Thomas Malthus

Thomas Robert Malthus, nado en Surrey o 14 de febreiro de 1766 e finado en Bath o 23 de decembro de 1834, foi un economista inglés, pertencente á corrente de pensamento clásica, considerado o pai da demografía. É coñecido principalmente polo seu An Essay on the Principle of Population (Ensaio sobre o principio da poboación) (1798), no que se expón o principio segundo o cal a poboación humana crece en progresión xeométrica, mentres que os medios de subsistencia fano en progresión aritmética. Así, chegará un punto no que a poboación non atopará recursos suficientes para a súa subsistencia (catástrofe maltusiana). Aínda que el non o deixou escrito e non hai constancia de que o pensase, comunmente achácaselle o corolario a esta teoría de que os recursos son limitados e o ser humano está condenado á extinción.

En realidade, o que Malthus rexistrou na súa obra era que a loita entre a capacidade humana de reprodución e a produción de alimentos sería perpetua. A pesar de que a progresión de crecemento da poboación era maior que a dos alimentos (medios de subsistencia), a longo prazo entrarían en xogo poderosos freos. O freo positivo (a poboación podería frearse pola guerra, a fame, as pragas ou as enfermidades), o freo preventivo (a restrición ó crecemento da poboación por "a prudencia e a prevención", isto é, pola abstinencia ou o atraso da idade do matrimonio) ou, en última instancia, o freo final (o crecemento das taxas de mortalidade).

A teoría da poboación de Malthus contribuíu a que a Economía sexa coñecida tamén como a ciencia lúgubre.

Malthus realizou tamén importantes achegas á teoría do valor e a súa medida, e á teoría das crises e o subconsumo, polo que John Maynard Keynes considerábao o seu precursor.

Malthus foi descrito polo seu biógrafo principal como "o home mellor ultraxado do seu tempo": efectivamente, e a pesar da lenda popular tanto da súa época como posterior (dado o pesimismo das súas proposicións), foi un home de temperamento agarimoso, xeneroso e xentil. Das súas moitas amizades, a máis significativa para a historia das ideas foi a que mantivo con David Ricardo, o seu adversario intelectual en moitas ocasións, pero o seu aliado na procura da verdade.

Thomas Robert Malthus
Thomas Malthus
Thomas Robert Malthus
Nome completoThomas Robert Malthus
Nacemento14 de febreiro de 1766
 Surrey Inglaterra Inglaterra
Falecemento23 de novembro de 1826 (60 anos)
 Bath Inglaterra Inglaterra
Nacionalidadeinglés
RelixiónIgrexa Anglicana
Alma máterJesus College, Universidade de Cambridge e Escola Paidos
Ocupacióneconomista, profesor, demógrafo, escritor, sacerdote
PaiDaniel Malthus
CónxuxeHarriet
FillosHenry, Emily, Lucy
Coñecido/a porDemografía e Macroeconomía
Premiosmembro da Royal Society
Malthus - Essay on the principle of population, 1826 - 5884843
Essay on the principle of population, 1826

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre matemáticas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
14 de febreiro

O 14 de febreiro é o 45º día do ano do calendario gregoriano . Quedan 320 días para finalizar o ano, 321 nos anos bisestos.

Darwinismo

O darwinismo é o termo co que se describen as ideas de Charles Darwin, especialmente en relación á evolución biolóxica por selección natural.

O darwinismo, tal como se entende hoxe, non é sinónimo de evolucionismo, xa que este último é anterior a Charles Darwin: as teorías darwinistas son evolucionistas, pero a súa contribución clave é o concepto de selección natural considerado determinante para explicar a causa da evolución, e que no seu posterior desenvolvemento, con numerosas achegas e correccións, permitirá a formulación da teoría da evolución actual ou síntese evolutiva moderna. Por tanto, estritamente falando, é igualmente equivocado usar o termo «darwinismo» para referirse á actual teoría da evolución, xa que esta non se reduce só ás ideas postuladas por Charles Darwin. Os nomes que se lle deu á teoría da evolución moderna despois do darwinismo foron neodarwinismo e síntese evolutiva moderna ou recentemente síntese evolutiva moderna ampliada.

