowiana – Feixoa

Foeniculum vulgare – Fiúncho

Foeniculum vulgare var. Purpureum – Fiúncho rubio

Freesia x hybrida- Fresia

Gardenia jasminoides – Gardenia

Geranium sp- Xeranio, non confundir cos xeranios ornamentais (do xénero Pelargonium)

Hamamelis mollis - Hamamelia

Helicrysum italicum – Perpetua das areas, Sempreviva do monte, herba curri

Heliotropium peruvianum - Bálsamo de cheiro, heliotropio verdadeiro

Hermizonia fifchii

Hoya carnosa – Flor de cera

Hyacinthus orientalis - Xacinto oriental

Iris unguicularis - Lirio

Ipomoea batatas - Pataca doce

Jasminum spp. (a maioría)- Xasmíns

Juniperus sabina - cimbros: sabina e Juniperus virginiana Xenebreiro de Virxinia

Lantana camara- Camará

Laurus nobilis - Loureiro

Lavandula angustifolia

Lavandula latifolia spica

Lavandula stoechas - Cantroxo

Levisticum officinalis - Levístico

Libocedrus decurrens

Ligustrum japonicum – Alfaneiro do Xapón

Lilium spp. – Azucenas

Lonicera fragantissima

Lonicera japonica – Madreselva do Xapón

Lonicera periclyneum – Herba salgueira

Magnolia grandiflora – Magnolio

Mahonia aquifolium

Majorana hortensis – Maiorana

Malus spp. – Maceiras

Mandevilla suaveolens e Mandevilla laxa

Marrubium vulgare – Marroio ou herba dos lombos

Matricaria chamomilla (M. recutita, Chamomilla recutita) – Macela, camomila

Matthiola incana

Melissa officinalis – Melisa, herba cidreira ou herba abelleira

Mentha arvensis - Menta brava

Mentha citrata

Mentha piperita - Menta común

Mentha pulegium – Poexo

Mentha spicata

Mirabilis jalapa – Herba triste

Murraya paniculata

Myrtus communis – Mirto

Myristica fragans (M. officinalis, M. Moschata) – Mirístico, Árbore da noz moscada

Narcissus spp. – Amarelle ou narciso.

Ocimum suave

Ocimum basilicum - Alfábega, alfabaca

Ocimum canum

Ocimum kilimandscharium

Oenothera biennis - Onagra

Origanum majorana - Maiorana

Origanum vulgare - Ourego

Osmanthus heterophyllus

Parkinsonia aculeata

Passiflora quadrangularis

Pelargonium graveolens, crispum,

Petroselinum crispum (P. sativum, P. hortense) - Pirixel

Phaseolus caracalla

Philadelphus coronarius

Pimpinella anisum – Anís

Pinus spp.- Piñeiros

Pinus mugo – Piñeiro montañés

Pinus palustris – Piñeiro de folla longa ou piñeiro melis

Pinus pinaster – Piñeiro bravo

Pinus pinea – Piñeiro manso

Pinus sylvestris – Piñeiro rubio

Piper nigrum – Pementeira

Pistacia lentiscus – Lentisco

Pittosporum tobira – Pitósporo do Xapón

Polianthes tuberosa – Nardo

Prunus spp. – Abruñeiros, ameixeiras, pexegueiros, cerdeiras, amendoeiras etc

Pulicaria undulata

Quisqualis indica

Rosa spp. – Roseiras

Rosmarinus officinalis - Romeu

Ruta graveolens - Ruda

Salvia officinalis – Xarxa

Salvia sclarea – Xarxa esclarea

Sambucus nigra – Sabugueiro

Santolina chamaecyparissus – Abrótano femia, herba loba , santolina

Santolina rosmarinifolia – Macela do Casaio

Satureja hortensis – Segorella

Schinus molle - Aroeira

Solandra maxima

Spartium junceum

Stephanotis floribunda

Syringa vulgaris - Lila e Syringa microphylla

Thymus spp. - Tomentelo ou tomiño.

