Tiberíades

Tiberíades (en hebraico: טְבֶרְיָה‎, transl. Tveryah; en árabe: طبرية‎, transl. Ṭabariyyah) é unha cidade no Norte de Israel e conta con cerca de 39.900 habitantes. Está situada ás marxes do mar da Galileia, que taménl é coñecido como Mar ou lago de Tiberíades (en hebraico כנרת, Kinneret). O seu nome foi empregado como homenaxe  ó emperador romano Tibério.

É considerada unha das catro cidades sagradas do judaísmo, xunto con Xerusalén, Hebrón e Safed. Na tradición xudaica, está asociada ao elemento "auga".

Durante o tempo das cruzadas foi sede dun principado homónimo, tamén chamado de Principado da Galileia.

Tiberíades foi fundada ao redor do ano 20, polo tetrarca da Galileia e Pereia, Herodes Antipas, fillo de Herodes, o Grande, que fixo dela a sede do seu goberno. Segundo unha tradición (posibelmente lendária), ela foi edificada sobre as ruínas da aldea israelita de Rakkat , mencionada no libro de Josué .

O nome escollido para a cidade foi unha homenaxe ao emperador romano Tibério, e aínda que, por moitos anos, os xudeus tradicionalistas a evitasen, debido ao seu nome e á súa cultura helenizada, ela acabaría se tornando un dos catro maiores centros do judaísmo.

So o Imperio Romano, a cidade era coñecida por seu nome grego Τιβεριάς, e seu prestixio tornouse tan grande que o mar da Galileia pronto tivo seu nome trocado para mar de Tiberíades (aínda que os xudeus ortodoxos continuasen a chamalo polo seu nome tradicional: "Yam Ha-Kinerett").

Coa deposição de Herodes Antipas (exiliado por Calígula), a cidade, xuntamente con toda a tetrarquia, foi incorporada ao reino de Herodes Agripa I (ano 61) e, máis tarde, ao de Herodes Agripa II.

Durante a primeira guerra xudaico-romana, Tiberíades foi ocupada polo exército rebelde, comandado por Flávio Josefo, que autorizou a destrución do palacio de Antipas, mais foi incapaz de impedir que a cidade fose saqueada por seus soldados. Cando os romanos reconquistaram o dominio da Galileia, ela foi preservada porque, a pesar de ser gobernada polos rebeldes xudeus, a súa poboación, predominantemente helênica, mantívose fiel a Roma.

En 150 d.C., no fin da Terceira guerra xudaico-romana, o Sinédrio - o tribunal xudaico -, que fuxira de Xerusalén, decidiu instalarse en Tiberíades, decisión que viría a tornar a cidade un foco da erudição relixiosa xudaica. A Mishná (chamada de "Torá Oral") probabelmente foi compilada en Tiberíades, polo rabino Judá HaNasi, en torno a 200. Trece sinagogas foron instaladas na cidade, para atender ás necesidades espirituais dunha crecente poboación xudaica

Véxase tamén

Bibliografía

  • Gil, Moshe. A history of Palestine. Cambridge University Press, 1997.
  • Jewish Encyclopedia: Tiberias
  • Josefo, Flávio. Antiguidades Xudaicas e Guerra Xudaica.
Benxamín de Tudela

Benxamín de Tudela (hebreo: בִּנְיָמִין מִטּוּדֶלָה

בִּנְיָמִין מִטּוּדֶלָה, pronunciado /binjaˈmin miˈtudela/), nado en Tudela, Navarra, en 1130, e finado en 1173, foi un viaxeiro e escritor navarro, habitualmente chamado "rabino" polos cronistas non xudeus e coñecido polas crónicas das súas viaxes. Coñecedor de diversas linguas (entre elas o hebreo, o arameo, o grego, o latín e o árabe) e de carácter aventureiro, emprendeu unha viaxe de arredor de catorce anos e compilou as súas vivencias nun libro titulado Séfer Maasaot ("Libro de viaxes").