O termo darwinismo foi acuñado polo biólogo inglés Thomas Henry Huxley en abril de 1860. Usouse inicialmente para describir conceptos evolutivos en xeral, incluíndo os conceptos iniciais publicados polo filósofo inglés Herbert Spencer. Moitos dos propoñentes do darwinismo naquela época, incluíndo Huxley, tiñan algunhas reservas sobre o significado da selección naural, e o propio Darwin deu en determinada época certo creto ao lamarckismo. O estrito neodarwinismo do biólogo evolutivo alemán August Weismann foi gañando partidarios a finais do século XIX. Durante o período de 1880 a 1920, que ás veces se denomina "a eclipse do darwinismo", os científicos propuxeron varios mecanismos evolutivos alternativos que finalmente se probou que eran insostibles. O desenvolvemento da síntese evolutiva moderna entre as décadas de 1930 e 1950, incorporou á selección natural a xenética de poboacións e a xenética mendeliana, e fixo revivir o darwinismo nunha forma actualizada. Deste modo o darwinismo converteuse nun termo inapropiado para a moderna teoría evolutiva, debido a esta incorporación de moitas ideas e coñecementos descoñecidos anteriormente.En Estados Unidos, os creacionistas a miúdo usan o termo "darwinismo" como un termo pexorativo ligándoo a crenzas como o materialismo científico e ateísmo, pero en Europa o termo non ten connotacións negativas, e úsase como unha forma abreviada de refereirse á teoría da evolución por selección natural, aínda que se usen tamén os termos novos (síntese evolutiva moderna).

Ernest Gellner

Ernest André Gellner, nado en París o 9 de decembro de 1925 e finado en Praga o 5 de novembro de 1995, foi un filósofo e antropólogo social checo nacionalizado británico.

Foi un importante teórico da sociedade moderna e das diferenzas que a distinguen das sociedades precursoras. A súa esfera de influencia é pouco común e abranxe os campos da Filosofía, Socioloxía, Ciencia Política, Historia e Antropoloxía social. O xornal británico The Independent, na súa edición do 8 de novembro de 1995, referiuse a Gellner como "unha cruzada dun home polo racionalismo crítico, en defensa do universalismo do esclarecemento contra as mareas ascendentes do idealismo e relativismo".

Foi profesor de filosofía, lóxica e método científico na London School of Economics durante 35 anos. Ocupou despois a cátedra Willian Wyse de Antropoloxía social na Universidade de Cambridge por 10 anos e finalmente foi o líder fundador do centro para o estudo do nacionalismo, en Praga. Foi colega de Karl Popper na London School of Economics. Popper é, segundo Gellner, a súa maior influencia.

O sociólogo David Glass dixo unha vez que non sabía se a próxima revolución viría da dereita ou da esquerda, mais que tiña a certeza de que, viñese de onde viñese, a primeira persoa en ser abatida sería Ernest Gellner.

Historia do capitalismo

O tema da historia do capitalismo, na súa orixe, foi fonte de grandes debates sociolóxicos, económicos e históricos desde o século XIX. Tanto os mercadores coma o comercio existen desde que existe a civilización, pero o capitalismo como sistema económico, en teoría, non apareceu ata o século XVI en Inglaterra substituíndo ao feudalismo. Segundo Adam Smith, os seres humanos sempre tiveron unha forte tendencia a "realizar trocos, cambios e intercambios dunhas cousas por outras". Desta forma ao capitalismo, do mesmo xeito que ao sistema de prezos e a economía de mercado, preténdeselle atrubuír unha orixe espontánea ou natural dentro da idade moderna.Este impulso natural cara ao comercio e o intercambio foi acentuado e fomentado polas Cruzadas que se organizaron en Europa occidental desde o século XI ata o século XIII. As grandes travesías e expedicións dos séculos XV e XVI reforzaron estas tendencias e fomentaron o comercio, sobre todo tras o descubrimento do Novo Mundo e a entrada en Europa de inxentes cantidades de metais preciosos provenientes daquelas terras. A orde económica resultante destes acontecementos foi un sistema no que predominaba o comercial ou mercantil, é dicir, cuxo obxectivo principal consistía en intercambiar bens e non en producilos. A importancia da produción non se fixo patente ata a Revolución industrial que tivo lugar no século XIX.