Tanacentum vulgare

Tilia spp. – Tileiro

Trachelospermum jasminoides

Trapaeolum majus

Thymbra spicata

Thymus serpyllum (sinón.: T. pulegioides) – Herba ursa ou serpol

Valeriana officinalis – Herba benta, valeriana, herba dos gatos

Verbena x hybrida – verxebán híbrido

Viburnum suspensum

Viburnum tinus – Lourentino , follado

Viola odorata – Violeta

Vitex agnus castus – agnocasto ou árbore da castidade

Wisteria sinensis – Glicinia chinesa

Cupressocyparis leylandii – Alcipreste híbrido de Leyland

Thuja spp. – Tuias

Zingiber chrysanthum – Xenxibre

Moedas de Bohemia e Moravia

As Moedas de Bohemia e Moravia eran o conxunto de moedas acuñadas durante o establecemento do Protectorado de Bohemia e Moravia por parte da Alemaña Nazi, o cal estivo vixente dende o ano 1939 ó ano 1945, durante este protectorado foi establecida unha nova moeda, a coroa do protectorado de Bohemia e Moravia, coñecida tamén coma a Coroa do Protectorado (en checo: Protektorátní koruna), que sería a súa moeda oficial, a cal estaba subdividida en 100 haléřů.

No que se refire as moedas estritamente falando, foron acuñadas entre os anos 1940-1944, cuns valores de 10, 20, 50 haleru e 1 koruna, esta última comezouse a acuñar a partir do ano 1941 ata o 1944. Estaban feitas totalmente de cinc, de xeito semellante a outras moedas acuñadas nos territorios ocupados polo réxime nazi. Os deseños dos reversos eran moi semellantes ós das moedas checas previas.

Parque de Guillermina (Delft)

O parque de Guillermina (en neerlandés: Wilhelminapark) é un parque de estilo inglés da cidade surholandesa de Delft, chamado así na honra da raína Guillermina dos Países Baixos (1890-1948).O parque estableceuse na década de 1930 no pólder Voordijkshoornse.

Parque do Laberint d'Horta

O parque do Laberint d'Horta é un xardín histórico situado no distrito de Horta-Guinardó de Barcelona, o máis antigo que se conserva na cidade. Atópase na antiga propiedade da familia Desvalls, nunha ladeira da serra de Collserola. Iniciado en 1794 e acabado na súa primeira fase en 1808, foi obra do arquitecto italiano Domenico Bagutti. O parque inclúe un xardín neoclásico do século XVIII e un xardín romántico do século XIX.

Planta medicinal

Unha planta medicinal é un recurso, cuxa parte ou extractos se empregan como drogas no tratamento dalgunha doenza. A parte da planta empregada medicinalmente coñécese co nome de droga vexetal, e pode subministrarse baixo diferentes formas galénicas: cápsulas, comprimidos, crema, decocción, elixir, infusión, xarope, tintura, ungüento etc. En Galiza existe unha gran tradición de uso de herbas medicinais, que aínda que se está a perder, teñen recollidos moitos autores, entre os primeiros Martín Sarmiento ou Eladio Rodríguez.

O uso de menciñas de orixe vexetal remóntase á época prehistórica, e é un dos xeitos máis estendidos da medicina, presente en virtualmente todas as culturas coñecidas. A industria farmacéutica actual baseouse nos coñecementos tradicionais para síntese e elaboración de fármacos, e o proceso de verificación científica destas tradicións continúa hoxe en día, descubríndose constantemente novas aplicacións. Moitos dos fármacos empregados hoxe en día —coma o opio, a quinina, a aspirina ou o estract de dedaleira— replican sinteticamente ou illan os principios activos de remedios vexetais tradicionais coñecidos incluso desde épocas prehistóricas. A súa orixe persiste nas etimoloxías —como o ácido salicílico, así chamado por extraerse da casca do salgueiro (Salix spp.) ou os glicósidos cardíacos ou dixitálicos extraídos do estraloque.

Planta ornamental

Unha planta ornamental, tamén chamada planta de xardín, é a que se cultiva e/ou comercializa con fins decorativos polas súas características estéticas, coma as flores (camelias), follas (pradairos), perfume (roseiras ou cantroxo), a textura da súa follaxe (alciprestes), froitos (espiños de fogo) ou mesmo talos (salgueiros choróns) en xardíns e deseños paisaxísticos, como planta de interior ou para flor cortada. O seu cultivo forma unha parte fundamental da horticultura.