Catedral de Santiago de Compostela

A catedral de Santiago de Compostela é un templo de culto católico situado na cidade de Santiago de Compostela. Acolle o que, segundo a tradición católica, é o sepulcro do Apóstolo Santiago, o cal converteu o templo nun dos principais destinos de peregrinación de Europa durante a Idade Media a través do chamado Camiño de Santiago, unha ruta iniciática na que se seguía o ronsel da Vía Láctea comunicando a Península Ibérica co resto do continente. Isto foi determinante para que os reinos medievais na península participasen nos movementos culturais da época, e segue a ser un importante destino de peregrinación. Un privilexio concedido en 1122 polo papa Calisto II declarou que serían «ano santo» ou «ano xubilar» en Compostela todos os anos nos que o día 25 de xullo, día de Santiago, coincidise en domingo; este privilexio foi confirmado polo papa Alexandre III na súa bula Regis aeterni en 1179.

Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1896, e a cidade vella de Santiago de Compostela, que se concentra ao redor da catedral, foi declarada ben cultural Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1985.

Galilea

Galilea (en hebreo, הגליל ha-Galil, "a provincia" ; en árabe, الجليل al-Jalil; en latín Galilaea, do grego antigo Γαλιλαία) é unha rexión do actual estado de Israel que conta cunha importante poboación árabe. Está situada entre o mar Mediterráneo polo oeste e o lago de Xenesaret (tamén chamado lago de Tiberíades ou mar de Galilea) e o río Xordán polo leste. Ten un relevo montañoso (teñen sona o Monte Tabor, Monte Merón) e un clima chuvioso, cunha pluviosidade ata 800 mm., e unha peculiar vexetación. Nazaret e Tiberíades son dúas cidades turísticas. A súa economía baséase na agricultura, a pesca e o turismo.

Guerra árabe-israelí de 1948

A guerra árabe-israelí de 1948, tamén coñecida polos israelís como guerra da Independencia (en hebreo, מלחמת העצמאות) ou guerra de Liberación (en hebreo, מלחמת השחרור), foi o primeiro dunha serie de conflitos armados que enfrontou o Estado de Israel e os seus veciños árabes, no que se coñece globalmente como o conflito árabe-israelí. Para os árabes palestinos, esta guerra marcou o comezo do que eles denominan Nakba (en árabe النكبة, "catástrofe").

As Nacións Unidas acordaron a partición do Mandato británico de Palestina en dous estados: un árabe e outro xudeu, resolución aceptada polos dirixentes xudeus e rexeitada polos árabes.

Dito mandato expiraba o 15 de maio de 1948. Seis horas antes (para non coincidir co shabat), durante a tarde do 14 de maio, foi proclamada por David Ben-Gurion a independencia de Israel en Tel Aviv, recoñecida rapidamente por Estados Unidos, a Unión Soviética e moitos outros países. O mesmo día da retirada británica da rexión, tropas libanesas, sirias, iraquís, exipcias e transxordanas, apoiadas por voluntarios libios, sauditas e iemenís, comezaron a invasión do recentemente proclamado Estado xudeu.

Iglesia de San Bartolomé Apóstol (Caná)

A Igrexa de San Bartolomé Apóstolo (en hebreo: כנסיית בית ברתולומאוס השליח; en latín: Ecclesia Sancti Bartholomei Apostoli) é unha igrexa católica administrada pola orde Franciscana en Caná no actual Israel, construída en honra ao lugar onde a tradición indica que estivo algunha vez o apóstolo San Bartolomé. A igrexa foi fundada en 1885.Bartolomeu é un dos apóstolos que segundo a Biblia estaban presentes no milagre dos peixes: "Despois disto, novamente se apareceu Xesús aos seus discípulos na beira do lago Tiberíades. E fíxose presente como segue. Estaban reunidos Simón Pedro, Tomás o Xemelgo, Natanael de Caná de Galilea, os fillos do Zebedeo e outros dous discípulos." (Xoán 21, 1-2)

Fronte á igrexa hai catro pilastras e unha xanela redonda enriba da porta do templo. No centro hai unha inscrición en latín: "DOM S NATHANAELIS BARTHOLOMAEI APOSTOLI" (que quere dicir: o apóstolo Natanael Bartolomeu). O altar álzase sobre unha plataforma elevada, e en fronte, dous pares de columnas de pequeno porte teñen capiteis corintios, ademais un baixorrelevo representa a reunión de Natanael e Filipe o Apóstolo. Adxunto hai un cemiterio pequeno.