Con todo, xa antes do inicio da industrialización aparecera unha das figuras máis características do capitalismo, o empresario, que é, segundo Schumpeter, o individuo que asume riscos económicos non persoais. Un elemento chave do capitalismo é a iniciación dunha actividade co fin de obter beneficios no futuro; posto que este é descoñecido, tanto a posibilidade de obter ganancias como o risco de incorrer en perdas son dous resultados posibles, polo que o papel do empresario consiste en asumir o risco de ter perdas ou ganancias.

O camiño cara ao capitalismo a partir do século XIII foi achandado grazas á filosofía do Renacemento e da Reforma protestante. Estes movementos cambiaron de forma drástica a sociedade, facilitando a aparición dos modernos Estados nacionais (e posteriormente o Estado de dereito como sistema político e o liberalismo clásico como ideoloxía) que proporcionaron as condicións necesarias para o crecemento e desenvolvemento do capitalismo nas nacións europeas. Este crecemento foi posible grazas á acumulación do excedente económico que xeraba o empresario privado e á reinversión deste excedente para xerar maior crecemento económico, o cal xerou industrialización nas rexións do norte.

Idade Contemporánea

Idade contemporánea é o nome co que se designa o período histórico que comeza no final da Revolución Francesa e dura ata hoxe en día. Comprende un total de 230 anos, entre 1789 e o presente.

A humanidade experimentou unha transición demográfica, concluída para as sociedades máis avanzadas (o chamado primeiro mundo) e aínda en curso para a maior parte (os países subdesenvolvidos e os países recentemente industrializados), que levou o seu crecemento máis aló dos límites que lle impuña historicamente a natureza, conseguindo a xeneralización do consumo de todo tipo de produtos, servizos e recursos naturais que elevaron para unha gran parte dos seres humanos o seu nivel de vida dunha forma antes insospeitada, pero que agudizaron as desigualdades sociais e espaciais e deixan planteadas para o futuro próximo graves incertezas ambientais.Os acontecementos desta época víronse marcados por transformacións aceleradas na economía, a sociedade e a tecnoloxía que mereceron o nome de Revolución industrial, á vez que se destruía a sociedade preindustrial e construíase unha sociedade de clases presidida por unha burguesía que contemplou o declive dos seus antagonistas tradicionais (os privilexiados) e o nacemento e desenvolvemento dun novo (o movemento obreiro), en nome do cal expuxéronse distintas alternativas ao capitalismo. Máis espectaculares foron ata as transformacións políticas e ideolóxicas (Revolución liberal, nacionalismo, totalitarismos); así como as mutacións do mapa político mundial e as maiores guerras coñecidas pola humanidade.

A ciencia e a cultura entran nun período de extraordinario desenvolvemento e fecundidade; mentres que a arte contemporánea e a literatura contemporánea (liberados polo romanticismo das suxeicións académicas e abertos a un público e un mercado cada vez máis amplos) víronse sometidos ao impacto dos novos medios de comunicación de masas (tanto os escritos como os audiovisuais), o que lles provocou unha verdadeira crise de identidade que comezou co impresionismo e as vangardas e aínda non se superou.En cada un dos planos principais do devir histórico (económico, social e político), pode cuestionarse se a Idade Contemporánea é unha superación de fórzalas reitoras da modernidade ou máis ben significa o período en que triunfan e alcanzan todo o seu potencial de desenvolvemento as forzas económicas e sociais que durante a Idade Moderna íanse xestando lentamente: o capitalismo e a burguesía; e as entidades políticas que o facían de forma paralela: a nación e o Estado.