Existen numerosas plantas que teñen un uso duplo, alimentario e ornamental como a oliveira, a laranxeira ou o romeu.

Estas plantas adóitanse vender en centros de xardinaxe con ou sen testo para seren transplantadas ao xardín ou simplemente ficaren coma plantas de interior.

A importancia deste tipo de plantas tense incrementado co desenvolvemento económico da sociedade e o incremento das áreas axardinadas das vilas, así coma co uso de plantas de exterior e interior polos particulares.

Actualmente hai máis de 3000 plantas que se consideran de uso ornamental.

Galicia ten pouca tradición ornamental e paisaxística, porén veuse incrementada nos últimos anos.

Praga

Praga (en checo: Praha, [ˈpraɦa] (AFI), escoitar) é a capital da República Checa e da rexión histórica de Bohemia. Con anterioridade foino do Reino de Bohemia e de Checoslovaquia. A cidade ten aproximadamente 1,3 millóns de habitantes, o que a converte na cidade máis poboada do país. A área metropolitana de Praga conta cunha poboación de 2,3 millóns de habitantes. Dende 1992 o casco histórico da cidade é Patrimonio da Humanidade. A súa beleza e patrimonio histórico convértena nunha das vinte cidades máis visitadas do mundo, con máis de 4,1 millóns de visitantes en 2009. A rexión de Praga é a quinta máis rica das 271 da Unión Europea, superando nun 172% a media comunitaria.

Situada á beira do río Moldava, Praga desenvolveuse a partir do século IX converténdose nunha das capitais máis importantes de Europa nos séculos XVIII e XIX. Con todo, no século XX, sufriu as dúas guerras mundiais e os réximes nazi e soviético. Trala Revolución de Veludo e a caída do Muro de Berlín a cidade tivo que facer fronte a unha dura adaptación cara a unha economía de mercado. Polas súas características Praga está considerada como unha cidade global de clase gamma, á altura de Ámsterdam ou Washington e superando a grandes metrópoles como Roma, Estocolmo ou Pequín. Praga tamén é coñecida como "a cidade dos cen pináculos", "a cidade dourada", "o París dos anos 20 nos anos 90", "a nai de tódalas cidades" e "o corazón de Europa".

Tileiro de folla grande

O tileiro de folla grande (Tilia platyphyllos),o tileiro común, é unha especie arbórea pertencente á familia das tiliáceas, moi habitual nos bosques de Europa. En Galiza só aparece coma ornamental.

Tileiro de folla miúda

O tileiro de folla miúda (Tilia cordata) é unha especie arbórea orixinaria de Europa, que vive dende a Península Ibérica até os Montes Urais.

Medra até os 20-30 metros de altura e ten de 1 a 1,5 m de circunferencia na base do toro. As súas follas teñen forma de corazón. Cada verán, produce flores miúdas de cor entre amarelo e verde. Estas flores son visitadas frecuentemente polas abellas.

Tileiro prateado

O tileiro prateado (Tilia tomentosa) é unha ábore do xénero Tilia, orixinaria dos bosques dos Balcáns, Hungría e suroeste de Rusia. En Galiza aparece coma ornamental, salientando algúns exemplares.

Árbores senlleiras de Galicia

Unha árbore senlleira é unha árbore que, polas súas características extraordinarias ou destacábeis (tamaño, idade, significación histórica ou cultural, rareza, beleza etc.) é considerada reliquia botánica, obxecto de respecto veciñal e con valor científico, cultural, didáctico, paisaxístico ou ornamental. En Galiza aparecen no Catálogo galego de árbores senlleiras elaborado e regulado pola Xunta de Galicia dende o ano 2007 a través do Decreto 67/2007, do 22 de marzo coa finalidade de protexelas de riscos e ameazas, garantindo a súa conservación.

En Galiza salientan os carballos, castiñeiros, teixos e sobreiras como árbores autóctonas. Tamén aparecen moitas especies ornamentais como camelias, sequoias ou alciprestes.

Á hora de seleccionar os exemplares ou formacións senlleiras estúdase a idade dos exemplares, relevancia cultural (criterios históricos e tradicionais), valor estético (criterios estéticos e dendrométricos), rareza (criterios biolóxicos e ecolóxicos) na súa situación ou na súa distribución (criterios de situación) etc.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.