Ireneo de Lión

Ireneo (en grego Εἰρηναῖος), nado na primeira metade do século II e finado cara ao 202, foi un apoloxista cristián e un dos primeiros Pais da Igrexa. Foi oínte de Policarpo, quen segundo a tradición fora discípulo de Xoán o Evanxelista. Desde 189, foi bisbo de Lugdunum, Galia, entón parte do Imperio Romano (hoxe Lión, Francia). Considérase o adversario máis importante do gnosticismo do século II. A súa obra principal é Contra as herexías. Os seus escritos foron decisivos nos comezos do desenvolvemento da teoloxía cristiá. Tanto a Igrexa Católica como a Ortodoxa Oriental considérano santo. Na primeira a súa festa é o 28 de xuño, na segunda o 23 de agosto. A Igrexa Luterana conmemórao tamén o 28 de xuño.

Israel

O Estado de Israel (hebreo: מדינת ישראל, transliteración: Medinat Yisra'el; Árabe: دولة اسرائيل, transliteración: Daulat Isra'il) é un país no Oriente Medio (oeste de Asia, no chamado 'crecente fértil'), situado na costa oriental do mar Mediterráneo. É unha democracia parlamentaria e legalmente un estado xudeu. Fai fronteira co Líbano ao norte, con Siria ao nordeste, con Xordania e Cisxordania ao leste, con Exipto e a faixa de Gaza ao suroeste, e co golfo de Aqaba (no mar Vermello) ao sur. O Mediterráneo bordéao polo seu oeste, e entre Xordania e Exipto sae uns poucos quilómetros ó golfo de Aqaba, extensión do mar Vermello (tamén chamado golfo de Eilat). Igualmente, ten costa co mar Morto (mar interior). Xeograficamente, contén diversas características dentro do seu relativamente pequeno territorio Israel defínese como un "Estado xudeu e democrático" nas súas Leis Básicas e é o único Estado de maioría xudía do mundo.Despois dunha resolución da Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 29 de novembro de 1947, recomendando a adhesión e introdución do Plan de Partición de Palestina para substituír o Mandato Británico, o 14 maio de 1948, David Ben-Gurion, o xefe-executivo da Organización Sionista Mundial e presidente da Axencia Xudaica para Palestina, declarou o estabelecemento dun Estado Xudeu en Eretz Israel, a ser coñecido como o Estado de Israel, unha entidade independente do control británico. As nacións árabes veciñas invadiron o recentemente creado país ao día seguinte, en apoio aos árabes palestinos. Israel, dende aquela, levou a cabo varias guerras cos Estados árabes circundantes, no transcurso das cales ocupou os territorios de Cisxordania, península do Sinaí, faixa de Gaza e altos do Golán. Partes desas áreas ocupadas, incluíndo Xerusalén Oriental, foron anexionadas por Israel, mais a fronteira coa veciña Cisxordania aínda non foi definida de forma permanente. Israel asinou tratados de paz con Exipto e Xordania, porén os esforzos para solucionar o conflito israelí-palestino ata agora non deron como resultado a paz.

O centro financeiro de Israel é Tel Aviv, mentres que Xerusalén é a cidade máis populosa do país e súa capital (aínda que non sexa recoñecida como tal pola comunidade internacional). A poboación israelí, conforme o definido pola Oficina Central de Estatísticas de Israel, foi estimada en 2017 en 8.758.600 habitantes, dos cales un 74.8% eran xudeus. Os árabes constitúen a segunda maior etnia do país, cun 20.8% de habitantes, incluíndo aos árabes de Xerusalén Leste. A gran maioría dos árabes israelís son musulmáns sunnitas, incluíndo un número significativo de beduínos do Negev semi-sedentarios, o resto son cristiáns e drusos. Outras minorías inclúen varias denominacións étnicas e etno-relixiosas, como os circasianos, samaritanos e maronitas, entre outros.

Israel é unha democracia representativa cun sistema parlamentario, representación proporcional e sufraxio universal. O primeiro ministro serve como xefe de goberno e o Knesset como o corpo lexislativo unicameral do país. Israel ten unha das máis altas expectativas de vida do mundo e é considerado un país desenvolvido, sendo membro da OCDE e da ONU. O seu produto interno bruto (PIB) nominal foi o 37º maior do mundo en 2014, mentres que o país ten o nivel de vida máis alto de Oriente Medio. No entanto, organizacións como Amnistía Internacional e Human Rights Watch teñen sido críticas coas políticas de Israel en relación aos palestinos, mentres que o goberno dos Estados Unidos e algúns países de Europa, como o Reino Unido e Alemaña, xeralmente apoian a Israel bélica e financeiramente.