No século XIX, estes elementos confluíron para conformar a formación social histórica do estado liberal europeo clásico, xurdido tras a crise do Antigo Réxime. O Antigo Réxime fora socavado ideoloxicamente polo ataque intelectual da Ilustración (Encyclopédie, 1751) a todo o que non se xustifique ás luces da razón por moito que se sustente na tradición, como os privilexios contrarios á igualdade (a de condicións xurídicas, non a económico-social) ou a economía moral contraria á liberdade (a de mercado, a propugnada por Adam Smith -A riqueza das nacións, 1776). Pero, a pesar do espectacular das revolucións e do inspirador dos seus ideais de liberdade, igualdade e fraternidade (coa moi significativa adición do termo propiedade), un observador perspicaz como Lampedusa puido entendelas como a necesidade de que algo cambie para que todo siga igual: o Novo Réxime foi rexido por unha clase dirixente (non homoxénea, senón de composición moi variada) que, xunto coa vella aristocracia incluíu por primeira vez á puxante burguesía responsable da acumulación de capital. Esta, tras o seu acceso ao poder, pasou de revolucionaria a conservadora, consciente da precariedade da súa situación na cúspide dunha pirámide cuxa base era a gran masa de proletarios, compartimentada polas fronteiras duns estados nacionais de dimensións compatibles con mercados nacionais que á súa vez controlaban un espazo exterior dispoñible para a súa expansión colonial.

No século XX este equilibrio inestable foise descompondo, en ocasións mediante violentos cataclismos (comezando polos terribles anos da Primeira Guerra Mundial, 1914-1918), e noutros planos mediante cambios paulatinos (por exemplo, a promoción económica, social e política da muller). Por unha banda, nos países máis desenvolvidos, o xurdimento dunha poderosa clase media, en boa parte grazas ao desenvolvemento do estado do benestar ou estado social (enténdase este como concesión pactista ao desafío das expresións máis radicais do movemento obreiro, ou como convicción propia do reformismo social) tendeu a encher o abismo predito por Marx e que debería levar ao inevitable enfrontamento entre a burguesía e o proletariado. Pola outra, o capitalismo foi duramente combatido, aínda que con éxito bastante limitado, polos seus inimigos de clase, enfrontados entre si: o anarquismo e o marxismo (dividido á súa vez entre o comunismo e a socialdemocracia). No campo da ciencia económica, os orzamentos do liberalismo clásico foron superados (economía neoclásica, keynesianismo -incentivos ao consumo e investimentos públicos para facer fronte á incapacidade do mercado libre para responder á crise de 1929- ou teoría de xogos -estratexias de cooperación fronte ao individualismo da man invisible-). A democracia liberal foi sometida durante o período de entreguerras ao dobre desafío dos totalitarismos soviético e fascista (sobre todo polo expansionismo da Alemaña nazi, que levou á Segunda Guerra Mundial).En canto aos estados nacionais, tras a primavera dos pobos (denominación que se deu á revolución de 1848) e o período presidido pola unificación alemá e italiana (1848-1871), pasaron a ser o actor predominante nas relacións internacionais, nun proceso que se xeneralizou coa caída dos grandes imperios multinacionais (español desde 1808 ata 1898; ruso, austrohúngaro e turco en 1918, tras o seu afundimento na Primeira Guerra Mundial) e a dos imperios coloniais (británico, francés, holandés, belga tras a Segunda). Aínda que numerosas nacións accederon á independencia durante os séculos XIX e XX, non sempre resultaron viables, e moitas sumíronse en terribles conflitos civís, relixiosos ou tribais, ás veces provocados pola arbitraria fixación das fronteiras, que reproduciron as dos anteriores imperios coloniais. En calquera caso, os estados nacionais, logo da Segunda Guerra Mundial, deviñeron en actores cada vez menos relevantes no mapa político, substituídos pola política de bloques encabezados polos Estados Unidos e a Unión Soviética. A integración supranacional de Europa (Unión Europea) non se reproduciu con éxito noutras zonas do mundo, mentres que as organizacións internacionais, especialmente a ONU, dependen para o seu funcionamento da pouco constante vontade dos seus compoñentes.

A desaparición do bloque comunista deu paso ao mundo actual do século XXI, en que as forzas reitoras tradicionais presencian o dobre desafío que supón tanto a tendencia á globalización como o xurdimento ou rexudimento de todo tipo de identidades, persoais ou individuais,colectivas ou grupales, moitas veces competitivas entre si (relixiosas, sexuais, de idade, nacionais, estéticas, culturais, deportivas, ou xeradas por unha actitude -pacifismo, ecoloxismo, altermundialismo- ou por calquera tipo de condición, ata as problemáticas -minusvalías, disfuncións, pautas de consumo-). Particularmente, o consumo define dunha forma tan importante a imaxe que de si mesmos fanse individuos e grupos que o termo sociedade de consumo pasou a ser sinónimo de sociedade contemporánea.

John Maynard Keynes

John Maynard Keynes, primeiro barón Keynes, nado en Cambridge o 5 de xuño de 1883 e finado en Firle o 21 de abril de 1946, foi un economista e profesor inglés, que se constituíu como unha das figuras esenciais no pensamento e na política económica do século XX, especialmente a partir da Gran Depresión dos anos trinta. Propugnaba o intervencionismo do estado na economía mediante medidas fiscais e monetarias que mitigaran o efecto tanto das etapas de recesión coma das etapas de crecemento descontrolado (booms). Para moitos Keynes é o fundador da macroeconomía moderna e o economista máis influente do século XX.

Lei de rendementos decrecentes

A lei de rendementos decrecentes é un principio económico que estipula que se se produce con cantidades fixas dun factor e se van progresivamente engadindo unidades doutro factor chegará un momento no que os rendementos de esa actividade serán cada vez menores.

Foi formulada por Thomas Malthus nos seus Ensaios sobre o Principio da Poboación e posteriormente desenrrolada por David Ricardo para explicar os rendementos dunha explotación agraria.

Marvin Harris

Marvin Harris, nado en Brooklyn o 18 de agosto de 1927 e finado en Gainesville o 25 de outubro de 2001 foi un antropólogo estadounidense, creador do materialismo cultural e coñecido polas súas obras de divulgación da antropoloxía.

Poboación

En socioloxía e bioloxía, unha poboación é un grupo de persoas, ou organismos dunha especie particular, que viven nunha área xeográfica, ou espazo, e cuxo número se determina normalmente por un censo.

A demografía é o estudo estatístico das poboacións humanas. Aspectos varios do comportamento humano nas poboacións estúdanse en socioloxía, economía, e xeografía, en especial, na xeografía da poboación. O estudo de poboacións normalmente está gobernado polas leis da probabilidade, e as conclusións dos estudos pode non ser sempre aplicables a algúns individuos.

Pobreza

A pobreza á unha situación ou forma de vida que xorde como produto da imposibilidade de acceso ou carencia dos recursos para satisfacer as necesidades físicas e psíquicas básicas humanas que inciden na deterioración do nivel e calidade de vida das persoas, tales como a comida, a vivenda, a educación, a asistencia sanitaria ou o acceso á auga potable. Tamén se adoita considerar a falta de medios para poder acceder a tales recursos, como o desemprego, a falta de ingresos ou un nivel baixo dos mesmos. Tamén pode ser o resultado de procesos de segregación social.

O Día Mundial para a Erradicación da Pobreza celébrase o 17 de outubro.

Un feliz mundo novo

Un feliz mundo novo (en inglés: Brave New World) é unha novela do escritor inglés Aldous Huxley, publicada en 1932. Foi traducido ao galego por Anxo Romero e publicado por Edicións Xerais en decembro de 1996.

Xunto a Nineteen Eighty-Four de George Orwell e Fahrenheit 451 de Ray Bradbury, considéranse as tres grandes distopías literarias do século XX. Huxley complementou a novela co ensaio Brave New World revisited (1958) e coa súa derradeira novela, Island (1962). O título ten a súa orixe no acto V da obra A tempestade de William Shakespeare, cando Miranda pronuncia o seu discurso.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.