Maimónides

Moshé ben Maimón ou Musa ibn Maymun (en hebreo משה בן מימון, e en árabe, موسى بن ميمون), tamén chamado dende o Renacemento Maimónides ("fillo de Maimon") ou RaMBaM (o acrónimo das súas iniciais en hebreo, רמב"ם) coñecido entre os cristiáns casteláns como Rabí Moisés o Exipcio, nado en Córdoba o 30 de marzo de 1135 e finado no 1204 en Fustat (Exipto), foi un médico, rabino e teólogo xudeu da Idade Media. Tivo importancia como filósofo no pensamento medieval.

Mar de Galilea

O mar de Galilea é un lago de auga doce.

María Madalena

María Madalena (ás veces escrito María Magdalena e mesmo María Madanela) foi segundo os evanxeos sinópticos, o Evanxeo de Xoán e varios evanxeos apócrifos, entre eles un que leva o seu nome, unha seguidora de Xesús.

Pieter Brueghel o Vello

Pieter Brueghel "o Vello", nado en Breda entre 1525 e 1530 e finado en Bruxelas o 9 de setembro de 1569, foi un pintor flamengo, célebre polos seus cadros retratando paisaxes e escenas campestres.

Porta Santa

A Porta Santa ou Porta do Perdón é unha das sete portas menores de que constaba orixinalmente a Catedral de Santiago de Compostela. Ábrese ó leste na cabeceira e vai dar á Praza da Quintana.

Inicialmente estivo dedicada a San Paio (cuxo convento está xusto en fronte), polo que tamén se coñeceu como Porta de San Paio. Na descrición da Catedral que fixo Aimery Picaud no Libro V do Códice Calixtino, escrito entre 1135 e 1140, explica que a basílica ten tres pórticos principais e sete pequenos: "Dos sete pórticos pequenos, o primeiro chámase de Santa María [...] o terceiro, de San Paio [...]" (López Pereira, 1993, pp. 128–129).

Chámase Porta do Perdón porque por ela entran na basílica os peregrinos durante o Ano Santo para gañar a xubileu , é dicir, o perdón dos seus pecados grazas á indulxencia concedida polo papa Alexandre III na súa bula Regis aeterni de 1179.

Principado

Un principado é unha forma de goberno na que o xefe de estado é un príncipe, este modelo de goberno deuse moito na Idade Media nos períodos que se abarcan do século XV ao XVIII, os principados eran politicamente falando, pequenas rexións que dependían da metrópole medieval.

Río Xordán

O río Xordán (en hebreo: נְהַר הַיַּרְדֵּן nehar hayarden; en árabe: نَهْر الْأُرْدُنّ nahr al-urdun) é unha corrente de auga que corre polo Oriente Próximo, na maior parte do seu curso entre terras dos estados de Israel e Xordania. É un río sen desembocadura en mar aberto, pois faino nun lago, o denominado mar Morto. A súa lonxitude é duns 360 km.

Santiago o Maior

Xacobe (en arameo Yaqob bar Zibhdi, en hebreo עֲקֹב Yahăqōb ben Zebdi e en grego Iάκωβος Iàkovos), máis coñecido como Santiago o Maior, morto en 44, era fillo de Zebedeo e Salomé. Discípulo de Xesús, foi un dos Doce Apóstolos ou principais seguidores de Cristo. Chámaselle o Maior para distinguilo de Santiago o Menor, tamén discípulo de Xesús. Era irmán de san Xoán o Evanxelista.

O nome de Santiago en latín era Iacobus, unha derivación a través do grego do nome hebreo do patriarca Xacob. É a forma do primeiro romance occidental que daría lugar ao galego e que, debido á súa relevancia relixiosa e política, sería adoptado en todas as linguas romances hispanas. Deste xurdirían os nomes de Iago, Xacobe e Xaime, o inglés James e o francés Jacques; e de Sant Iacobus virían Santiago e o portugués Tiago.

Segunda cruzada

A segunda cruzada (1145-1149) foi a segunda gran cruzada lanzada desde Europa pola cristiandade católica ('latina') como guerra santa contra o islam. A segunda cruzada comezou en resposta á caída do Condado de Edesa o ano anterior en mans do turco Zengi. O condado fora fundado en 1098 durante a primeira cruzada (1096-1099) polo rei Balduíno de Boloña. Así como fora o primeiro estado cruzado a ser fundado, foi despois o primeiro que caeu.

A segunda cruzada foi anunciada polo papa Uxío III, e foi a primeira comandada por reis europeos, é dicir, por Luís VII de Francia e Conrado III de Alemaña, máis a axuda dunha serie doutros nobres europeos. Os exércitos dos dous reis cruzaron Europa por separado e despois de pasar polo territorio bizantino para Anatolia, os dous foron derrotados polos turcos selxúcidas.

A principal fonte cristiá occidental, Eudes de Deuil, e fontes siríacas cristiás afirman que o emperador bizantino Manuel I Comneno secretamente empeceu o avance dos cruzados, particularmente en Anatolia onde, dise, fixo que os turcos os atacasen. Luís e Conrado, cos restos dos seus exércitos chegaron a Xerusalén e participaron, en 1148, do mal aconsellado ataque a Damasco. A cruzada en Oriente foi un fracaso para os cruzados e unha gran vitoria para os musulmáns. Tería unha influencia clave posterior: a caída de Xerusalén, que a finais do século XII daría lugar á terceira cruzada.

O único éxito cristiá da segunda cruzada protagonizouno en 1147 unha forza combinada de 13.000 cruzados flamengos, frisios, normandos, ingleses, escoceses e alemáns. Cando viaxaban por barco desde Inglaterra para Terra Santa, o exército se detivo e axudou o exército portugués, máis pequeno (7000 homes) a tomar Lisboa e expulsar os seus ocupantes mouros.

Terra Santa

A Terra Santa (hebreo: אֶרֶץ הַקוֹדֵשׁ Eretz HaKodesh, latín: Terra Sancta; árabe: الأرض المقدسة Al-Arḍ Al-Muqaddasah) é unha área aproximadamente localizada entre o río Xordán e o mar mediterráneo, mais tamén inclúe a beira oriental do río Xordán. Historicamente, é sinónimo tanto da Terra de Israel como de Palestina, e actualmente son parte dela o Estado de Israel, os Territorios Palestinos, a República do Líbano, a República Árabe de Siria e o Reino Haxemita de Xordania. É considerada santa polos xudeus, os cristiáns e os musulmáns.

Parte da relevancia desta terra ten as súas raíces na importancia relixiosa de Xerusalén, a cidade máis santa do xudaísmo, a rexión histórica do ministerio de Xesús, e no islam o lugar onde aconteceu o mi'raj (ascenso de Mahoma os ceos) e onde está o Monte Nebo, onde Moisés presumiblemente morreu. A suposta santidade da terra foi un dos motivos polos que os cristiáns europeos tentaron gañarlla aos musulmáns turcos selxúcidas durante as Cruzadas. Os turcos tomaron Terra Santa despois de derrotar os musulmáns árabes, que á súa vez conquistaran a rexión do Imperio Bizantino cristián.

Moitos lugares de Terra Santa durante longo tempo foron destino de peregrinación para os fieis das relixións abrahamicas, incluíndo xudeus, cristiáns, musulmáns, e bahá'ís. Os peregrinos visitan Terra Santa para tocar e ver manifestacións físicas da súa fe, confirmar as súas crenzas nun contexto santo e nun marco de emoción colectiva e conectarse persoalmente coa Terra Santa.

Xesús de Nazaret

Este artigo é sobre a figura histórica de Xesús e os seus aspectos biográficos. Para informacións acerca das múltiples versións de Cristo, vexa ese artigo.

Xesús de Nazaret, tamén coñecido como Xesús, Cristo, Xesucristo ou Xesús Cristo, é a figura central do cristianismo e unha das figuras máis influentes da cultura occidental. Para a maioría das denominacións cristiás, é o Fillo de Deus, a segunda Persoa da Santa Trindade, sendo ao mesmo tempo plenamente humano (Deus encarnado). A súa importancia estriba así mesmo na crenza de que -coa súa morte e posterior resurrección- redimiu o xénero humano. O xudaísmo nega a súa divindade, que é incompatible coa súa concepción de Deus. No islam, onde é coñecido como Isa, é considerado un dos profetas máis importantes.

Segundo a opinión maioritariamente aceptada en medios académicos, baseada nunha lectura crítica dos textos sobre a súa figura, Xesús de Nazaret foi un predicador xudeu que viviu a comezos do século I nas rexións de Galilea e Xudea, e foi crucificado en Xerusalén en torno ao ano 30, baixo o goberno de Poncio Pilato.

O que se coñece de Xesús depende case exclusivamente da tradición cristiá (aínda que aparece mencionado en fontes non cristiás), especialmente da utilizada para a composición dos Evanxeos sinópticos, redactados, segundo opinión maioritaria, uns 30 ou 40 anos, como mínimo, logo da súa morte. A maioría dos estudosos considera que mediante o estudo dos evanxeos é posible reconstruír tradicións que se remontan a contemporáneos de Xesús, aínda que existen grandes discrepancias entre os investigadores en canto aos métodos de análises dos textos e as conclusións que deles poden extraerse. Existe unha minoría que nega a existencia histórica de Xesús de Nazaret.

Xordania

Xordania (árabe: الأردن Al-ʼUrdunn), oficialmente Reino Haxemita de Xordania (المملكة الأردنّيّة الهاشميّة Al-Mamlaka al-Urdunniyya al-Hāshimiyya), chamado Transxordania ata 1950, é un país de Asia localizado na rexión do Oriente Medio. Limita ao norte con Siria, ao nordeste con Iraq, ao leste e ao sur con Arabia Saudita e ao suroeste co mar Vermello (no Golfo de Aqaba, con Israel e co territorio palestino de Cisxordania).O que hoxe é Xordania foi habitado por humanos desde o período Paleolítico. Tres reinos estables xurdiron alí ao final da Idade de Bronce: Amón, Moab e Edom. Os gobernantes posteriores inclúen o Reino Nabateo, o Imperio Romano e o Imperio Otomán. Despois da Gran Revolta Árabe contra os otománs en 1916 durante a Primeira guerra mundial, o Imperio Otomán foi dividido por Gran Bretaña e Francia. O Emirato de Transxordania foi estabelecido en 1921 polos Haxemitas, logo Emir, Abdullah I, e o Emirato converteuse nun protectorado británico.

En 1946, Xordania converteuse nun estado independente coñecido oficialmente como o Reino Haxemita de Transxordania, pero pasou a chamarse en 1949 ao Reino Haxemita de Xordania despois de que o país capturase Cisxordania durante a Guerra árabe-israelí de 1948 e seguiu anexionada ata que se perdeu contra Israel en 1967. Xordania renunciou á súa reclamación do territorio en 1988 e converteuse nun dos dous estados árabes en asinar un tratado de paz con Israel en 1994. Xordania é membro fundador da Liga Árabe e da Organización de Cooperación Islámica. O estado soberano é unha monarquía constitucional, pero o rei ten amplos poderes executivos e lexislativos.

Xordania é un país relativamente pequeno, semiárido, case sen saída ao mar, cunha área de 89.342 km2 (34.495 millas cadradas) e unha poboación de 10 millóns, o que o converte no 11º país árabe máis poboado. O islam sunita, practicado por ao redor do 95% da poboación, é a relixión dominante en Xordania e coexiste cunha minoría cristiá indíxena. Xordania referiuse repetidamente como un "oasis de estabilidade" nunha rexión turbulenta. Na súa maioría non se viu afectada pola violencia que azoutou a rexión despois da Primavera Árabe en 2010. Desde 1948, Xordania aceptou refuxiados de varios países veciños en conflito. Estímase que 2.1 millóns de refuxiados palestinos e 1.4 millóns de sirios están presentes en Xordania a partir dun censo de 2015. O reino tamén é un refuxio para miles de cristiáns iraquís que foxen da persecución do ISIS. Aínda que Xordania segue aceptando refuxiados, a grande afluencia recente de Siria exerceu unha presión considerable sobre os recursos e a infraestrutura nacionais.

Xordania está clasificado como un país de "alto desenvolvemento humano" cunha economía de "ingresos medios altos". A economía xordana, unha das economías máis pequenas da rexión, é atractiva para os investidores estranxeiros con base nunha forza laboral cualificada. O país é un importante destino turístico, e tamén atrae turismo médico debido ao seu sector de saúde ben desenvolvido. Con todo, a falta de recursos naturais, o gran fluxo de refuxiados e a axitación rexional han obstaculizado o crecemento económico.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.